DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2006 Páx. 6.699

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 6 de febreiro de 2006 pola que se regula a concesión de dereitos a agricultores dentro do réxime do pagamento único e a aplicación, en 2006, deste e doutros réximes de axuda directa á agricultura e gandaría así como a indemnización compensatoria.

Advertidos erros na publicación da orde desta consellería do 6 de febreiro de 2006 (DOG 31, do 14 de febreiro), pola que se regula a concesión de dereitos a agricultores dentro do réxime do pagamento único e a aplicación, en 2006, deste e doutros réximes de axuda directa á agricultura e gandaría así como a indemnización compensatoria, cómpre facer as seguintes correccións:

No artigo 3º.6, liña cuarta, onde di: «segundo o requirido nesta orde, deban emitir», debe dicir: «para os efectos das acreditacións previstas no artigo 78.4.c) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, deban emitir».

No artigo 10º.1, terceira liña, onde di: «de conformidade cos artigos 37, 40, 42, 53 e 62 e no anexo VII», debe dicir: «de conformidade cos artigos 37, 40, 42, 53, 62, 64 e 65 e no anexo VII».

No artigo 14º.1c), terceira liña, onde di: «que solicitasen», debe dicir: «solicitasen ou non».

No artigo 79º, na cuarta liña do parágrafo primeiro, onde di: «deberán presentar unha declaración de acollerse de forma voluntaria ao programa de mellora

da calidade do leite», debe dicir: «farán unha declaración de acollerse de forma voluntaria ao programa de mellora da calidade do leite».

No artigo 95º, punto 2.d, na cuarta liña, onde di: «cumpren o establecido nos artigos 82 e 83 da presente orde», debe dicir: «cumpren o establecido nos artigos 81, 82 e 83 da presente orde».

No artigo 101º.2, parágrafo 3º, terceira liña, onde di: «da explotación está situada nas zonas especificadas no artigo 58 da presente orde», debe dicir: «da explotación está situada nas zonas especificadas no artigo 68 da presente orde».

No artigo 101º.2, parágrafo 4º, terceira liña, onde di: «nas zonas definidas no artigo 57.2º desta orde», debe dicir: «nas zonas definidas no artigo 67.2º desta orde».

No artigo 102, primeira liña, onde di: «As reducións e exclusións recollidas nos puntos 2, 3 e 4 do artigo 101 e no artigo 102 non se aplicarán», debe dicir: «As reducións e exclusións recollidas nos puntos 2, 3 e 4 do artigo 100 e no artigo 101 non se aplicarán».

No artigo 104º.1, terceira liña, onde di: «os controis administrativos e sobre o terreo establecidos nos artigos 96 e 97», debe dicir: «os controis administrativos e sobre o terreo establecidos nos artigos 95 e 96».

No artigo 106º.2, terceira liña, onde di: «da aplicación do establecido nos artigos 68 e 69», debe dicir: «da aplicación do establecido nos artigos 67, 68 e 69».

No anexo I, solicitude PU, na epígrafe SOLICITA, ao final do punto 3, onde di: «dos dereitos», debe dicir: «dos dereitos normais e/ou de retirada».

No anexo I, solicitude PU, na epígrafe SOLICITA, o punto 4 queda redactado como segue: «Que se utilicen as superficies declaradas nos impresos PA e RS para a xustificación dos dereitos especiais».

No anexo I, solicitude PU, na epígrafe SOLICITA, engádese un punto 5 coa redacción que segue: «Que se utilice a superficie forraxeira do período de referencia para os efectos do establecemento dos dereitos definitivos do réxime do pagamento único».

No anexo 12 engádense as seguintes zonas de concentración parcelaria:

PROVINCIACONCELLOCÓDIGO ZONANOME DA ZONA

36 PONTEVEDRA013 COVELO01PRADO-GODÓNS

36 PONTEVEDRA013 COVELO02A GRAÑA-CAMPO

36 PONTEVEDRA017 A ESTRADA18LIRIPIO

36 PONTEVEDRA017 A ESTRADA19RIBELA

36 PONTEVEDRA018 FORCAREI01PEREIRA