DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2006 Páx. 6.342

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de marzo de 2006 pola que se establecen as bases que rexen as axudas ao alumnado de niveis non universitarios para a adquisición dun ordenador persoal durante o ano 2006 e se procede á correspondente convocatoria.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no artigo 31, establece a competencia plena para o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias e sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que o desenvolven.

No Decreto 211/2005, do 3 de agosto, estableceuse a actual estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e no Decreto 232/2005, do 11 de agosto, a dos seus departamentos, establecendo no seu artigo 5º a estrutura básica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta consellería conta, entre os seus centros directivos, coa Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, á cal lle corresponde o exercicio das competencias e funcións en materia de formación profesional, ensinanzas de réxime especial e educación de adultos, de acordo co establecido no Decreto 585/2005, do 29 de decembro, polo cal se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, como órgano da Administración autonómica responsable do exercicio das competencias e funcións en materia de políticas educativas, debe potenciar as novas tecnoloxías da información e comunicación co obxectivo de contribuír á creación de mellores condicións para o desenvolvemento económico, social e cultural, e á mellora da calidade de vida dos cidadáns.

Para facilitarlles o uso das novas tecnoloxías a aqueles colectivos que teñan menor posibilidade de acceso a elas a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria considerou como un dos seus obxectivos proporcionarlles axudas aos alumnos de niveis non universitarios para a adquisición de equipos informáticos co obxecto de incrementar o número de fogares na comunidade autónoma que dispoñen de equipamento informático adecuado.

Esta convocatoria axústase ao disposto no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e ao Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que o desenvolve e, en concreto, no relativo aos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade na concesión das axudas e subvencións, así como ás normas básicas da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta disposición ten por obxecto establecer as bases para regular a concesión de axudas, en réxime

de concorrencia competitiva, ao alumnado de niveis non universitarios que adquiran un ordenador persoal no ano 2006.

Artigo 2º.-Orzamento.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria financiará as anteditas axudas con cargo á partida orzamentaria 09.03.323A.780.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, cun total orzamentario de 3.000.000 A.

Artigo 3º.-Destinatarios.

Poderán solicitar as axudas os pais, nais ou titores legais do alumnado que reúna os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado/a no ano escolar 2005-2006 nun centro educativo sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia e nun dos seguintes cursos: quinto ou sexto de educación primaria; primeiro ou segundo de educación secundaria obrigatoria.

b) Adquirir ou ter adquirido un ordenador persoal de primeira man, de sobremesa ou portátil, no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2006.

c) Ser o único membro da unidade familiar para o cal se solicita a axuda.

Artigo 4º.-Solicitudes e documentación.

1. Os que desexen optar á axuda deberán completar, on-line, a solicitude e anexos que, como formulario electrónico, se atoparán na páxina web: http://www.edu.xunta.es/axudasord. Posteriormente, e sempre antes de que remate o prazo establecido no punto 2 deste artigo, presentarán esa mesma solicitude impresa e anexos, debidamente asinados, no Rexistro da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificio administrativo San Caetano, s/n, código postal 15781, en Santiago de Compostela), ou ben por calquera dos medios previstos para a presentación de instancias no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. Se a solicitude se remite por correo, presentarase en sobre aberto para que sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de proceder á súa certificación.

Rexeitarase calquera solicitude que non se formalice segundo o indicado no parágrafo anterior.

De acordo co establecido no artigo 71 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, naquelas solicitudes en que non se acheguen os requisitos sinalados, requirirase ao interesado para que nun prazo de dez días hábiles emende as faltas ou presente os documentos preceptivos; de non facelo, considerarase que desistiu da súa petición e arquivarase o expediente, nos termos previstos no citado artigo.

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

3. Ás solicitudes xuntaráselles a seguinte documentación:

a) Copia do DNI do solicitante ou, de ser o caso, do NIE (número de identidade de estranxeiro).

b) Datos do ordenador adquirido ou que vai adquirir facilitados polo establecemento vendedor. Cubrirase segundo o modelo que figura no anexo III.

c) Fotocopia compulsada do libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar.

d) Autorización do solicitante e doutros membros da familia cuxos ingresos son computables para coñecer os ingresos totais da unidade familiar, coa finalidade de poder solicitar datos de carácter tributario ou económicos que fosen legalmente pertinentes á Axencia Estatal de Administración Tributaria relativos ao nivel de renda (IRPF). A autorización cubrirase segundo o modelo que figura no anexo IV. Na medida en que, a través deste sistema a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poida dispoñer das ditas informacións, non se lles exixirá aos interesados a achega individual de certificacións expedidas pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, nin a presentación, en orixinal, copia ou certificación, das súas declaracións tributarias.

e) Declaración responsable do solicitante de percibir ou non outro tipo de bolsa ou axuda das administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades públicas, para a adquisición de ordenadores, segundo modelo do anexo II.

f) Fotocopia compulsada do certificado de minusvalidez no caso de que algún membro da unidade familiar teña esa condición.

g) Documento orixinal, facilitado pola entidade bancaria, acreditativo da existencia dunha conta bancaria aberta a nome do solicitante, en que conste o código da conta do cliente comprensivo dos códigos que identifican o banco ou caixa, a oficina, o díxito de control e o número de conta.

Artigo 5º.-Criterio de valoración.

1. O criterio de valoración que se terá en conta para conceder estas axudas será o do nivel de ingresos da unidade familiar.

2. Os ingresos determinantes do dereito á axuda virán referidos aos ingresos familiares, que se fixarán en función da contía, en número de veces o salario mínimo interprofesional, corrixida segundo se establece no punto 4 deste artigo, da parte xeral e especial da base impoñible reguladas nos artigos 38 e 39, respectivamente, do Real decreto lexislativo 3/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de imposto sobre a renda das persoas físicas, correspondente á declaración (ou declaracións) presentada por cada un dos membros da unidade familiar relativa ao período impositivo inmediatamente anterior (con prazo de presentación vencido) á solicitude de axuda. Para tal efecto, atenderase ao importe comprobado pola Administración tributaria. Se o representante legal ou os membros da unidade familiar do solicitante non tivesen presentado declaración, por non estar obrigados a iso, a acreditación dos seus ingresos familiares efectuarase mediante a información de carácter

tributario ou económico facilitada pola Administración tributaria, relativa ás mencionadas parte xeral e especial da base reguladas nos artigos 38 e 39, respectivamente, do Real decreto lexislativo 3/2004, do 5 de marzo.

3. Para efectos desta orde, enténdese por ingresos familiares os referidos á unidade familiar tal e como resulta definida polas normas reguladoras do imposto sobre a renda das persoas físicas. As referencias á unidade familiar para efectos de ingresos fanse extensivas ás persoas que non estean integradas en ningunha unidade familiar.

4. Aos ingresos familiares aplicaráselles un coeficiente multiplicativo corrector, en función do número de membros da unidade familiar:

Número de membrosCoeficiente corrector

da unidade familiar

1 ou 21,00

30,97

40,93

50,88

6 ou máis0,83

No caso de que algún membro da unidade familiar estea afectado con minusvalidez, nas condicións establecidas na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas, o coeficiente corrector aplicable será o do tramo seguinte ao que lle tivese correspondido sen esta consideración.

5. Todas estas circunstancias valoraranse unicamente no caso de que, da documentación que figura no expediente, se poida deducir claramente o seu contido, en virtude de certificacións orixinais ou copias compulsadas delas. En caso contrario, non se terán en conta para a adxudicación da contía destas axudas.

Artigo 6º.-Importe das axudas.

1. O importe de cada unha das axudas destinarase a sufragar parte dos gastos derivados da adquisición dun ordenador persoal.

2. Estas axudas son compatibles co aproveitamento de calquera outro tipo de axudas de institucións públicas ou privadas destinadas á adquisición de ordenadores.

3. O importe da axuda será de 300 A. En ningún caso o importe da axuda será tal que, illada ou en concorrencia con outras axudas ou subvencións doutras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total do ordenador.

Artigo 7º.-Comisión de avaliación.

