DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2006 Páx. 5.740

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

DECRETO 59/2006, do 30 de marzo, polo que se derroga o Decreto 288/1994, do 30 de setembro, polo que se crea o Premio das Letras e das Artes de Galicia.

Debido a que o Premio das Letras e das Artes de Galicia cumpriu xa sobradamente os obxectivos

para os cales se creou, e a que na nova época de normalización cultural se fai preciso actuar dun xeito máis anovador e acorde coa nosa realidade creativa actual, o Goberno da Xunta de Galicia considera necesario darlle un novo impulso ao espírito con que se instituíu esta distinción, e reorganizar os recursos que se destinan ao seu mantemento.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Cultura e Deporte, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trinta de marzo de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Quedan derrogados os decretos 288/1994, do 30 de setembro, polo que se crea o Premio das Letras e das Artes de Galicia e 286/1995, do 19 de outubro, polo que se modifica o artigo 5 do anterior.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a conselleira de Cultura e Deporte para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de marzo de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Ánxela Bugallo Rodríguez

Conselleira de Cultura e Deporte