DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2006 Páx. 7.327

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 25 de abril de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria para o ano 2006, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para o fomento de integracións estratéxicas, a cooperación empresarial, a realización de actividades de formación, estudos e investigacións que teñan por obxecto a distribución comercial en Galicia, en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego.

Preámbulo

Nas sociedades actuais todos os sectores económicos tiveron que abordar períodos de profundos cambios que os levaron a buscar novas formulas de integración, que lles permitan manterse no mercado nunha situación de vantaxe, grazas á optimización de recursos e á organización de programas de formación que lles permiten ter coñecemento dos procesos innovadores que se produzan no sector en tempo real; necesidades ás cales o sector comercial non é alleo, por isto no Plan de renovación e mellora do comercio galego, inclúese o programa -Impulso do asociacionismo comercial e as integracións estratéxicas-, no cal se recolle un conxunto de medidas, entre as cales ten un peso especifico o programa de Cooperación empresarial, a través do cal se busca mellorar a competencia nos mercados de distribución, mediante o fomento da creación e desenvolvemento de organizacións comerciais, que supoñan unha alternativa real de compra para os consumidores e de distribución para os produtores, incentivando o

asociacionismo comercial con vínculos fortes entre os participantes, que permitan a mellora da estructura das canles de comercialización; así como a realización de estudos, e actividades formativas que contribúan á mellora da capacitación técnica e profesional do sector comercial.

En virtude do exposto, e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto e beneficiarios.

1. O obxecto da presente orde é establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria para a concesión de axudas para o exercicio 2006, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao fomento de integracións estratéxicas, a cooperación empresarial, a realización de actividades de formación, estudos e investigacións que teñan por obxecto a distribución comercial en Galicia, fundamentalmente a través da creación de redes de comunicación que posibiliten a interconexión en rede das asociacións entre si e cos seus comerciantes, que definan estratéxicas para a mellora da eficiencia e da rendibilidade individual e colectiva dentro do seu contexto de oferta comercial.

2. Poderán beneficiarse das axudas obxecto desta orde os organismos intermedios e asociacións de comerciantes de carácter territorial ou sectorial, sen fins de lucro, que estean legalmente constituídas, domiciliadas en Galicia e que representen ao sector comercial retallista, e cuxa actividade se desenvolva desde a Comunidade Autónoma de Galicia.

3. As agrupación de persoas físicas ou xurídicas deberán facer constar expresamente na solicitude os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da subvención que aplicará cada unha das entidades, que terán igualmente a consideración de beneficiarias. Nestes casos, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Non se poderá disolver a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 23 e 79 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

4. Os solicitantes non poderán estar incursos en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Artigo 2º.-Actuacións subvencionables.

1. Consideraranse subvencionables as seguintes actuacións:

1.1. Os proxectos de creación e consolidación de agrupacións e centrais de compras e servizos, considéranse subvencionables os seguintes aspectos:

a) Estudos previos sobre a viabilidade do proxecto e a súa posta en funcionamento, e plans de acción realizados por empresas especializadas, que irán acompañados pola documentación que avale ao grupo de investigación, currículum e experiencia. O investimento máximo subvencionable será de 20.000 euros.

b) Os investimentos en equipamento, mellora da loxística e das comunicacións derivadas do estudo e que teñan repercusións nos comerciantes vinculados ao proxecto. O investimento máximo subvencionable será de 30.000 euros.

A porcentaxe de subvención poderá acadar ata o 50% do investimento máximo subvencionable, aprobado pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

1.2. Realización de actividades que contribúan á mellora da capacitación técnica e profesional do sector comercial, a través da celebración de xornadas, mesas redondas, conferencias e congresos, cursos, que afonden e aborden aspectos fundamentais sobre a implantación da familia da norma de calidade UNE 175001. O investimento máximo subvencionable será de 20.000 euros.

A porcentaxe de subvención poderá acadar ata o 70% do investimento máximo subvencionable, aprobado pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

1.3. Proxectos de estudo, investigación, información, difusión e sensibilización que teñan por obxecto o sector comercial, e a obtención de coñecementos que poidan repercutir positivamante na modernización do comercio de Galicia, que irán acompañados pola documentación que avale o grupo de investigación, currículum e experiencia. O investimento máximo subvencionable será de 20.000 euros.

A porcentaxe de subvención poderá acadar ata o 50% do investimento máximo subvencionable, aprobado pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

1.4. Actuacións específicas realizadas polas asociacións de comerciantes tales como: cursos de formación, actividades de información e orientación comercial, creación de gabinetes de asistencia téc

nica, organización de conferencias, xornadas técnicas, mesas redondas, etc.; que aborden aspectos fundamentais da distribución comercial, ou afonden en temas monográficos que contribúan a sensibilizar os comerciantes para a súa adaptación á evolución do sistema distributivo. O investimento máximo subvencionable será de 30.000 euros.

A porcentaxe de subvención poderá acadar ata o 50% do investimento máximo subvencionable, aprobado pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

1.5. Actuacións para a creación de integracións estratéxicas a nivel galego que promovan o desenvolvemento dos proxectos amparados polos centros comerciais abertos ou eixes comerciais. O investimento máximo subvencionable será de 30.000 euros.

A porcentaxe de subvención poderá acadar ata o 50% do investimento máximo subvencionable, aprobado pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

1.6. A creación de redes de comunicación que posibiliten a interconexión en rede das asociacións entre si ou cos seus comerciantes, así como con outros organismos ou centros de xestión directamente relacionados co sector da distribución comercial, e que fomenten os labores de asesoramento e a posta en funcionamento de plataformas que faciliten o comercio electrónico. O investimento máximo subvencionable será de 30.000 euros.

A porcentaxe de subvención poderá acadar ata o 50% do investimento máximo subvencionable, aprobado pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

2. Non terán carácter subvencionable os impostos recuperables ou repercutibles polos beneficiarios.

3. As accións formativas subvencionadas ao amparo desta orde de axudas deberán ter unha duración máxima de 50 horas. Cada curso deberá ter un mínimo de 10 alumnos, salvo nos concellos con poboación inferior a 10.000 habitantes que poderán ser seis; os honorarios subvencionables dos profesores non poderán ser superiores aos 60 euros a hora; así mesmo subvencionarase unicamente o material didáctico editado, e os manuais elaborados pola academia e profesorado que imparte os cursos.

4. Entenderanse como actuacións subvencionables todas as accións realizadas entre o 1 de xaneiro do 2006 e a data límite de presentación da xustificación, establecido no artigo 8º da presente orde.

5. A porcentaxe máxima de axudas ou subvencións que poidan existir para o mesmo proxecto investidor das distintas administracións públicas e dos seus organismos, entes e sociedades nacionais ou internacionais, non poderá superar en ningun caso o 90% do investimento subvencionable.

Artigo 3º.-Orzamento.

Estas axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva, con cargo aos créditos previstos nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, destinándose para o seu financiamento 1.200.000 euros para a anualidade 2006, na seguinte aplicación orzamentaria 10 05 521A 780.3.

Esta contía poderá incrementarse en función das peticións presentadas, e de acordo coas dispoñibilidades de crédito.

Artigo 4º.-Presentación de solicitudes e documentación.

1. As solicitudes deberán dirixirse ao conselleiro de Innovación e Industria e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Innovación e Industria, ou a través de calquera das formas sinaladas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, entre as que se inclúen os rexistros dos concellos que subscribiron convenio de colaboración para a implantación dun sistema intercomunicado de rexistro coa Administración autónomica de Galicia.

2. A solicitude de subvención, segundo o modelo normalizado do anexo I, deberá presentarse acompañada coa documentación que a seguir se relaciona por duplicado exemplar, en orixinal ou copia compulsada polo menos unha delas:

a) Acta e estatutos de constitución e modificacións posteriores, se é o caso, acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente, se o houber, así como do código de identificación fiscal.

b) Poder suficiente do representante da entidade solicitante, acompañada do documento nacional de identidade.

c) Memoria de cada unha das actividades para as cales se solicita subvención, que incluirá, polo menos, a súa descrición, obxectivos, localización e calendario de realización, así como o número e características dos participantes e beneficiarios.

d) Orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades para as cales se solicita subvención, e/ou factura pro forma da actividade ou adquisición que subvencionará quen vaia subministrar o ben ou a prestar o servizo, así como plan de financiamento do proxecto.

e) Orzamento do exercicio corrente, sen incluír as partidas para as cales se solicita subvención.

f) Certificado expedido polo secretario da entidade que acredite o número de asociados que están dados de alta, dos que se achegará relación detallada en soporte informático, con inclusión do nome do titular e do establecemento, actividade principal a que se dedica, enderezo postal e telefónico, concretando, se é o caso, as empresas ou entidades participantes no proxecto e actuacións que se desenvolverán.

g) Declaración expresa sobre a concesión, ou solicitude doutras axudas ou subvencións para a mesma finalidade, procedentes das distintas administracións ou entes públicos, nacionais ou internacionais, así como de non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, segundo modelo normalizado establecido no anexo II da presente orde.

h) Certificacións expedidas polos organismos competentes, acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto coa Administración pública da comunidade autónoma, sen prexuízo do establecido artigo 43 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

i) No caso de estar exentos do imposto sobre o valor engadido, (IVE) documentación acreditativa da mencionada exención.

j) Declaración de compromiso de uso e posterior utilización da lingua galega segundo o modelo normalizado do anexo III, se é o caso.

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 5º.-Instrución e resolución.

1. A Dirección Xeral de Comercio e Consumo será o órgano competente para a instrución dos procedementos que se tramiten ao abeiro do disposto nesta orde.

2. Se a solicitude e/ou a documentación que se xunta non reúnen os requisitos establecidos nos artigos 1º e 4º da presente orde, requirirase a entidade solicitante para que, no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da recepción do devandito requirimento, emende o defecto ou achegue os documentos preceptivos, coa indicación de que, se non o fixese, considerará desistido da súa petición despois da correspondente resolución, de conformidade co disposto polo artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Os órganos administrativos encargados do procedemento poderán reclamar das entidades solicitantes a documentación adicional que consideren oportuna.

4. Revisados e completados, se é o caso, os expedientes, o órgano instrutor deberá emitir, como paso previo á valoración, un informe relativo ao cumprimento dos requisitos que para os solicitantes se establecen nos artigos 1º e 4º da presente orde.

Unha vez revisadas as solicitudes polo órgano instrutor, procederase á súa valoración por unha comisión de valoración, constituída para o efecto, e que estará integrada por un xefe de servizo, un xefe de sección e un técnico da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

5. O conselleiro de Innovación e Industria, á vista dos informes de avaliación, ditará as resolucións de concesión ou denegación das axudas ou subvencións que procedan.

6. As resolucións de concesión ou denegación das axudas ou subvencións serán motivadas e expresarán, polo menos, o obxecto e o importe do proxecto subvencionado, a porcentaxe da axuda ou subvención concedida e a contía desta, ou, se é o caso, o motivo da denegación.

O beneficiario da axuda deberá aceptala no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución, e para os únicos efectos da optimización dos fondos dispoñibles. No caso contrario, e logo de requirimento da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, entenderase que renuncia á axuda ou subvención concedida e se procederá de conformidade co establecido no artigo 42.1º da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A aceptación da axuda ou subvención formalizarase mediante un documento asinado polo beneficiario segundo o modelo normalizado do anexo IV da presente orde e no que se compromete a cumprir todas as condicións establecidas nesta orde de convocatoria e, se é o caso, na resolución de concesión desta.

7. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder de seis meses. O prazo computarase a partir da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

O vencemento do prazo máximo sen se notificar a resolución lexitima os interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da subvención.

Artigo 6º.-Criterios de valoración dos proxectos.

Os proxectos ou actuacións que se presenten deberán ser técnica, comercial e financeiramente viables e os criterios de valoración, que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión e contía das subvenciones, relacionados por orde decrecente de importancia, serán os seguintes:

1. Que a rama de actividade se atope en proceso de profunda transformación dado o incremento da competencia pola aparición no mercado de novos formatos de distribución.

2. Que o número de empresas participantes no proxecto, así como o seu esforzo económico e o seu grao de participación nel sexan especialmente relevantes.

3. A rigorosidade do proxecto na definición dos seus obxectivos.

4. A metodoloxía empregada nas súas diferentes fases de implantación, así como o seu carácter innovador.

5. O orzamento do proxecto e o seu prazo de execución.

6. Concorrencia doutras administracións ou institucións públicas e privadas no desenvolvemento do proxecto.

7. A inclusión na proposta dun compromiso de uso e posterior utilización da lingua galega nos investimentos que se van realizar.

Artigo 7º.-Modificación da resolución de concesión.

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos poderán dar lugar á modificación da resolución da concesión.

2. O órgano competente para a concesión da axuda poderá acordar a modificación da resolución por instancia do beneficiario. Os requisitos que se deberán cumprir para isto son os seguintes:

a) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.

b) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da axuda ou subvención.

c) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade establecida na presente orde.

3. O beneficiario deberá solicitar a dita modificación mediante instancia dirixida ao conselleiro de Innovación e Industria, que irá acompañada da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos reflectidos no punto anterior, cun límite de 40 días hábiles antes da data de finalización do prazo de xustificación do investimento subvencionable; de non facelo, implicará a perda da subvención da parte afectada pola modificación, sen prexuízo de que no caso de que esta implique unha variación substancial do proxecto aprobado, poderá dar lugar á perda total da subvención concedida.

4. O acto polo cal se acorde a modificación da resolución ou, se é o caso, se denegue, será ditado polo órgano concedente logo de instrución do correspondente expediente, no que se dará audiencia aos interesados na forma prevista no artigo 9.4º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Artigo 8º.-Xustificación e prazo dos investimentos.

1. As subvencións concedidas faranse efectivas unha vez que se presenten por duplicado exemplar, preferentemente en orixinal ou, no seu defecto, copia compulsada, os documentos que a seguir se relacionan:

a) Os que acrediten a realización das actuacións obxecto desta orde, xunto cunha memoria explicativa de cada unha das accións realizadas, así como facturas segundo relación nominativa agrupadas por actuacións subvencionables, segundo corresponda e facendo constar para cada documento o seu número de orde, data de expedición, expedidor, concepto e importe en euros.

Toda factura deberá reunir os seguintes requisitos: nome, razón social e DNI ou CIF do emisor, IVE repercutido, número, data de emisión e de vencemento, nome, enderezo e CIF do comprador, así como a forma de pagamento. Deberá quedar claramente descrito o produto ou servizo prestado. As facturas levarán o selo do seu emisor e sinatura, todo isto sen prexuízo do establecido no artigo 6 do Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o Reglamento polo que se regulan as obrigas de facturación, e se modifica o Regulamento do imposto sobre o valor engadido.

Así mesmo, deberán acompañarse de documentos acreditativos do seu pagamento.

b) No caso de accións formativas deberase presentar unha relación dos alumnos que finalizaron o curso, en que conste o grao de aproveitamento e, se é o caso, as datas e causas de baixa producidas, relación que deberá ir asinada polo cordinador/director ou responsable do curso.

c) Certificación do órgano que teña atribuídas as facultades da aplicación dos fondos á finalidade para a cal foron concedidos.

d) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, para a mesma finalidade, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou socie

dades públicos ou privados, nacionais ou internacionais, segundo anexo II da presente orde.

e) Certificacións expedidas polos organismos competentes, acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma, todo isto sen prexuízo do establecido artigo 43 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

O disposto nos puntos anteriores enténdese sen prexuízo do establecido no número 3º do artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

2. Os órganos competentes da Consellería de Innovación e Industria poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento, que consideren convenientes. No caso de que non fosen remitidos polo beneficiario dentro do prazo que se sinale, poderá entenderse que renuncia á axuda.

3. A falta de presentación da xustificación implicará a anulación da subvención concedida.

4. A documentación acreditativa do investimento obxecto de subvención, deberá ser presentada polo beneficiario, no rexistro xeral da Consellería de Innovación e Industria ou a través dalgunha das formas establecidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, con data límite o día 31 de outubro de 2006.

Artigo 9º.-Pagamento da subvención.

1. O libramento da subvención farase nun único pagamento, unha vez xustificado o investimento, mediante transferencia bancaria, para o cal se lle unirá á documentación de xustificación, certificación expedida pola propia entidade bancaria, en que conste código de banco, código de sucursal, díxito de control e código de conta corrente onde se debe realizar o aboamento.

2. As subvencións minoraranse proporcionalmente se o investimento xustificado é inferior ao orzamento que serviu de base para a resolución da súa concesión e sempre que estea garantida a consecución do obxecto.

Non obstante a xustificación inferior ao 50% do investimento subvencionable poderá dar lugar á perda total da subvención, se se comproba que comporta unha variación substancial do proxecto investidor. Neste caso deberá ditarse resolución pola cal se deixará sen efecto a subvención concedida.

Artigo 10º.-Réxime de recursos.

As resolucións, expresas ou presuntas, dos expedientes tramitados ao abeiro do disposto nesta orde esgotarán a vía administrativa e contra delas caberá interpoñer:

a) Recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación se é expresa, ou de tres meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, se é expresa, ou de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

E todo isto sen prexuízo de que os interesados poidan exercer, se é o caso, calquera outro que coiden procedente.

Artigo 11º.-Obrigas do beneficiario.

Son obrigas do beneficiario:

a) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

b) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que se atopa ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma.

c) Acreditar ante a entidade concedente a realización da actividade ou a adopción do comportamento, así como o cumprimiento dos requisitos e condicións que determinan a concesión ou desfrute da axuda.

d) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, así como calquera outra comprobación e control que poidan realizar os órganos de control competentes, e achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

e) Comunicarlle á entidade concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

f) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos incluídos os documentos electrónicos en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

Artigo 12º.-Reintegro das axudas ou subvencións.

1. Non se poderá exixir o pagamento da axuda ou subvención concedida, e procederá o reintegro total ou parcial da contía percibida, xunto cos xuros de demora percibidos desde o seu pagamento, nos casos seguintes:

a) Incumprimento da obriga de xustificación, ou xustificación insuficiente nos termos do artigo 30 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.

b) Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión, falseando as condicións requiridas para isto ou ocultando aquelas que o impidan.

c) Incumprimento da finalidade, actividade, proxecto ou a non adopción do comportamento para o cal foi concedida a subvención.

d) Incumprimento das condicións impostas ao beneficiario con motivo da concesión da axuda ou subvención.

2. Así mesmo, procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da sub

vención, illadamente ou en concorrencia con subvenciones ou axudas doutras administracións públicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima de subvención establecida no artigo 2º.5 da presente orde.

3. O procedemento de reintegro tramitarase de acordo co establecido no artigo 20 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

4. As cantidades que os beneficiarios deban reintegrar, terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para o seu cobramento o previsto nos artigos 19 e 23 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 13º.-Fiscalización e control.

1. A concesión das axudas e subvencións reguladas nesta orde estará sometida ao exercicio da función interventora e de control financeiro por parte da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o capítulo V do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, e ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

2. A Consellería de Innovación e Industria poderá realizar en calquera momento as inspeccións que considere oportunas sobre os investimentos realizados.

Artigo 14º.-Réxime sancionador.

As infraccións administrativas cometidas en relación coas axudas e subvencións reguladas na presente orde, sancionaranse de conformidade co disposto no artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado parcialmente pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, e no capítulo VII do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Artigo 15º.-Publicación

Unha vez resolta a convocatoria das axudas publicaranse no Diario Oficial de Galicia a relación de solicitudes concedidas con indicación da entidade beneficiaria, contía e finalidade da subvención.

Disposicións derradeiras

Primeira.-En todo o non recollido na presente orde aplicarase o disposto para esta materia no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e demais normativa que resulte de aplicación.

Segunda.-Facúltase a directora xeral de Comercio e Consumo para que dite as disposicións necesarias para a aplicación do disposto na presente orde.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2006.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria