DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2006 Páx. 5.904

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 20 de xaneiro de 2006, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa J.J. Chicolino, S.L.

Advertido erro na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia nº 28, do 9 de febreiro de 2006, é necesario facer a seguinte corrección:

Substituír o texto do artigo 23 do convenio publicado na páxina 1.936, pola redacción seguinte:

«Artigo 23º.-Partes asinantes.

Asinan este convenio dunha parte os delegados de persoal por FITEQA-CC.OO., Ricardo López Triñanes e Ángel López Triñanes e Eulogio Rosales Pazos, delegado de persoal pola CIG, e da outra, na súa calidade de representante da empresa, Juan José Fajardo Piñeiro. Actúa e asina tamén este convenio en calidade de asesora, Pilar Tellado Fernández en representación de FITEQA-CC.OO».