DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2006 Páx. 5.904

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2006 pola que se convoca un curso sobre atestados e investigación de accidentes.

Dentro das actividades programadas para o ano 2006, e conforme as funcións atribuídas pola

Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a celebración dun curso sobre atestados e investigación de accidentes, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Afondar na elaboración do atestado policial, na temática relacionada co tráfico e os accidentes.

-Coñecer a metodoloxía aplicable na investigación e reconstrución de accidentes de tráfico.

-Dominar os distintos aspectos que abrangue a instrución e confección do informe técnico e a súa presentación e defensa ante os xulgados.

-Saber actuar ante problemáticas derivadas dos seguros.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local dos concellos de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

40 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 2 de maio de 2006, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberanse enviar ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase en datas do 8 ao 12 de maio, cunha duración de 30 horas lectivas.

O horario será o seguinte: luns e mércores de 16.00 a 20.30 horas, martes e xoves de 9.30 a 14.00 e de 15.30 a 19.00 horas e o venres de 9.00 a 14.00 horas.

Contido.

-O atestado nos delitos relacionados co tráfico. Dilixencias que o integran segundo o caso.

-O atestado por accidente de tráfico.

-A investigación de accidentes: concepto e fases; factores que interveñen e metodoloxía a seguir.

-Toma de datos: fotografías, medicións e bosquexos do lugar e dos elementos.

-Aplicación das teorías da física para os cálculos necesarios: velocidades, prestacións, deformacións, etc. Elaboración do informe técnico.

-Os seguros do automóbil: o seu control. Problemática con estranxeiros.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 4 de maio a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 02 41.

Lugar.

O curso desenvolverase no Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada.

Modificacións.

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 6 de abril de 2006.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director xeral do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia