DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2006 Páx. 6.303

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

ORDE do 6 de abril de 2006 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para investimento, mantemento e promoción de actividades e programas de servizos sociais e se procede á súa convocatoria.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23º, outórgalle á comunidade autónoma a competencia exclusiva en materia de asistencia social. Así mesmo, no seu artigo 33.2º, establécese que lle corresponde o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de Seguridade Social.

A Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais para Galicia (DOG nº 76, do 23 de abril), recolle no seu artigo 49 que a Administración autonómica poderá establecer subvencións a entidades prestadoras de servizos sociais.

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar segundo a estrutura orgánica fixada polo Decreto 517/2005, do 6 de outubro (DOG nº 195, do 10 de outubro), é o órgano ao que lle corresponde o exercicio como propias das competencias e funcións en materia de políticas autonómicas de benestar, incluíndo as políticas de xuventude, solidariedade, voluntariado, benestar social, inclusión social, servizos comunitarios, atención ás persoas con discapacidade e ás persoas maiores.

Entre as competencias da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar figura a de realizar a planificación xeral dos servizos sociais e a coordinación dos servizos sociais de titularidade pública con aqueles que prestan as entidades de iniciativa social sostidos con fondos públicos, coa finalidade de atender de forma ordenada e global as necesidades, mellorar o rendemento dos recursos dispoñibles, garantir a calidade na prestación dos servizos, evitar os desequilibrios territoriais e estimular a cultura da participación da sociedade e dos propios afectados como elemento esencial na provisión de servizos sociais.

Na procura deses obxectivos, considérase axeitado o establecemento de subvencións destinadas a entidades de iniciativa social para a prestacións de servizos sociais, sempre que se axusten á tipoloxía e requisitos legalmente establecidos e se adecúen á planificación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

Resulta ademais conveniente fomentar a adaptación dos centros que optan a prestar servizos sociais aos requisitos legais expresados no Decreto 243/1995, do 28 de xullo (DOG nº 88, do 6 de maio), polo que se regula o seu réxime de autorización e acreditación. Nese sentido contémplase, entre os criterios de prioridade, na presente orde o emprego das subvencións de investimento e equipamento na adaptación dos centros das entidades solicitantes a aqueles requisitos.

En relación co todo o anterior, hai que ter así mesmo en conta que mediante o Real decreto 373/1999, do 5 de marzo (DOG nº 65, do 7 de abril), se aprobou o traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións e servizos da Seguridade Social en materia de asistencia e servizos sociais encomendados ao Instituto Social da Mariña (ISM), que xa forman parte da rede galega de servizos sociais.

Hai que indicar que, para este exercicio, se refunden nunha soa orde subvencións que foron obxecto de convocatoria independente en anos anteriores. Por último, debe sinalarse que a solicitude, tramitación e concesión destas subvencións se axustarán ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, (BOE nº 276, do 18 de novembro); no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 218, do 11 de novembro), tendo en conta as posteriores modificacións; e ao Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas que conceda a Administración autonómica (DOG nº 238, do 11 de decembro), atendendo, en todo caso, aos principios de publicidade, obxectividade e concorrencia.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e o seu presidente (DOG nº 23, do 21 de marzo), modificada pola Lei 11/1988, e polo Decreto 211/2005, do 3 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG nº 149, do 4 de agosto) e polo Decreto 517/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, para a debida aplicación dos créditos orzamentarios conforme o fin para a que foron establecidos,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto o establecemento de subvencións ás entidades de iniciativa social que, de conformidade coa Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais, e os regulamentos que a desenvolven, levan a cabo programas e prestan servizos sociais nos seguintes niveis de atención e áreas de actuación:

a) Servizos sociais de atención primaria. De conformidade co Decreto 240/1995, do 28 de xullo, polo que se regula os servizos sociais correspondentes a este nivel de atención (DOG nº 157, do 17 de agosto) inclúense nel os programas de orientación, asesoramento e información; de axuda no fogar; de inserción social; de animación, prevención e fomento da cooperación social; de convivencia alternativa ou calquera outro que dea cumprimento aos obxectivos contidos no devandito decreto. Para estes efectos, consideraranse centros propios deste nivel de atención os centros sociais, centros de día, centros ocupacionais, centros de acollida, albergues e outros nos que se desenvolvan os programas antes citados de atención primaria.

b) Servizos sociais especializados na área de atención ás persoas con discapacidade, incluíndo os subsectores de discapacidade intelectual, persoas con síndrome de Down, persoas con autismo e outros trastornos da conduta, persoas con parálise cerebral ou dano cerebral, persoas con enfermidade mental, persoas con discapacidade física e persoas xordas

c) Servizos sociais especializados na área de atención ás persoas maiores

d) Servizos sociais especializados na área de atención a menores

Artigo 2º.-Destinatarios.

1. Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente orde as entidades de iniciativa social referidas no artigo 32.2º c) da Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais, que desenvolvan programas e presten os servizos establecidos no artigo anterior, sempre que se atopen debidamente inscritas con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, regulado polo Decreto 291/1995, do 3 de novembro (DOG nº 218, do 14 de novembro), e pola Orde do 5 de febreiro de 1996 (DOG nº 35, do 19 de febreiro), que desenvolve o anterior.

2. O outorgamento da subvención para o mantemento de centros dos que sexan titulares as entidades de iniciativa social quedará condicionada a posuír o permiso de inicio de actividades ou á presentación da solicitude de permiso previsto no Decreto 243/1995, do 28 de xullo (DOG nº 159, do 21 de agosto), antes do remate do prazo de presentación das instancias da presente orde. Neste último caso, a concesión do devandito permiso deberá acreditarse unha vez que se notifique a resolución de concesión da subvención nun prazo máximo de seis meses. A solicitude do permiso de inicio de actividades presentarase en modelo normalizado e irá acompañada da documentación prevista no artigo 21 do citado decreto.

3. No suposto de entidades que no exercicio anterior recibisen subvención para mantemento de centros ou promoción de actividades ou asinasen convenios de colaboración coa Xunta de Galicia que tivesen un obxecto semellante ao contemplado nesta orde, será requisito previo para a concesión da subvención a presentación do balance de ingresos e gastos comprensivo de todo o ano natural, ao que se refire o artigo 17º desta orde (anexo VII) e, no caso das subvencións para promoción de actividades, da correspondente memoria. Ademais, as entidades que percibisen no anterior exercicio unha subvención para mantemento de centros de servizos sociais condicionada á presentación de solicitude de permiso de inicio de actividade, deberán acreditar que se manteñen as condicións que determinaron o outorgamento dese permiso polo departamento competente da Xunta de Galicia.

4. As entidades que accedan á presente convocatoria deberán dedicarse con carácter preferente,

en concordancia cos seus estatutos, á realización de actuacións recollidas no artigo 1º desta orde.

5. As subvencións para mantemento de centros de servizos sociais especializados reguladas nesta orde non son compatibles coa reserva de prazas efectuadas mediante contratación administrativa entre a entidade solicitante e a Xunta de Galicia.

Artigo 3º.-Tipos de subvencións.

Os tipos de subvencións que se poderán solicitar son os seguintes:

A. De investimento en centros de servizos sociais de atención primaria.

Son gastos elixibles para este tipo:

-A adquisición de inmobles.

-A construción, ampliación, reforma e mellora da accesibilidade de inmobles.

-O equipamento e a moblaxe.

B. De mantemento en centros, equipamentos e servizos sociais de atención primaria.

Inclúense neste tipo aqueles centros, equipamentos e servizos que complementen os ámbitos de intervención social da rede pública concertada de servizos sociais neste nivel de atención. Os contidos dos centros e servizos elixibles para seren subvencionados con cargo a esta orde axustaranse ao tipificado nos artigos 2, 3, e 8 do Decreto 240/1995, do 28 de xullo, polo que se regula este nivel de atención do sistema de servizos sociais.

C. De promoción de actividades e programas básicos, innovadores e complementarios de atención primaria.

Inclúense neste tipo o desenvolvemento de actividades e programas que complementen, amplíen ou innoven os programas básicos de actuación dos servizos sociais de atención primaria referidos no artigo 9 do Decreto 240/1995.

D. De investimento en centros e servizos sociais especializados na área de atención ás persoas con discapacidade:

Son gastos elixibles para este tipo de subvención:

-A adquisición de inmobles.

-A construción, ampliación, reforma e mellora dos inmobles en xeral.

-A adaptación dos edificios ás condicións de accesibilidade establecidas na Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 166, do 29 de agosto) e no Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro que a desenvolve (DOG nº 41, do 29 de febreiro).

-A adquisición e instalación de equipamento e moblaxe, así como a adquisición de vehículos de transporte.

E. De mantemento de centros e servizos sociais especializados na área de atención ás persoas con discapacidade.

F. De promoción de actividades básicas, innovadoras e complementarias no ámbito dos servizos sociais especializados na área de atención ás persoas con discapacidade.

G. De investimento en centros de servizos sociais especializados na área de atención ás persoas maiores.

Son gastos elixibles para este tipo de subvención:

-A reforma e mellora de inmobles en xeral.

-A adaptación dos edificios ás condicións de accesibilidade establecidas na Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia e no Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, que a desenvolve; así como adquisición e instalación de axudas técnicas para a rehabilitación.

-O equipamento e a moblaxe.

H. De mantemento de centros de servizos sociais especializados na área de atención ás persoas maiores.

I. De promoción de actividades básicas, innovadoras e complementarias no ámbito dos servizos sociais especializados de atención ás persoas maiores.

K. De investimento en centros de servizos especializados na área de atención aos menores.

Son gastos elixibles para este tipo de subvención:

-A adquisición de inmobles.

-A construción, ampliación, reforma e mellora da accesibilidade de inmobles.

-O equipamento e a moblaxe.

Artigo 4º.-Normas de carácter xeral para todo tipo de subvención.

a) Tanto nas subvencións de mantemento de centros como nas de promoción de actividades, a subvención poderá significar o financiamento total ou parcial do gasto, sen que en ningún caso implique duplicidade de financiamento.

b) No caso das subvencións de investimento, o importe da subvención que se conceda poderá alcanzar como máximo o 70% do orzamento presentado.

c) En calquera caso, a suma dos fondos obtidos de calquera administración pública e das subvencións concedidas por todo tipo de organismos privados, percibidas coa mesma finalidade, non poderá superar o importe total do gasto efectuado. Así mesmo, a subvención reducirase proporcionalmente cando non se xustifique a totalidade do gasto para o que foi concedida.

d) Os servizos da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar poderán efectuar as comprobacións que consideren oportunas en canto ao cumprimento por parte das entidades de iniciativa social participantes dos requisitos exixidos pola Lei de servizos sociais de Galicia e pola súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, poderán solicitar informes

dos servizos da rede pública concertada de servizos sociais en canto aos aspectos de complementariedade, oportunidade e eficacia dos servizos e programas das entidades solicitantes recollidos nesta orde.

e) As entidades sen ánimo de lucro con personalidade xurídica independente que desenvolvan actuacións nun mesmo ámbito territorial, provincial ou supraprovincial, estarán facultadas para solicitar subvencións dirixidas á realización conxunta de actividades con idéntica finalidade, o que se fará constar na correspondente solicitude. As instancias cursaranse individualmente e cada entidade solicitará unha parte proporcional da axuda, de xeito que a suma resultante das subvencións solicitadas por todas elas non poderá superar o custo total da actividade. En todo caso, a presentación dunha solicitude conxunta impedirá a presentación de solicitudes individuais para outra finalidade.

Artigo 5º.-Financiamento.

1. Para a concesión das subvencións reguladas na presente orde existe crédito adecuado e suficiente con cargo á Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2006 (DOG nº 250, do 30 de decembro), por un importe máximo de 3.794.098 euros, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, nas aplicacións seguintes:

a) Gastos correntes:

05.31.212D.480.0 polo importe de 969.817 euros.

05.31.212A.482.2 polo importe de 58.526 euros.

05.31.212D.482.1 polo importe de 250.000 euros.

05.31.212D.484.1 polo importe de 220.000 euros.

05.31.212D.485.0 polo importe de 900.000 euros.

b) Gastos de investimento:

05.31.212D.780.2 polo importe de 890.121 euros.

05.31.212A.780.2 polo importe de 505.634 euros.

2. Se é o caso, poderán adquirirse compromisos de gasto de carácter plurianual, de acordo co establecido no artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, con cargo ás aplicacións e contías seguintes:

Ano 2007: 05.31.212D.780.2, polo importe de 623.084 euros.

Ano 2008: 05.31.212D.780.2, polo importe de 534.072 euros.

Ano 2007: 05.31.212A.780.2, polo importe de 194.552 euros.

Ano 2008: 05.31.212A.780.2, polo importe de 194.552 euros.

3. No caso de que calquera beneficiario das subvencións, de carácter plurianual, para adquisición, construción, reforma, rehabilitación e equipamento de centros de atención a persoas con discapacidade, concedidas ao abeiro da Orde do 20 de abril de

2005 e da Orde do 28 de novembro de 2005, que a modifica, renuncie á subvención que lle foi concedida, os créditos non aplicados e destinados a esta, incorporaranse automaticamente na aplicación orzamentaria 05.31.212A.780.2.

4. En calquera caso, a concesión das subvencións reguladas na presente orde limitarase ás dispoñibilidades orzamentarias.

Artigo 6º.-Solicitudes e documentación requirida.

As solicitudes formularanse nos modelos publicados como anexos desta orde. Ademais dos modelos comúns a todo tipo de subvención, xunto á solicitude deberán achegarse os documentos específicos para cada tipo de subvención, de acordo co seguinte:

A. Documentación común a todo tipo de subvención:

a) Solicitude (anexo I).

b) Memoria da entidade que se axustará ao formato do anexo II, contendo os datos básicos de identificación e unha presentación da entidade que recolla, como mínimo, as epígrafes sinaladas neste anexo.

c) Datos financeiros da entidade solicitante (anexo III), que inclúe a ficha bancaria e a declaración relativa á non percepción doutras axudas.

d) Certificación expedida pola entidade bancaria sobre a titularidade da conta corrente na que se ingresará a subvención.

e) Acreditación da personalidade e representación do solicitante. Para a acreditación da personalidade deberá achegarse fotocopia do documento nacional de identidade ou documento equivalente.

f) No caso de solicitudes de subvencións para investimento que supoñan un custo superior aos 1.500 euros, presentaranse certificados de estar ao día das súas obrigas tributarias e sociais para os efectos de obtención de axudas e subvencións públicas, así como o certificado de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa comunidade autónoma.

g) Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal.

As entidades que solicitasen subvención no exercicio anterior quedarán exentas de presentar a documentación prevista nas alíneas d), e) e g), sempre que non se producisen modificacións no seu contido, circunstancia que será acreditada mediante certificación simple expedida polo representante da entidade.

B. Documentos específicos para as subvencións de investimento (subvencións do tipo A, D, G e K das relacionadas no artigo 3º desta orde):

Ademais do anexo IV, que se presentará para todo tipo de solicitude de investimento, no que se identifica o centro, o tipo de axuda, a área de atención e o proxecto, deberanse achegar, segundo os casos, os seguintes documentos:

-Subvencións para adquisición de inmobles:

a) Certificado do Rexistro da Propiedade no que se acredite que o inmoble obxecto da adquisición,

está libre de cargas, así como a titularidade deste a favor do vendedor. No suposto de adquisición sobre plano, certificado do Rexistro da Propiedade en que conste a titularidade do soar a favor do vendedor.

b) Documento de opción de compra, no cal se indicará a data de caducidade desta, así como o prezo e a forma de pagamento.

c) Informe técnico sobre o estado do inmoble.

d) Declaración responsable en que se faga constar o compromiso de dedicación do inmoble á finalidade que serviu de fundamento á solicitude de subvención durante, polo menos, vinte anos.

-Subvencións para construción, reforma, ampliación ou mellora de inmobles

a) Certificado do Rexistro da Propiedade que acredite o dominio do inmoble polo solicitante ou, se está en aluguer ou cedido, declaración do propietario na cal faga constar as condicións en que se efectuou este e a súa conformidade coas obras que se pretenden realizar.

b) Certificado do concello correspondente en que se faga constar que os plans urbanísticos aprobados e as ordenanzas municipais en vigor permiten a realización da obra que se proxecta e que esta cumpre cos requisitos establecidos na Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Memoria xustificativa da necesidade do investimento, coa indicación do número e características dos futuros usuarios e ámbito territorial de cobertura.

d) Memoria das obras que se van realizar, incluíndo o plan das obras, o calendario e o orzamento de execución material.

e) Plan de financiamento da obra.

f) Declaración responsable na que se faga constar o compromiso de dedicación do inmoble á finalidade que serviu de fundamento á solicitude de subvención durante, polo menos, vinte anos.

g) Cando o importe do gasto polo que se solicita a subvención supere a contía de 30.000 euros presentaranse como mínimo tres ofertas de diferentes posibles contratistas emitidas con carácter previo á contratación, agás cando, polas especiais características do investimento, non existan suficientes empresas capaces da súa execución.

h) Cando a subvención se solicite para a creación dun centro ou no caso de que a reforma ou adecuación supoñan unha modificación substancial dun centro en funcionamento, é necesario presentar, consonte o que establece o artigo 14.2º do Decreto 243/1995, unha copia da solicitude da correspondente autorización administrativa ou desta autorización se xa estivese concedida. No primeiro caso, a concesión da autorización deberá acreditarse unha vez que se notifique a resolución de concesión de subvención nun prazo máximo de seis meses.

-Subvencións para equipamento:

a) Orzamento do importe das adquisicións que se pretenden realizar, axustándose a criterios de funcionalidade e economía.

b) No caso de que no ano anterior se subvencionase a construción do centro, acreditación de que a obra está totalmente rematada.

c) Cando o importe do gasto polo que se solicita a subvención supere a contía de 12.000 euros, presentaranse como mínimo tres ofertas de diferentes provedores emitidas con carácter previo á contratación, agás cando, polas especiais características do equipamento, non existan suficientes empresas subministradoras.

d) Declaración responsable de que o equipamento se dedicará á finalidade que serviu de fundamento á solicitude de subvención durante un período mínimo de cinco anos.

C. Documentos específicos para todas as subvencións de mantemento de centros, equipamentos e servizos: (subvencións dos tipos B, E e H das relacionadas no artigo 3º desta orde).

a) Ficha de identificación do centro (anexo V) para o que se solicita a subvención, que deberá informar dos seguintes extremos:

-Identificación do centro e do seu responsable.

-Capacidade e réxime económico aplicado aos usuarios.

-Cadro de persoal voluntario e profesional.

-Servizos prestados e actividades ofertadas con carácter regular.

-Descrición das características técnicas do centro.

-Relación de usuarios.

-Orzamento de funcionamento do servizo.

-Declaración responsable de non ter asinado contrato administrativo para a reserva de prazas con ningunha administración pública.

Esta información mínima requirida no anexo V poderá ser ampliada, a discreción da entidade solicitante, nunha memoria complementaria.

Cando se trate de actividades de carácter puntual e aberto en que non sexa posible achegar unha relación concreta dos participantes, considerarase suficiente para estes efectos unha certificación do director do centro ou programa, co visto e prace do presidente da institución, na que se indique o número de usuarios ou a frecuencia dos servizos que se prestan, segundo proceda. O anterior será igualmente de aplicación, no suposto de programas nos que pola natureza da atención prestada sexa conveniente asegurar a confidencialidade e privacidade dos usuarios.

D. Documentos específicos para todas as subvencións de promoción de actividades e programas (subvencións do tipo C, F e I das relacionadas no artigo 3º desta orde).

a) Unha ficha (anexo VI) por cada programa con custo diferenciado para o que se solicita subvención.

Esta ficha, coa información mínima requirida, deberá expresar o seguinte:

-Identificación da entidade.

-Identificación do programa, área de actuación e custo.

-Cooperación con outras entidades, se procede.

-Resumo do contido.

-Obxectivos e descrición xeral do programa.

-Actuacións e calendario previstos.

-Metodoloxía.

-Sistemas de avaliación e seguimento.

A información mínima requirida no anexo VI poderá ser ampliada, a discreción da entidade solicitante, nunha memoria complementaria.

Artigo 7º.-Prazo de presentación das solicitudes e documentación.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde.

Artigo 8º.-Lugar de presentación das solicitudes e documentación.

A solicitude e a documentación requirida, que irá dirixida ao vicepresidente da Igualdade e do Benestar ou aos delegados provinciais da Igualdade e do Benestar, presentarase nos servizos centrais ou periféricos da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar segundo o disposto nos artigos seguintes desta orde, sendo de aplicación, en todo caso, o disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), segundo a redacción dada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Artigo 9º.-Normas xerais da tramitación dos expedientes.

1. Os expedientes serán tramitados polas correspondentes unidades administrativas dos servizos centrais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar ou das súas delegacións provinciais de acordo co ámbito de actuación da entidade solicitante e cos criterios establecidos no artigo 10º.

2. Os servizos da Vicepresidencia encargados da xestión da cada subvención comprobarán que as solicitudes cumpren co establecido na presente orde e, se é o caso, requirirán os interesados para que, no prazo de dez días, emenden as faltas ou acheguen os documentos preceptivos con indicación de que, se así non o fixesen, se lles terá por desistidos da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Os expedientes, unha vez revisados e, se é o caso, completados, remitiranse á comisión de valo

ración correspondente de conformidade co disposto no artigo 11º desta orde, que terá a función de propoñer a aprobación ou denegación das subvencións, seguindo os criterios obxectivos recollidos na presente orde para cada tipo de subvención. A comisión de valoración que corresponda poderá solicitar informe á Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Centros acerca do grao de cumprimento da normativa en materia de inscrición de entidades e acreditación de centros de servizos sociais.

4. Se por calquera causa, no momento en que a comisión de valoración teña que examinar as solicitudes, algún dos seus compoñentes non puidese asistir, será substituído pola persoa que para o efecto designe o presidente da respectiva comisión e, sempre que fose posible, o dito nomeamento deberá recaer noutra persoa da mesma subdirección ou servizo ao que pertenza o substituído.

Artigo 10º.-Responsables da tramitación para cada tipo de subvención.

Serán responsables da tramitación dos expedientes:

A. Subvencións de investimento, mantemento e promoción de actividades e programas de servizos sociais de atención primaria (subvencións do tipo A, B e C das relacionadas no artigo 3º):

-Nos servizos centrais: a Subdirección Xeral de Inclusión Social e Cooperación coas Corporacións Locais.

-Nas delegacións provinciais: o Servizo de Prestacións.

B. Subvencións de investimento en centros e servizos sociais especializados na área de atención a persoas con discapacidade (subvencións do tipo D das relacionadas no artigo 3º):

-A Subdirección Xeral de Discapacidade.

C. Subvencións de mantemento e promoción de actividades de servizos sociais especializados na área de atención a persoas con discapacidade (subvencións do tipo E e F das relacionadas no artigo 3º):

-Nos servizos centrais: a Subdirección Xeral de Discapacidade.

-Nas delegacións provinciais: o Servizo de Persoas Maiores, Persoas con Discapacidade e Menores.

D. Subvencións de investimento, mantemento e promoción de actividades de servizos sociais especializados na área de atención a persoas maiores (subvencións do tipo G, H e I das relacionadas no artigo 3º):

-Nos servizos centrais: a Subdirección Xeral de Maiores.

-Nas delegacións provinciais: o Servizo de Persoas Maiores, Persoas con Discapacidade e Menores.

E) Subvencións de investimento en servizos sociais especializados na área de atención a menores (subvencións do tipo K das relacionadas no artigo 3º):

-A Subdirección Xeral de Menores.

Artigo 11º.-Comisións de valoración.

A composición das comisións de valoración será a seguinte:

A. Nos servizos centrais:

A.1. Para a concesión de subvencións de servizos sociais de atención primaria:

-Presidente: o director xeral de Acción Social.

-Vogais: o subdirector xeral de Inclusión Social e Cooperación coas Corporacións Locais e o xefe de Servizo de Prestacións. Actuará como secretario, con voz pero sen voto, un funcionario por proposta do director xeral de Acción Social.

A.2. a) Para a concesión de subvencións de investimento en centros e servizos de atención especializada na área de atención a persoas con discapacidade:

-Presidente: o director xeral de Acción Social

-Vogais: o subdirector xeral de Discapacidade e o xefe do Servizo de Equipamentos e Promoción da Accesibilidade. Actuará como secretario, con voz pero sen voto, un funcionario por proposta do director xeral de Acción Social. Deberá convocarse, con voz pero sen voto, a un representante da Intervención Delegada.

b) Para a concesión de subvencións de mantemento e de promoción de actividades de servizos sociais de atención especializada na área de atención a persoas con discapacidade:

-Presidente: o director xeral de Acción Social.

-Vogais: o subdirector xeral de Atención a Persoas con Discapacidade e o xefe do Servizo de Programas para Persoas con Discapacidade. Actuará como secretario, con voz pero sen voto, un funcionario por proposta do director xeral de Acción Social.

A.3. Para a concesión de subvencións de servizos sociais de atención especializada na área de atención a persoas maiores:

-Presidente: o director xeral de Acción Social.

-Vogais: o subdirector xeral de Maiores e o xefe do Servizo de Programas para Maiores. Actuará como secretario, con voz pero sen voto, un funcionario por proposta do director xeral de Acción Social.

A.4. Para a concesión de subvencións de servizos sociais de atención especializada na área de atención a menores:

-Presidente: o director xeral de Acción Social.

-Vogais: o subdirector xeral de Menores e o xefe do Servizo de Defensa do Menor. Actuará como secretario, con voz pero sen voto, un funcionario por proposta do director xeral de Acción Social.

B. Nos servizos periféricos:

B.1. Para a concesión de subvencións de servizos sociais de atención primaria:

-Presidente: o secretario provincial das delegacións provinciais da Igualdade e do Benestar da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

-Vogais: dous funcionarios designados polo delegado provincial entre os que deberá figurar o xefe do Servizo de Prestacións. Actuará como secretario un dos vogais. Deberase convocar, con voz pero sen voto, un representante da Intervención Territorial.

B.2. Para a concesión de subvencións de mantemento e de promoción de actividades de servizos sociais de atención especializada na área de atención a persoas con discapacidade:

-Presidente: o secretario provincial das delegacións provinciais da Igualdade e do Benestar da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

-Vogais: dous funcionarios designados polo delegado provincial entre os que deberá figurar o xefe do Servizo de Persoas Maiores, Persoas con Discapacidade e Menores. Actuará como secretario un dos vogais. Deberase convocar, con voz pero sen voto, un representante da Intervención Territorial.

B.3. Para a concesión de subvencións de servizos sociais de atención especializada na área de atención a persoas maiores:

-Presidente: o secretario provincial das delegacións provinciais da Igualdade e do Benestar da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

-Vogais: dous funcionarios designados polo delegado provincial entre os que deberá figurar o xefe do Servizo de Persoas Maiores, Persoas con Discapacidade e Menores. Actuará como secretario un dos vogais. Deberase convocar, con voz pero sen voto, a un representante da Intervención Territorial.

Artigo 12º.-Criterios de valoración das solicitudes de subvencións.

1. Subvencións para servizos, centros e programas para atención primaria, servizos sociais especializados na área de persoas con discapacidade e servizos sociais especializados na área de persoas maiores (subvencións do tipo A, B, C, D, E, F, G, H e I das relacionadas no artigo 3º):

As solicitudes serán baremadas ata un máximo de 100 puntos, dos que 50 poderán corresponder á valoración obtida pola aplicación dos criterios de carácter xeral e os 50 puntos restantes pola valoración obtida pola aplicación dos criterios de carácter específico para cada tipo de subvención. Eses criterios xerais e específicos son os seguintes:

A. Criterios xerais: (ata un máximo de 50 puntos).

* Dimensión e eficacia social da entidade, que poderá avaliarse, segundo os casos, con consideración a: potencial número de usuarios dos servizos, área xeográfica cuberta, impacto social das actividades desenvolvidas e, se é o caso, número de socios ou afiliados (ata un máximo de 15 puntos).

* Solvencia técnica (ata un máximo de 15 puntos), que se determinará en función:

-Da experiencia previa acreditada na prestación de servizos sociais.

-Dos medios técnicos dos que dispón a entidade.

-Dos seus recursos humanos.

-A complementariedade coas actuacións do sistema público de servizos sociais (ata un máximo de 20 puntos).

B. Criterios específicos para cada tipo de subvención: (ata un máximo de 50 puntos):

B.1. Subvencións de investimento en centros de servizos sociais de atención primaria:

-A insuficiencia de equipamentos e servizos que presten atencións das mesmas características na zona de influencia, en relación coas necesidades sociais detectadas presentes ou futuras (ata un máximo de 25 puntos).

-A calidade do proxecto constructivo ou de dotación presentado e a adecuación e dimensión da solicitude ao servizo para o que está concibido (ata un máximo de 25 puntos).

B.2. Subvencións de mantemento de centros e equipamentos de servizos sociais de atención primaria:

-A insuficiencia de servizos que presten atencións das mesmas características na zona de influencia en relación coas necesidades sociais detectadas presentes ou futuras (ata un máximo de 20 puntos).

-A calidade, regularidade, eficacia e eficiencia dos servizos para os que se solicita a subvención (ata un máximo de 15 puntos).

- A integración operativa nos servizos prestados desde a perspectiva da igualdade de xénero (ata un máximo de 15 puntos).

B.3. Subvencións de promoción de actividades e programas básicos, innovadores e complementarios de atención primaria:

-A complementariedade coas accións desenvolvidas polos servizos sociais de atención primaria e os plans de inclusión social das diversas administracións, especialmente por medio do desenvolvemento dos programas descritos nos epígrafes 3 (Programa de inserción social) e 4 (Programa de animación, prevención e cooperación social) do artigo 9 do Decreto 240/1995, do 28 de xullo, polo que se regulan os servizos sociais neste nivel de atención (ata un máximo de 20 puntos).

-O carácter innovador das metodoloxías e estratexias de intervención propostas (ata un máximo de 15 puntos).

-A integración operativa no programa da perspectiva de igualdade de xénero (ata un máximo de 15 puntos).

B.4. Subvencións de investimento en servizos sociais especializados na área de atención ás persoas con discapacidade:

-O déficit ou insuficiencia de recursos na zona de influencia (ata un máximo de 20 puntos).

-A adecuación da actuación investidora para a cobertura das necesidades, tendo en consideración as características dos usuarios e a dimensión e a

intensidade das atencións específicas requiridas (ata un máximo de 20 puntos).

-A necesidade das melloras propostas para a continuidade e autorización dos servizos (ata un máximo de 10 puntos).

B.5. Subvencións de mantemento en servizos sociais especializados na área de atención ás persoas con discapacidade:

-A necesidade de consolidación das accións financiadas en anos anteriores (ata un máximo de 20 puntos).

-A incidencia na calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias (ata un máximo de 15 puntos).

-A calidade, regularidade, eficacia e eficiencia das actuacións para as que se solicita a subvención (ata un máximo de 15 puntos).

B.6. Subvencións de promoción de actividades básicas, innovadoras e complementarias en servizos sociais especializados na área de atención ás persoas con discapacidade:

-A necesidade de consolidación das accións financiadas en anos anteriores (ata un máximo de 20 puntos).

-A incidencia na calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias (ata un máximo de 15 puntos).

-A calidade, regularidade, eficacia e eficiencia das actividades para as que se solicita a subvención (ata un máximo de 15 puntos).

B.7. Subvencións de investimento en servizos sociais especializados na área de atención ás persoas maiores:

-A insuficiencia de equipamentos e servizos que presten atencións das mesmas características na zona de influencia en relación coas necesidades sociais detectadas presentes ou futuras (ata un máximo de 15 puntos).

-A mellora dos centros e servizos en relacións cos requisitos exixidos na lexislación da Comunidade Autónoma galega sobre centros prestadores de servizos nesta área de actuación que impliquen melloras na accesibilidade, seguridade e confort. Terase en conta a este respecto o emprego de novas tecnoloxías (ata un máximo de 35 puntos).

B.8. Subvencións de mantemento en servizos sociais especializados na área de atención ás persoas maiores:

-A insuficiencia de equipamentos e servizos que presten atencións das mesmas características na comarca ou zona de influencia en relación coas necesidades sociais detectadas presentes ou futuras (ata un máximo de 30 puntos).

-A calidade, regularidade, eficacia e eficiencia dos servizos para os que se solicita a subvención (ata un máximo de 20 puntos).

B.9. De promoción de actividades básicas, innovadoras e complementarias no ámbito dos servizos sociais especializados de atención ás persoas maiores:

-O impacto da actividade na mellora da participación activa dos maiores (ata un máximo de 25 puntos).

-O carácter innovador das metodoloxías e estratexias de intervención propostas e a súa incidencia positiva na mellora da calidade de vida dos participantes (ata un máximo de 25 puntos).

2. Subvencións de investimento en servizos sociais especializados na área de atención a menores:

As solicitudes serán baremadas ata un máximo posible de 100 puntos, de conformidade cos criterios que se expoñen a seguir:

A. Pola natureza do investimento que se vai realizar, que se valorarán da seguinte maneira:

A.1. Para adquisición de inmobles (poderán outorgarse ata 30 puntos de acordo co número de prazas que se van crear).

A.2. Para nova construción, reforma substancial ou reformas menores (poderán outorgarse ata 30 puntos, segundo a necesidade e a mellora da oferta e calidade dos servizos que implique a execución do proxecto).

A.3. Para equipamento e moblaxe (poderán outorgarse ata 25 puntos segundo a necesidade e a mellora da calidade dos servizos que se acade co investimento solicitado).

Para estes efectos, especifícase que os puntos A.1 e A.2 son incompatibles entre si e, polo tanto, non acumulativos.

B. Polo nivel de ocupación media, sempre que sexa maior do 60% das prazas concertadas (ata un máximo de 25 puntos).

C. Dispoñibilidade para o acollemento de grupos de irmáns (ata un máximo de 10 puntos). Esta dispoñibilidade deberá acreditarse mediante declaración responsable do representante legal da entidade.

D. Dispoñibilidade para atender necesidades de internamento urxente que eventualmente produzan unha sobreocupación temporal do centro (ata 10 puntos). Esta dispoñibilidade deberá acreditarse mediante declaración responsable do representante legal da entidade.

Artigo 13º.-Resolución.

1. Serán resoltas polo vicepresidente da Igualdade e do Benestar as seguintes solicitudes de subvención:

-As destinadas a investimento, mantemento e promoción de actividades, tanto no nivel de atención primaria como nos niveis de servizos especializados de atención a persoas maiores, que sexan presentadas por asociacións ou entidades de ámbito supraprovincial.

-As destinadas a mantemento e promoción de actividades no nivel de servizos especializados de atención a persoas con discapacidade, que sexan presentadas por asociacións ou entidades de ámbito supraprovincial.

-Todas as subvencións de investimento en centros de servizos especializados na área de atención a persoas con discapacidade e a menores, con independencia do seu ámbito.

2. Nos demais casos, delégase a competencia para resolver a concesión das subvencións solicitadas ao abeiro da presente orde nos delegados ou delegadas provinciais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, segundo o seu respectivo ámbito territorial, unha vez fiscalizadas polas intervencións competentes.

3. Tanto a concesión como a determinación do importe das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, atendendo aos criterios de prioridade establecidos nesta orde.

4. As resolucións recaídas serán motivadas e notificaranse aos interesados para a execución da axuda outorgada no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde. Se vencese o prazo para resolver sen que recaese resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas pretensións por silencio administrativo.

5. As resolucións expresas ou presuntas que se diten ao amparo da presente orde poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse, se é o caso, recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución expresa ou de tres meses a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ante o mesmo órgano que as ditou, de acordo co previsto no artigo 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a orde xurisdicional competente, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE nº 167, do 14 de xullo), no prazo de dous meses contados desde a súa notificación se o acto é expreso ou seis meses a partir do día seguinte ao que se produza o

acto presunto, e sen prexuízo de que os interesados poidan executar calquera outro que estimen oportuno.

6. En todo caso unha vez recibida a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez días a aceptación da subvención. De non achegar esta aceptación entenderase que renuncia á subvención.

Artigo 14º.-Modificación da resolución de concesión.

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso,

a obtención concorrente de axudas ou subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Así mesmo, poderá acordarse a modificación da resolución da subvención, por instancia do beneficiario, sempre que se cumpran os requisitos previstos no artigo 12.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións que conceda a Administración autonómica.

3. Sen prexuízo do establecido no artigo anterior e con carácter excepcional, poderanse efectuar resolucións complementarias por existir fondos procedentes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas ou cando se produza unha ampliación do financiamento pola achega de novos fondos dispoñibles. Nestes supostos, só poderán atenderse as solicitudes presentadas dentro do prazo establecido no artigo 7º da presente orde.

Artigo 15º.-Infraccións e sancións.

En materia de infraccións e sancións aplicarase o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no artigo 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, segundo redacción dada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, así como no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións que conceda a comunidade autónoma.

Artigo 16º.-Obrigas das entidades subvencionadas.

De acordo co establecido no artigo 78.4º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, segundo a redacción dada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, os beneficiarios destas subvencións deberán:

a) Realizar o investimento, a actividade ou o servizo que fundamenta a concesión. En todo caso, as actuacións que se van subvencionar deberán realizarse dentro do exercicio.

b) Acreditar ante a entidade concedente a realización da actividade e o cumprimento dos requisitos e das condicións que determine a concesión da axuda ou subvención.

c) Facer constar, en todo tipo de publicidade e información, a condición de subvencionada pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

d) Comunicar á entidade concedente a obtención de subvención ou subvencións para a mesma finalidade procedentes de calquera administración ou ente público nacional ou internacional. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Someterse ás actuacións de control que efectúe a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e ás previstas na lexislación do Consello de Contas. Neste senso, os beneficiarios teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, Consello de Contas ou Tribunal de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

Artigo 17º.-Pagamento e xustificación das subvencións.

1. Unha vez ditada a resolución pola que se concede a subvención procederase ao pagamento e xustificación segundo o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, da forma establecida nos apartados seguintes.

2. De conformidade co establecido na Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2006, só estarán obrigadas a acreditar que están ao día das obrigas estatais e autonómicas e da Seguridade Social, e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda por ningún concepto coa comunidade autónoma, aquelas entidades que sexan beneficiarias de subvencións para investimento por unha contía superior aos 1.500 euros.

2.1. Subvencións de mantemento e promoción de actividades:

Ao abeiro do establecido no artigo 16 un do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, o pagamento destas subvencións poderá facerse segundo se establece a continuación:

-Para aquelas subvencións que non superen o importe de 6.010,12 euros, poderá acordarse no momento da concesión un anticipo de pagamento de ata o 60%, e librarase o 40% restante no momento da completa xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade e demais condicións para as que foi concedida, mediante un balance de ingresos e gastos asinado polo presidente ou responsable da entidade no que se reflectirá que o gasto realizado foi igual ou superior ao importe total da axuda, xunto cos xustificantes do gasto realizado como consecuencia da actividade obxecto da subvención.

-Para aquelas subvencións que superen o importe de 6.010,12 euros o pagamento das subvencións axustarase ao seguinte:

a) Poderá efectuarse un pagamento de ata o 10% da totalidade da subvención, con carácter de anticipo á conta da liquidación, que poderá acordarse no momento da súa concesión por instancia do interesado.

Para facer efectivo este anticipo deberán presentarse os seguintes medios documentais provisionais de xustificación:

1. Para as subvencións de mantemento unha certificación do director ou responsable da entidade

dos gastos xa realizados durante o presente exercicio e as cantidades pendentes de pagamento.

2. Para as subvencións de promoción de actividades unha certificación do director ou responsable da entidade do inicio das actividades.

b) Ata o 80% do total da subvención concedida poderán acordarse ata tres pagamentos parciais, a medida que o beneficiario xustifique que realizou un gasto equivalente, mediante certificación do director ou responsable da entidade xunto cos xustificantes do gasto realizado como consecuencia da actividade obxecto da subvención.

c) O 20% restante (ou o 10% no caso de realizarse anticipo) farase efectivo, unha vez xustificada a aplicación da totalidade da subvención para o fin para o que foi concedida, mediante un balance de ingresos e gastos asinado polo presidente ou responsable da entidade no que se reflicta que o gasto realizado foi igual ou superior ao importe total da axuda, xunto cos xustificantes do gasto realizado como consecuencia da actividade obxecto da subvención. Esta xustificación final poderá presentarse ata o 30 de novembro, no caso das subvencións de mantemento e promoción de actividades.

En todo caso, a entidade deberá presentar antes do 31 de xaneiro do exercicio seguinte, ante a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar ou delegación provincial respectiva, un balance de ingresos e gastos comprensivo de todo o ano natural conforme o anexo VII de cada modelo, así como unha memoria no caso de promoción de actividades.

2.2. Subvencións de investimento:

No suposto de subvencións para gastos de investimento, o pagamento e a xustificación efectuaranse de acordo co establecido no artigo 16 dous do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

O aboamento da subvención efectuarase unha vez presentada ante os servizos centrais ou periféricos da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, segundo proceda, a seguinte documentación xustificativa:

a) Subvención para adquisición de inmobles.

-Copia da escritura pública de compravenda, que recollerá unha cláusula na que se faga constar que o inmoble obxecto da subvención deberá manterse, polo menos durante vinte anos, destinado á finalidade que serviu de fundamento á petición.

b) Subvencións para construción, reforma, ampliación ou mellora de inmobles:

- Certificación asinada e selada pola entidade receptora da axuda, na que se faga constar a realización das obras e a conformidade con elas. Xunto coa xustificación de execución da obra, será obri

gatoria a presentación da licenza urbanística, no caso de que esta sexa exixible.

-Certificado ou factura orixinal expedida pola empresa ou contratista individual que realizou a obra.

-Nas subvencións para a construción de nova planta presentarase compromiso asinado polo representante legal da entidade beneficiaria de que o inmoble se destinará, durante vinte anos, á finalidade que serviu de fundamento á petición.

c) Subvención para equipamento e moblaxe:

-Certificado do representante da entidade en que conste a realización da subministración e a súa conformidade con ela.

-Facturas orixinais, debidamente conformadas, de cada unha das casas subministradoras.

3. Nos dous puntos anteriores, as facturas deberán cumprir o disposto no Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento que regula as obrigas de facturación e se modifica o regulamento do imposto sobre o valor engadido.

4. No momento da xustificación final do gasto e, en calquera caso, antes do último pagamento, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das subvencións solicitadas das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, tanto as aprobadas e concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo obxecto que corresponde ás subvencións reguladas nesta orde.

5. A documentación xustificativa dos gastos realizados, no caso das subvencións de investimento, poderá presentarse ata o 20 de novembro do ano 2006. Igualmente, os beneficiarios das subvencións, de carácter plurianual, para adquisición, construción, reforma, rehabilitación e equipamento de centros de atención a persoas con discapacidade, concedidas ao abeiro da Orde do 20 de abril de 2005 e da Orde do 28 de novembro de 2005, que a modifica, poderán presentar a documentación xustificativa dos gastos realizados, correspondente á anualidade 2006, ata o día 20 de novembro.

Artigo 18º.-Reintegro das subvencións concedidas.

1. De acordo co establecido no artigo 78.10º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, segundo a redacción dada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, procederá o reintegro total ou parcial da contía da subvención percibida xunto cos xuros de demora devengados desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión.

c) Incumprimento total ou parcial da finalidade para a que foi concedida a subvención.

d) Incumprimento das condicións impostas ás entidades colaboradoras e beneficiarios con motivo da concesión da axuda ou subvención pública.

2. Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas concedidas por outras administracións públicas ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario.

3. A tramitación do correspondente expediente de reintegro levarase a cabo conforme o procedemento establecido no artigo 20 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. As cantidades que teñan que reintegrar os beneficiarios terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para a súa cobranza o disposto nos artigos 19 ao 23 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Disposición adicional

Única.-Coa excepción prevista no punto primeiro do artigo 13º, apróbase a delegación de atribucións do vicepresidente da Igualdade e do Benestar nos delegados/as provinciais da Igualdade e do Benestar, no seu respectivo ámbito territorial, para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar e dispoñer os gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta dos pagamentos, en relación co disposto no artigo 73 a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Acción Social para ditar as normas necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2006.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar