DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 2006 Páx. 5.466

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de marzo de 2006 pola que se autoriza o cambio de denominación do instituto de educación secundaria Aquas Celenis de Caldas de Reis (Pontevedra).

Tendo en conta o artigo 3.1º do anexo do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG do 9 de agosto), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autorizar o cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2006.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Caldas de Reis.

Localidade: Caldas de Reis.

Código do centro: 36016127.

Denominación: instituto de educación secundaria Aquas Celenis.

Nova denominación: instituto de educación secundaria Aquis Celenis.