DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2006 Páx. 5.986

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 3 de marzo de 2006 pola que se acorda a cesión en propiedade dunha embarcación de limpeza de residuos sólidos e líquidos flotantes no mar á Confraría de Pescadores de Celeiro.

Advertido erro no texto da dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 62, do 29 de marzo de 2006, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 4.640, no artigo 1º, onde di: «Acórdase a cesión en propiedade a favor da Confraría de Pescadores de Malpica dunha embarcación de limpeza de residuos sólidos e líquidos flotantes que corresponde coas características seguintes», debe dicir: «Acórdase a cesión en propiedade a favor da Confraría de Pescadores de Celeiro dunha embarcación de limpeza de residuos sólidos e líquidos flotantes que corresponde coas características seguintes».