DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2006 Páx. 5.973

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2006 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de marzo de 2006 polo que se aproba a relación de postos de traballo do Instituto Galego de Consumo.

A relación de postos de traballo do Instituto Galego de Consumo xustifícase pola necesidade de adaptar esta á nova estrutura orgánica aprobado polo Decreto 192/2005, do 23 de xuño.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Innovación e Industria, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 30 de marzo de 2006, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aprobar a relación de postos de traballo do Instituto Galego de Consumo nos termos que se sinalan no anexo ao presente acordo.

Segundo.-Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do trinta de marzo de dous mil seis, relativo á modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego de Consumo, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2006.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza