DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2006 Páx. 7.166

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 6 de abril de 2006 pola que se nomean vogais do Xurado de Expropiación de Galicia.

A Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, prevé, no seu artigo 232, modificado pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, a creación do Xurado de Expropiación de Galicia como órgano colexiado permanente da nosa comunidade autónoma especializado nos procedementos para a fixación do prezo xusto na expropiación forzosa, cando a administración expropiante sexa a comunidade autónoma ou as entidades locais do seu ámbito territorial.

O dito precepto dispón, entre outros particulares, a composición dese xurado, sendo desenvolvido mediante o Regulamento de organización e funcionamento do Xurado de Expropiación de Galicia, aprobado mediante el Decreto 223/2005, do 16 de xuño.

O artigo 4 deste regulamento establece, en distintas partes do seu paragrafo 2º, respecto da composición do xurado, que diversos organismos, entidades e colexios profesionais proporán, cada un deles, un representante que actuará como vogal titular. Así mesmo, prevese a designación do mesmo xeito dun vogal suplente, que actuará en caso de vacante, ausencia, enfermidade ou calquera outra causa que imposibilite a asistencia daquel titular.

Todos eles serán nomeados polo conselleiro competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio. O mandato destes vogais será de catro anos, renovables por períodos de igual duración, que comezará a computarse desde o día seguinte ao da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia, podendo ser, se for o caso substituído.

Realizados os trámites formais de solicitude de designación a todos os organismos e entidades indicadas no mencionado artigo 4º, achegaron parte deles a súa proposta, o que deu lugar á Orde do 2 de febreiro deste ano (DOG nº 30, do 13 de febreiro), polo que, unha vez que as restantes entidades previstas neste regulamento respostaron á petición de nominación, cómpre rematar as formalidades legais para dar por concluída a preceptiva formación deste órgano canto aos seus vogais.

Por todo iso

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméanse as persoas que se relacionan no anexo como vogais do Xurado de Expropiación de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2006.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes

ANEXO

Vogais do Xurado de Expropiación de Galicia segundo o disposto no artigo 4.2º e) e f) do Decreto 223/2005, do 16 de xuño:

1. En representación do Consello Galego de Consumidores e Usuarios:

Titular: Natalia del Caño Pereira.

Suplente: María del Claustro Cardona Ferrer.

2. En representación do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Montes:

Titular: Juan Antonio Caselles Sánchez.

Suplente: Miguel Ángel Cogolludo Agustin.

3. En representación do Colexio de Enxeñeiros de Minas do Noroeste de España:

Titular: Emilio López Jimeno.

Suplente: Alejandro Argüelles Díaz.

4. En representación do Colexio Notarial de Galicia:

Titular: Manuel Remuñán López.

Suplente: Mercedes Bermejo Pumar.

5. En representación dos colexios oficiais de economistas de Galicia.

Titular: Roberto Castro Tomé.

Suplente: Xavier Pita Wonenburguer.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA