DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2006 Páx. 5.904

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

ORDE do 28 de marzo de 2006 pola que se fixa o prezo de venda ao público da publicación Sociedades cooperativas galegas. Normativa autonómica.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe preceptivo favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-O prezo de venda ao público da publicación editada por esta consellería denominada Sociedades cooperativas galegas. Normativa autonómica será de 5,20 A, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2006.

Ricardo Jacinto Varela Sánchez

Conselleiro de Traballo