DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2006 Páx. 6.331

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 29 de marzo de 2006, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación a favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2006.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 66, do martes 4 de abril de 2006, cómpre efectuar a seguinte rectificación:

Na páxina 5.232, nas disposicións adicionais primeira e terceira e nas disposicións derradeiras primeira e segunda, onde di: «orde», debe dicir: «resolución».