DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2006 Páx. 6.607

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 11 de abril de 2006 pola que se nomea un novo membro do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

Os comités éticos de investigación clínica son os encargados de emitir informe respecto de todos os ensaios clínicos que se realicen dentro do seu ámbito territorial. Os ensaios clínicos e os comités éticos de investigación clínica regúlanse na comunidade autónoma polo Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro.

A Orde do 11 de xullo de 1996 pola que se crea o Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, no seu artigo 3, dispón que a composición do comité axustarase ao establecido no Decreto 32/1996, e que os seus membros serán nomeados por orde da Consellería de Sanidade.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, a Orde do 11 de xullo de 1996, e a disposición adicional primeira do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que se regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da Subdirección Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios,

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméase membro do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, creado pola Orde do 11 de xullo de 1996, á persoa que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2006.

María José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

ANEXO

Novo membro do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia:

-Santiago González Serrano, licenciado en dereito, xefe de sección da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Sergas.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA