DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 2006 Páx. 5.467

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 29 de marzo de 2006 pola que se establecen as bases para a concesión de axudas destinadas a promover actuacións de difusión e formación relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información, en réxime de concorrencia competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para 2006.

As tecnoloxías da información están operando tales mudanzas nas formas de aprender, traballar, comprar

e vender, de crear e de obter información, é dicir, de comunicarnos, que é obrigado asegurar a difusión das súas posibilidades e a formación necesaria para conseguir competencias na súa utilización.

Desde a Consellería de Innovación e Industria, órgano da Xunta de Galicia que, segundo o Decreto 552/2005, do 20 de outubro, polo que se establece a súa estrutura orgánica, ten atribuídas as competencias de fomento e impulso da sociedade da información, considérase que neste labor debemos invitar a colaborar os diferentes organismos intermedios dos que dotou a sociedade galega, asociacións, fundacións, entidades públicas, semipúblicas ou privadas, para que as actuacións que estean considerando promover con estes obxectivos poidan ser coordinadas e apoiadas desde esta consellería.

Con esta finalidade e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto a convocatoria de axudas públicas, en réxime de concorrencia competitiva, para impulsar a realización de actuacións de difusión, de sensibilización, e formativas, relacionadas especificamente co desenvolvemento e implantación da sociedade da información na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º.-Aplicacións orzamentarias.

Para a concesión das axudas, propias das actuacións que se convocan para o exercicio de 2006, que terán a modalidade de subvención, destinaranse os créditos globais correspondentes ás aplicacións orzamentarias que se mencionan, coa seguinte distribución:

AplicaciónDenominaciónAno 2006

(euros)

Ano 2007

(euros)

10.04.712B.781.0Actuacións para a difusión da sociedade da información900.000210.000

TOTAL900.000210.000

Estas cantidades poderanse incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de crédito.

Dadas as características do obxecto da presente orde, as axudas que se convocan poderán solicitarse para proxectos e actuacións plurianuais, de acordo co indicado no artigo 7º da convocatoria, cando parte do proxecto ou actuación se realice no ano 2006 e se solicite axuda para o devandito exercicio.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarias as fundacións, asociacións e outras entidades de carácter público, semipúblico ou privado, sen ánimo de lucro validamente constituídas, que realicen as actuacións subvencionables que se relacionan no artigo 4º desta orde, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os beneficiarios deberán reunir os requisitos que fundamentan a concesión así como os demais que se prevexan nesta orde. Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado.

Artigo 4º.-Actuacións subvencionables.

As actuacións subvencionables obxecto da presente orde estrutúranse en tres liñas de actuación:

A) Actuacións de promoción e difusión da sociedade da información.

Poderán ser subvencionables os proxectos encamiñados á organización e celebración de eventos

neste ámbito, tales como xornadas, conferencias, ou congresos de profesionais especializados, que teñan por obxecto a promoción e difusión de materias relacionadas coas infraestruturas e servizos de telecomunicacións e as tecnoloxías da información.

As axudas destinaranse a cubrir os gastos que estean directamente relacionados co desenvolvemento do proxecto para o que se concedan. Poderán aplicarse aos seguintes conceptos:

-Gastos de difusión.

-Gastos asociados aos relatores.

-Gastos asociados á organización do evento tales como aluguer de locais e/ou mobiliario, limpeza e seguridade.

-Gastos de elaboración do material.

-Outros gastos suplementarios directamente derivados da actuación, que estean perfectamente xustificados, e se consideren fundamentais para o seu desenvolvemento.

B) Actuacións formativas especializadas, no ámbito das TIC.

Poderán ser subvencionables as actuacións orientadas a satisfacer as necesidades formativas específicas das persoas que desenvolvan ou vaian desenvolver a súa actividade profesional no sector das TIC, entendéndose por tal toda actividade económica relacionada coa electrónica, a informática, o tratamento da información, as telecomunicacións e os servizos de valor engadido sobre os anteriores.

As axudas destinaranse a cubrir os gastos relativos aos seguintes conceptos:

-Gastos de difusión.

-Gastos asociados aos profesores.

-Gastos asociados á organización do curso tales como aluguer de locais e/ou mobiliario, limpeza e seguridade.

-Gastos de elaboración do material.

-Outros gastos suplementarios, directamente derivados da actuación, que estean perfectamente xustificados, e se consideren fundamentais para o seu desenvolvemento.

C) Actuacións formativas dirixidas ás pemes.

Poderán ser subvencionables:

a) As actuacións orientadas a proporcionar aos traballadores coñecemento sobre o uso e manexo das novas tecnoloxías, que os capaciten para un mellor desempeño do seu posto de traballo actual ou futuro, de xeito que mellore a empregabilidade do traballador.

b) A dotación de centros de formación, sempre que o beneficiario dispoña dun local axeitado para a instalación e posta en marcha do centro. Os locais deberán cumprir con todas as condicións e requisitos que a normativa estatal, autonómica e local exixe.

As axudas destinaranse a cubrir os gastos relativos aos seguintes conceptos:

Para as actuacións sinaladas na letra a):

-Gastos de difusión.

-Gastos asociados aos profesores.

-Gastos asociados á organización das actividades formativas tales como aluguer de locais e/ou mobiliario, limpeza e seguridade.

-Gastos de elaboración do material.

-Outros gastos suplementarios, directamente derivados da actuación, que estean perfectamente xustificados, e se consideren fundamentais para o seu desenvolvemento.

Para as actuacións do apartado b):

Gastos de adquisición do equipamento tecnolóxico necesario para o centro de formación que contará ao remate da súa implantación coa seguinte dotación de medios como mínimo,

-5 ordenadores.

-1 servidor.

-1 impresora de rede.

-Instalación do cableado (categoría 6 ou superior) e dos elementos de rede necesarios dentro da aula (switches, routers...).

A configuración básica deste equipamento debe recoller, como mínimo, as seguintes características:

Servidor con procesador Intel pentium 4 a 3 Ghz o similar, 1Gb DDR2 SDRAM, disco duro de 160 Gb, tarxetas de conexión á rede, CD RW/DVD combo, monitor TFT de 17'' e servizo técnico de 3 anos.

Ordenadores con procesador Intel pentium 4 a 3 Ghz ou similar, disco duro de 80 Gb, 512 Mb, tarxetas de rede, teclado, rato, auriculares, tarxeta gráfica de 256 Mb, DVD ROM/CD RW combo 48x, monitor TFT de 17'' e servizo técnico de 3 anos.

Para esta epígrafe, o investimento máximo subvencionable será de 20.000 A.

Na realización das actuacións deberase atender ao disposto nos artigos 5º e 6º sobre gastos subvencionables e subcontratación.

Artigo 5º.-Gastos subvencionables.

Terán a consideración de subvencionables aqueles investimentos que de xeito indubitado respondan á natureza da actividade presentada na solicitude, e se realicen no prazo establecido por esta convocatoria de axudas.

Non terán carácter subvencionable os gastos de persoal nin calquera outro derivado da actividade habitual do solicitante, nin se considerarán tampouco os investimentos en elementos que non esgoten a súa funcionalidade ao remate da actividade resultante do proxecto presentado.

O imposto sobre o valor engadido (IVE) poderá considerarse gasto subvencionable cando o bene

ficiario acredite mediante a correspondente certificación que se encontra acollido ao réxime de exención de IVE.

A comisión de avaliación poderá considerar como non subvencionables ou limitar a súa porcentaxe en relación ao investimento subvencionable total do proxecto, á vista das solicitudes presentadas, naqueles conceptos que se consideren menos críticos para o normal desenvolvemento da actuación obxecto de axuda.

Considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado dentro do prazo de finalización do período de xustificación.

En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 12.000 euros no suposto de subministracións de bens de equipo ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á xustificación da subvención, agás que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten. A elección entre as ofertas presentadas, que deberá achegarse xunto coa memoria de xustificación, realizarase conforme os criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Artigo 6º.-Subcontratación das actividades subvencionadas polos beneficiarios.

A subcontratación de actividades realizarase de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, podendo acadar o custo total da actividade proposta.

Artigo 7º.-Ámbito temporal e actuacións plurianuais.

Poderán acollerse á presente orde as actuacións que se describen no artigo 4º desta, sempre que se realicen no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2006 e a data de xustificación dos investimentos establecida no artigo 18º desta orde.

Poderán concederse subvencións plurianuais para proxectos que superen o exercicio de 2006. Para iso estableceranse os correspondentes compromisos de gasto dentro dos límites establecidos pola lexislación vixente, de conformidade co prazo de execución do investimento, aténdose ao disposto, para os efectos oportunos, no artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 5/2000, do 28 de decembro.

Para as actuacións plurianuais entenderase que os investimentos realizados desde a data límite de xustificación do exercicio corrente ata o final de ano corresponderán á anualidade seguinte e, por tan

to, poderanse presentar para o cobro da devandita anualidade.

Artigo 8º.-Criterios de avaliación.

Os criterios de avaliación que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión e contía das axudas, relacionados por orde decrecente de importancia, serán os seguintes:

1. A relación entre o investimento realizado e o impacto social da actuación.

2. Adecuación dos investimentos aos obxectivos e actuacións da convocatoria con especial atención ao interese dos contidos.

3. Adecuación dos relatores, profesores ou provedores aos obxectivos da orde, con especial incidencia na súa traxectoria profesional ou solvencia técnica.

4. Repercusión social, atendendo á súa orientación a colectivos con especiais dificultades de integración na sociedade da información.

5. Valoración da viabilidade e desenvolvemento temporal do proxecto.

6. Emprego e difusión do software libre.

Artigo 9º.-Contía das axudas.

As axudas poderán acadar, con carácter xeral, unha contía máxima do 70% do investimento subvencionable para cada proxecto, cun límite de 60.000 A de subvención.

Artigo 10º.-Obtención dos formularios normalizados de solicitude.

Os formularios de solicitude de axuda regulados nesta orde cubriranse e obteranse necesariamente polo solicitante a través da aplicación informática «Internet expres» (procedemento IN521 C) establecida na «Oficina virtual» desta consellería, sita no enderezo da internet http://www.xunta.es/conselle/in/ da Xunta de Galicia.

Para a cubrir correctamente os formularios de solicitude, no citado enderezo da internet disporase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polos solicitantes.

Poderanse cubrir e obter os formularios ata as 24 horas do día anterior á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, a través do teléfono 981 54 43 41, do número de fax 981 54 47 06 ou do enderezo de correo electrónico axudas2006.dxpisi*xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación por escrito de solicitudes.

Artigo 11º.-Documentación.

Os solicitantes deberán presentar por duplicado, incluíndo orixinal ou copia compulsada e unha copia, a seguinte documentación:

1) Formularios normalizados de solicitude (composto polos anexos I e II), obtidos a través da apli

cación informática sinalada no artigo anterior debidamente asinados polo/os representante/s legal/is da empresa.

Estes formularios presentaranse sen engadir novos datos e sen realizar emendas nin riscaduras no seu formato orixinal, o que será causa de inadmisión a trámite.

2) Escritura pública de constitución e estatutos debidamente inscritos no rexistro correspondente, debendo quedar acreditada se é o caso a súa condición de entidade sen ánimo de lucro.

3) CIF da entidade solicitante en vigor.

4) Documento público acreditativo do poder suficiente para actuar ante a Administración pública da/s persoa/s física/s que actúe/n en nome e representación dunha persoa xurídica.

5) Fotocopia do DNI/NIE, en vigor, do/s representante/s.

6) No caso de estar exento do imposto sobre o valor engadido (IVE), documentación acreditativa da mencionada exención.

7) Memoria explicativa do proxecto na que conste o historial da entidade, obxectivos da actividade, currículum dos relatores/profesores, e demais datos que se consideren de interese para a valoración do proxecto.

8) Orzamentos e ofertas desagregadas de cada un dos provedores que deberán cumprir co disposto no último parágrafo do artigo 5º desta orde.

De acordo co disposto no artigo 35 f) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non será necesario presentar a documentación xurídico administrativa que xa se atope en poder desta consellería, sempre que se manteña vixente e se identifique nos formularios de solicitude o procedemento administrativo para o que foi presentada; esta identificación leva consigo a autorización para que o órgano xestor teña acceso a esta documentación.

A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das bases desta convocatoria. Así mesmo comporta a autorización ao órgano xestor para comprobar de oficio o cumprimento das obrigas tributarias e sociais coa AEAT, Consellería de Economía e Facenda e Seguridade Social, de acordo co establecido no artigo 43 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, sobre protección de datos de carácter persoal, a Consellería de Innovación e Industria garante a confidencialidade dos datos recollidos na documentación prevista para as solicitudes de axuda.

Artigo 12º.-Presentación de solicitudes e documentación.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 40 días naturais contados desde o seguinte á publicación desta orde no DOG.

A presentación de solicitudes poderá facerse, á escolla do solicitante, por vía escrita ou por vía telemática, da seguinte forma:

1) Vía escrita (en soporte papel):

Para formalizar a solicitude, logo de ober e cubrir os formularios de acordo co artigo 10º desta orde, o interesado presentará a documentación sinalada no artigo anterior por exemplar duplicado (orixinal ou copia compulsada e unha copia), dirixida ao conselleiro de Innovación e Industria, no rexistro xeral dos servizos centrais da Consellería de Innovación e Industria , no das delegacións provinciais da Consellería de Innovación e Industria, ou a través dalgunha das formas recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2) Vía telemática (por medios electrónicos):

A vía telemática establécese como un mecanismo de presentación nun trámite único para aqueles solicitantes que reúnan os seguintes requisitos:

1. Será necesario que o presentador sexa unha persoa física que ostente a representación legal da empresa ou entidade solicitante, e como tal figure identificado nos formularios normalizados de solicitude. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

2. O presentador deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda, conforme co disposto no Decreto 164/2005, do 16 de xuño.

3. O solicitante deberá estar exento de presentar a documentación xurídico-administrativa a que se fai referencia nos puntos 2) a 5) inclusive, e 6) se é o caso do artigo 11º desta orde de axudas, por se atopar xa en poder desta consellería ou non ter obriga de presentar.

Poderá accederse a esta vía de presentación a través da aplicación informática «Internet expres» (procedemento IN521 C) establecida na «Oficina Virtual» desta consellería, sita no enderezo de internet http://www.xunta.es/conselle/in/ da Xunta de Galicia, onde se disporán dos medios de axuda á presentación de solicitudes. Tamén poderá accederse a esta vía desde o enderezo: http://www.xunta.es/servizos/ en «Administración electrónica» facendo uso do «Rexistro telemático» (procedemento IN521 C).

Xunto cos formularios de solicitude, deberá anexar necesariamente a memoria á que se fai referencia no punto 7), do artigo 11º desta orde. Para isto a aplicación de presentación permitirá anexar á solicitude arquivos informáticos cunha limitación de tamaño de 1 MB, sempre que se presenten nos seguintes formatos: «.pdf», «.doc», «.ppt», «.txt», recomendándose o emprego do primeiro formato.

Unha vez asinados co certificado dixital do presentador os formularios normalizados e todos os documentos que acompañen a solicitude procederase á transferencia telemática de dita documentación ao Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, creado polo Decreto 164/2005, do 16 de xuño. Unha vez completado o proceso de transferencia telemática, efectuarase a anotación correspondente no rexistro de entrada.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo no que quedará constancia do feito da presentación, conforme o citado Decreto 164/2005, do 16 de xuño.

No caso de utilizar a vía telemática para a solicitude, o interesado tamén poderá empregar esta vía para a recepción de notificacións desta consellería e para o envío de escritos ao órgano xestor da axuda, excepto os escritos e documentación referente ao proceso de xustificación dos investimentos (artigo 18º) no que non se prevé a presentación telemática.

Para a recepción de notificacións será preceptivo que o solicitante indicase nos formularios normalizados a súa preferencia polo emprego da notificación telemática neste procedemento de axudas. Neste caso o solicitante deberá acceder á web institucional da Xunta de Galicia, nos enderezos indicados neste artigo para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor, e a aceptación de entrega das notificacións (xustificante de recepción telemático).

Artigo 13º.-Emenda de solicitudes.

Se a documentación presentada fose incompleta ou presentase erros emendables, requirirase o solicitante para que, no prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con advertencia de que, se non o fixese se terá por desistido da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e cos efectos previstos no artigo 42.1º da citada lei.

Artigo 14º.-Instrución e selección de solicitudes.

Corresponde á Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información a instrución do procedemento de concesión de subvencións, que desenvolverá de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales deba formularse a proposta de resolución.

Con obxecto de cumprir o principio de concorrencia competitiva as solicitudes serán examinadas por unha comisión de valoración que estará constituída polos seguintes membros:

-Presidente: o subdirector xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información.

-Dous vogais: un xefe de servizo e un xefe de sección designados pola directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información.

-Secretario: un funcionario da dirección xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información.

Esta comisión, tendo en conta os criterios de avaliación recollidos no artigo 7º, emitirá un informe razoado no que se concrete o resultado da avaliación efectuada.

A Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, á vista do informe de avaliación emitido, formulará proposta de resolución motivada.

Artigo 15º.-Resolución.

Á vista da proposta de resolución, o conselleiro de Innovación e Industria ditará a resolución que proceda, motivada, con indicación do obxecto e importe do proxecto subvencionado, a porcentaxe de axuda concedida e a contía desta. A dita resolución poderá establecer condicións técnicas e económicas de obrigada observancia para a realización do proxecto.

Esta competencia delégase nos delegados provinciais de acordo co establecido no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia ata o límite dos créditos que se desconcentren.

O prazo máximo para resolver e notificar aos interesados a resolución expresa será de seis meses a partir do día seguinte ao que finalice o prazo de presentación de solicitudes. O vencemento do citado prazo, sen que se notifique a resolución expresa, lexitima o interesado para entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

As resolucións de concesión serán publicadas no Diario Oficial de Galicia con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario ao que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade da subvención.

Artigo 16º.-Modificación da resolución.

Cando por circunstancias técnicas se varíe o contido específico dos investimentos ou actuacións recollidas no proxecto inicial e as ditas variacións incidan no investimento subvencionable, o beneficiario deberá solicitar a modificación con tempo suficiente para súa avaliación antes do desenvolvemento do proxecto.

A conformidade expresa da Consellería de Innovación e Industria ás mencionadas modificacións requirirá informe favorable da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información.

Artigo 17º.-Obrigas dos beneficiarios.

Os beneficiarios das axudas quedan obrigados ao disposto no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións:

A entidade beneficiaria comprométese a dar publicidade do cofinanciamento por parte da Consellería de Innovación e Industria-Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información no material promocional ao que dea lugar o evento ou curso e do xeito máis adecuado no caso de actuacións da letra c) do artigo 4º.

Artigo 18º.-Xustificación do investimento.

O beneficiario terá de prazo ata dous meses despois de rematada a actuación subvencionada, para proceder á xustificación do investimento, en calquera caso, non se poderá exceder a data do 30 de novembro de cada anualidade.

Para o libramento da subvención, o beneficiario deberá presentar nos servizos centrais da Consellería de Innovación e Industria a documentación xustificativa da realización do investimento que fose obxecto de subvención. Poderase tamén presentar a través dalgunha das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Esta documentación xustificativa, que se presentará por exemplar duplicado (orixinal ou copia compulsada e unha copia), constará dos seguintes documentos:

a) Solicitude de libramento da subvención (modelo dispoñible no enderezo da internet http://www.xunta.es/conselle/in/index.htm no punto impresos).

b) Memoria na que se constate a realización da actividade realizada.

c) Copia en formato electrónico dos relatorios/ou contidos da acción formativa.

d) Xustificante dos investimentos: facturas dos provedores en relación cos gastos subvencionables, emitidas dentro do período comprendido entre a data de inicio do proxecto e a data límite de xustificación do proxecto.

e) Xustificación dos pagamentos: transferencia bancaria, certificación bancaria orixinal ou extracto de pagamento comprendido entre a data de inicio do proxecto e a data límite da xustificación do proxecto. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento. Non se admitirán os pagamentos en efectivo.

f) Declaración de axudas obtidas e solicitadas para o mesmo investimento en calquera outra Administración, organismo ou ente público ou privado (modelo dispoñible no enderezo de internet sinalado no punto a) deste artigo).

g) Certificación expedida pola entidade bancaria da titularidade da conta onde se debe realizar o pagamento na que conste a razón social e o CIF da entidade subvencionada así como o ordinal bancario, código de banco, código de sucursal e código de conta corrente.

h) Calquera outros documentos que se requiran durante a tramitación do expediente para a verificación do proxecto.

i) Documentación que acredite a publicidade do cofinanciamento da Xunta de Galicia segundo o sinalado no artigo 17º desta orde.

Artigo 19º.-Pagamento das axudas.

A percepción da axuda terá lugar unha vez que os servizos técnicos da Consellería de Innovación e Industria verifiquen a documentación xustificativa, e, se é o caso, a materialización do cumprimento da realización do proxecto subvencionado e dos requisitos e condicións establecidos para a súa concesión.

Procederá a minoración da subvención concedida cando o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto, e sempre que esta minoración non supoña unha realización deficiente do proxecto.

Artigo 20º.-Incompatibilidades. Concorrencia de axudas públicas.

As axudas reguladas na presente orde serán compatibles con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, sempre que, en ningún caso, o seu importe sexa de tal contía que, illadamente ou en concorrencia, supere o custo da actividade subvencionada, ou, de ser o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza.

Artigo 21º.-Reintegro da axuda.

Non se poderá exixir o pagamento da axuda concedida e procederá o reintegro total ou parcial da contía percibida xunto cos intereses de demora percibidos desde o seu pagamento nos supostos recollidos no punto 10º do artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Así mesmo, procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos nos que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario ou, de ser o caso, a porcentaxe máxima de investimento subvencionable que se estableza.

O procedemento de reintegro tramitarase de acordo co establecido no artigo 20 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

As cantidades que os beneficiarios deban reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para o seu cobro o previsto nos artigos 19 ao 23 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 22º.-Fiscalización e control.

A concesión das axudas reguladas nesta orde estará sometida ao exercicio da función interventora e do control financeiro por parte da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos establecidos no capítulo V do Decreto 287/2000, do 21 de novem

bro, ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, se é o caso, aos dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Os beneficiarios e os terceiros relacionados co obxecto da subvención ou a xustificación estarán na obriga de prestar colaboración e facilitar canta documentación lles sexa requirida no exercicio das funcións de control que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como os órganos que, de acordo coa normativa comunitaria, teñan atribuídas funcións de control financeiro, que para este fin terán as facultades que lle outorga o punto 11º do artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 23º.-Réxime sancionador.

As infraccións administrativas cometidas en relación coas axudas e subvencións reguladas nesta orde sancionaranse de conformidade co disposto no artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no capítulo VII do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Artigo 24º.-Réxime de recursos.

As resolucións, expresas ou presuntas, dos expedientes tramitados ao amparo do disposto nesta orde esgotarán a vía administrativa e contra elas caberán os recursos recollidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo.

E todo isto sen prexuízo de que os interesados poidan exercer, se é o caso, calquera outro que consideren procedente.

Artigo 25º.-Normativa aplicable.

En todo o non recollido na presente orde, aplicarase o disposto para esta materia no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e demais normativa que resulte de aplicación.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase a directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información para que dite as disposicións necesarias para a aplicación do establecido na presente orde.

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación na Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2006.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria