DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2006 Páx. 6.097

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 21 de marzo de 2006 pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia.

Advertidos erros na publicación da devandita resolución no Diario Oficial de Galicia nº 66, do 4 de abril de 2006, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 5.259, curso: protección de datos persoais e a súa incidencia nos servizos sociais especializados de discapacidade, no punto 4.2. Lugar e datas: A Coruña, onde di do 15 ao 18 de maio, debe dicir, do 22 ao 25 de maio.

Na páxina 5.262. Curso: aplicación e problemática da normativa de accesibilidade á realidade física de Galicia, o punto 3. Criterios de selección, queda redactado así: preferentemente persoas que desenvolvan no seu traballo tarefas relacionadas co obxecto do curso.

Na páxina 5269. Curso: redación xurídica, o punto 2. Persoal ao que vai dirixido, quedaría redactado así: «letrados/as da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia e persoal colaborador desta». No punto 3. Criterios de selección, onde di: «terán preferencia os/as letrados/as da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia», debe dicir: «terán preferencia os/as letrados/as da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia e o seu persoal».

Na páxina 5.270. Curso: dereito penal administrativo, 4.2. Lugar e datas, onde di, os días 2, 3, 4, 5, 9, 10, 11 de outubro, debe dicir, os días 19, 20, 21, 22, 26, 27 e 28 de xuño.

Na páxina 5.278. Curso: procedementos tributarios, no punto 6.1, onde di curso.tributos*xuntaeco.org, debe dicir cursos.tributos*xuntaeco.org.

Na páxina 5.279. Curso: casos prácticos de tributación, no punto 4.2. Lugares e datas, Santiago de Compostela, deben figurar estas datas: 4, 5, 6, 7, 11, 12 e 13 de setembro (2ª edición).

Na páxina 5.285. Curso: XadeWeb primaria na modalidade de teleformación, o punto 2: Persoal ao que vai dirixido, quedará redactado así: administrativos e auxiliares administrativos da Xunta de Galicia, con coñecemento de acceso a Internet. O punto 3, Requisitos técnicos, quedará redactado así: PC con acceso a internet. Conta de correo electrónico baixo o dominio edu.xunta.es. Navegador Internet Explorer actualizado á última versión. No punto 5.1. Desenvolvemento, debería suprimirse a paréntese co texto (16 horas de autoformación con titorías telemáticas e 4 horas presenciais). Na referencia ás sesións presenciais, debe cambiarse a palabra realizaranse por poderanse realizar.

Na páxina 5.286. Curso: XadeWeb secundaria. Modalidade de teleformación, o punto 2: Persoal ao que vai dirixido, quedará redactado así: administrativos e auxiliares administrativos da Xunta de Galicia con coñecementos de acceso a internet. O punto 3: Requisitos técnicos, queda redactado así: PC con acceso a internet, Conta de correo electrónico baixo o dominio edu.xunta.es. Navegador Internet Explorer actualizado á última versión. No punto 5.1. Desenvolvemento, deberá suprimirse a paréntese co texto (16 horas de autoformación con titorías telemáticas e 4 horas presenciais). Na referencia ás sesións presenciais debe cambiarse a palabra realizaranse por poderanse realizar. O punto 5.2. Datas, quedará redactado así: maio, xuño, xullo (1 edición). Outubro e novembro (3 edicións).

Na páxina 5.292. Curso: sistema de información xeográfica e cartografía dixital, punto 4.2., as datas serán os días 29, 30 e 31 de maio e 1 e 2 de xuño. No punto 4.3. Os horarios serán das 9.30 ás 14.30 horas.

Na páxina 5.292. Curso: seguridade e riscos na extinción de incendios forestais, a epígrafe Lugar e datas quedará redactado así: A Coruña: edificio administrativo de Monelos, días 15 e 16 de maio. Lugo: r/ Montevideo, días 30 e 31 de maio.Ourense: aula de Vivero. Los Milagros, días 23 e 24 de maio. Pontevedra: Polígono Industrial O Campiño-Marcón, días 22 e 23 de maio. EGAP, 22 e 23 de maio.

O punto 4.3. Horarios debe dicir: na Coruña, Pontevedra e Santiago de Compostela, das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas; en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas; en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.00 ás 18.00 horas.

Na páxina 5.293. Curso: implantación dun sistema de xestión documental nunha organización, no punto 4.3. Horarios, debe figurar: luns 2 e mércores 4, das 16.30 ás 19.30 horas; martes 3 e xoves 5; das 9.30 ás 14 e das 16.30 ás 19.30 horas; venres 6, das 10.00 ás 14.00 horas.

Na páxina 5.295. Curso: análise de potabilidade das augas de consumo. 2. Persoal ao que vai dirixido, onde di funcionarios/interinos, debe dicir funcionariado e persoal laboral.

Na páxina 5.296. Curso: técnicas instrumentais de aplicación en laboratorios agroalimentarios. 2. Persoal ao que vai dirixido, onde di funcionarios/as interinos/as debe dicir funcionariado e persoal laboral.

Na páxina 5.297. Curso: aspectos xurídicos e administrativos dos títulos habilitantes para o exercicio da pesca, o marisqueo e os cultivos mariños. 4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 26, 27, 28 e 29 de xuño, debe dicir: EGAP, os días 26, 27, 28 e 29 de xuño (1ª edición) e Celeiro, os días 16, 17, 18 e 19 de outubro (2ª edición).

Na páxina 5.299. Curso: réxime xurídico do dominio público hidráulico. Medios de control administrativo das actuacións na súa zona de afección, 4.2. Lugar e datas, onde di os días 15, 16, 18, 19, 22, 23, 24, 25, 26, 29, 30 e 31 de maio, debe dicir 3, 4, 5, 6, 10, 11, 12, 13, 17, 18, 19 e 20 de xullo.

Na páxina 5.300. Curso: catálogo xeral de especies ameazadas, debe dicir, catálogo galego de especies ameazadas.

Na páxina 5.302. Curso: os axentes canceríxenos, mutaxénicos e tóxicos para a reprodución no traballo. 4.2. Lugar e datas, debe dicir, A Coruña, os días 20, 21 e 22 de xuño.

Nota: só se verá afectado o prazo das accións que por esta corrección resulten modificadas.