DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2006 Páx. 7.311

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

ORDE do 20 de abril de 2006 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

En virtude do Decreto 211/2005, do 3 de agosto, estableceuse a estrutura orgánica da Xunta de Galicia. Así mesmo, a través do Decreto 232/2005, do 18 de agosto e 454/2005, do 1 de setembro, fixouse a estrutura orgánica dos seus departamentos, e no seu artigo 1, establece a estrutura básica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar que asume o exercicio das competencias de igualdade e xénero e as políticas autonómicas de benestar incluíndo as de xuventude, solidariedade, voluntariado, benestar social, exclusión social, servizos comunitarios, entre outras, como así o establece o Decreto 517/2005, do 6 de outubro, da súa estrutura orgánica e, polo tanto, sobre as materias que constitúen o contido das publicacións relacionadas nesta orde.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, sinala a obriga de que os prezos privados sexan publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandado e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta vicepresidencia,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.

Disposición derradeira

Única.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2006.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

ANEXO

-O tratamento penal da violencia contra as mulleres: 13 euros.-Na Vangarda 2005. Certame Galego de Novos Creadores. Banda Deseñada: 9 euros.-Outono Fotográfico 2005: 12 euros.-Os xogos de rol tamén son educativos e catro contos máis: 3 euros.-Na Vangarda 2005. Certame Galego de Novos Creadores. Relato: 5 euros.