DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2006 Páx. 6.705

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 27 de marzo de 2006 pola que se desenvolven os programas de promoción e divulgación do cooperativismo.

Advertidos erros no texto da devandita orde, publicada no DOG nº 69, do 7 de abril de 2006, cómpre facer as oportunas correccións.

1º Na páxina 5.584, no punto 2 da base primeira do anexo, onde di: «desde o 1 de xullo de 2005 ata o 15 de novembro de 2006», debe dicir: «durante o ano 2006».

2º Na páxina 5.585, no punto 2 da base segunda, onde di: «desde o 1 de xullo de 2005 ata o 15 de novembro de 2006», debe dicir: «durante o ano 2006».

3º Na páxina 5.586, no punto 2 da base cuarta, onde di: «desde o 1 de xaneiro ata o 15 de novembro de 2006», debe dicir: «durante o ano 2006».

4º Na páxina 5.586, no punto 2 da base quinta onde di: «no período comprendido entre o 1 de xullo de 2005 e o 15 de novembro de 2006», debe dicir: «durante o ano 2006».

5º Na páxina 5.587, no punto 2 da base sexta, onde di: «as cooperativas de servizos sociais e de integración social inscritas no Rexistro de Cooperativas de Galicia», debe dicir: «as cooperativas de servizos sociais e de integración social inscritas no Rexistro de Cooperativas de Galicia que realicen as actividades obxecto deste programa durante o ano 2006».

6º Na páxina 5.587, no punto 3.b) da base sexta, onde di: «A subvención acadará un período máximo dun ano,...», debe dicir: «A subvención calcularase sobre o importe total da contratación ou incorporación computada para un período máximo dun ano,...».

7º Na páxina 5.587, no punto 3.b) da base sexta, engadirase o parágrafo: «A xustificación desta subvención realizarase mediante achega da documentación establecida no artigo 11.3.d)».