DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2006 Páx. 6.045

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2006, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, e da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se ditan instrucións sobre o acceso e a admisión aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional específica en centros docentes sostidos con fondos públicos.

A Orde do 1 de abril de 2002 (DOG do 12 de abril) regula as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional específica.

A Orde do 24 de abril de 2000 (DOG do 30 de maio) regula a admisión do alumnado en bacharelato e ciclos formativos de grao medio de formación profesional específica en centros sostidos con fondos públicos.

A Orde do 12 de abril de 2002 (DOG do 29 de abril) regula a admisión do alumnado nos ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica en centros docentes sostidos con fondos públicos.

O Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro (DOG do 19 de xaneiro), regula a cualificación dos deportistas galegos de alto nivel e os programas de beneficio dirixidos a eles.

As disposicións derradeiras destas ordes autorizan a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para ditaren as instrucións que cumpran para o desenvolvemento e a aplicación do previsto nelas.

Na súa virtude, estas direccións xerais

RESOLVEN:

Capítulo I

Ciclos formativos de grao medio

I. Condicións de acceso e admisión.

Primeiro.-Acceso aos ciclos formativos de grao medio.

1. Terá acceso directo aos ciclos formativos de grao medio o alumnado que cumpra algún dos requisitos seguintes:

a) Posuír o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

b) Posuír o título de técnico auxiliar.

c) Posuír o título de técnico.

d) Ter aprobado o segundo curso do bacharelato unificado polivalente (BUP).

e) Ter superado o segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias.

f) Ter superados o terceiro curso do plan de 1963 (Decreto 2127/1963, do 24 de xullo, BOE do 6 de

novembro) ou o segundo curso de comúns experimental (Decreto 179/1988, do 7 de xullo, DOG do 18 de xullo) das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos.

g) Ter superados outros estudos declarados equivalentes con algún dos anteriores para efectos académicos.

2. Así mesmo, poderá acceder aos ciclos formativos de grao medio aquel alumnado que, malia non reunir algún dos requisitos especificados no punto anterior, supere a proba de acceso definida na Orde do 1 de abril de 2002 para as persoas que estean nalgunha das condicións indicadas no punto noveno da citada orde.

3. Estes dous xeitos de acceso son incompatibles. En todo caso, ao acceso mediante proba unicamente poderán concorrer as persoas que carezan de requisitos académicos que posibiliten o acceso directo.

4. Entenderase que o alumnado de 4º de ESO que sexa proposto para o título no mes de setembro non cumpre os requisitos para o acceso directo no mes de xuño.

Segundo.-Distribución de prazas nos centros.

Nos centros sostidos con fondos públicos, a distribución das prazas dispoñibles para cursar cada ciclo formativo realizarase consonte o seguinte:

1. O 20% das prazas reservarase para os solicitantes que, malia non reuniren os requisitos académicos para o acceso directo, acrediten que superaran a proba de acceso definida na Orde do 1 de abril de 2002.

2. As prazas restantes reservaranse para o alumnado que reúna os requisitos establecidos para o acceso directo.

3. As porcentaxes establecidas nas epígrafes anteriores son acumulables entre si. Se non houber suficiente alumnado para cubrir as prazas de acceso directo, as sobrantes acumularanse ás previstas para acceso mediante proba. Así mesmo, se non houber suficiente alumnado que acceda mediante proba de acceso, as prazas sobrantes acumularanse ás previstas para acceso directo. Procederase a efectuar a acumulación das prazas vacantes polas comisións provinciais e, de ser o caso, pola comisión autonómica na derradeira fase do proceso de admisión.

4. Todos os ciclos formativos agás o ciclo medio de mergullo a media profundidade disporán dunha praza adicional reservada para o alumnado que reúna os requisitos de deportista galego de alto nivel, segundo o establecido no Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro (DOG do 19 de xaneiro).

II. Inscrición e desenvolvemento das probas de acceso.

Terceiro.-Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

A proba de acceso acreditará se o aspirante posúe coñecementos e habilidades suficientes para cursar con aproveitamento estas ensinanzas. É común para todos os ciclos formativos de grao medio e o seu

contido atenderá aos aspectos sociocultural e científico-tecnolóxico da educación secundaria obrigatoria. Esta proba de acceso, definida na Orde do 1 de abril de 2002, consta de dúas partes:

-Parte sociocultural:

Comprensión e expresión de textos escritos con propiedade, autonomía e creatividade, en galego e en castelán.

Coñecemento da historia, a xeografía e as actitudes da nosa tradición e do noso patrimonio cultural, así como análise dos mecanismos e os valores que rexen o funcionamento das sociedades.

-Parte científico-tecnolóxica:

Resolución de problemas nos campos das matemáticas e da tecnoloxía, mediante procedementos de razoamento lóxico.

Realización de exercicios que utilicen códigos científicos e técnicos. Aplicacións do desenvolvemento científico e tecnolóxico, e a súa incidencia no medio físico e social.

A valoración de cada unha destas partes expresarase mediante a cualificación de apto ou non apto. Para a superación da proba cumprirá obter a cualificación de apto en ambas as dúas partes.

Cuarto.-Probas de acceso adaptadas ás persoas que acrediten discapacidades.

Os solicitantes de proba adaptada deberán cubrir o modelo de solicitude que figura como anexo IX desta resolución e presentar o correspondente certificado acreditativo de minusvalidez emitido polos equipos de valoración e orientación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, acompañado do seu ditame técnico facultativo. O tribunal único da avaliación de probas, nomeado pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, avaliará o grao de discapacidade e, de ser o caso, adaptará a proba de acceso que deban superar os aspirantes que, en todo caso, deberán respectar o esencial dos obxectivos fixados nos decretos que regulan os currículos das materias de proba.

Quinto.-Exencións das probas de acceso.

1. Poderán quedar total ou parcialmente exentas da proba de acceso aos ciclos de grao medio, nos termos previstos no punto décimo primeiro da Orde do 1 de abril de 2002 (DOG do 12 de abril), as persoas que acrediten ter superadas totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos.

A exención da parte sociocultural será automática achegando a certificación de ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos en que conste a opción efectuada e a puntuación acadada en cada unha das materias. Para a exención da parte científico-tecnolóxica deberá constar expresamente no devandito certificado a materia de matemáticas cunha puntuación igual ou superior a 5.

A resolución sobre a exención correspóndelle ao tribunal avaliador que se indica no número sexto, punto dous, da Orde do 1 de abril de 2002.

Entregaráselle ao alumno a resolución das exencións que lle correspondan.

A presentación das resolucións de exencións concedidas polo tribunal avaliador permitiralle ao alumno a exención automática en futuras convocatorias e nas mesmas circunstancias.

2. Consonte o Decreto 79/1994, do 8 de abril (DOG do 15 de abril), sobre exención da materia de lingua galega, e a Orde do 30 de xuño de 1994 (DOG do 4 de agosto), que o desenvolve, o alumnado que se incorpore ao sistema educativo de Galicia procedente doutras comunidades autónomas ou do estranxeiro poderá obter a exención das probas de avaliación da materia de lingua galega.

En virtude do Decreto 239/1997, do 10 de setembro (DOG do 12 de setembro), sobre desconcentración e delegación de competencias en determinados procedementos para a implantación do Servizo de Resposta Inmediata (creado e regulado polo Decreto 216/1997, do 30 de xullo), delegarase nos directores dos centros públicos de ensino primario e secundario as competencias sobre exención da materia de lingua galega que ata agora lle correspondían aos delegados provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Con base na normativa anteriormente exposta, o alumnado que se presente ás probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional específica e que solicite a exención de lingua galega deberá facelo constar expresamente no momento de realizar a inscrición para as probas, e presentar a seguinte documentación:

-Anexo I da Orde do 30 de xuño de 1994, asinado polo alumno, onde se exporán as razóns polas que se solicita a exención.

-Fotocopia compulsada do expediente académico ou do libro de escolaridade do alumno, correspondente aos catro últimos anos académicos en que estivera matriculado, ou informe da dirección do centro en que se explique a situación do alumno durante ese período.

-Fotocopia compulsada das páxinas do libro de escolaridade onde consten as altas e as baixas en centros nos catro últimos anos académicos cursados, ou informe da dirección do centro que acredite tal aspecto.

-Acreditación do traslado de residencia do alumno e dos seus pais ou titores para fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, se a solicitude se basea no establecido no artigo 2.4º do Decreto 79/1994.

-Certificación do organismo oficial correspondente en que se acredite o grao de deficiencia do alumno, se a solicitude se basea no disposto no artigo 4 do Decreto 79/1994 e no artigo 12.1º da Orde do 30 de xuño de 1994.

O director do centro onde se presentará a documentación deberá resolver a concesión desta exención e enviala, xunto cos resto das solicitudes de exención, á Subdirección Xeral de Formación Profesional nos prazos previstos para a súa incorporación á aplicación informática de xestión das probas de acceso.

Sexto.-Publicación de listaxes provisionais e definitivas de inscrición, exención, probas adaptadas, cualificación e lugares de realización da proba.

O alumnado que desexe información puntual no relativo ás publicacións en todo o proceso do desenvolvemento das probas de acceso poderá dirixirse ao lugar onde realizará a súa inscrición, ao centro onde realice as probas ou ben á páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, onde deberán estar expostas as listaxes correspondentes. Así mesmo, na devandita páxina poderase consultar información personalizada en calquera momento do proceso cunha identificación previa.

Sétimo.-Inscrición e calendario de celebración das probas de acceso aos ciclos de grao medio.

1. Segundo o artigo 6 da Orde do 1 de abril de 2002, as delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comunicarán por escrito, antes do día 18 de abril, á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais o seguinte:

-Os lugares onde se vaian realizar as probas e os centros adscritos para que se fagan públicos antes do día 19 de abril.

-Os inspectores provinciais responsables do proceso das probas de acceso.

-Os integrantes das comisións de realización das probas por proposta da inspección educativa.

2. A inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio presentarase na secretaría de calquera dos institutos de educación secundaria onde se impartan ensinanzas de formación profesional específica, no prazo comprendido entre os días 8 e 16 de maio de 2006, ambos os dous incluídos, segundo o modelo do anexo VI recollido na Orde do 1 de abril de 2002.

O alumnado matriculado en programas de garantía social neste curso escolar e que desexe realizar a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio deberá presentar unha inscrición provisional. A inscrición será definitiva cando se achegue a certificación de ter superado o programa de garantía social na secretaría do centro onde se realizara a inscrición provisional. Os centros terán de prazo para cargar este dato na aplicación informática ata as 14.00 horas do día 22 de maio.

Na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp pódese realizar a inscrición para as probas. A folla de inscrición deberase presentar na secretaría dun dos centros anteriormente citados para lle dar validez á inscrición.

3. As persoas solicitantes de proba adaptada deberán cubrir o modelo de solicitude que figura como anexo IX desta resolución e presentar o correspondente certificado acreditativo de minusvalidez emitido polo equipo de valoración e orientación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, acompañado do seu ditame técnico facultativo.

4. A relación provisional de persoas inscritas publicarase o día 18 de maio de 2006. Poderase

presentar documentación complementaria e reclamacións contra a listaxe provisional desde o 19 ao 22 de maio, ambos os dous incluídos. A relación definitiva de inscritos farase pública o día 23 de maio.

5. No caso do alumnado que solicite exención da proba, exención de lingua galega ou proba adaptada, a dirección do centro remitirá á Subdirección Xeral de Formación Profesional, pola vía de urxencia, a relación de solicitantes e a documentación correspondente de cada unha deles, garantindo a súa recepción o día 29 de maio. A documentación restante arquivarase no propio centro educativo.

6. O centro enviará á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais por correo ordinario, o mesmo día da súa publicación, a relación definitiva de persoas inscritas para realizar a proba, asinada polo director do centro, onde se deberá facer constar expresamente as que solicitan exencións.

7. De detectárense erros no número do documento de identificación (DNI, NIE, pasaporte ou documento de identidade da Unión Europea), poderase solicitar a súa corrección en calquera momento a través dunha reclamación, segundo o modelo de solicitude dispoñible no anexo XI desta resolución e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp. Esta solicitude deberá ir acompañada dunha fotocopia do documento de identificación e estar asinada polo director ou a directora do centro, quen enviará por vía de urxencia a reclamación orixinal presentada na secretaría do centro á Subdirección Xeral de Formación Profesional. Non cumprirá que o centro realice trámite adicional ningún coa aplicación informática.

8. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria elaborará as probas de acceso aos ciclos formativos, de acordo co establecido na Orde do 1 de abril de 2002.

9. As probas de acceso aos ciclos de grao medio celebraranse o día 12 de xuño de 2006 no horario que se indica a seguir:

Ás 9.00 horas: presentación.

Das 10.00 ás 12.00 horas: parte científico-tecnolóxica.

Das 12.30 ás 14.30 horas: parte sociocultural.

Oitavo.-Tramitación de solicitudes.

1. Os institutos de educación secundaria onde se impartan ensinanzas de formación profesional específica tramitarán a información referente ao alumnado participante nas probas de acceso a ciclos formativos a través da aplicación informática facilitada pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

2. A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais establecerá, a través dunha circular que se enviará aos institutos de educación secundaria onde se impartan ensinanzas de formación profesional específica, o procedemento e as datas onde se deba realizar a tramitación de cada unha das fases das probas de acceso.

Noveno.-Resolución de exencións, proba adaptada, cualificacións da proba e reclamacións.

1. A resolución provisional de exencións da proba e proba adaptada farase pública o día 31 de maio de 2006.

2. Contra a resolución provisional de exención da proba e proba adaptada, poderase presentar reclamación desde o día 1 de xuño ata o día 2 de xuño ás 12.00 horas ante o presidente do tribunal único no centro onde se realizara a inscrición. Os centros cargarán na aplicación as reclamacións e deberanas remitir, por vía de urxencia, á Subdirección Xeral de Formación Profesional, asegurando a súa recepción o día 6 de xuño. A resolución definitiva farase pública o día 8 de xuño.

3. O resultado das cualificacións provisionais das probas de acceso a ciclos formativos deberase facer público o 16 de xuño de 2006.

4. Contra a cualificación provisional da proba, o alumno poderá presentar reclamación desde o día 19 ao 20 de xuño, ambos os dous incluídos, ante o presidente do tribunal único, no centro onde se realizara a proba ou no centro onde se realizara a inscrición. Os centros cargarán na aplicación as reclamacións e deberanas remitir, por vía de urxencia, á Subdirección Xeral de Formación Profesional, asegurando a súa recepción o día 21 de xuño antes das 12.00 horas.

5. A cualificación definitiva publicarase o 23 de xuño.

6. Contra a resolución de exencións e de proba adaptada, e contra as cualificacións definitivas da proba de acceso poderase interpor recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, no xeito previsto no artigo 114.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro). A resolución deste recurso, que pon fin á vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

7. A superación da proba acreditarase mediante unha certificación, segundo o modelo que figura no anexo II da Orde do 1 de abril de 2002, que será expedida pola secretaría do centro onde se realizara a proba. A certificación de ter superada a proba terá validez como requisito de acceso en todo o Estado.

III. Inscrición e matrícula.

Décimo.-Solicitude de admisión a ciclos formativos de grao medio.

1. As solicitudes para a admisión aos ciclos formativos de grao medio realizaranse con base na relación de ciclos formativos autorizados para o curso 2006-2007, que estará exposta, co seu correspondente número de prazas, antes do día 30 de maio en todos os centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan formación profesional, así como na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. As solicitudes para cursar ciclos formativos de formación profesional específica de grao medio nos centros de educación secundaria sostidos con fondos públicos, así como o procedemento de admisión do alumnado, realizaranse de acordo coa Orde do 24 de abril de 2000.

3. O alumnado que solicite praza por reserva, consonte o establecido no punto segundo da Orde do 24 de abril de 2000, cubrirá o anexo VI da presente resolución. Os centros publicarán no taboleiro de anuncios a resolución de adxudicación de prazas por reserva e o número de postos escolares dispoñibles para o curso 2006-2007 antes do 28 de xuño.

4. De ser o caso, a inspección educativa comunicarálles aos centros antes do 30 de xuño a reasignación de prazas dos alumnos e das alumnas que, con dereito a reserva, non a obtiveran no seu centro.

5. O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do 19 de xuño ao 3 de xullo.

6. Cada solicitante presentará unha única instancia, segundo o anexo II da Orde do 24 de abril de 2000, no centro do ciclo formativo que solicite en primeiro lugar, en que se relacionarán, por orde de preferencia, todos os centros e as ensinanzas segundo as modalidades e o réxime para os que solicita praza.

Tamén é posible facer a solicitude na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, onde se ha obter unha folla impresa que se deberá presentar na secretaría do centro do ciclo formativo que se solicite en primeiro lugar. Sen este último requisito, a solicitude enténdese como non válida.

7. As solicitudes presentaranse xunto coa documentación que acredite o cumprimento dos requisitos académicos exixidos e con todos os xustificantes dos criterios de baremación establecidos no anexo I da referida orde.

8. O alumnado que solicite praza por reserva adicional para deportistas galegos de alto nivel, consonte se establece no punto 1, letra c) do artigo sexto do Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro, presentará, ademais da documentación referida na Orde do 24 de abril, a resolución personalizada da Consellería de Cultura e Deporte pola que obtén a consideración de deportista galego de alto nivel.

9. A presentación de máis dunha solicitude será causa de exclusión do proceso de baremación. Neste caso procederase á escolarización ao final do proceso, se houber praza.

10. Os solicitantes de admisión mediante proba presentarán xunto coa solicitude a certificación de superación da proba de acceso que se indica no artigo noveno, punto 7 desta resolución.

Décimo primeiro.-Admisión e matrícula dos solicitantes por acceso directo ou mediante proba.

1. O centro de inscrición será o referente do alumnado durante todo o proceso ata que se formalice a matrícula. Así mesmo, na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp poderase consultar información personalizada en calquera momento do proceso, cunha identificación previa.

2. As secretarías dos centros, ademais de recoller as solicitudes para a admisión a ciclos formativos de grao medio, cargarán os datos de inscrición na aplicación informática facilitada pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

3. De detectárense erros no número do documento de identificación (DNI, NIE, pasaporte ou documento de identidade da Unión Europea), poderase solicitar a súa corrección en calquera momento a través dunha reclamación, segundo o modelo de solicitude dispoñible no anexo XI desta resolución e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp. Esta solicitude deberá ir acompañada dunha fotocopia do documento de identificación e estar asinada polo director ou a directora do centro, quen enviará por vía de urxencia a reclamación orixinal presentada na secretaría do centro á Subdirección Xeral de Formación Profesional. Non cumprirá que o centro realice trámite adicional ningún coa aplicación informática.

4. Os centros farán pública o día 6 de xullo a relación provisional da adxudicación de prazas do consello escolar, tanto as de acceso directo como as de acceso mediante proba, e a relación de solicitantes de cada un dos ciclos formativos de grao medio, coa totalidade de puntuación outorgada por epígrafes. Estarán ordenadas de maior a menor puntuación, con aplicación dos criterios de baremación indicados no anexo I da Orde do 24 de abril de 2000.

5. As persoas solicitantes de admisión a ciclos formativos para os que se require a superación dunha proba física serán informadas no centro onde se matriculen, no momento da inscrición, da data, o lugar e a hora en que se vaia celebrar a proba. O resultado desta proba exporase antes do 12 de xullo no taboleiro de anuncios do centro.

6. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas ante o consello escolar, os centros publicarán o día 13 de xullo a resolución definitiva da adxudicación de prazas.

7. O alumnado que obteña praza adxudicada por resolución definitiva do consello escolar poderá formalizar a matrícula, segundo o modelo do anexo VIII desta resolución, no prazo comprendido entre o 17 e o 20 de xullo. Esta solicitude de matrícula estará condicionada a que se cumpran os requisitos establecidos no artigo décimo terceiro punto 2 desta resolución. De non obter praza, a súa solicitude será resolta pola comisión provincial ou autonómica, de ser o caso, en sucesivas adxudicacións.

8. O alumnado que, cumprindo os requisitos de admisión no mes de setembro, desexe formalizar a matrícula, poderá facelo presentando o impreso de matrícula directamente nas secretarías dos centros e unicamente para aqueles ciclos formativos que teñan a condición de liberados (ciclos formativos para os que existan prazas vacantes e non haxa lista de espera). A relación destes ciclos formativos e os centros correspondentes co número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar en todo momento na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

Décimo segundo.-Comisións provincial e autonómica.

1. As inspeccións ou comisións provinciais de escolarización resolverán a adxudicación das prazas vacantes aos solicitantes que non obtiveran praza pola resolución do consello escolar. Os casos de empate nas puntuacións outorgadas aos solicitantes resolveranse mediante sorteo.

Da resolución definitiva de prazas farase a publicación na delegación provincial correspondente e nos centros o día 21 de xullo. Os admitidos segundo esas resolucións terán de prazo para formalizar a matrícula desde o día 24 ao día 26 de xullo. De non matriculárense neste período entenderase que renuncian á praza adxudicada e permanecerán na lista de espera dos ciclos formativos solicitados con prioridade ao rexeitado.

2. As inspeccións ou comisións de escolarización resolverán unha segunda adxudicación das prazas vacantes. Desta resolución farase a correspondente publicación na delegación provincial correspondente e nos centros o día 27 de xullo. Os admitidos segundo esta resolución terán de prazo para formalizar a matrícula entre os días 28 e 31 de xullo. De non formalizaren a matrícula neste período entenderase que renuncian á praza adxudicada e permanecerán na lista de espera dos ciclos formativos solicitados con prioridade ao rexeitado.

3. As inspeccións ou comisións provinciais de escolarización resolverán unha terceira adxudicación das prazas vacantes. Desta resolución hase facer a correspondente publicación na delegación provincial correspondente e nos centros o día 1 de setembro. Os admitidos segundo esta resolución terán de prazo extraordinario para formalizar a matrícula desde o día 1 ao día 11 de setembro. De non formalizaren a matrícula neste período entenderase que renuncian á praza adxudicada e permanecerán na lista de espera dos ciclos formativos solicitados con prioridade ao rexeitado.

4. A comisión autonómica de escolarización resolverá a adxudicación das prazas vacantes, se as houber, aos solicitantes que non obtiveran praza por adxudicación das comisións provinciais. Da resolución definitiva de prazas farase a correspondente publicación na delegación provincial e nos centros o día 15 de setembro. Os admitidos segundo esas resolucións terán de prazo extraordinario para formalizar a matrícula desde o día 18 ata o día 21 de setembro. De non formalizaren a matrícula neste período entenderase que renuncian á praza adxudicada.

5. Os ciclos formativos sen solicitantes en lista de espera e que dispoñan de prazas vacantes serán liberados para realizar a matrícula do alumnado que o desexe, aínda que presentaran a solicitude de matrícula fóra de prazo.

6. As inspeccións ou comisións provinciais e autonómica poderán realizar a acumulación de prazas de acceso mediante proba e por acceso directo a partir da primeira adxudicación da comisión provincial.

7. A partir do 21 de setembro, nos ciclos formativos de grao medio que aínda dispoñan de alumnado en lista de espera e prazas vacantes, procederase a elaborar sucesivas relacións de admitidos, adxudicando as prazas non cubertas na fase anterior. O calendario destas novas fases de adxudicación, publicación de relacións de admitidos e prazo de matrícula é o seguinte:

Fases de adxudicaciónDatas de publicacións da

relación de adxudicados

Prazo de matrícula

1ª extraordinaria22 de setembroDo 25 ao 27 de setembro

2ª extraordinaria29 de setembroDo 2 ao 4 de outubro

3ª extraordinaria6 de outubroDo 9 ao 11 de outubro

4ª extraordinaria13 de outubroDo 16 ao 18 de outubro

5ª extraordinaria20 de outubroDo 23 ao 24 de outubro

8. Naqueles ciclos en que, unha vez adxudicadas todas as prazas nalgunha das fases de adxudicación ás que se fai referencia no punto anterior, aínda queden vacantes, os centros poderán dispor libremente delas e matricular o alumnado que non formalizara a solicitude dentro do prazo establecido. En todo caso, este proceso rematará o 31 de outubro.

9. Rematado este proceso, non se producirá ningunha matriculación sen a autorización expresa da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

10. As sucesivas adxudicacións de prazas da comisión provincial e autonómica serán publicadas no centro onde se presentara a súa solicitude e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp. O alumnado que obteña praza nas resolucións da comisión provincial e autonómica poderá formalizar a súa matrícula segundo o modelo do anexo VIII. Esta solicitude de matrícula estará condicionada a que se cumpran os requisitos establecidos no artigo décimo terceiro, punto 2, desta resolución.

Décimo terceiro.-Constitución de grupos.

1. Para cada ciclo formativo de grao medio constituirase, con carácter xeral, un único grupo de alumnos por centro.

2. A formalización da matrícula nos centros sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria quedará condicionada a que haxa un número mínimo de dez solicitudes de matrícula admitidas, antes do 22 de setembro, para cada un dos ciclos formativos de grao medio.

3. A impartición destas ensinanzas cun número menor de alumnos exixirá autorización expresa da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

Décimo cuarto.-Na xestión dos procesos de acceso e admisión a que se refire esta resolución respectarase a normativa sobre protección de datos, de acordo coa lexislación vixente.

Capítulo II

Ciclos formativos de grao superior

I. Condicións de acceso e admisión.

Décimo quinto.-Acceso aos ciclos formativos de grao superior.

1. Terá acceso directo aos ciclos formativos de grao superior o alumnado que cumpra algún dos requisitos establecidos no punto quinto da Orde do 12 abril de 2002.

2. Así mesmo, poderán acceder aos ciclos formativos de grao superior aquelas persoas que, malia non reuniren os requisitos indicados no punto anterior, superen a proba de acceso definida na Orde do 1 de abril de 2002. Para poder concorrer a esta proba cumprirá ter cumpridos 20 anos ou cumprilos no ano 2006. No caso das persoas que posúan o título de técnico, o requisito de idade é de 18 anos para poder concorrer á proba de acceso para un ciclo formativo de grao superior da mesma familia profesional.

3. Estes dous xeitos de acceso son incompatibles. En todo caso, ao acceso mediante proba unicamente poderán concorrer as persoas que carezan de requisitos académicos que posibiliten o acceso directo.

II. Inscrición e desenvolvemento das probas de acceso.

Décimo sexto.-Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

A proba de acceso definida na Orde do 1 de abril de 2002 consta de dúas partes:

-Parte xeral: neste exercicio, o aspirante deberá acreditar a madurez en relación cos obxectivos do bacharelato, nomeadamente en contidos procedementais de:

Lingua galega e literatura.

Lingua castelá e literatura.

Lingua estranxeira (opción de inglés ou de francés).

Matemáticas.

A cualificación da área lingüística determinarase mediante o cálculo da media aritmética das puntuacións obtidas en cada unha das tres materias que a integran: lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, e lingua estranxeira (opción de inglés ou de francés).

A cualificación da parte xeral será a media aritmética das cualificacións obtidas nas áreas lingüística e de matemáticas.

-Parte específica: o aspirante deberá acreditar a súa capacidade de formación profesional de base relacionada co campo profesional do ciclo formativo ao que se solicita acceder. Esta parte avaliará os coñecementos en relación coas materias que se indican na segunda columna do anexo I desta resolución. O aspirante elixirá a opción que lle permita o acceso ao ciclo formativo que desexe cursar dentro dos ofer

tados nesta comunidade autónoma. A cualificación desta parte específica determinarase calculando a media aritmética das puntuacións obtidas en cada unha das materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo para o que se solicitara a proba de acceso.

Para a superación da proba cumprirá obter en cada unha das partes (xeral e específica) a cualificación mínima de 5.

Décimo sétimo.-Probas de acceso adaptadas ás persoas que acrediten discapacidades.

Os solicitantes de proba adaptada deberán cubrir o modelo de solicitude que figura como anexo IX da presente resolución e presentar o correspondente certificado acreditativo de minusvalidez emitido polos equipos de valoración e orientación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, acompañado do seu ditame técnico facultativo. O tribunal único da avaliación de probas, nomeado pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, avaliará o grao de discapacidade e, de ser o caso, adaptará a proba de acceso que deban superar os aspirantes que, en todo caso, deberá respectar o esencial dos obxectivos fixados nos decretos que regulan os currículos das materias da proba.

Décimo oitavo.-Exencións das probas de acceso.

1. As persoas que acrediten ter superadas totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos poderán quedar exentas de realizar a parte xeral da proba que acredita a madurez en relación cos obxectivos do bacharelato, en función do grao de afinidade da proba de acceso á universidade e o ciclo formativo ao que queiran acceder.

A exención da área lingüística da parte xeral será automática coa certificación de ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos. Para a exención total da parte xeral deberá constar expresamente no devandito certificado a materia de matemáticas cunha puntuación igual ou superior a 5.

A persoa que solicite a exención da parte xeral achegará o certificado de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos, en que conste a opción efectuada e a puntuación acadada en cada unha das materias.

Da parte específica da proba poderán quedar exentas as persoas que acrediten, polo menos, un ano de experiencia laboral en campos profesionais que se correspondan cos coñecementos das materias que se indican na segunda columna do anexo I desta resolución, para os estudos que se pretenda cursar. A solicitude de exención da parte específica deberase formular no momento da inscrición e irá acompañada da seguinte documentación:

-Certificación da empresa, segundo o anexo VII desta resolución, en que se faga constar especificamente as actividades laborais desenvolvidas pola

persoa interesada relacionadas co campo profesional que se corresponda cos estudos que pretenda cursar, así como o número de horas dedicadas a cada unha delas. No caso de traballadores por conta propia, certificación de alta no imposto de actividades económicas e, de ser o caso, xustificantes do seu pagamento.

-Certificación da Tesouraría da Seguridade Social e/ou da mutualidade laboral en que se estivese afiliado, onde conste a empresa e o período de contratación. No caso de persoal das Forzas Armadas, certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual, en que consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio.

A resolución sobre as exencións correspóndelle ao tribunal avaliador que se indica no número sexto, punto dous, da Orde do 1 de abril 2002.

Entregaráselle ao alumno a resolución das exencións que lle correspondan.

A presentación das resolucións de exencións concedidas polo tribunal avaliador permitiralle ao alumno a exención automática en futuras convocatorias e nas mesmas circunstancias.

2. Consonte o Decreto 79/1994, do 8 de abril (DOG do 15 de abril), sobre exención da materia de lingua galega, e a Orde do 30 de xuño de 1994 (DOG do 4 de agosto), que o desenvolve, o alumnado que se incorpore ao sistema educativo de Galicia procedente doutras comunidades autónomas ou do estranxeiro poderá obter a exención das probas de avaliación da materia de lingua galega.

En virtude do Decreto 239/1997, do 10 de setembro (DOG do 12 de setembro), sobre desconcentración e delegación de competencias en determinados procedementos para a implantación do Servizo de Resposta Inmediata (creado e regulado polo Decreto 216/1997, do 30 de xullo), delegarase nos directores dos centros públicos de ensino primario e secundario as competencias sobre exención da materia de lingua galega que ata agora lles correspondían aos delegados provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Con base na normativa anteriormente exposta, o alumnado que se presente ás probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional específica e que solicite a exención de lingua galega deberá facelo constar expresamente no momento de realizar a inscrición para as probas, e presentar a seguinte documentación:

-Anexo I da Orde do 30 de xuño de 1994, asinado polo alumno, no que se exporán as razóns polas que se solicita a exención.

-Fotocopia compulsada do expediente académico ou do libro de escolaridade do alumno correspondente aos catro últimos anos académicos nos que estivera matriculado, ou informe da dirección do centro en que se explique a situación do alumno durante ese período.

-Fotocopia compulsada das páxinas do libro de escolaridade onde consten as altas e as baixas en centros nos catro últimos anos académicos cursados, ou informe da dirección do centro que acredite tal aspecto.

-Acreditación do traslado de residencia do alumno e dos seus pais ou titores para fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, se a solicitude se basea no establecido no artigo 2.4º do Decreto 79/1994.

-Certificación do organismo oficial correspondente en que se acredite o grao de deficiencia do alumno, se a solicitude se basea no disposto no artigo 4 do Decreto 79/1994 e no artigo 12.1º da Orde do 30 de xuño de 1994.

O director do centro onde se presentara a documentación deberá resolver a concesión desta exención e enviala, xunto cos resto das solicitudes de exención, á Subdirección Xeral de Formación Profesional nos prazos previstos para a súa incorporación á aplicación informática de xestión das probas de acceso.

Décimo noveno.-Publicación de listaxes provisionais e definitivas de inscrición, exención, probas adaptadas, cualificación e lugares de realización da proba.

O alumnado que desexe información puntual no relativo ás publicacións en todo o proceso do desenvolvemento das probas de acceso poderá dirixirse ao lugar onde realizara a súa inscrición, ao centro onde realice as probas ou ben á páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, onde deberán estar expostas as listaxes correspondentes. Así mesmo, na devandita páxina poderase consultar información personalizada en calquera momento do proceso cunha identificación previa.

Vixésimo.-Inscrición e calendario de celebración das probas de acceso aos ciclos de grao superior.

1. Segundo o artigo 6 da Orde do 1 de abril de 2002, as delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comunicarán por escrito, antes do día 18 de abril, á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, o seguinte:

-Os lugares onde se vaian realizar as probas e os centros adscritos, para que se fagan públicos, antes do día 19 de abril.

-Os inspectores provinciais responsables do proceso das probas de acceso.

-Os integrantes das comisións de realización das probas por proposta da inspección educativa.

2. A inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior presentarase na secretaría de calquera dos institutos de educación secundaria onde se impartan ensinanzas de formación profesional específica, no prazo comprendido entre o día 19 e o 26 de abril de 2006, ambos os dous

incluídos, segundo o modelo do anexo VII recollido na Orde do 1 de abril de 2002, e o modelo do anexo X desta resolución.

Na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp pódese realizar a inscrición para as probas. A folla de inscrición deberase presentar na secretaría dun dos centros anteriormente citados para lle dar validez á inscrición.

3. As persoas solicitantes de proba adaptada deberán cubrir o modelo de solicitude que figura como anexo IX desta resolución e presentar o correspondente certificado acreditativo de minusvalidez emitido polo equipo de valoración e orientación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, acompañado do seu ditame técnico facultativo.

4. A relación provisional de persoas inscritas á proba publicarase o día 27 de abril de 2006. Poderase presentar documentación complementaria e reclamacións contra a listaxe provisional os días 28 de abril e 2 de maio, ambos os dous incluídos. A relación definitiva de inscritos farase pública o 3 de maio de 2006.

5. No caso do alumnado que solicite exención da proba, exención de lingua galega ou proba adaptada, a dirección do centro remitirá á Subdirección Xeral de Formación Profesional, pola vía de urxencia, a relación de solicitantes e a documentación correspondente de cada unha deles, garantindo a súa recepción o día 5 de maio. A documentación restante arquivarase no propio centro educativo.

6. O centro enviará á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais por correo ordinario, o mesmo día da súa publicación, a relación definitiva de persoas inscritas para realizar a proba, asinada polo director do centro, onde se deberá facer constar expresamente as que solicitan exencións.

7. De detectárense erros no número do documento de identificación (DNI, NIE, pasaporte ou documento de identidade da Unión Europea), poderase solicitar a súa corrección en calquera momento a través dunha reclamación, segundo o modelo de solicitude dispoñible no anexo XI desta resolución e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp. Esta solicitude deberá ir acompañada dunha fotocopia do documento de identificación e estar asinada polo director ou a directora do centro, quen enviará por vía de urxencia a reclamación orixinal presentada na secretaría do centro á Subdirección Xeral de Formación Profesional. Non cumprirá que o centro realice trámite adicional ningún coa aplicación informática.

8. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria elaborará as probas de acceso aos ciclos formativos, de acordo co establecido na Orde do 1 de abril de 2002.

9. As probas de acceso aos ciclos de grao superior celebraranse o día 23 de maio de 2006, no horario que se indica a seguir:

Ás 9.00 horas: presentación.

-Parte xeral da proba:

Das 10.00 ás 12.00 horas: área lingüística (lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, e lingua estranxeira, con opción de francés ou inglés).

Das 12.30 ás 14.00 horas: área de matemáticas.

-Parte específica da proba:

A partir das 16.30 horas: materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo para o que se solicitara a proba de acceso, segundo o anexo I desta resolución.

A duración máxima para cada materia desta parte será de dúas horas.

Vixésimo primeiro.-Tramitación de solicitudes.

1. Os institutos de educación secundaria onde se impartan ensinanzas de formación profesional específica tramitarán a información referente ao alumnado participante nas probas de acceso a ciclos formativos, a través da aplicación informática facilitada pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

2. A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais establecerá, a través dunha circular que se enviará aos institutos de educación secundaria onde se impartan ensinanzas de formación profesional específica, o procedemento e as datas en que se debe realizar a tramitación de cada unha das fases das probas de acceso.

Vixésimo segundo.-Resolución de exencións, proba adaptada, cualificacións da proba e reclamacións.

1. A resolución provisional de exencións da proba e de proba adaptada farase pública o día 9 de maio de 2006.

2. Contra a resolución provisional de exención da proba e proba adaptada, poderase presentar reclamación desde o día 10 de maio ata o día 11 de maio ás 12.00 horas, ante o presidente do tribunal único no centro onde se realizara a inscrición. Os centros cargarán na aplicación as reclamacións e deberanas remitir, por vía de urxencia, á Subdirección Xeral de Formación Profesional, asegurando a súa recepción o día 15 de maio. A resolución definitiva farase pública o día 19 de maio.

3. O resultado das cualificacións provisionais das probas de acceso a ciclos formativos deberase facer público o día 29 de maio de 2006.

4. Contra a cualificación provisional da proba o alumno poderá presentar reclamación desde o día 30 ata o 31 de maio, ambos os dous incluídos, ante o presidente do tribunal único no centro onde se realizara a proba ou no centro onde realizara a inscrición. Os centros cargarán na aplicación as reclamacións e deberanas remitir, por vía de urxencia,

á Subdirección Xeral de Formación Profesional, asegurando a súa recepción o día 1 de xuño antes das 12.00 horas.

5. A cualificación definitiva publicarase o día 6 de xuño.

6. Contra a resolución de exención e as cualificacións definitivas da proba de acceso poderase interpor recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, no xeito previsto no artigo 114.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro). A resolución deste recurso, que pon fin á vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

7. A superación da proba acreditarase mediante unha certificación, segundo o modelo que figura no anexo II da Orde do 1 de abril de 2002, que será expedida pola secretaría do centro onde se realizara a proba. A certificación de ter superada a proba terá validez como requisito de acceso en todo o Estado e manterá a súa vixencia sempre que non se modifique o título nin as ensinanzas correspondentes ao ciclo formativo.

III. Inscrición e matrícula.

Vixésimo terceiro.-Solicitude de admisión a ciclos formativos de grao superior.

1. As solicitudes para a admisión aos ciclos formativos de grao superior realizaranse con base na relación de ciclos formativos autorizados para o curso 2006-2007, que estará exposta, co seu correspondente número de prazas, antes do día 30 de maio en todos os centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan formación profesional, así como na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Cada solicitante presentará unha única instancia, segundo o modelo establecido no anexo II desta resolución, así como toda a documentación necesaria, no centro onde se imparta o ciclo formativo que solicite en primeiro lugar, en que se relacionarán, por orde de preferencia, todos os centros e as ensinanzas segundo as modalidades e o réxime para os que solicite praza.

Tamén é posible formalizar a solicitude na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, onde se obterá unha folla impresa que se deberá presentar na secretaría do centro onde se imparta o ciclo formativo que solicite en primeiro lugar. Sen este último requisito a solicitude enténdese como non válida.

3. No caso de que o solicitante presente máis dunha instancia, non se terá en conta ningunha delas e procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber praza. De igual xeito procederase respecto

das instancias ou matrículas que se presenten fóra de prazo.

4. O alumnado que reúna simultaneamente os requisitos de acceso directo aos ciclos formativos de grao superior e de acceso mediante proba non poderá presentar a solicitude de acceso mediante proba. De o facer, quedará excluído do proceso de admisión.

5. O centro de inscrición será o referente do alumnado durante todo o proceso ata que se formalice a matrícula. Así mesmo, na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp poderase consultar información personalizada en calquera momento do proceso, cunha identificación previa.

Vixésimo cuarto.-Prazo de presentación da solicitude.

O prazo de presentación da solicitude para todo o alumnado, incluído o que reúna os requisitos académicos de acceso no mes de setembro, será desde o día 19 de xuño ata o día 3 de xullo, ambos os dous incluídos.

Vixésimo quinto.-Documentación que se presentará coa solicitude de admisión.

1. Con carácter xeral achegarase coa solicitude:

a) Fotocopia do documento de identificación: DNI, NIE, pasaporte ou documento de identidade da Unión Europea.

b) Documentación acreditativa de todos os requisitos académicos e xustificantes dos criterios de baremación consonte se indica no artigo vixésimo sexto desta resolución.

2. Para aquel alumnado que solicitara acceso directo, estando pendente da convocatoria extraordinaria de setembro para acadar os requisitos académicos, establécese un prazo extraordinario de presentación da certificación acreditativa do cumprimento dos mencionados requisitos desde o día 1 ao día 12 de setembro de 2006, ambos os dous incluídos.

3. O alumnado con necesidades educativas especiais que opte ás prazas reservadas presentará, ademais, o correspondente certificado acreditativo de minusvalidez acompañado do seu ditame técnico facultativo.

4. O alumnado que solicite praza por reserva adicional para deportistas galegos de alto nivel, consonte se establece no punto 1, letra c), do artigo sexto do Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro, presentará ademais a resolución personalizada da Consellería de Cultura e Deporte pola que obtén a consideración de deportista galego de alto nivel.

Vixésimo sexto.-Xustificación dos requisitos académicos para o acceso.

I. Solicitantes de acceso directo.

Os solicitantes de acceso directo xuntarán certificación oficial dos últimos estudos cursados, en

que figuren as cualificacións das diferentes materias e onde conste ter efectuado o depósito do título, de ser o caso.

1. Acceso directo mediante titulacións obtidas no ámbito do territorio do Estado español.

1.1. As persoas solicitantes que obtiveran estas titulacións na Comunidade Autónoma de Galicia, agás aquelas que acrediten estudos universitarios, deberán xustificar os requisitos académicos mediante o modelo de certificación recollido no anexo III desta resolución.

1.2. As persoas solicitantes que obtiveran estas titulacións fóra da Comunidade Autónoma de Galicia deberán presentar, no canto do anexo III, unha certificación académica con especificación das cualificacións, coa finalidade de realizar a súa baremación polo centro onde presentaran a solicitude.

Os centros realizarán a baremación dos requisitos académicos por medio dun programa informático facilitado pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

1.3. As persoas solicitantes coa titulación de bacharelato en música deberán presentar, no canto do anexo III, unha certificación académica con especificación das cualificacións por materia, coa finalidade de realizar a súa baremación polo centro onde presentaran a solicitude, coa axuda do programa informático facilitado pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

1.4. Na baremación dos expedientes académicos correspondentes a titulacións obtidas no territorio do Estado españolque permiten o acceso directo, na que figure validación parcial de cursos ou materias por correspondencia cos estudos realizados no estranxeiro, non se terán en conta as materias nin os cursos validados, en aplicación do disposto no artigo 6.3º punto d) da Orde do 12 de abril de 2002.

2. Acceso directo mediante titulacións obtidas fóra do territorio do Estado español.

2.1. Os solicitantes que aleguen para o acceso directo titulacións homologadas ou en trámite de homologación, por correspondencia coas obtidas no estranxeiro, deberán xuntar a documentación exixida e, con carácter xeral, os seguintes documentos:

a) Credencial definitiva de homologación dos seus estudos cos correspondentes españois. No seu defecto, aqueles solicitantes que non posúan a credencial indicada anteriormente deberán achegar volante de inscrición condicional, segundo o modelo recollido como anexo II na Orde ECD/3305/2002, do 16 de decembro, pola que se modifican as do 14 de marzo de 1988 e do 30 de abril de 1996, para a aplicación do disposto no Real decreto 104/1988, do 29 de xaneiro, sobre homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria (BOE do 28 de decembro).

b) Expediente académico expedido no estranxeiro, que se deberá axustar aos requisitos seguintes:

-Ser oficial e con cualificacións por materia e curso, e estar expedido polas autoridades competentes para iso, de acordo co ordenamento xurídico do país de procedencia.

-Presentarse legalizado por vía diplomática ou, de ser o caso, mediante a apostila do Convenio da Haia. Este requisito non lles será exixido aos documentos expedidos nos estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo polas autoridades competentes dos devanditos estados.

-Ir acompañado, de ser o caso, da súa correspondente tradución oficial ao galego ou ao castelán.

-A tradución deberá ser realizada por:

Tradutor xurado, debidamente autorizado ou inscrito en España.

Calquera representación diplomática ou consular do reino de España no estranxeiro.

Representación diplomática ou consular en España do país de procedencia do documento.

2.2. A presentación do volante de inscrición provisional no centro solicitado en primeiro lugar permitirá a inscrición condicionada en todos os centros e para todos os ciclos relacionados na solicitude de inscrición.

2.3. A inscrición no proceso de admisión estará condicionada á resolución do expediente de homologación por parte do Ministerio de Educación e Ciencia. No suposto de que a resolución non se producira nos termos solicitados polo interesado e incluídos no citado volante, quedará sen efecto a inscrición no proceso de admisión aos ciclos formativos de grao superior e a conseguinte matrícula.

2.4. O alumnado solicitante que alegue titulacións homologables cos estudos do bacharelato establecidos na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, ou cos de COU elixirán, no momento de realizar a solicitude, a modalidade ou opción correspondente aos estudos españois homologados ou en trámite de homologación que permiten o acceso directo aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica solicitados.

2.5. A Subdirección Xeral de Formación Profesional será a encargada de baremar os expedientes académicos correspondentes aos estudos estranxeiros alegados pola persoa solicitante. A puntuación outorgada será expresada con dúas cifras decimais. Para levar a cabo esa tarefa será de aplicación o disposto no artigo 6 da Orde do 12 de abril de 2002, tendo en conta ademais os seguintes criterios:

a) Titulacións homologables cos estudos do bacharelato establecidos na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro: para o cálculo da nota media teranse en conta os dous últimos cursos que integren o plan de estudos da titulación estranxeira alegada pola

persoa solicitante, homologada ou con volante para a inscrición provisional.

b) Titulacións homologables cos estudos de COU: para o cálculo da nota media teranse en conta os catro últimos cursos que integren o plan de estudos da titulación estranxeira alegada pola persoa solicitante, homologada ou con volante para a inscrición provisional.

c) Titulacións homologables cos estudos de FP 2: para o cálculo da nota media teranse en conta os tres últimos cursos que integren o plan de estudos da titulación estranxeira alegada pola persoa solicitante, homologada ou con volante para a inscrición provisional, e esta determinarase como media aritmética das puntuacións medias acadadas en cada curso.

d) Titulacións homologables cun ciclo formativo de grao superior de formación profesional específica ou de artes plásticas e deseño: para o cálculo da nota media do expediente académico teranse en conta as materias dos dous últimos cursos que integren o plan de estudos da titulación estranxeira alegada pola persoa solicitante, homologada ou con volante para a inscrición provisional, e esta determinarase como media aritmética das cualificacións acadadas nas materias de ambos os dous cursos.

e) Titulacións homologables con estudos universitarios: para o cálculo da nota media teranse en conta todas as materias e os cursos que integren o plan de estudos da titulación estranxeira alegada pola persoa solicitante, homologada ou con volante para a inscrición provisional, e expresarase como media aritmética das puntuacións medias acadadas en cada curso.

II. Solicitantes de acceso mediante proba.

Os solicitantes que pretendan acceder mediante proba de acceso convocada na Comunidade Autónoma de Galicia deberán xuntar o certificado de superación da proba recollido no anexo III da Orde do 1 de abril de 2002.

Aqueles solicitantes que pretendan acceder mediante a superación dunha proba de acceso convocada por outra Administración educativa competente e que acheguen certificacións expresadas coa cualificación de apto participarán no proceso mediante a transformación desa cualificación na puntuación de 5,50.

Os solicitantes que pretendan acceder coa exención total da proba de acceso participarán no proceso coa cualificación de 5,00. Aqueles que accedan mediante a superación parcial da proba participarán no proceso coa nota acadada na parte superada.

Vixésimo sétimo.-Informatización do proceso de admisión.

1. As secretarías dos centros, ademais de recoller as solicitudes para a admisión a ciclos formativos de grao superior, cargarán os datos de inscrición na aplicación informática facilitada pola Dirección

Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

2. De detectárense erros na aplicación informática no número do documento de identificación (DNI, NIE, pasaporte ou documento de identidade da Unión Europea), poderase solicitar a súa corrección en calquera momento a través dunha reclamación, segundo o modelo de solicitude dispoñible no anexo XI desta resolución e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp. Esta solicitude deberá ir acompañada dunha fotocopia do documento de identificación e estar asinada polo director do centro, quen enviará por vía de urxencia a reclamación orixinal presentada na secretaría do centro á Subdirección Xeral de Formación Profesional. Non cumprirá que o centro realice trámite adicional ningún coa aplicación informática.

Vixésimo oitavo.-Información pública do proceso.

Os centros docentes sostidos con fondos públicos deberán dar unha información exhaustiva de todo o proceso de admisión de alumnado, expondo nos seus taboleiros de anuncios coa suficiente antelación o seguinte:

a) Normativa reguladora da admisión e matrícula do alumnado.

b) Oferta global de ciclos formativos de grao superior na comunidade autónoma.

c) Calendario de realización das fases do proceso de admisión e matrícula, nomeadamente as datas de publicación das listaxes de admitidos, así como dos prazos de reclamacións sobre as resolucións do Consello Escolar.

Vixésimo noveno.-Constitución da comisión autonómica de escolarización.

1. O día 30 de xuño constituirase a comisión autonómica de escolarización establecida no número noveno, punto 3, da Orde do 12 de abril de 2002.

Trixésimo.-Solicitantes con necesidades educativas especiais.

1. Nos ciclos formativos de grao superior reservarase, polo menos, o tres por cento das prazas que se ofrezan en cada ciclo para o alumnado con algún grao acreditado de discapacidade física, motora ou sensorial que obtivese ditame favorable da comisión autonómica de escolarización, de acordo co establecido na Orde do 12 de abril de 2002. No caso deste alumnado, a comisión valorará no seu ditame a idoneidade dos ciclos solicitados.

2. Os centros que reciban solicitudes de alumnado con necesidades educativas especiais deberán envialas á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais acompañadas da documentación correspondente, consonte as vaian recibindo e polo trámite de urxencia, para que as valore a comisión autonómica de escolarización. O prazo para a súa recepción finalizará o día 4 de xullo ás 14.00 horas.

3. A comisión autonómica de escolarización emitirá ditame provisional de escolarización o día 10 de xullo, que se fará público no taboleiros de anuncios dos centros e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

4. Publicado o ditame provisional de escolarización pódese presentar reclamación ante o presidente da comisión autonómica de escolarización nos días 11 e 12 de xullo. O ditame definitivo de escolarización emitirase o día 17 de xullo, e farase público no taboleiro de anuncios dos centros e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

Trixésimo primeiro.-Proceso de admisión e matrícula.

-Fase ordinaria de xullo.

1. A formalización dos datos na aplicación informática realizarase desde o 19 de xuño ata as 14.00 horas do día 4 de xullo.

2. Os centros que reciban solicitudes de alumnado que acceda con titulacións obtidas fóra do territorio do Estado español deben formalizar os datos na aplicación, agás a puntuación outorgada polo expediente académico, que será por conta da Subdirección Xeral de Formación Profesional. Consonte se vaian recibindo estas solicitudes, enviarase á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, polo trámite de urxencia, copia delas e da documentación xustificativa dos requisitos académicos referidos no artigo vixésimo sexto. O prazo para a súa recepción finalizará o día 4 de xullo ás 14.00 horas.

3. Os centros teñen de prazo ata o día 6 de xullo para facer pública a relación provisional de persoas solicitantes, ordenada alfabeticamente, con indicación da puntuación acadada e das opcións de preferencia, que deberá aprobar o consello escolar. Establécese un prazo de reclamacións ata o día 14 de xullo ás 14.00 horas.

4. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas ante o presidente ou a presidenta do consello escolar, os centros terán de prazo ata o día 17 de xullo ás 14.00 horas para cargaren os datos coas modificacións que houber na aplicación informática. Esta listaxe definitiva exporase o día 18 de xullo no taboleiro de anuncios dos centros e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

5. O día 19 de xullo publicarase a relación de admitidos en cada ciclo formativo de grao superior, en que aparecerán as persoas solicitantes, por orde decrecente de puntuación. Estas relacións elaboraranse a través da aplicación informática na Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, e deberanas aprobar a comisión autonómica de escolarización e, en cada centro, o consello escolar correspondente.

6. No prazo abranguido desde o día 19 ao día 28 de xullo de 2006 deberase matricular ou ben renunciar o alumnado admitido en cada ciclo no

centro onde fora adxudicado. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en lista de espera das opcións anteriores. Os solicitantes admitidos que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado, segundo o modelo anexo IV desta resolución, perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.

7. Os centros teñen de prazo ata o día 31 de xullo ás 14.00 horas para cargaren os datos na aplicación informática.

-Fases extraordinarias de setembro.

1. O día 13 de setembro os centros farán pública a relación provisional de solicitantes que, cumprindo os requisitos en setembro, presentaran o anexo III ou o certificado de estudos, de ser o caso. Establécese un prazo de reclamacións ás puntuacións ata o día 15 ás 14.00 horas.

Unha vez resoltas as reclamacións presentadas ante o consello escolar, os centros teñen de prazo ata o día 18 de setembro ás 14.00 horas para cargaren na aplicación informática os datos coas modificacións xurdidas das reclamacións. Esta listaxe definitiva exporase o día 18 de setembro no taboleiro de anuncios dos centros e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

2. No mes de setembro elaboraranse sucesivas relacións de admitidos en cada ciclo formativo de grao superior nos cales que se adxudicarán as prazas non cubertas polos admitidos na fase anterior, cos solicitantes en orde decrecente de puntuación. Estas relacións elaboraranse a través da aplicación informática na Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais e deberanas aprobar a comisión autonómica de escolarización e, en cada centro, o consello escolar correspondente. O calendario para a publicación destas novas relacións de admitidos, cos correspondentes prazos de matrícula, é o seguinte:

Fases de

adxudicación

Datas de

publicación da

relación de adxudicados

Prazo de matrículaCarga de datos na aplicación

1ª extraordinaria5 de setembro5, 6 e 7 de setembro8 de setembro, antes das 12.00 h

2ª extraordinaria19 de setembro19, 20 e 21 de setembro22 de setembro, antes das 12.00 h

3ª extraordinaria26 de setembro26, 27 e 28 de setembro29 de setembro, antes das 12.00 h

4ª extraordinaria16 de outubro16, 17 e 18 de outubro19 de outubro, antes das 12.00 h

Nas tres últimas adxudicacións incluiranse os solicitantes que cumpriran os requisitos na convocatoria de exames de setembro.

10. Naqueles ciclos en que aínda queden vacantes unha vez adxudicadas as prazas e que aínda dispoñan de lista de espera, a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais comunicaralles aos centros implicados o procedemento, as datas e os prazos para proceder ao chamamento sucesivo

do alumnado que permaneza nas listaxes de espera para proceder á súa matrícula. Este proceso rematará, en todo caso, antes do día 31 de outubro.

11. Rematado este proceso, non se producirá matriculación ningunha sen autorización expresa da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

Trixésimo segundo.-Proceso de admisión en ciclos con demanda inferior ás prazas ofrecidas.

Os alumnos que, cumprindo os requisitos de admisión, non formalizaran a solicitude de admisión, así como aqueles que, sendo adxudicados, non se matricularan dentro do prazo establecido, poderán matricularse unicamente naqueles ciclos formativos que teñan a condición de liberados (ciclos formativos para os que existen prazas vacantes e non haxa lista de espera), ata se cubriren as prazas ofrecidas e coa data límite do 31 de outubro. Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de chegada das solicitudes.

A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar en todo momento na paxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

Trixésimo terceiro.-Reclamacións e recursos.

1. Contra a relación definitiva de persoas solicitantes, ordenada alfabeticamente, con indicación da puntuación acadada e das opcións de preferencia, e contra as resolucións do consello escolar polas que se aprobe e publique a relación definitiva de solicitantes admitidos a cada ciclo poderase interpor recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, no xeito previsto no artigo 114.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro). A resolución deste recurso, que pon fin á vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

2. A presentación de reclamacións ante o consello escolar a que se fai referencia no artigo trixésimo primeiro, ou de recursos ante a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, así como a súa resolución, non implicará a paralización do proceso de admisión e matrícula.

Trixésimo cuarto.-Número mínimo de persoas para cada ciclo formativo.

A formalización da matrícula nos centros sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria quedará condicionada a que haxa un número mínimo de dez solicitudes de matrícula admitidas, antes do 28 de setembro, para cada un dos ciclos formativos de grao superior.

Trixésimo quinto.-Protección de datos.

Na xestión dos procesos de acceso e admisión a que se refire esta resolución respectarase a normativa sobre protección de datos, consonte a lexislación vixente.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será de aplicación para o curso 2006-2007.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2006.

Mª José Pérez Mariño Antonio Vázquez Vázquez

Directora xeral de Ordenación Director xeral de Formación

e Innovación Educativa Profesional e Ensinanzas Especiais

ANEXO I

Materia da parte específica da proba das que cómpre examinarse para o acceso a cada ciclo formativo de grao superior

Ciclos formativosMaterias da parte específica da proba

Administración de sistemas informáticosEconomía e organización de empresas

Administración e finanzasEconomía e organización de empresas

AloxamentoEconomía e organización de empresas

Análise e controlQuímica

Bioloxía

Física

Anatomía patolóxica e citoloxíaBioloxía

Animación de actividades físicas e deportivasBioloxía

Animación socioculturalHistoria do mundo contemporáneo

Animación turísticaEconomía e organización de empresas

Segunda lingua estranxeira

Asesoría de imaxe persoalHistoria do mundo contemporáneo

AudiopróteseFísica

AutomociónElectrotecnia

Mecánica

Axencias de viaxesXeografía

Economía e organización de empresas

Comercio internacionalEconomía e organización de empresas

Construcións metálicasDebuxo técnico específico

Mecánica

CurtidosDebuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Química

Desenvolvemento de aplicacións

informáticas

Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II

Desenvolvemento de produtos

electrónicos

Electrotecnia

Desenvolvemento de produtos en

carpintaría e moble

Debuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Desenvolvemento de proxectos de instalacións de fluídos, térmicas e de manutenciónElectrotecnia

Tecnoloxía industrial

Desenvolvemento de proxectos mecánicosDebuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Desenvolvemento de proxectos

urbanísticos e operacións topográficas

Debuxo técnico específico

Desenvolvemento e aplicación

de proxectos de construción

Debuxo técnico específico

Mecánica

Desenvolvemento e fabricación

de produtos cerámicos

Química

Deseño e produción editorialDebuxo técnico

DietéticaBioloxía

Documentación sanitariaBioloxía

Educación infantilBioloxía e xeoloxía

EstéticaBioloxía

Fabricación de produtos farmacéuticos e afínsQuímica

Bioloxía

Física

Fabricación e transformación de produtos de vidroQuímica

Hixiene bucodentalBioloxía

ImaxeFísica

Imaxe para o diagnósticoBioloxía

Industria alimentariaQuímica

Tecnoloxía industrial

Ciclos formativosMaterias da parte específica da proba

Industrias de proceso de pasta e papelQuímica

Tecnoloxía industrial

Física

Industrias de proceso químicoQuímica

Tecnoloxía industrial

Física

Información e comercialización turísticaXeografía

Historia da arte

Instalacións electrotécnicasElectrotecnia

Integración socialHistoria do mundo contemporáneo

Interpretación da lingua de signosSegunda lingua estranxeira (inglés)

Laboratorio de diagnóstico clínicoBioloxía

Mantemento aeromecánicoElectrotecnia

Mecánica

Mantemento de aviónicaElectrotecnia

Mantemento de equipo industrialElectrotecnia

Tecnoloxía industrial

Mantemento e montaxe de instalacións de edificio e procesoElectrotecnia

Tecnoloxía industrial

Navegación, pesca e transporte marítimoDebuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Óptica de anteollosFísica

OrtoprotésicaDebuxo técnico

PatronaxeDebuxo técnico

Plásticos e cauchoDebuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Química

Prevención de riscos profesionaisBioloxía

Tecnoloxía industrial

Procesos de confección industrialDebuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Procesos de ennobrecemento téxtilDebuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Química

Procesos téxtiles de fiadura e tecedura de caladaDebuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Procesos téxtiles de tecedura de puntoDebuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Produción acuícolaQuímica

Bioloxía

Produción de audiovisuais, radio

e espectáculos

Economía e organización de empresas

Produción de madeira e mobleDebuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Produción en industrias de artes gráficasDebuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Produción por fundición

e pulvimetalurxia

Debuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Produción por mecanizadoDebuxo técnico

Tecnoloxía industrial

Próteses dentaisDebuxo técnico

Química ambientalQuímica

Bioloxía

Física

RadioterapiaBioloxía

Realización de audiovisuais

e espectáculos

Física

Realización e plans de obraDebuxo técnico específico

Mecánica

RestauraciónEconomía e organización de empresas

Saúde ambientalBioloxía

Ciencias da terra e do medio natural

SecretariadoEconomía e organización de empresas

Segunda lingua estranxeira

Servizos ao consumidorEconomía e organización de empresas

Sistemas de regulación e control

automáticos

Electrotecnia

Sistemas de telecomunicación

e informáticos

Electrotecnia

SonFísica

Supervisión e control de máquinas

e instalacións do buque

Electrotecnia

Mecánica

Xestión comercial e márketingEconomía e organización de empresas

Xestión do transporteEconomía e organización de empresas

Xestión e organización de empresas agropecuariasBioloxía

Ciencias da terra e do medio natural

Xestión e organización de recursos

naturais e paisaxísticos

Bioloxía

Ciencias da terra e do medio natural