DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2006 Páx. 5.799

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 22 de marzo de 2006 pola que se cesan membros da Comisión Galega de Laboratorios de Ensaios e Control de Produtos Alimenticios Relacionados co Consumo Humano.

O Decreto 14/2000, do 7 de xaneiro, de autorización de laboratorios para a realización de determinados ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano, regula no seu artigo 1.1º a creación da Comisión Galega de Laboratorios de Ensaios e Control de Produtos Alimenticios Relacionados co Consumo Humano, establecendo a súa composición e funcións nos artigos 4 e 5 respectivamente.

Por medio das ordes da Consellería de Sanidade do 6 de marzo de 2000 e do 25 de xaneiro de 2001 fixéronse públicos, respectivamente, os nomeamentos dos membros da devandita comisión así como dos seus suplentes.

Con motivo dos cambios producidos pola nova estrutura organizativa da Xunta de Galicia, e as consecuentes modificacións na titularidade e no desenvolvemento destes postos, césanse algúns dos membros da devandita comisión.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 de Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e a disposición derradeira primeira do Decreto 14/2000, do 7 de xaneiro, de autorización de laboratorios para a realización de determinados ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano

DISPOÑO:

Artigo único.-Cesan como membros da Comisión Galega de Laboratorios de Ensaios e Control de Produtos Alimenticios Relacionados co Consumo Humano, creada por Decreto 14/2000, do 7 de xaneiro, as persoas que se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2006.

María José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

ANEXO

Persoas que cesan como membros da Comisión Galega de Laboratorios de Ensaios e Control de Produtos Relacionados con Consumo Humano

Mª Jesús Muñoz Chesa, directora xerente do Instituto Galego de Consumo.

Magdalena Bermúdez de la Puente González del Valle, reponsable de calidade do Centro de Control da Calidade do Medio Mariño.

Juan Maneiro Cadilla, director do Centro de Control de Calidade do Medio Mariño.