A selección dos beneficiarios será realizada por unha comisión de avaliación integrada por:

-O subdirector xeral de Ensinanzas Especiais e Formación Permanente, que actuará de presidente.

-O xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial.

-O xefe do Servizo de Xestión Económica e Educación de Adultos.

-Un representante da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos.

Actuará como secretario un funcionario da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

A comisión poderá dispoñer a constitución dunha subcomisión técnica só para os efectos de colaborar na valoración dos documentos achegados segundo o previsto no punto 3 do artigo cuarto. Os membros da comisión poderán percibir axudas de custo por

asistencias e axudas para gastos de locomoción por concorrer ás sesións conforme o Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Artigo 8º.-Tramitación e resolución.

1. Unha vez valoradas as solicitudes conforme os criterios fixados no artigo 5 desta orde, a comisión de avaliación elevará un informe-proposta de adxudicatarios e unha lista de reserva ao director xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, que resolverá por delegación da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria.

2. A resolución da solicitude de subvención seralles notificada a todos os solicitantes, no prazo máximo de seis meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, deberá entenderse desestimada a petición correspondente. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu, no prazo dun mes, na forma e condicións que determina a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ser impugnadas directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3. Os solicitantes a quen se lles denegue a subvención disporán dun prazo dun mes, contado a partir da comunicación da resolución, para retiraren a documentación presentada. Transcorrido o dito prazo, esta destruirase.

Artigo 9º.-Pagamento.

Unha vez concedida a subvención e notificada a resolución, e logo da presentación do xustificante de ter adquirido o ordenador persoal e da declaración a que se refire o punto 3 do artigo 10 desta orde, a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais efectuará a correspondente proposta de pagamento.

Artigo 10º.-Xustificación da axuda.

1. O período para xustificar estas axudas abranguerá ata o 31 de outubro de 2006 inclusive.

2. Os beneficiarios deberán xustificar a adquisición do ordenador persoal a través de factura orixinal ou da súa fotocopia compulsada, que deberá estar a nome do solicitante ou do beneficiario. Na factura deberán figurar con detalle as características do ordenador adquirido, especialmente a referida de ser de primeira man.

3. Presentar, no momento da xustificación da axuda concedida e, en calquera caso, antes do pagamento, unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para a adquisición de ordenadores, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, das administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades; segundo o modelo do anexo II.

Artigo 11º.-Obrigas do beneficiario.

1. Xustificar os gastos da adquisición do ordenador persoal tal e como se establece no artigo 10 desta orde.

2. Comprometerse a manter o ordenador adquirido para a finalidade obxecto desta orde e á disposición do beneficiario durante un período mínimo de catro anos.

3. Estar sometido ás actuacións de comprobación que efectuará a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa axuda concedida, e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 12º.-Reintegro ou modificación da subvención.

1. Procederá o reintegro nos termos e supostos previstos nos artigos 19 e 20 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, nos casos seguintes:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión.

c) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

d) Incumprimento das condicións impostas aos beneficiarios con motivo da concesión da axuda ou subvención pública.

2. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención doutras subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da axuda.

Artigo 13º.- Renuncias.

Se por calquera circunstancia o beneficiario non puidese adquirir o ordenador persoal, deberá presentar unha renuncia á subvención concedida.

Os destinatarios das axudas que renuncien a ela serán substituídos pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais de acordo coa lista de reserva.

Disposicións adicionais

Primeira.-Apróbase a delegación de atribucións da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no director xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das axudas previstas nesta orde.

Segunda.-En todo caso, a concesión das axudas terá como límite a cantidade consignada na correspondente aplicación orzamentaria para o ano 2006.

Terceira.-Os beneficiarios destas axudas quedan suxeitos ao réxime de infraccións e sancións previstas para esta materia no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, no disposto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, e demais normas de procedente aplicación.

Disposición derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para ditar cantas

disposicións sexan precisas en relación con esta orde.

Segunda.-Esta orde adáptase as normas básicas aplicables do texto articulado da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e ás do seu desenvolvemento; élle igualmente de aplicación o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. O Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desen

volve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia será de aplicación en todo aquilo que non se opoña aos preceptos legais citados.

Terceira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2006.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria