DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2006 Páx. 6.711

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2006 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección deste instituto de delegación de facultades no presidente e no director xeral en materia de axudas e subvencións.

Tendo en conta o volume de expedientes tramitados anualmente no Igape e co obxectivo establecido de acadar maiores índices de eficiencia na tramitación así como de progresar na simplificación administrativa, considérase conveniente ampliar a delegación das facultades do director xeral para resolver expedientes, reservándose a competencia do presidente naqueles que polo seu volume de investimento ou importe de subvención resulten excepcionais.

Polo que antecede, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Publicar a seguinte delegación de facultades no presidente e no director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, acordada polo seu Consello de Dirección na súa xuntanza de data 30 de marzo de 2006:

Primeiro.-Delégase no presidente do Igape a competencia para resolver a concesión ou denegación, a modificación e a determinación da existencia ou non de incumprimentos naqueles expedientes de axudas e subvencións cun importe proposto de subvención igual ou superior a 500.000 A nos expedientes que se resolvan ao abeiro dos seguintes programas de axuda:

a) Bases reguladoras das axudas para proxectos empresariais de investimento (DOG nº 142, do 23 de xullo de 2001, e as súas posteriores modificacións), bases reguladoras das axudas para proxectos empresariais de investimento (DOG nº 58, do 28 de marzo de 2005, modificadas segundo resolución publicada no DOG nº 36, do 21 de febreiro de 2006).

b) Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Consellería de Medio

Ambiente e Desenvolvemento Sostible para a posta en marcha de medidas de apoio a proxectos ambientais na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 63, do 31 de marzo de 2003) e a súa addenda (DOG nº 56, do 21 de marzo de 2006).

c) Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e Servizos Sociais, a Consellería de Economía e Facenda e o Instituto Galego de Promoción Económica para a posta en marcha na Comunidade Autónoma de Galicia de centros residenciais para maiores asistidos de iniciativa privada (DOG nº 220, do 14 de novembro de 2001) e a súa addenda (DOG nº 37, do 23 de febreiro de 2004).

d) Bases reguladoras das axudas para proxectos emprendedores (DOG nº 142, do 23 de xullo de 2001 e as súas modificacións), bases reguladoras das axudas para proxectos emprendedores (DOG nº 49, do 10 de marzo de 2006).

e) En xeral, agás disposición en contrario nas bases reguladoras e sen prexuízo do establecido no punto terceiro deste acordo, os programas de axudas e subvencións cun importe proposto de subvención igual ou superior a 500.000 A.

Segundo.-Delégase no director xeral do Igape a competencia para resolver a concesión ou denegación, a modificación e a determinación da existencia ou non de incumprimentos naqueles expedientes de axudas e subvencións cun importe proposto de subvención inferior a 500.000 A nos expedientes que se resolvan ao abeiro dos programas de axuda a que se refire o punto primeiro anterior.

Terceiro.-Delégase no director xeral do Igape a competencia para resolver a concesión ou denegación, a modificación e a determinación da existencia ou non de incumprimentos nos expedientes de axudas e subvencións que se resolvan ao abeiro dos seguintes programas e bases reguladoras de axudas:

a) Bases reguladoras das axudas de salvamento e reestruturación de empresas en crise (DOG nº 3, do 4 de xaneiro de 2006).

b) Bases reguladoras das axudas á mellora da produtividade empresarial mediante a innovación, cooperación e modernización do tecido produtivo (DOG nº 40, do 27 de febreiro de 2006).

c) Bases reguladoras das axudas para proxectos emprendedores (DOG nº 49, do 10 de marzo de 2006).

d) Bases reguladoras do programa de acción exterior (DOG nº 69, do 7 de abril de 2006).

e) Bases reguladoras para o desenvolvemento do capital humano das empresas galegas para a mellora da competitividade empresarial (DOG nº 75, do 19 de abril de 2006).

f) Convenio de apoio financeiro 2004-2006 ás pequenas e medianas empresas subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras (DOG nº 20, do 30 de xaneiro de 2004, e as súas modificacións).

g) Convenio de apoio financeiro 2004-2006 aos investimentos das pequenas e medianas empresas financiado mediante contratos de arrendamento financeiro subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras (DOG nº 20, do 30 de xaneiro de 2004, e as súas modificacións).

h) Convenio de apoio financeiro 2004-2006 ao sector do transporte público por estrada de Galicia para a renovación da flota de vehículos subscrito entre o Igape e as entidades de crédito (DOG nº 100, do 26 de maio de 2004 e as súas modificacións).

i) En xeral, os programas de axudas e subvencións do Igape, xa derrogados pero con expedientes en vigor non referidos no punto primeiro deste acordo e reservados á resolución do presidente do Igape.

j) En xeral, agás disposición en contrario nas bases reguladoras os programas de axudas e subvencións cun importe proposto de subvención inferior a 500.000 A.

Cuarto.-A competencia para resolver a concesión ou denegación, a modificación e a determinación da existencia ou non de incumprimentos naqueles expedientes relativos a préstamos e avais do Igape, así como as axudas do convenio con Inesga e as entidades financeiras, manterase no Consello de Dirección do instituto, sen prexuízo das delegacións expresas xa existentes ou que poidan acordarse no futuro.

Segundo.-Esta resolución entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2006.

José Antonio Delgado Arce

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA