DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2006 Páx. 5.986

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2006 pola que se convoca un curso sobre urbanismo.

Dentro das actividades programadas para o ano 2006, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, de creación do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a realización dun curso sobre urbanismo, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Dar os coñecementos necesarios en materia de urbanismo e a súa normativa para que lles sexa útil

aos destinatarios no desempeño posterior do seu labor profesional.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos das policías locais de Galicia e membros da unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 4 de maio de 2006, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase os días 10, 11 e 12 de maio en horario de 9.30 a 14.00 e de 15.30 a 19.00 horas, excepto o día 12 que será de 9.30 a 13.30 horas.

Contido.

-Urbanismo e dereito local.

-Licenzas urbanísticas.

-Procedemento de outorgamento.

-Protección da legalidade urbanística. Procedemento sancionador.

-Infracción administrativa e delito penal en urbanismo.

-Delitos sobre o patrimonio histórico.

-Aplicación do urbanismo na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Policía local e urbanismo. Vixilancia e inspección.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 8 de maio a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 986 59 02 41/59 02 43/59 02 44.

Lugar.

O curso desenvolverase no Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 6 de abril de 2006.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director xeral do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia