DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2006 Páx. 5.990

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2006 pola que se convocan unhas xornadas sobre réxime xurídico da seguridade privada.

Dentro dos programas de actividades que o Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia ten previsto realizar no ano 2006, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a realización dunhas xornadas sobre réxime xurídico da seguridade privada, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñecer a normativa que regula as actividades relacionadas coa seguridade privada en España.

-Saber cales son as modalidades que as empresas do sector poden ofrecer neste eido e as súas peculiaridades.

-Coñecer a realidade e as problemáticas actuais na nosa comunidade.

Destinatarios.

Membros das Forzas e Corpos de Seguridade, das empresas e traballadores de seguridade privada e outros colectivos interesados.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan nestas xornadas é de 250.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 23 de abril, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á sede do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas e horario.

As xornadas desenvolveranse durante os días 27 e 28 de abril. O día 27 en xornada de mañá (9.30

a 14.00 h) e tarde (16.00 a 19.30 h); e o día 28 só en xornada de mañá (10.00 a 14.00 h).

Contido.

1. A seguridade privada en España: a súa dependencia da seguridade pública. Lexislación e normativa de referencia.

2. A inspección e control das empresas e das actividades relacionadas coa seguridade privada.

3. A seguridade privada en Galicia. A actualidade e problemática específica.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o 26 de abril no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, ou ben poden confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 02 41.

Lugar.

As xornadas desenvolveranse na sede do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia.

Certificado de asistencia.

Ao remate das xornadas entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada.

Modificacións.

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 6 de abril de 2006.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director xeral do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA