DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 2006 Páx. 5.493

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

ORDE do 27 de marzo de 2006 pola que se crean ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes nesta consellería.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), especifica que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderán facerse mediante a disposición xeral correspondente.

Mediante o Decreto 231/2005, do 11 de agosto, publicado no DOG do 12 de agosto, establécese a estrutura orgánica da Xunta de Galicia. Esta estrutura modifica a existente ata esa data establecida polo Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, publicado no DOG do 21 de xaneiro, e crea a Consellería de Traballo.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Mediante a presente orde a Consellería de Traballo regula os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal que se relacionan no anexo.

Artigo 2º.-Contido.

A información exixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de creación de ficheiros, está contida no anexo desta orde, en cada un dos ficheiros creados.

Artigo 3º.-Finalidade e uso dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros automatizados da Consellería de Traballo, creados pola presente orde só serán utilizados para os fins expresamente previstos no anexo e por persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

Os datos só poderán ser cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei.

Artigo 5º.-Medidas de seguridade.

O titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a súa confidencialidade, e os dereitos e obrigas recoñecidos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Disposición adicional

En caso de cesións dos datos aos servizos de estatística das administracións públicas aplicarase, ademais, o disposto na normativa vixente sobre materia estatística.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2006.

Ricardo Jacinto Varela Sánchez

Conselleiro de Traballo

ANEXO

1. Servizo Galego de Colocación-Colectivo.

a) Finalidade e usos previstos para el.

Obter os datos de pertenza a colectivos especiais para a súa intermediación laboral naquelas ofertas ou sondaxes de emprego que requiran expresamente a pertenza a ese colectivo, ou accesos a servizos de orientación laboral e a cursos de formación ocupacional axeitados á súa minusvalidez.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Colectivos especiais de minusvalidez.

c) Procedemento de recollida de datos.

Declaración, formularios, enquisa, entrevista.

d) Estrutura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

a. Estrutura básica do ficheiro.

Base de datos.

b. Tipo de datos incluídos no ficheiro.

a) Datos de carácter identificativo.

a. NIF.

b) Datos especialmente protexidos.

a. Tipo de minusvalidez e porcentaxe de minusvalidez )33%.

e) Cesións/transferencias previstas.

Servizo Público de Emprego Estatal, diferentes servizos públicos de emprego autonómicos para os exclusivos efectos relacionados coa prestación dos servizos de intermediación, orientación e formación axeitados á súa minusvalidez.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Formación e Colocación.

g) Servizos ou unidades ante os que se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, cando procedan:

Dirección Xeral de Formación e Colocación.

h) Nivel de seguridade.

Alto.

i) Responsable de seguridade.

Dirección Xeral de Formación e Colocación.

2. Servizo Galego de Colocación-Demandas.

a) Finalidade e usos previstos para el.

Cruzamento coas ofertas de emprego introducidas no sistema co obxecto da súa posible candidatura

para ocupar o posto de traballo ofertado co fin de proporcionar accións de mellora da empregabilidade, cursos de formación e orientación laboral.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretendan obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Desempregados ou persoas en activo en situación de mellora de emprego.

c) Procedemento de recollida de datos.

Declaración, formularios, vía telemática.

d) Estrutura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

a. Estrutura básica do ficheiro.

Base de datos.

b. Tipo de datos incluídos no ficheiro.

a) Datos de carácter identificativo.

a. DNI/NIF.

a. N.S.S. (número de Seguridade Social)/mutualidade.

b. Nome e apelidos.

c. Enderezo (postal, electrónico).

d. Teléfono.

b) Datos de características persoais.

a. Estado civil.

b. Datos de familia.

c. Data de nacemento.

d. Idade.

e. Sexo.

c) Datos de circunstancias sociais.

a. Situación militar.

b. Licenzas e permisos.

c. Afeccións. Estilo de vida.

d) Datos académicos e profesionais.

a. Formación, titulacións.

b. Experiencia profesional.

e) Datos de detalle de emprego.

a. Corpo/escala.

b. Categoría/grao.

c. Postos de traballo.

f) Datos económicos-financeiros e de seguros.

a. Subsidios, beneficios.

e) Cesións/transferencias previstas.

Servizo Público de Emprego Estatal, diferentes servizos públicos de emprego autonómicos para os exclusivos efectos relacionados coa prestación de servizos de intermediación laboral.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Formación e Colocación.

g) Servizos ou unidades ante os que se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, cando procedan:

Dirección Xeral de Formación e Colocación.

h) Nivel de seguridade.

Medio.

i) Responsable de seguridade.

Dirección Xeral de Formación e Colocación.

3. Servizo Público de Emprego Autonómico-impresións dixitais.

a) Finalidade e usos previstos para el.

Permitir a autenticación do demandante de emprego para os efectos de permitir a renovación da súa demanda de emprego e a modificación do seu curriculum vitae.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Persoas demandantes de emprego.

c) Procedemento de recollida de datos.

Declaración, formularios, lectura da impresión dixital.

d) Estrutura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

a. Estructura básica do ficheiro.

Base de datos.

b. Tipo de datos incluídos no ficheiro.

a) Datos de carácter identificativo.

a. DNI/NIF.

b. Minucias das impresións dixitais dalgúns dedos das mans.

e) Cesións/transferencias previstas.

Servizo Público de Emprego Estatal, diferentes servizos públicos de emprego autonómicos para os exclusivos efectos relacionados coa prestación dos servizos de autenticación nos casos que exista acordo entre as diferentes organizacións.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Formación e Colocación.

g) Servizos ou unidades ante os que se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, cando procedan:

Dirección Xeral de Formación e Colocación.

h) Nivel de seguridade.

Baixo.

i) Responsable de seguridade.

Dirección Xeral de Formación e Colocación.

4. Servizo Galego de Colocación-Orientación.

a) Finalidade e usos previstos para el.

Xestionar o proceso de orientación laboral, desde o envío de cartas aos demandantes ao resultado da orientación laboral ao demandante.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Persoas demandantes de emprego.

c) Procedemento de recollida de datos.

Enquisa, entrevista.

d) Estrutura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

a. Estrutura básica do ficheiro.

Base de datos.

b. Tipo de datos incluídos no ficheiro.

a) Datos de carácter identificativo.

a. DNI/NIF.

b. Enderezo (postal, electrónico).

e) Cesións/transferencias previstas.

Non se recollen.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Formación e Colocación.

g) Servizos ou unidades ante os que se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, cando procedan:

Dirección Xeral de Formación e Colocación.

h) Nivel de seguridade.

Baixo.

i) Responsable de seguridade.

Dirección Xeral de Formación e Colocación.

5. Servizo Público de Emprego Autonómico: usuarios.

a) Finalidade e usos previstos para el.

Permitir a autenticación do usuario na aplicación de intermediación e aplicacións colaterais.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretendan obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Usuarios da aplicación de intermediación.

c) Procedemento de recollida de datos.

Declaración, formularios.

d) Estrutura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

a. Estrutura básica do ficheiro.

Base de datos.

b. Tipo de datos incluídos no ficheiro.

a) Datos de carácter identificativo.

a. DNI/NIF.

b. Nome e apelidos.

b) Datos de detalle de emprego.

a. Centro de traballo.

e) Cesións/transferencias previstas.

Ningún organismo.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Formación e Colocación.

g) Servizos ou unidades ante os que se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, cando procedan:

Dirección Xeral de Formación e Colocación.

h) Nivel de seguridade.

Baixo.

i) Responsable de seguridade.

Dirección Xeral de Formación e Colocación.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA