DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2006 Páx. 7.517

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN conxunta do 20 de abril de 2006, do Instituto Galego de Consumo e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se publica a selección dos premios da fase autonómica do concurso sobre consumo responsable Consumópolis.

Por Resolución conxunta do 20 de febreiro de 2006 (DOG nº 39, do 24 de febreiro), a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convocou a fase autonómica do concurso de premios sobre consumo responsable Consumópolis. Vista a proposta do xurado relativa á selección dos traballos presentados, efectuada segundo o disposto na base sétima, polo xurado mencionado na base cuarta da citada resolución conxunta, procede a súa publicación de conformidade con esta. Na súa virtude,

RESOLVEMOS:

Facer pública a selección dos premios concedidos na fase autonómica do concurso sobre consumo responsable Consumópolis que se relacionan no anexo desta resolución conxunta, facendo constar que os clasificados en primeiro lugar en cada unha das categorías representarán a Comunidade Autónoma na fase estatal do concurso.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2006.

Ana María Rúa SoutoLaura Sánchez Piñón

Presidenta do InstitutoConselleira de Educación

Galego de Consumoe Ordenación Universitaria

ANEXO

3º ciclo de educación primaria:

1º Premio. CEIP Mestre Rivera Casás.

Localidade: San Cibrao-Cervo (Lugo).

Alcume do equipo: Rivera Casás.

Título do xogo: Casa e Consumo.

Coordinadora: Leticia Domínguez Rañón.

Puntuación obtida: 7,70.

Contía do premio: 1.000 euros.

2º Premio. CEP Doctor Fleming.

Localidade: Vigo-Pontevedra.

Alcume do equipo: Soere.

Título do xogo: Con.....sumo acierto.

Coordinadora: Luz Díaz García.

Puntuación obtida: 7,68.

Contía do premio: 600 euros.

3º Premio. CEP Doctor Fleming.

Localidade: Vigo-Pontevedra.

Alcume do equipo: Aifre.

Título do xogo: Consumiendo al trote.

Coordinadora: Luz Díaz García.

Puntuación obtida: 7,60.

Contía do premio: 300 euros.

1º ciclo ESO.

1º Premio: IES O Couto.

Localidade: Ourense.

Alcume do equipo: Os Solares.

Título do xogo: Solaris.

Coordinadora: Francisca Vega Mondelo.

Puntuación obtida: 9,41.

Contía do premio: 1.000 euros.

2º Premio: IES O Couto.

Localidade: Ourense.

Título do xogo: Planeta As Catro C.

Alcume do equipo: Escuadrón.

Coordinadora: Francisca Vega Mondelo.

Puntuación obtida: 8,50.

Contía do premio: 600 euros.

3º Premio: IES O Couto.

Localidade: Ourense.

Título do xogo: Consumo escala.

Alcume do equipo: ExpedienteA.

Coordinadora: Francisca Vega Mondelo.

Puntuación obtida: 8.

Contía do premio: 300 euros.

2º ciclo ESO.

1º Premio: IES Antón Losada Diéguez.

Localidade: A Estrada (Pontevedra).

Título do traballo: Consumópolis-Carlos 206.

Alcume do equipo: Carlos 206.

Coordinador: Alfredo Sánchez Gómez.

Puntuación obtida: 8,45.

Contía do premio: 1.000 euros.

2º Premio: deserto.

3º Premio: IES San Rosendo.

Localidade: Mondoñedo (Lugo).

Título do xogo: Xocosol.

Alcume do equipo: Escornabois.

Coordinador: Manuel de Castro Rego.

Puntuación obtida: 7,04.

Contía do premio: 300 euros.