DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2006 Páx. 6.684

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 5 de abril de 2006 pola que se crea e regula o ficheiro que contén datos de carácter persoal, relativo á base de datos de solicitantes de axudas para subvencionar a dotación de equipamentos de seguimento para vehículos con autorización administrativa vixente documentada en tarxeta de transportes da serie VT-N expedida pola Dirección Xeral de Transportes desta consellería.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, establece que a creación, modificación e supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente.

O ficheiro que se crea mediante a presente orde vén engadirse aos relacionados no anexo III da orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 17 de febreiro de 2003.

En consecuencia, e en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente,

DISPOÑO:

Primeiro.-Obxecto.

Mediante esta orde, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes crea e regula o ficheiro con datos de carácter persoal que se especifica no anexo.

Segundo.-Finalidade e uso do ficheiro.

Os datos de carácter persoal rexistrados no ficheiro que se crea só serán utilizados para os fins expresamente previstos e por persoal debidamente autorizado polo titular do órgano responsable do ficheiro.

Terceiro.-Seguridade do ficheiro.

A responsabilidade sobre o ficheiro que se crea correspóndelle á Dirección Xeral de Transportes.

O titular do devandito órgano administrativo adoptará as medidas de xestión e organización necesarias para asegurar a confidencialidade, seguridade e integridade dos datos, así como as dirixidas a facer efectivas as garantías, obrigas e dereitos recoñecidos na Lei orgánica 15/1999.

O ficheiro desenvolverase co nivel de seguridade previsto no anexo, e de acordo co previsto no Real decreto 994/1999, do 11 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal.

Cuarto.-Entrada en vigor.

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2006.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes

ANEXO

Ficheiro: base de datos de solicitantes de axudas para a dotación de equipamentos de seguimento para vehículos con tarxeta de transportes da serie VT-N, domiciliadas en Galicia.

1. Finalidade do ficheiro e usos previstos: facilitar a tramitación dos expedientes de concesión de axudas aos titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Transportes ou órganos periféricos desta consellería competentes para o efecto, e domiciliadas en Galicia.

2. Persoas e colectivos afectados: solicitantes de axudas para a dotación de equipamentos de seguimento para vehículos de transporte que dispoñan de autorización administrativa vixente documentada en tarxeta de transportes da serie VT-N .

3. Procedemento de recolla de datos: os datos obtéñense ben das solicitudes que presentan os interesados mediante a formalización de formularios en

soporte papel, ben dos restantes ficheiros autorizados e existentes na Dirección Xeral de Transportes.

4. Estrutura básica do ficheiro: base de datos.

5. Tipos de datos de carácter persoal que inclúe:

Datos de carácter identificativo: NIF; nome e apelidos; enderezo e teléfono.

Datos de circunstancias sociais: titularidade da tarxeta de transporte e do vehículo.

Datos económicos: conta bancaria.

6. Cesións de datos previstas: non se prevén cesións.

7. Órgano da administración responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Transportes.

8. Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes. Dirección Xeral de Transportes. Praza de Europa, 5 A-2ª planta, Área Central-As Fontiñas, 15707, Santiago de Compostela.

9. Medidas de seguridade: nivel básico.