DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2006 Páx. 5.905

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2006 pola que se lles concede a distintas entidades bancarias a condición de entidades colaboradoras para a recadación das taxas portuarias e outros ingresos de dereito público.

Vista a proposta formulada polo xefe de Servizos Xerais, conformada pola directora, fundamentandose

no Real decreto 939/1995, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, en vigor desde o 1 de xaneiro deste ano, onde se establece e regula a posibilidade de que os ingresos da xestión recadatoria poderán convirse con entidades de crédito que presten o servizo de caixa e/ou que actúen como entidades colaboradoras, en virtude das facultades conferidas polos artigos 6.3º g) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente

público Portos de Galicia, e no artigo 9 h) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento, o seu presidente

RESOLVE:

Primeiro.-Autorízase as entidades: Caixa Galicia, Caixanova, BSCH, BBVA, Banco Gallego e Banco Pastor, para actuar como entidades colaboradoras na xestión recadadora das taxas portuarias e outros ingresos de dereito público, con suxeición ao establecido no artigo 18 e demais aplicables do Regulamento xeral de recadación, e ao convenio tipo que se aproba para o seu asinamento.

Segundo.-Os ingresos realizaranse nas contas restrinxidas abertas, tituladas «Portos de Galicia. Conta restrinxida de recadación para taxas e prezos».

Terceiro.-As devanditas entidades colaboradoras, deberán comunicar ao ente público Portos de Galicia o número de identificación das contas abertas.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña que corresponda nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación dela ou recurso potestativo de reposición perante este órgano de contratación no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Esta resolución producirá efectos xerais desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2006.

Vicente Irisarri Castro

Presidente de Portos de Galicia