DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2006 Páx. 5.906

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2006 pola que se fai público o contido do convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades de crédito para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados mediante a liña ICO-PEME 2006.

Con data 6 de abril de 2006 o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e 22 entidades financeiras asinaron un convenio coa finalidade de

establecer unha liña de subsidiación ao financiamento obtido polas pequenas e medianas empresas mediante a liña ICO-PEME 2006, someténdose as partes na totalidade ao establecido no Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, ás normas específicas contidas no citado convenio e ás que posteriormente se poidan ditar para o seu funcionamento operativo.

Polo que antecede, e en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12 a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica e do artigo 11.1º a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Igape

RESOLVO:

Facer público o texto do convenio coas entidades financeiras, o cal se anexa a esta resolución e a relación de entidades que o subscribiron que figura como anexo V.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2006.

José Antonio Delgado Arce

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades de credito para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados mediante a liña ICO-PEME 2006

O presente convenio, asinado por unha parte polo presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), José Ramón Fernández Antonio e, por outra parte, por ......., representado por Don/Dona......... con poder suficiente, inscríbese dentro do marco da política de apoio á pequena e mediana empresa emprendida pola Xunta de Galicia ao abeiro do Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Conscentes do importante papel que as Pemes desenvolven na actividade económica, ponse en marcha un programa de financiamento dos investimentos que estas empresas promovan, consistindo a axuda na subsidiación ao tipo de xuro dos préstamos/leasing que se concerten coas entidades de crédito acollidas ao presente convenio, nos termos e condicións establecidas no contrato de financiamento subscrito entre o devandito Instituto e as entidades de crédito (liña ICO-PEME 2006).

Os citados préstamos/leasing poderán ser subsidiados polo Igape con suxeición ás seguintes

CLÁUSULAS:

Cláusula 1ª.-Obxecto e dotación orzamentaria.

O presente convenio ten por obxecto definir os termos de colaboración entre a entidade financeira

e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), coa finalidade de establecer unha liña de subsidiación ao financiamento obtido polas pequenas e medianas empresas mediante a liña ICO-PEME 2006, someténdose as partes na totalidade ao establecido no mencionado Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, ás normas específicas contidas no presente convenio e ás que posteriormente se poidan ditar para o seu funcionamento operativo.

As axudas reguladas neste convenio outorgaranse por solicitude dos interesados, atendendo ao seu carácter singular polo seu interese público, económico e social derivado da situación relativa da Comunidade Autónoma galega no espectro da UE, ao abeiro do disposto no último parágrafo do número 1 do artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

As axudas reguladas neste convenio financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 02.01 01/06/09.656700 cun crédito plurianual de 860.000 A para o exercicio 2006 e de 1.290.000 A para o exercicio 2007, e con cargo á aplicación orzamentaria 02.01 01/02/01 656700 cun crédito plurianual de 147.000 A para o exercicio 2006 e 220.500 A para o exercicio 2007.

A súa concesión estará supeditada á existencia de crédito orzamentario suficiente.

Cláusula 2ª.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarias das axudas previstas no presente convenio aquelas empresas que teñan a consideración de microempresa ou pequenas ou medianas empresas (Pemes) segundo definición adoptada pola Comisión Europea, feita pública para efectos do Igape mediante Resolución do 27 de decembro de 2004, DOG nº 11, do 18 de xaneiro de 2005.

Cláusula 3ª.-Actividades e ámbito territorial.

3.1. Os proxectos obxecto de financiamento terán que incardinarse nalgunha das actividades sinaladas no anexo I.

As axudas ás actividades reguladas por normas sectoriais específicas da Unión Europea sométense expresamente aos límites e condicións establecidos nesas normas.

3.2. As empresas beneficiarias deberán realizar ou ter realizado o proxecto investidor en Galicia.

Cláusula 4ª.-Período de vixencia.

O presente convenio entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes de axuda rematará o 31 de xaneiro de 2007.

Cláusula 5ª.-Modalidade da axuda, destino e características do proxecto financiable.

5.1. Modalidade: a axuda consistirá na subsidiación aos tipos de xuro dos préstamos/leasing for

malizados nas condicións (liña ICO-PEME 2006) e que cumpran as condicións e requisitos establecidos no presente convenio.

5.2. Destino: os préstamos/leasing formalizados destinaranse ao financiamento dun proxecto de investimento que constitúa un ou varios activos novos produtivos.

Por activos novos deberán entenderse aqueles que se adquiran a partir da sinatura do contrato de préstamo/leasing ou que o primeiro pagamento efectuado para a súa adquisición, sempre que conste documento mediante a correspondente factura, se levase a cabo como máximo 6 meses antes da dita sinatura e supoña unha primeira transmisión do ben.

Por activos produtivos deberán entenderse aqueles bens que, directa ou indirectamente, permiten realizar a actividade principal da empresa descrita no seu obxecto social.

5.3. Conceptos de investimento subvencionables: o proxecto deberá realizarse nos investimentos relacionados a continuación e deberá respectar os seguintes límites:

a) Se o proxecto presentado inclúe investimento inmobiliario, este non será superior ao 80% do importe total do investimento a financiar.

Entenderase por investimento inmobiliario os seguintes grupos do Plan Xeral Contable (PXC):

220-Terreos e bens naturais.

221-Construcións.

b) Se o proxecto presentado inclúe gastos de constitución ou de primeiro establecemento, estes non serán superiores ao 20% do importe total do investimento a financiar. Só se poderán financiar gastos de constitución ou de primeiro establecemento das empresas creadas durante os anos 2005 e 2006.

Entenderase por gastos de constitución ou de primeiro establecemento os seguintes grupos contables do PXC:

200-Gastos de constitución.

201-Gastos de primeiro establecemento.

c) Se o proxecto presentado inclúe investimento inmaterial, este non será superior ao 50% do importe do investimento total a financiar, agás se este investimento inmaterial se realiza no grupo contable 215, neste caso, non será de aplicación a limitación do 50%, podendo acadar esta partida ata o 100% do proxecto.

Entenderase por investimento inmaterial os seguintes grupos contables do PXC:

210-Gastos de I + D.

211-Concesións administrativas.

212-Propiedade industrial.

213-Fondo de comercio.

214-Dereitos de traspaso.

215-Aplicacións informáticas (software, redes locais e páxinas web).

d) Se o proxecto presentado inclúe investimento material, este non terá ningunha limitación sobre o investimento total a financiar.

Entenderase por investimento material os seguintes grupos contables do PXC:

222-Instalacións técnicas.

223-Maquinaria.

224-Ferramenta.

225-Outras instalacións.

226-Mobiliario.

227-Ordenadores, impresoras, fotocopiadoras, scanner...

228-Elementos de transporte, sempre que a tarxeta da inspección técnica do vehículo figure como de uso industrial e que se xustifique este uso pola actividade principal que desenvolva a empresa. Para estes efectos, exclúense do financiamento os vehículos cuxas dúas primeiras cifras que figuran na tarxeta de inspección técnica sexan «10» ou «31». Para as categorías cuxas dúas primeiras cifras vaian do «01» ao «06» deberase solicitar por escrito consulta ao ICO que autorizará, de ser o caso, o financiamento. Para as empresas que teñan por actividade principal o transporte público de mercadorías ou de viaxeiros por estrada, só será subvencionable a renovación da frota.

O investimento obxecto de financiamento deberá realizarse nun prazo máximo dun ano desde a formalización do financiamento; en caso contrario, deberá solicitarse autorización previa, expresa e motivada, ao ICO, que autorizará por escrito, de ser o caso, a ampliación deste prazo e a súa duración.

Se o investimento se financia mediante a modalidade de leasing, a empresa beneficiaria deberá comprometerse a exercer a opción de compra á expiración do contrato.

Os beneficiarios das axudas establecidas neste convenio deberán manter os investimentos obxecto de financiamento durante a vixencia do préstamo. Considerarase cumprida esta condición no caso de que os bens en que se materialice o investimento sexan substituídos por outros da mesma natureza e destino, non podendo obter para a súa adquisición ningún tipo de axuda financeira do Igape.

En ningún caso serán financiables:

-Reestruturacións de pasivo ou refinanciamentos.

-Activo circulante.

-O imposto sobre o valor engadido ou calquera outro imposto ou tributo ligado ao investimento.

Cláusula 6ª.-Características das operacións financeiras.

6.1. Importe de financiamento por beneficiario e porcentaxe máxima de financiamento:

O importe mínimo de financiamento será de 25.000 A por beneficiario, e o máximo será de 1,5 millóns de euros por beneficiario, xa sexa nunha

única operación de préstamo ou leasing, ou no cómputo global de operacións formalizadas ao abeiro da liña ICO-PEME 2006.

O investimento financiable terá os seguintes límites, dependendo de se o beneficiario final é unha pequena ou mediana empresa ou unha microempresa:

a) Ata un 70% do investimento a realizar en activos novos produtivos, excluído o imposto sobre o valor engadido (IVE) ou calquera outro imposto ligado ao investimento, se se trata dunha pequena ou mediana empresa.

b) Ata un 80% do investimento a realizar en activos novos produtivos, excluído o imposto sobre o valor engadido (IVE) ou calquera outro imposto ligado ao investimento, se se trata dunha microempresa.

6.2. Prazos e sistema de amortización:

6.2.1. O beneficiario poderá elixir entre os seguintes prazos e carencias:

a) 3 anos, sen carencia.

b) 5 anos, sen carencia ou incluído un ano de carencia do principal.

c) 7 anos, sen carencia ou incluídos dous anos de carencia do principal.

d) 10 anos, sen carencia (exclusivamente para o compoñente inmobiliario do investimento).

A subsidiación devengarase durante a vixencia da operación financeira, non podendo exceder en ningún caso dos sete primeiros anos da súa vixencia.

Os períodos de amortización sinalados anteriormente, comezarán a computarse a partir do primeiro día 10 do calendario inmediato á data de disposición do préstamo/leasing, polo que a vixencia de cada préstamo/leasing será superior polos días que se engaden no período irregular inicial e que se incluirán como período de carencia.

6.2.2. Sistema de amortización e periodicidade dos pagamentos: a entidade de crédito e o beneficiario poderán negociar libremente a modalidade de amortización (sistema lineal ou sistema francés) e a periodicidade dos pagamentos.

6.3. Tipos de xuro.

O empresario pode optar entre:

a) Tipo fixo: segundo referencia ICO + 0,50 puntos porcentuais.

b) Tipo variable semestralmente: referenciado a Euribor 6 meses + 0,50 puntos porcentuais.

Nos préstamos/leasing a tipo de xuro variable, aplicarase en concepto de corretaxe un 0,025%.

6.4. Comisións.

O tipo de xuro que o ICO comunica é TAE e as entidades de crédito non poden cobrar cantidade ningunha en concepto de: comisión de apertura, de estudo ou de dispoñibilidade.

6.5. Cancelación anticipada.

Poderá efectuarse a cancelación anticipada, total ou parcial, da operación de préstamo/leasing, nas condicións seguintes:

Nas operacións formalizadas a tipo fixo, imputarase un 2% sobre as cantidades reembolsadas por anticipado.

Nas operacións formalizadas a tipo variable, non levarán penalización as amortizacións anticipadas voluntarias, debendo realizarse nas datas de revisión semestral do tipo de xuro.

Se o préstamo for obxecto de subvención de xuro, coa condición da súa aplicación á amortización anticipada do principal do préstamo, non se aplicará a penalización por amortización anticipada.

6.6. Puntos de subsidiación:

A subsidiación do tipo de xuro nominal das operacións de préstamos/leasing acollidas a este convenio será, con carácter xeral, de 0,50 puntos.

Non obstante, no caso de que a operación de préstamo/leasing estea avalada por unha sociedade de garantía recíproca (SGR) que subscriba este convenio, a subsidiación será de 0,75 puntos.

6.7. Comisión de aval das SGR:

Estas sociedades poderán percibir polo importe do aval que presten unha comisión máxima anual do 1% sobre os saldos máximos garantidos cada ano; a dita comisión será integramente subvencionada polo Igape.

6.8. Cálculo da axuda financeira:

A axuda financeira que se conceda, tanto a subsidiación ao tipo de xuro como, se é o caso, a subvención da comisión de aval da SGR, pagarase dunha soa vez e para o seu cálculo procederase do seguinte xeito:

Calcularanse os valores absolutos das subvencións que se percibirán durante o período de vixencia do préstamo/leasing, incluído, se é o caso, o período de carencia. Para os efectos deste cálculo, non se terá en conta o establecido no último parágrafo da cláusula 6.2.1.

Actualizaranse os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro correspondente ao ano da formalización da operación financeira.

No caso de que o préstamo/leasing fose formalizado a un prazo superior a sete anos, a subsidiación e comisión de aval da SGR, calcularase de xeito teórico, coma se fose a sete anos incluída a carencia á que se formalizou.

O importe resultante da liquidación anticipada destinarase á amortización anticipada do principal do préstamo/leasing, non podendo a entidade financeira cobrar comisión ningunha pola dita amortización.

No caso de que o préstamo/leasing sexa amortizado, total ou parcialmente, calcularase o novo importe da subvención e o importe a reintegrar polo

beneficiario ao Igape, que deberá realizar na forma e prazos que se estableza na resolución de reintegro.

Cláusula 7ª.-Tramitación.

7.1. Presentación das solicitudes de axuda.

As solicitudes de subsidiación presentaranse nas entidades financeiras no modelo normalizado establecido no anexo II, que se distribuirá a través destas e será publicado no Diario Oficial de Galicia. Para as operacións avaladas por unha SGR, a solicitude de subsidiación poderá presentarse así mesmo na SGR.

As entidades de crédito/SGR centralizarán as solicitudes de axuda recibidas nas distintas sucursais e presentaranas no Igape, xunto coa fotocopia da póliza ou contrato de arrendamento financeiro intervida por fedatario público, cotexada pola citada entidade e no prazo máximo dun mes contado desde a data de formalización da operación financeira. Excepcionalmente, e para aquelas operacións formalizadas ao abeiro da liña ICO-PEME 2006 con anterioridade á sinatura deste convenio, terán un prazo dun mes contado desde a súa entrada en vigor para presentar a solicitude de axuda no Igape.

As solicitudes que se presenten fóra deste prazo serán obxecto de resolución de arquivo, asumindo a entidade de crédito/SGR toda a responsabilidade polos prexuízos que isto poida suporlle á empresa solicitante.

Dentro dos dez días seguintes á recepción das solicitudes, o Igape comunicaralles aos solicitantes a data en que as solicitudes foron recibidas no Igape, o prazo máximo establecido para a resolución e notificación do procedemento e os efectos do silencio administrativo.

Se a solicitude non reúne os datos exixidos neste convenio ou non está acompañada da documentación exixida, requirirase o solicitante e a entidade de crédito/SGR, para que no prazo de dez días hábiles desde o seguinte ao requirimento emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos, con indicación de que en caso contrario consideraráselle desistido da solicitude, previa resolución declarativa de tal circunstancia. O requirimento á entidade de crédito e SGR, se é o caso, realizarase vía fax.

As entidades financeiras colaboradoras comprométense a conservar á disposición do Igape a documentación acreditativa da personalidade e capacidade de obrar dos beneficiarios (escrituras de constitución, estatutos e poder de representación do asinante).

7.2. Informes:

Nos casos en que o Igape o considere necesario, e para efectos da resolución da solicitude, solicitarase informe á consellería sectorial correspondente, en relación co cumprimento por parte dos proxectos da normativa específica que resulte aplicable.

7.3. Trámite de audiencia:

Instruído o procedemento pola Área de Financiamento do Igape e inmediatamente antes de redactar

proposta de resolución, porase de manifesto aos interesados, para que no prazo de 10 días poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións pertinentes. Non obstante, poderá prescindirse do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados.

7.4. Concesión:

A Dirección da Área de Financiamento e a Dirección Xeral do Igape elevarán proposta de resolución ao presidente do Igape, que incluirá os termos que se expresan a continuación:

O importe do investimento subvencionable, o importe do préstamo/leasing subsidiable, o seu prazo de vixencia e de carencia, o tipo de xuro nominal inicial da operación, os puntos de subsidiación e o importe da subsidiación e, se é o caso, o importe da comisión de aval subvencionada das operacións avaladas por unha SGR e a porcentaxe de financiamento proposta. As propostas de denegación de solicitudes deberán detallar a causa.

As solicitudes de axuda resolveranse por orde de entrada das solicitudes completas no Igape, e ata esgotarse as dispoñibilidades orzamentarias aprobadas.

7.5. Notificación, aceptación, silencio administrativo e recursos:

7.5.1. O Igape notificará ao solicitante e comunicará á entidade de crédito e á SGR, se é o caso, a concesión ou denegación da subsidiación.

7.5.2. As resolucións de concesión deberán ser aceptadas por escrito polo beneficiario no prazo de 15 días hábiles a partir do seguinte ao da súa notificación. En caso contrario, entenderase que o beneficiario renuncia a ela, ditándose resolución neste sentido. A aceptación por parte do interesado suporá a obriga de cumprir as condicións establecidas na resolución, neste convenio e demais disposicións aplicables. A aceptación formalizarase na copia da resolución que para tal efecto se remitirá xunto coa resolución de concesión e que deberá ser devolta ao Igape debidamente cuberta.

7.5.3. O prazo máximo para notificar a resolución do procedemento será de seis meses desde a data de presentación da solicitude da axuda. Este prazo poderá ser suspendido nos supostos establecidos no artigo 42.5º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido tal prazo sen que se notificase resolución expresa, poderá entenderse desestimada.

7.5.4. Contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso, administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses desde a súa notificación. Potestativamente, poderá interpoñerse recurso de reposición

ante o Consello de Dirección do Igape no prazo dun mes desde a súa notificación, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7.6. Publicación:

Trimestralmente, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape (www.igape.es), as axudas concedidas ao abeiro do presente convenio expresando beneficiario, finalidade, contía e aplicación orzamentaria. As axudas inferiores a 3.000 A por beneficiario serán unicamente publicadas na citada páxina web.

Cláusula 8ª.-Pagamento da subsidiación e da comisión de aval.

Os beneficiarios destas axudas, unha vez executado o proxecto e no prazo máximo de dous meses contado desde a data de pagamento da derradeira factura, deberán solicitar o cobramento da subvención concedida segundo modelo que figura como anexo III. Esta solicitude deberá presentarse no Igape, ben directamente a través de calquera das súas oficinas, ou ben indirectamente a través das entidades financeiras ou SGR colaboradoras, xunto coa seguinte documentación:

a) Copia cotexada da declaración censual (modelo 036) ou último recibo do imposto de actividades económicas.

b) Copias cotexadas dos documentos que xustifiquen a realización do investimento subvencionable e os pagamentos realizados (o cotexo das ditas facturas poderase facer directamente en calquera das oficinas do Igape, ou ben na entidade financeira ou SGR colaboradora).

c) Declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas polo beneficiario para o mesmo proxecto, segundo modelo do anexo IV.

d) Para o caso de resolucións de concesión de axudas condicionadas ao achegamento de determinada documentación, fotocopia cotexada desta.

e) Acreditación actualizada de non ter pendentes de pagamento débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia e de estar ao día de obrigas tributarias e coa Seguridade Social, emitidas polos órganos competentes.

O Igape revisará a documentación xustificativa, podendo solicitar á entidade de crédito, á SGR ou ao beneficiario calquera documentación e información adicional que considere oportuno para os efectos dunha correcta análise da xustificación da realización do proxecto.

De acordo co establecido no artigo 15.3 do Decreto 287/2000 polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, a comprobación material do investimento aprobado para préstamos/leasing por importe igual ou superior a 600.000 euros substitúese pola documentación xustificativa establecida nos anteriores puntos desta cláusula,

sen prexuízo da posibilidade de realización polo Igape de calquera outra actuación de control e inspección.

Unha vez verificada a documentación achegada, o Igape procederá ao pagamento da subsidiación e, se é o caso, da subvención da comisión de aval, dunha soa vez, a través da entidade financeira prestamista. A subvención terá que destinarse á amortización anticipada do principal do préstamo/leasing, polo que, unha vez aplicada, a entidade financeira deberá presentar no Igape, no prazo de 30 días desde a data de pagamento da subvención, certificación acreditativa da amortización do principal do préstamo/leasing na contía subvencionada.

Cláusula 9ª.-Modificacións.

9.1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda, e en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

9.2. O presidente do Igape poderá acordar a modificación da resolución de concesión por instancia do beneficiario, sempre que a modificación do proxecto non desvirtúe a finalidade da axuda, non exista prexuízo a terceiros, e os novos elementos ou circunstancias que motiven a modificación, de concorreren na concesión inicial, non supuxesen a denegación da axuda.

As solicitudes de modificación, xunto coa memoria xustificativa, presentaranse ao Igape a través da entidade financeira.

9.3. A resolución de modificación establecerá as novas condicións da concesión e, se é o caso, decretará o reintegro do indebidamente percibido. En ningún caso a resolución de modificación implicará aumentar a contía do préstamo/leasing subsidiable inicialmente aprobado.

9.4. O cambio de beneficiario da axuda poderá ser autorizado polo presidente do Igape sempre que se acredite documentalmente a subrogación na totalidade dos dereitos e obrigas derivados do proxecto subvencionado e especificamente do préstamo/leasing subsidiado, así como o cumprimento dos requisitos establecidos no punto 9.2 e deberá contar coa previa autorización do ICO. Presentarase a solicitude asinada polo novo titular, acompañando a póliza onde fose formalizada a subrogación, constando o consentimento do anterior beneficiario.

Cláusula 10ª.-Perda da subvención.

1. Procederá o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas, xunto cos xuros de demora devengados desde o pagamento, nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación ou xustificación insuficiente segundo os termos contidos no presente convenio.

b) Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión, falseando as condicións requiridas para isto ou ocultando aquelas que o impedisen.

c) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, proxecto ou non adopción do comportamento que fundamentou a concesión da subvención.

d) Incumprimento das condicións impostas aos beneficiarios con motivo da concesión da axuda ou subvención pública, así como dos compromisos por estes asumidos, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que deben acadarse os obxectivos, realizar a actividade, executar o proxecto ou adoptar o comportamento que fundamente a concesión da subvención, ou daqueles distintos dos anteriores, cando disto se derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade ou regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou organismos internacionais.

e) Incumprimento de adoptar as medidas de difusión que se impuxesen na resolución de concesión.

f) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro desempeñadas pola administración ou calquera dos seus órganos, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando disto se derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos ou o incumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

g) A adopción en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do Tratado da Unión Europea, dunha decisión da cal se derive unha necesidade de reintegro.

h) Nos demais casos previstos na normativa reguladora da subvención.

2. O alcance do incumprimento determinarase en función do grao e entidade da condición incumprida. A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á súa apreciación conxunta.

Se o incumprimento superara o 50% do investimento subvencionable aprobado, considerarase total, sendo causa de revogación da axuda e de reintegro da totalidade das cantidades percibidas.

As cantidades a reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público, resultando de aplicación para o seu recobramento, se é o caso, a vía de constrinximento.

3. O procedemento para declarar o incumprimento e reintegro de cantidades axustarase ao disposto no artigo 20 do Decreto 287/2000 de desenvolvemento do réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Sen prexuízo do establecido nos puntos anteriores, os beneficiarios e entidades de crédito e SGR colaboradoras sométense ao réxime de infraccións

e sancións establecido no artigo 79 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, desenvolvido no capítulo VII do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Cláusula 11ª.-Compatibilidade.

Non poderán acollerse ás axudas establecidas neste convenio aqueles proxectos que se vaian financiar, en todo ou en parte, mediante créditos, préstamos ou contratos de leasing que teñan calquera tipo de subvención encamiñada a mellorar as condicións financeiras respecto das normais de mercado.

A concesión das axudas deste convenio queda supeditada ao cumprimento da normativa vixente e, en especial, á da Unión Europea. Neses termos, serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada, salvo as referidas no parágrafo anterior, pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea.

Para o cálculo da intensidade da axuda de subvención ao tipo de xuro procederase da seguinte forma:

-Calcularanse os valores absolutos das subvencións a percibir.

-Actualizaranse, ao ano da concesión das axudas, os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro.

Cláusula 12ª.-Control.

Os beneficiarios quedan obrigados a someterse ás actuacións de control que efectúe o Igape para verificar a aplicación das axudas ás finalidades aprobadas e o cumprimento dos requisitos e condicións establecidos, así como ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, debendo facilitar toda a información requirida polos citados organismos.

Cláusula 13ª.-Obrigas das entidades de crédito.

A entidade financeira asinante comprométese a:

a) Colaborar na tramitación dos expedientes de axuda, cumprindo os prazos e demais formalidades establecidas no presente convenio.

b) Manter á disposición do Igape a documentación relativa á personalidade xurídica das sociedades (escritura de constitución e estatutos) e a capacidade do asinante da solicitude (poder de representación).

c) Cumprir as normas de carácter operativo que diten o Igape para a mellor difusión, administración e control das operacións incluídas neste convenio.

d) Remitir ao Igape as aclaracións que solicite respecto da documentación relativa á solicitude, formalización e aboamento das subsidiacións, así como someterse ás actuacións de comprobación que respecto á xestión dos fondos poida efectuar o Igape ou calquera dos organismos referidos na cláusula 12.

Cláusula 14ª.-Obrigas das SGR.

A SGR asinante comprométese a:

a) Colaborar na tramitación dos expedientes de axuda, cumprindo os prazos e demais formalidades establecidas no presente convenio.

b) Manter á disposición do Igape a documentación relativa á personalidade xurídica das sociedades (escritura de constitución e estatutos) e a capacidade do asinante da solicitude (poder de representación).

c) Cumprir as normas de carácter operativo que dite o Igape para a mellor difusión, administración e control das operacións incluídas neste convenio.

d) Remitir ao Igape as aclaracións que solicite respecto da documentación acreditativa das operacións avaladas pola SGR.

Cláusula 15ª.-Denuncia do convenio.

Será causa suficiente para a resolución do presente convenio o incumprimento por unha das partes de calquera das súas cláusulas, logo de denuncia da outra cun mínimo de 30 días de aviso previo.

A resolución suporá en todo caso deixar atendidas fronte aos beneficiarios as obrigas xa legalmente contraídas polas dúas partes.

Cláusula 16ª.-Seguimiento do convenio.

O seguimento do convenio realizarase a través dunha comisión de vixilancia e seguimento, integrada polas entidades de crédito, as SGR e representantes do Igape que terán reunións con periodicidade trimestral ou ben convocando separadamente a cada unha delas.

O Igape fará públicos os resultados do convenio de forma periódica.

Cláusula 17ª.-Publicidade.

As entidades de crédito asinantes comprométense a mostrar, nas súas distintas sucursais, a publicidade facilitada polo Igape e a colaborar na correcta difusión desta liña de axudas.

Co obxecto de lograr maior coordinación, os proxectos e campañas publicitarias que, se é o caso, realicen as entidades de crédito sobre este convenio, deberán contar coa autorización previa do Igape.

Cláusula 18ª.-Natureza.

O presente convenio ten natureza administrativa correspondendo ao Igape a interpretación do seu contido.

Cláusula adicional

En todo o non regulado expresamente neste convenio, aplicarase o establecido no contrato de financiamento subscrito o 31 de xaneiro de 2006 entre o Instituto de Crédito Oficial e as entidades de crédito (liña ICO-PEME 2006).

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2006.

Pola entidade financeira,Polo Igape

Asdo.:..........Asdo.: José Ramón Fernández Antonio

DNI: .....Presidente do Igape

ANEXO V

RELACIÓN DE ENTIDADES FINANCEIRAS COLABORADORAS

CAIXASBANCOSSGR

CAIXA GALICIABANCO BILBAO VIZCAYA ARGENTARIAAFIGAL
CAIXANOVABANCO DE GALICIASOGARPO
CAIXA RURAL GALEGABANCO ESPAÑOL DE CRÉDITO
CAJA ESPAÑABANCO ESPIRITO SANTO
CAJA MADRIDBANCO GALLEGO
LA CAIXABANCO PASTOR
BANCO POPULAR
BANCO SABADELL
BANCO SIMEÓN
BANCO URQUIJO
BANKINTER
LICO LEASING, S.A. EFC
SANTANDER CENTRAL HISPANO
SANTANDER CONSUMER, EFC, S.A.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA