DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2006 Páx. 6.097

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 7 de abril de 2006 pola que se modifica a do 27 de decembro de 2005 pola se articulan axudas no marco do Programa de mellora gandeira de Galicia.

A Orde do 27 de decembro de 2005 pola que se articulan axudas no marco do Programa de mellora gandeira de Galicia (DOG nº 249, do 29 de decembro), regula e convoca as axudas enmarcadas no Programa de mellora gandeira de Galicia.

A publicación da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2006, supuxo modificacións con respecto ao proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2006, o que pola súa vez provocou a existencia de inexactitudes na orde, tramitada anticipadamente, pola que se articulan axudas no marco do Programa de mellora gandeira, polo que procede a modificación do artigo 13, Financiamento, punto 1 da Orde do 27 de decembro de 2005, pola que se articulan axudas no marco do Programa de mellora gandeira de Galicia.

Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Le 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modificar o artigo 13.1º da Orde do 27 de decembro de 2005 (DOG do 29 de decembro) pola que se articulan axudas no marco do Programa de mellora gandeira de Galicia, que queda redactado como segue:

«1. As axudas que deriven da aplicación desta orde financiaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias dos proxectos de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a saber:

11.03.613-A.760.0 dotada para esta finalidade con 76.898,79 euros, para dotar as actividades de fomento, difusión, profesionalización e especialización do sector gandeiro galego.

11.03.614-A.771.0 dotada para esta finalidade con 3.643.061,43 euros, repartidos do seguinte xeito: 866.805,60 euros, para dotar os programas de xestión zootécnica; 9.462,25 euros, para dotar a adquisición de animais de reposición de determinadas razas bovinas, ovinas e cabrúas autóctonas españolas; 1.348.267,04 euros, para dotar o programa de cría da raza frisona; 673.856,03 euros, para dotar os programas de cría da raza rubia galega; 709.668,51 euros, para dotar o control de rendementos leiteiros para a avaliación xenética das femias das especies bovina, ovina e cabrúa de raza pura para reprodución e 35.002,00 euros, para dotar as actividades de fomento, difusión, profesionalización e especialización do sector gandeiro galego.

11.03.614-A.771.1 dotada para esta finalidade con 850.000,00 euros, para dotar os programas de cría das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción.

11.03.614-A.781.0 dotada para esta finalidade con 2.359.125,54 euros, repartidos do seguinte xeito: 444.568,00 euros, para dotar as actividades de fomento, difusión, profesionalización e especialización do sector gandeiro galego; 1.229.022,00 euros, para dotar a realización de probas para determinar a calidade xenética ou o rendemento do gando vacún leiteiro; 113.759,21 euros, para dotar o fomento das razas autóctonas galegas de protección especial en perigo de extinción; 331.500,00 euros, para dotar o apoio aos libros xenéticos da raza bovina frisona e rubia galega e 240.276,33 euros, para dotar o apoio aos libros xenéticos das razas autóctonas de Galicia de protección especial.

11.03.613-A.770.1 dotada para esta finalidade con 2.906.788,00 euros, repartidos do seguinte xeito: 1.153.564,00 euros, para dotar os programas zoosanitarios de prevención e 1.753.224,00 euros, para dotar os programas zoosanitarios de erradicación».

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2006

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural