DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 2006 Páx. 5.340

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 56/2006, do 16 de febreiro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en industrias de proceso químico.

De acordo coa competencia plena que figura no artigo 31 do Estatuto de autonomía e de conformidade co Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, aprobouse o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, que determina os aspectos que deben cumprir os currículos dos ciclos formativos.

O Real decreto 808/1993, do 28 de maio, establece o título de técnico superior en industrias de proceso químico e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, e, na súa disposición adicional segunda, habilita os órganos competentes das comunidades autónomas para executaren e desenvolveren o disposto neste real decreto.

O Real decreto 2207/1993, do 17 de decembro, modifica os horarios e os contidos básicos das ensinanzas mínimas, así como os requisitos mínimos de espazos e instalacións, regulados polo Real decreto 808/1993.

O Real decreto 1411/1994, do 25 de xuño, completa o Real decreto 808/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas e, na súa disposición derradeira primeira, punto 2, autoriza as comunidades autónomas para ditaren, no ámbito das súas competencias, as normas que cumpran para a aplicación e o desenvolvemento deste real decreto.

O Real decreto 334/2004, do 27 de febreiro, aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes que imparten as ensinanzas escolares do sistema educativo.

A Orde ECI/2527/2005, do 4 de xullo, actualiza e amplía o disposto no anexo X do Real decreto 777/1998, do 30 de abril, sobre o acceso directo a estudos universitarios desde a formación profesional, para o adecuar ás titulacións actualmente existentes.

O Decreto 296/1999, do 21 de outubro, no seu artigo décimo primeiro, establece os requisitos mínimos de espazos formativos para a impartición dos ciclos formativos de formación profesional específica.

Seguindo os principios xerais que han rexer a actividade educativa recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ao campo profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite aos centros adecuaren a docencia ás características do alumnado e ao seu contorno sociocultural.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipamento docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas han permitir realizar o papel do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixir as variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos produtivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixir o conxunto do traballo e acadar os obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ao finalizar o ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, o saber e o comprender que se requiren do alumnado para acadar os logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que han proporcionar o soporte de información e destreza preciso para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como no de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes, xa que todos eles levan a acadar as capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido; a súa estrutura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elaborar as programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresalientes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros

módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas actividades produtivas do sector ao que corresponda o título e, ao mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno produtivo en que radica o centro, non puideran ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo mediante a realización dun conxunto de actividades produtivas e/ou de servizos contidos do centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ao proceso produtivo ou de servizos do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos han dispor dun determinado número de horas que lles permitan realizar o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación, a secuencia e a metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de febreiro de dous mil seis,

DISPOÑO

I. Título, perfil e currículo.

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico superior en industrias de proceso químico, regulado polo Real decreto 808/1993, do 28 de maio, polo que se aproban as ensinanzas mínimas, polo Real decreto 2207/1993, do 17 de decembro, que modifica os horarios e os contidos básicos das ensinanzas mínimas, así como os requisitos mínimos de espazos e instalacións, e polo Real decreto 1411/1994, do 25 de xuño, que completa o Real decreto 808/1993.

2. A denominación, o nivel de formación profesional e a duración do ciclo formativo son os que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, as unidades de competencia, as realizacións e os criterios de realización, o dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso produtivo que definen o perfil profesional

do título son os que se establecen no apartado 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto. As capacidades terminais elementais son os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición.

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente título son as que se expresan no punto 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no punto 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espazos e instalacións.

Os requisitos de espazos e instalacións que deben reunir os centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudos de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta do Ministerio de Educación e Ciencia, e do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, de ser o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder aos estudos universitarios que se indican no punto 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional espe

cífica, para lles dar resposta ás características do alumnado, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioprodutivo.

Disposición adicional

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adaptar as ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características do alumnado con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria para ditar cantas disposicións cumpran, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de febreiro de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título

* Denominación: industrias de proceso químico.

* Nivel: formación profesional de grao superior.

* Duración: 1.400 horas.

2. Perfil profesional.

2.1 Competencia xeral.

Organizar e controlar a actividade na planta química, supervisando e controlando as fases do proceso produtivo, así como o cumprimento das normas de calidade, de seguridade e ambientais.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas.

* Interpretar os plans de produción e concretalos en instrucións escritas (sobre métodos, calidade ou outros conceptos) para pór a punto, producir e controlar os procesos químicos industriais.

* Posuír unha visión global e integrada do proceso de produción e/ou depuración química industrial, e comprender a función das instalacións e as dimensións técnicas, organizativas, económicas e humanas do traballo propio no proceso.

* Aplicar técnicas propias do traballo que se realice para mellorar a produción segundo criterios de eficacia, economía e produtividade, para conseguir a reciclaxe de produtos, o aforro enerxético e a redución de verteduras.

* Interpretar datos de control e definir, a partir deles, actuacións segundo normas.

* Asegurar as condicións ambientais conectadas ao proceso.

* Cumprir e facer cumprir o manual de calidade do proceso de produción.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias.

* Decidir actuacións en caso de emerxencias no proceso produtivo.

* Informar e solicitar axuda a quen proceda, cando se produzan continxencias nunha operación.

* Actuar en condicións de posible emerxencia transmitindo con celeridade e serenidade os sinais de alarma, dirixindo as actuacións dos membros do equipo e aplicando os medios de seguridade establecidos para previr ou corrixir posibles riscos químicos.

* Discernir, ante situacións non previstas na planta química, aquelas en que se deba consultar e dirixirse á persoa adecuada e, así mesmo, aquelas en que se deba respectar a autonomía dos subordinados.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas.

* Organizar e dirixir o traballo doutros técnicos de nivel de cualificación inferior.

* Dar instrucións sobre o control de procesos en caso de modificacións derivadas dos programas de produción.

* Interpretar ordes e información, e xerar instrucións claras con rapidez.

* Resolver problemas e tomar decisións individuais sobre as actuacións propias ou as dos outros, identificando e seguindo as normas establecidas procedentes, dentro do ámbito de competencia correspondente, e consultar as ditas decisións cando as súas repercusións económicas ou de seguridade na coordinación con outras áreas sexan importantes.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ao medio.

* Adaptarse aos cambios tecnolóxicos, organizativos, económicos e laborais que incidan na actividade profesional e no sistema de produción da industria química.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional en que se estea integrado: responsabilizarse da consecución dos obxectivos asignados ao grupo; respectar o traballo dos demais; organizar e dirixir tarefas colectivas; cooperar na superación das dificultades que se presenten, cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e dos subordinados.

* Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do traballo propio e, en especial, en operacións que exixan un elevado grao de coordinación con outras áreas da planta e entre os membros do equipo que as acometa.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

Este profesional recibe as instrucións fundamentais a través da información do proceso químico que pode estar contida en documentos ou en calquera outro tipo de soporte. Para levar a cabo as accións propias do seu nivel necesita interpretar e descodificar os esquemas, os diagramas e os sinais que representan o dito proceso e identificar, cando cumpra, información complementaria.

En caso de emerxencia, cando a situación creada non se poida resolver mediante as instrucións predefinidas, a responsabilidade deste técnico limitarase a manter o seu equipamento disposto para a acción e a informar urxentemente do suceso o seu superior xerárquico.

* Este técnico é autónomo nas seguintes funcións ou actividades xerais:

-Organización e vixilancia do traballo realizado polo persoal ao seu cargo.

-Emisión de instrucións escritas sobre procedementos de operación e control de proceso.

-Coordinación e secuencia das operacións e o control dos procesos químicos.

-Control do mantemento operativo realizado aos equipamentos e ás instalacións.

-Ensaios de calidade en proceso.

-Emisión de informes por petición dos seus superiores.

* Pode ser asistido nas seguintes funcións:

-Elaboración de instrucións e procedementos relacionados co control da calidade e co mantemento correctivo dos equipamentos e das instalacións ao seu cargo.

-Toma de decisións en caso de detección de anomalías ou de desviacións nos niveis de cantidade, calidade e produción que deben ser alcanzados.

-Situacións que afecten á seguridade ou ás condicións ambientais no seu ámbito de competencia.

* Debe ser asistido nestas actividades:

-Determinación de criterios económicos e produtivos aplicables á organización e á xestión da produción.

-Cambios do produto, do proceso e tecnolóxicos da instalación, en que debe ser asistido por enxeñaría de proceso.

-Especificacións do produto para obter e homologación de provedores, onde debe ser asistido por control de calidade.

-Análises complexas de materias que requiran técnicas, para a súa identificación ou medida, que non se atopen no ámbito da planta.

-Situacións de emerxencia que afecten á seguridade ou ás condicións ambientais que excedan o seu ámbito de competencia.

2.4. Unidades de competencia.

* 1. Organizar a produción química industrial.

* 2. Supervisar o estado de equipamentos e instalacións, e as operacións auxiliares para o proceso.

* 3. Coordinar a produción e o control do proceso químico industrial.

* 4. Garantir a calidade de produtos en proceso químico.

* 5. Cumprir e facer cumprir as normas de correcta fabricación, de seguridade e ambientais de proceso químico.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

2.5.1. Unidade de competencia 1: organizar a produción química industrial.

Realizacións e criterios de realización

* 1.1. Interpretar a información de proceso e definir os procedementos e as instrucións para as operacións derivadas del, conseguindo a calidade establecida e a óptima utilización dos medios.

-Identifícanse as operacións básicas, os parámetros de operación e control, e os valores das variables do proceso para manter.

-Identifícanse os diversos equipamentos, o seu réxime e as condicións de traballo.

-Identifícanse os produtos, as súas características e as súas calidades.

-Identifícanse as operacións elementais contidas nas instrucións xerais de proceso.

-Desagréganse as instrucións xerais nas secuencias de operacións que se deban realizar baixo a responsabilidade propia, incluíndo:

-Procedemento de operación e control.

-Plan e momento de toma de mostras e de datos de calidade en proceso.

-Plan de mantemento.

* 1.2. Establecer o programa de produción aproveitando optimamente os recursos.

-Determínanse as necesidades de documentación e de información, os materiais, os útiles, os instrumentos e os dispositivos de medida, así como o material auxiliar.

-A programación ten en conta, de ser o caso:

-Tempos de proceso, suplemento por continxencias, e tempo e momento do mantemento.

-Secuencia, sincronismo e simultaneidade das operacións e dos puntos críticos.

-Situación operativa dos medios de produción e dos recursos humanos, cunha eficiente e rendible distribución e/ou asignación dos recursos.

-Existencias e características do aprovisionamento, con previsión dos prazos de entrega dos produtos.

* 1.3. Aplicar as normas de correcta fabricación no seu traballo de organización e programación.

-Aplícase o coñecemento das normas de correcta fabricación (GMP) na elaboración dos procedementos normalizados de operación (SOP) sobre recepción, manipulación, mostraxe, almacenaxe, identificación, etc.

* 1.4. Xestionar a documentación e o rexistro de datos, e elaborar informes técnicos por solicitude do seu superior.

-Contrólase que os rexistros de datos se manteñan correctamente actualizados e conservados nos soportes de rexistro establecidos.

-Consérvanse os rexistros de datos con sistemas de doado acceso e procura da información.

-Elabóranse, trátanse, procésanse, relaciónanse e/ou sérianse os datos de acordo coas necesidades do informe requirido.

-Organízase a documentación necesaria para a realización das actividades do seu ámbito e o cumprimento da normativa vixente.

* 1.5. Relacionarse con outros departamentos da empresa segundo as necesidades e dar soporte técnico a vendas, por solicitude do cliente.

-Mantéñense relacións, no desenvolvemento do traballo de organización, cos demais departamentos da empresa a niveis análogos de responsabilidade, nomeadamente coas áreas, a unidade de control de calidade, a de seguridade e a de mantemento.

-Particípase en reunións e procesos de coordinación interdepartamentais, particularmente na investigación de accidentes e incidentes.

-Particípase, cando se requira, en equipos de traballo interdepartamentais para o desenvolvemento de proxectos ou a implantación de innovacións.

-Particípase, cando se requira, en proxectos ou actividades para levar a cabo con outras empresas ou entidades da Administración pública.

-Colabórase co departamento de vendas, tanto na asistencia técnica á clientela (análise do comportamento dos produtos, adestramento no uso de produtos, etc.), como nas accións de márketing (demostracións e aclaracións técnicas).

Dominio profesional

Medios de produción.

* Equipamentos informáticos. Simuladores e equipamentos de adestramento, medios audiovisuais e paneis de información.

Materiais e produtos intermedios.

* Plans de produción. Documentación de partida para ser clasificada ou utilizada: rexistros de produción, rexistros de ensaio e análise, manuais de normas, manuais técnicos e catálogos de produtos químicos.

Produtos e resultados do traballo.

* Instrucións e procedementos de operación e/ou control de equipamentos e instalacións. Descricións de tarefas. Tarifas de tempos. Plan de tomas de mostras e datos de calidade. Programa de produción: necesidades de información, materiais, instrumentación, útiles e material auxiliar. Documentación de control de produción clasificada e actualizada. Informes, que poden incluír cálculos e gráficos.

Procesos, métodos e procedementos establecidos.

* Proceso continuo ou descontinuo de produción química industrial. Métodos de programación. Métodos de elaboración de informes. Métodos de clasificación e arquivo de documentación.

Información.

* Normas derivadas do convenio colectivo e outras regulamentacións laborais. Normas de correcta fabricación (GMP). Instrucións de operación de planta, manuais de operacións básicas, manuais de control, manuais de equipamentos específicos. Diagrama de proceso produtivo. Organigrama da empresa. Plans de produción.

Persoal e organizacións destinatarias.

* Produción. Departamento de mantemento. Departamento de enxeñaría. Servizos técnicos.

2.5.2. Unidade de competencia 2: supervisar o estado de equipamentos e instalacións, e as operacións auxiliares para o proceso.

Realizacións e criterios de realización.

* 2.1. Coidar o bo funcionamento e o bo estado dos equipamentos e das instalacións dos servizos auxiliares do proceso.

-Compróbase o bo estado de orde e limpeza das áreas das que se sexa responsable.

-Verifícanse as informacións de anomalías no funcionamento dos equipamentos existentes nas áreas das que se sexa responsable.

-Mantense o rexistro de datos sobre o estado dos equipamentos da área da que se sexa responsable.

* 2.2. Xerar as ordes de traballo para reparación de avarías detectadas e comprobar o bo funcionamento posterior.

-Emítense as ordes de traballo necesarias para corrixir o funcionamento defectuoso dos equipamentos.

-Determínase a urxencia de realización dos traballos, en función da súa repercusión sobre a produción.

-Especifícanse na orde as anomalías dos equipamentos e faise unha primeira avaliación da anomalía.

-Danse as instrucións oportunas de preparación da área e dos equipamentos para que se poidan realizar os traballos de mantemento.

-Establécense as medidas de prevención e protección para que os traballos de mantemento se realicen en condicións de seguridade.

-Unha vez finalizados os traballos de mantemento, compróbase o funcionamento do equipamento e dáse a conformidade cando a comprobación achegue resultados positivos.

* 2.3. Supervisar ou realizar operacións básicas de transporte e distribución de materias sólidas e fluídas.

-Transmítense instrucións escritas para a realización de operacións de transporte e distribución de materias sólidas e fluídas.

-Compróbase que as materias transportadas se establezan:

-Polos programas de fabricación, recepción e expedicións.

-Nas cantidades determinadas e desde a orixe ao destino establecidos.

-Polos medios e a través dos circuítos establecidos.

-Compróbase a correcta preparación e utilización dos equipamentos de transporte e dos circuítos.

-Compróbase que se realice o transporte cos caudais e aos ritmos establecidos nos programas.

-Cando xurdan situacións imprevistas, tómanse as medidas necesarias para levar a bo termo a operación e comunícanselles aos superiores.

-Rexístranse as anomalías de funcionamento dos equipamentos de transporte para establecer as súas necesidades de mantemento.

* 2.4. Supervisar ou realizar as operacións para a xeración e transmisión de calor, segundo o diagrama de fluxo de enerxía do proceso.

-Supervísanse as operacións previas á posta en servizo dos equipamentos de xeración e transmisión de calor, e colabórase nelas.

-Establécese a sincronía das operacións co resto dos equipos da área da que se sexa responsable.

-Durante todo o tempo de operación, contrólase que os equipamentos manteñan os niveis de temperatura e intercambio de calor necesarios para o mantemento do proceso dentro dos parámetros especificados.

-Contrólase que nas operacións de deixar fóra de servizo os equipamentos de xeración e intercambio de calor non se altere o proceso máis aló do establecido e, de ser necesario, sincronízase a posta fóra de servizo co conxunto do proceso.

-Cando xurdan situacións imprevistas, tómanse as medidas necesarias para levar a bo termo a operación e comunícanselles aos superiores.

-Rexístranse as anomalías de funcionamento nos equipamentos para establecer as súas necesidades de mantemento.

* 2.5. Supervisar ou realizar operacións en caldeiras de vapor segundo normas establecidas.

-Contrólanse as operacións de posta en marcha e particípase nelas, de modo que a caldeira alcance

as condicións de funcionamento necesarias para o proceso e a súa entrada en servizo non altere o proceso.

-Contrólase que as caldeiras estean en todo momento nas condicións de presión requiridas polo proceso, e danse as instrucións necesarias para restablecer as súas condicións cando estas varíen.

-Contrólase que a parada das caldeiras se produza de acordo coa secuencia de operacións establecida, sen introducir alteracións no proceso de fabricación.

-Cando xurdan situacións imprevistas, tómanse as medidas necesarias para levar a bo termo a operación e comunícanselles aos superiores.

-Rexístranse as anomalías de funcionamento das caldeiras para establecer as súas necesidades de mantemento.

* 2.6. Supervisar ou realizar operacións de acondicionamento de aire e outros gases inertes para o proceso, nas condicións requiridas.

-Contrólanse as operacións de posta en marcha e particípase nelas, de modo que os equipamentos de acondicionamento alcancen as condicións de funcionamento necesarias para o proceso e a súa entrada en servizo non altere o proceso.

-Contrólase que os equipamentos de acondicionamento estean en todo momento nas condicións de presión, temperatura e humidade requiridas polo proceso, e danse as instrucións necesarias para restablecer as súas condicións, cando estas varíen.

-Contrólase que a parada dos equipamentos de acondicionamento se produza de acordo coa secuencia de operacións establecida, de xeito sincronizado e sen introducir alteracións non desexables no proceso de fabricación.

-Cando xurdan situacións imprevistas, tómanse as medidas necesarias para levar a bo termo a operación e comunícanselles aos superiores.

-Rexístranse as anomalías de funcionamento para establecer as necesidades de mantemento.

Dominio profesional

Medios de produción.

* Entubados, bombas e válvulas. Equipamentos de xeración de calor. Caldeiras de vapor. Equipamentos de xeración de frío. Intercambiadores de calor. Útiles e ferramentas de mantemento de uso. Instrumentos de medida e elementos de control dos equipamentos. Equipamento de tratamento de auga para caldeiras de vapor. Equipamentos de transporte de sólidos (mecánicos e leito fluído) e fluídos (pneumático).

Materiais e produtos intermedios.

* Combustibles (gasosos e líquidos), gases inertes e axentes deshidratantes. Produtos de engraxe e limpeza.

Produtos ou resultados do traballo.

* Instalacións e equipamentos auxiliares de proceso en condicións de servizo e subministracións de calor, frío, vapor de auga e aire en condicións de proceso.

Procesos, métodos e procedementos.

* Procesos químicos, normas de correcta fabricación, definición de procedementos de operación. Métodos de autoverificación de instrumentos. Métodos de comparación con outro instrumento.

Información.

* Ordes de traballo. Históricos de máquinas. Manuais de equipamentos. Permisos de traballo. Diagrama de proceso. Diagramas de fluxo de enerxía. Regulamento de caldeiras de vapor. Análises de causa e efecto. Plan de engraxe rutineiro. Recomendacións de entretemento en manuais de máquinas. Programación de paradas.

Persoal e organizacións destinatarias.

* Persoal a cargo. Departamento de mantemento. Departamento de produción.

2.5.3. Unidade de competencia 3: coordinar a produción e o control do proceso químico industrial.

Realizacións e criterios de realización.

* 3.1. Interpretar e aplicar os procedementos ou as instrucións de operación e control de proceso continuo ou descontinuo segundo diagrama de fluxo de materia e enerxía, para obter os produtos especificados coa calidade e na cantidade requiridas.

-Danse a coñecer as operacións, así como a súa secuencia e os criterios para a súa realización, necesarias para a posta en marcha, a operación e a parada das unidades de proceso químico, así como as variables de control durante el.

-Adáptanse as instrucións aos plans de produción, ás especificacións dos produtos, ao réxime e ás condicións dos equipamentos, así como ao tempo de realización.

-Compróbase que as instrucións se comprendan e estean claras e, en caso necesario, compróbase a súa posta en práctica.

* 3.2. Informar e formar de maneira específica e continua o persoal a cargo, de acordo coas necesidades de traballo.

-Colabórase na definición das necesidades de formación do persoal a cargo, en caso de implantación de novos equipamentos, instrumentos ou procesos.

-Particípase na formación práctica do persoal de nova incorporación.

-Durante a execución do traballo, mantense unha actitude de permanente axuda á mellora da formación e á adquisición de experiencia do persoal a cargo.

-Particípase en accións formativas teórico-prácticas do persoal.

-Verifícase que o persoal a cargo comprenda as normas de correcta fabricación nas operacións que se lle encomenden.

* 3.3. Coordinar e organizar a actuación do persoal a cargo, e os traballos que se realicen na área da que se sexa responsable.

-Dánselle as instrucións precisas, no momento oportuno, a cada un dos traballadores a cargo para alcanzar os obxectivos do plan de produción que se lle asignaran.

-Coordínanse en todo momento as actuacións de cada un dos traballadores a cargo coas dos demais, de modo que as operacións se realicen coa secuencia necesaria nos tempos requiridos.

-Encoméndanselle traballos ao persoal que se teña a cargo, de acordo cos seus coñecementos e as súas aptitudes.

-Vixíase o cumprimento das normas na propia unidade de produción.

* 3.4. Supervisar ou realizar a preparación de mesturas e disolucións en condicións de proceso.

-Danse instrucións concretas para a realización de operacións de mestura e disolución.

-Supervísanse ou realízanse os cálculos necesarios para a preparación da mestura ou da disolución.

-Compróbase que a mestura ou disolución alcance as cantidades e as concentracións ou composicións establecidas polos programas de fabricación, cos equipamentos e nos tempos establecidos nas instrucións.

-Compróbase que a mestura ou disolución quede preparada no momento requirido pola fabricación.

-Compróbase a correcta preparación e utilización dos equipamentos de mestura ou disolución.

-De xurdir situacións imprevistas, tómanse as medidas necesarias para levar a bo termo a operación e comunícanselles aos superiores.

-Rexístranse as anomalías de funcionamento dos equipamentos de mestura ou disolución para establecer as súas necesidades de mantemento.

* 3.5. Supervisar ou realizar a obtención de compoñentes sólidos e fluídos dunha mestura mediante operacións de separación mecánica ou difusional.

-Danse instrucións concretas para a realización de operacións de separación.

-Compróbase que o sistema e os equipamentos de separación seleccionados sexan os adecuados e se correspondan coas instrucións.

-Supervísase a posta en marcha dos equipamentos de separación, de modo que esta se realice coa secuencia establecida e estea sincronizada co resto de procesos que interveñen na fabricación.

-Supervísase o control da operación, de maneira que se manteñan en especificacións as cantidades e as calidades dos produtos separados.

-Supervísase a parada dos equipamentos e a secuencia de operacións establecida.

-De xurdir situacións imprevistas, tómanse as medidas necesarias para levar a bo termo a operación e comunícanselles aos superiores.

-Rexístranse as anomalías de funcionamento dos equipamentos de separación para establecer as súas necesidades de mantemento.

* 3.6. Supervisar ou realizar a obtención de produtos químicos prescritos mediante reaccións químicas de proceso.

-Danse instrucións concretas para a realización de operacións de reacción química.

-Supervísase a posta en marcha dos equipamentos de reacción para comprobar que esta se realice coa secuencia establecida e estea sincronizada co resto de procesos que interveñen na fabricación.

-Supervísase o control da operación de maneira que se manteñan as variables do proceso nos rangos especificados.

-Supervísase a parada dos equipamentos e a secuencia de operacións establecida.

-De xurdir situacións imprevistas, tómanse as medidas necesarias para levar a bo termo a operación e comunícanselles aos superiores.

-Rexístranse as anomalías de funcionamento dos equipamentos de reacción para establecer as súas necesidades de mantemento.

* 3.7. Alcanzar e manter o réxime de operación mediante instrumentos de control.

-Durante as operacións de posta en marcha e parada compróbase que:

-De existiren, os sistemas de control secuencial (PLC) funcionen correctamente.

-Os puntos de consigna subministrados aos sistemas de control sexan os correctos para que a secuencia das operacións sexa a establecida.

-Durante o réxime normal de operación, compróbase que os puntos de consigna subministrados sexan os correctos para o cumprimento dos plans de produción.

-En caso de alteración do proceso, compróbase esta e danse instrucións para que a corrección dos puntos de consigna sexa a adecuada para restablecer os valores especificados das variables, e notifícanse as situacións imprevistas.

-Compróbase que as actuacións sobre elementos non integrados nos sistemas de control sexan as correspondentes ás instrucións dadas.

-Detéctanse e rexístranse as situacións de mal funcionamento dos instrumentos de control para establecer as súas necesidades de mantemento.

* 3.8. Supervisar ou realizar correctamente medidas das variables cos instrumentos adecuados.

-Compróbase que as medicións das variables do proceso se realicen cos medios e cos programas establecidos.

-Compróbase que as medicións obtidas se correspondan coa situación do proceso.

-De xurdir discrepancias, contrástanse e valídanse os datos finais e, de ser o caso, rexístrase o mal funcionamento dos instrumentos de medida para establecer as súas necesidades de mantemento.

* 3.9. Controlar ou supervisar o estado das variables do proceso e as súas modificacións.

-Compróbase que as variables do proceso se manteñan dentro dos rangos establecidos, e que con iso se alcanzan os obxectivos de fabricación en calidade e en cantidade.

-Supervísase que as perdas no proceso sexan as mínimas e, cando ocorran, adóptanse as medidas correctoras adecuadas.

-Supervísanse os procedementos de control da produción e o cumprimento dos programas establecidos:

-Tómanse os datos do proceso establecido de acordo coas rutinas.

-Adóptanse tomas de datos extraordinarias cando a situación do proceso o aconselle.

-Tómanse as mostras necesarias para o control de calidade de acordo coas rutinas.

-Tómanse mostras extraordinarias cando a situación del proceso o aconselle.

-Valídanse permanentemente tanto os datos recollidos nas unidades como os resultados do control de calidade.

-De se presentaren situacións imprevistas, tómanse as medidas correctoras necesarias para restablecer a normalidade do proceso e reducir as perdas de produción.

-Rexístrase o comportamento dos equipamentos e dos instrumentos co fin de establecer as súas necesidades de mantemento.

* 3.10. Procesar e avaliar a información de produción e control de proceso.

-Compróbase que o rexistro de datos realizado polo persoal a cargo sexa correcto e que se validen os datos obtidos.

-Danse instrucións para realizar tomas de datos cando os sistemas automáticos non funcionen correctamente.

-Intégranse os datos de toda a área da que se sexa responsable, elabóranse e relaciónanse de acordo con procedementos establecidos e, de ser necesario, comunícanse os resultados.

-Elabóranse, relaciónanse ou sérianse os datos encomendados en momentos puntuais polos superiores, e transmítenselles coas avaliacións oportunas para a súa mellor comprensión e o óptimo diagnóstico de causas.

* 3.11. Coordinarse co relevo eficazmente.

-Reflíctese con exactitude e no soporte establecido o estado dos equipamentos, do proceso e dos procesos en curso.

-Coméntanselle e acláranselle as posibles dúbidas á persoa que substitúa no posto de traballo, de xeito que o cambio non supoña, en modo ningún, un factor de perturbación da actividade produtiva.

-Non se abandona o traballo ata que o substituto estea en condicións de responsabilizarse del.

Dominio profesional

Medios de produción.

* Equipamentos de separación mecánica: cribos, separadores magnéticos e electroforéticos, sedimentadores, centrífugas e filtros. Equipamentos de separación difusional: extractores, aparellos de adsorción, intercambiadores iónicos, torres de absorción, cristalizadores, destiladores e rectificadores, evaporadores, secadores, humidificadores, luciadores e liofilizadores. Equipamentos de desintegración, mestura e disolución: quebrantadores, trituradores, muíños, aglomeradores, mesturadores, fluidificadores, dispersores, espumadores, emulsificadores e axitadores. Equipamentos de produción de presión e de baleiro: bombas, compresores e exectores de baleiro. Reactores e cubas electrolíticas. Instrumentación e sistemas de regulación de equipamentos. Libro de relevos.

Medios de control.

* Instrumentos de medida: manómetro, termómetro, pHmetro, higrómetro, viscosímetro, densímetro e analizadores en liña. Elementos de regulación: válvulas, bombas e compresores. Lazos de control con sensor, actuadores, transmisor e controlador. Panel de control e control lóxico programable.

Materiais e produtos intermedios.

* Materias primas de orixe natural ou sintéticas. Instrucións sobre o valor das variables para manter no proceso. Datos sobre calidade da materia en curso.

Produtos e resultados do traballo.

* Produtos químicos naturais e sintéticos. Instrucións de traballo. Proceso controlado e seguro. Follas de rexistro e cartas de control. Informes técnicos con datos, gráficos ou estatísticas.

Procesos, métodos e procedementos.

* Diversos procesos químicos mediante secuencia de operacións básicas. Métodos escritos de operación. Métodos de axuste e sistema de medida e control.

Información.

* Diagramas de procesos e semigráficos. Planos e esquemas de planta e elementos de proceso. Instrucións escritas ou verbais de operación. Condicións de operación. Normas de correcta fabricación (GMP). Procedementos normalizados de operación. Diagrama de fluxo de materia e enerxía. Guía de

fabricación e orde de traballo. Sistemas de rexistro manual ou electrónico de datos.

Persoal e organizacións destinatarias.

* Sistemas de almacenaxe, liña de envasado e outra industria química como cliente. Persoal a cargo ou de nivel de cualificación superior. Departamento de control de calidade. Departamento de mantemento.

2.5.4. Unidade de competencia 4: garantir a calidade de produtos en proceso químico.

Realizacións e criterios de realización

* 4.1. Interpretar o plan de calidade e controlar o seu cumprimento.

-Identifícanse todos os elementos do sistema de calidade da empresa.

-Identifícanse as intervencións que lle son propias a este técnico nas fases do proceso de control de calidade: calidade de provedores, recepción, calidade de proceso, calidade de produto e calidade no cliente e no servizo.

* 4.2. Intervir en modificacións ou eliminación de materias de entrada ou saída que non cumpran a calidade prescrita.

-Supervísanse as operacións de recepción de materias primas e expedición de produtos, así como do material de acondicionamento, e compróbase que estas se realicen de acordo coa normativa interna e que as materias se preparen e se identifiquen adecuadamente.

-Corríxense os erros cometidos na operación e danse instrucións para evitar a súa repetición.

-Infórmase de calquera imprevisto que se produza e das solucións adoptadas para o reparar.

* 4.3. Establecer a orde e as condicións de almacenaxe de materias primas, produtos e material de acondicionamento.

-A partir dos planos e dos esquemas do sistema de almacenaxe, establécese a orde dos produtos atendendo ás súas necesidades, canto a condicións de seguridade da almacenaxe.

-Establécense os mecanismos de control das variables (presión, temperatura, humidade, luz, etc.) que permitan manter a calidade e a seguridade dos produtos e do contorno.

-Contrólase o fluxo dos materiais no almacén con criterios de eficacia en tempo e uso de equipamentos de transporte de materiais.

-Establécese o sistema de etiquetaxe ou marcaxe dos produtos, así como o seu rexistro, de forma que permita coñecer en cada instante as existencias e a dispoñibilidade de uso de cada material.

* 4.4. Definir as condicións para a toma de mostras e comprobar a súa correcta realización.

-Compróbase que a mostra se tome de acordo con normas instrumentais e estatísticas establecidas en función da materia prima de que se trate e dos ensaios que sobre ela se vaian realizar.

-Compróbase que a mostra se identifique debidamente e se envíe a control de calidade.

-De ser necesario, realízanse persoalmente as operacións.

* 4.5. Controlar que a produción manteña os niveis de calidade especificados no proceso.

-Compróbase que se siga e se realice correctamente o plan de toma de mostras da produción e o seu envío ao laboratorio, e que se realicen os ensaios rutineiros.

-Valídanse os resultados e defínense as medidas correctoras do proceso cando se desvíen dos valores especificados.

-Ordénanse tomas de mostras extraordinarias cando concorran circunstancias anormais no proceso, de maneira especial nos momentos de posta en marcha e parada de procesos continuos.

-Realízanse os ensaios e as análises en proceso cando as circunstancias de risco ou posta a punto do produto o requiran.

* 4.6. Obter produtos acondicionados coa calidade prescrita.

-Compróbase que as operacións de enchido, envasado e acondicionamento de produtos se realicen de acordo coas especificacións do produto.

-Tómanse as medidas necesarias para que os produtos queden correctamente etiquetados e dispostos para a súa almacenaxe e a súa expedición.

* 4.7. Compilar datos de calidade en proceso e en laboratorio e, consonte os requisitos, emitir informes da calidade dos produtos.

-Compróbase que se tomen e se rexistren todos os datos correspondentes á recepción, á almacenaxe, ao envasado, á mostraxe e aos ensaios nos soportes e cos procedementos e os códigos establecidos.

-Valídanse os datos obtidos e o seu rexistro, e obtéñense os datos analíticos de control de calidade necesarios, dos que se seleccionan aqueles datos que influíran no control do proceso e do produto.

-Ordénanse, sérianse e elabóranse os datos para posteriores informes na forma en que se requira.

-Compróbanse as discrepancias dos datos con resultados esperados, adóptanse as medidas oportunas e xéranse as informacións necesarias para evitar a súa repetición.

Dominio profesional

Medios de produción.

* Sistemas de transporte: cintas transportadoras de sólidos e conducións de fluído, etc. Sistemas de almacenaxe: cisternas, tanques e almacéns. Equipamentos e instrumentos de medida e ensaio: balanza, caudalímetro, sonda, densímetro, viscosímetro, manómetro, condutímetro, pHmetro, termómetro, calorímetro e analizador automático. Instrumental de toma de mostras. Liñas de envasado: dosificadores, enchedores, envasadores e empacadores. Sistema informático de rexistro.

Materiais e produtos intermedios.

* Materias primas químicas, produtos químicos, mostras e material de acondicionamento.

Produtos e resultados do traballo.

* Produtos químicos envasados, rexistrados e almacenados. Mostras. Resultados de ensaios.

Procesos, métodos e procedementos.

* Normas de correcta fabricación, métodos de mostraxe e procedementos normalizados de operación. Normas de seguridade de almacenaxe de produtos químicos. Métodos de ensaio e análise de produtos químicos en proceso e de produto final.

Información.

* Esquemas e sinalizacións de almacén, marcaxe de lotes de fabricación e etiquetaxe de produtos. Aplicacións químicas de rexistro informático. Resultados de análises e ensaios realizados polo departamento de control de calidade.

Persoal e organizacións destinatarias.

* Persoal a cargo, departamento de control de calidade, departamento de compras (provedores) e departamento de vendas (clientes).

2.5.5. Unidade de competencia 5: cumprir e facer cumprir as normas de correcta fabricación, de seguridade e ambientais de proceso químico.

Realizacións e criterios de realización

* 5.1. Aplicar as principais medidas de seguridade na área da que se sexa responsable.

-Nos procedementos de operación, descríbese o equipamento de protección individual que se deba usar en cada caso.

-Compróbase que as operacións dos equipamentos, o proceso e os traballos na área da que se sexa responsable se leven a cabo cumprindo en todo momento as normas de seguridade e ambientais de traballo.

-Propóñense medidas de detección, prevención e protección en relación cos equipamentos, o proceso e o risco químico que reduzan o nivel de risco existente na área da que se sexa responsable.

-Danse instrucións para corrixir as situacións de incumprimento das normas, e paralízanse os traballos que non se sometan a elas, ademais de notificar os incumprimentos aos seus superiores e/ou aos servizos de seguridade.

-As instrucións impartidas ao persoal a cargo teñen en conta e cumpren as normas de seguridade e ambientais, e motivan a adopción de formas de traballo que contribúan á redución dos riscos.

* 5.2. Controlar a actividade en áreas con riscos especiais e definir as condicións e os requisitos para a execución de traballos de mantemento, de acordo coas normas de seguridade establecidas.

-Compróbase que os traballos que se leven a cabo en áreas especiais respecten as normas internas e

os regulamentos existentes canto ás proteccións, os equipamentos e as ferramentas que se empreguen.

-Compróbase que os elementos modificados polo traballo sigan a cumprir as normas.

-Paralízanse os traballos cando a súa execución supoña un incumprimento da normativa.

-Emítese o permiso de traballo para a realización de traballos en áreas de risco, no que se estableza:

-Estado en que se deban atopar os equipamentos para a realización dos traballos.

-Análises ambientais que se deban realizar previamente á execución dos traballos.

-Elementos de protección e auxiliares para empregar.

-Condicións de seguridade en que se deban realizar.

-Consúltanse ao departamento de seguridade ou aos seus superiores os requisitos que se deban incluír no permiso de traballo, cando se trate de traballos non habituais ou en condicións excepcionais que afecten a outras áreas alleas á propia responsabilidade.

* 5.3. Verificar o respecto ás medidas de protección ambiental relacionadas co proceso produtivo.

-Obtense información sobre as normas relativas ás medidas de protección ambiental, xa sexan leis ou xa regulamentos, directivas ou normas internas.

-Vixíanse os principais puntos do equipamento de produción ou de depuración que afecten ao medio.

-Redúcese a cantidade de efluentes e residuos xerados na área da que se sexa responsable.

-Vixíase e, de ser o caso, analízase o fluxo de auga eliminado do proceso.

-Vixíase e, de ser o caso, analízase o aire que flúa do proceso.

-Mantense un control permanente da calidade e do volume dos efluentes e dos residuos producidos.

-Notifícanse as situacións anormais que se produzan, e actúase para recuperar a normalidade.

* 5.4. Coordinar a actividade de resposta a situacións de emerxencia.

-Faise unha avaliación inicial urxente dos riscos que pode supor para as persoas, as instalacións e o proceso produtivo a situación de emerxencia producida.

-Cando sexa posible, comunícaselles aos superiores a situación de emerxencia, actúase consonte as súas instrucións e danse, á súa vez, instrucións concretas ao persoal que se atope na área de traballo para executar as recibidas.

-Tómanse decisións respecto á parada de equipamentos e modificacións das condicións de fabricación cando a súa urxencia o requira, e dánselle as instrucións necesarias ao persoal a cargo para as levar a cabo.

-Adóptanse as medidas previstas no plan de emerxencia e, ao entrar en funcionamento, intégrase na súa organización.

Dominio profesional

Medios de detección e protección.

* Equipamento de protección individual: lentes, máscara, luvas, roupa estéril, etc. Dispositivos de protección e detección de fuga de gas, lavaollos, detección de lume, termómetros, manómetros, detectores de ruído, detectores de radiacións, alarmas, etc. Sistemas de seguridade de máquinas e dos equipamentos de transporte. Detectores portátiles de seguridade: termómetros, manómetros, detectores de radiación, de ruído, de gas específico, etc. Dispositivos de urxencia para primeiros auxilios ou resposta a emerxencia. Equipamentos de emerxencia fixos e móbiles. Escadas de incendios, extintores, mangas, iluminación de emerxencia e sinalización de perigo. Detectores ambientais: mostreadores de aire, de auga, pHmetro, termómetros, etc. Equipamentos de análise física, química e bacteriolóxica da auga. Equipamentos de análise de aire. Planta de tratamento de afluentes e efluentes.

Materiais e produtos intermedios.

* Mostras de auga de proceso e produtos para o seu tratamento. Mostras de aire. Produtos químicos que deben ser tratados para a súa eliminación.

Produtos e resultados do traballo.

* Efluentes en condicións de eliminación ou residuos para tratamento exterior. Plan de emerxencia interior e seguridade no proceso.

Procesos, métodos e procedementos.

* Procesos de depuración e tratamento de afluentes e efluentes. Técnicas de prevención e métodos de ataque á emerxencia. Métodos de neutralización de produtos corrosivos e tóxicos. Procedementos de inertización.

Información.

* Normas de seguridade e de protección ambiental. Procedementos escritos normalizados sobre seguridade, normas de correcta fabricación (GMP) e protección ambiental. Manuais de uso dos equipamentos de protección individual. Manual de uso dos equipamentos de prevención e ataque á emerxencia. Normas de manipulación de produtos químicos.

Persoal e organizacións destinatarias.

* Persoal a cargo. Departamento de mantemento. Departamento de control de calidade.

2.6. Evolución da competencia profesional

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

* Maior grao de automatización dos procesos.

As novas instalacións serán deseñadas cun maior grao de automatización e nas existentes irase incrementando. Hanse xeneralizar os sistemas de control distribuído. Aplicaranse modelos matemáticos de

simulación e mellora nos sistemas de control en liña. Vaise incrementar a medición automática, integrada no sistema de control, mediante analizadores en liña e novas técnicas de medición. Ampliarase o uso de sistemas de control secuencial (CLP) e de telemando.

* Maior grao de integración da información.

Os novos sistemas de información soportados informaticamente integrarán o conxunto de datos necesarios para a xestión da empresa, desde os obtidos directamente dos sistemas de control e medida do proceso ata os datos contables e ratios de xestión, pasando polos de control de calidade, almacén, mantemento, etc.

* Maior flexibilidade entre os diversos postos de traballo e maior polivalencia de cada un deles.

Os traballadores serán intercambiables entre os postos dunha área de traballo, realizarán con maior autonomía a súa tarefa, reducindo o auxilio doutros departamentos, e incrementaranse as relacións, os proxectos e os traballos interdepartamentais con maior participación de todos os niveis dos departamentos involucrados.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais

A complexidade crecente dos sistemas de control ha obrigar á utilización de aplicacións informáticas que manexen modelos de simulación e mellora. A localización de analizadores en liña e de novos instrumentos de medida ha requirir maiores coñecementos analíticos para poder interpretar e validar as medicións.

Os novos sistemas de integración da información incrementarán as ditas actividades de validación de datos, así como as de elaboración de informes a partir deles.

A maior flexibilidade na organización do traballo fará medrar o peso das actividades de coordinación, asignación de tarefas e supervisión do persoal a cargo, que se realizarán con maior grao de autonomía.

2.6.3. Cambios na formación.

Hanse requirir maiores coñecementos de informática, para poder usar aplicacións de cálculo en que interveña un grande número de variables.

Requirirase un certo coñecemento xeral sobre técnicas de reconciliación e validación de datos.

Cumprirá un certo coñecemento sobre os novos sistemas de control, tanto da súa lóxica como dos seus elementos tecnolóxicos.

A maior autonomía no posto de traballo e a necesidade de ter criterios propios para interpretar as novas variables controladas van facer necesario un incremento cualitativo dos coñecementos de física e química analítica aplicados á industria.

Requiriranse tamén maiores coñecementos acerca das máquinas e dos equipamentos, así como dos parámetros que definen o seu funcionamento, para poder interpretar os seus datos que se integren nos sistemas de control.

2.7. Posición no proceso produtivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo

Esta figura ha exercer a súa actividade no sector químico, na área de produción. Os principais subsectores en que pode desenvolver a súa actividade son:

* Fabricación de produtos básicos: refino de petróleo, produtos químicos orgánicos de orixe petroquímica, gases industriais, produtos básicos de química inorgánica, produtos básicos de química orgánica, fertilizantes e compostos nitroxenados fertilizantes, primeiras materias plásticas, caucho sintético, pigmentos e fibras sintéticas.

* Fabricación de produtos químicos de mestura e transformación (non se inclúen transformados de plástico nin de caucho): pinturas, vernices, lacas e adhesivos; deterxentes, xabóns e artigos de limpeza; tintas de imprenta; material fotográfico sensible, etc.

* Outros sectores produtivos con instalacións en que se realicen operacións básicas químicas (depuración, metalurxia, etc.).

En xeral, a actividade desenvólvese en grandes e medianas empresas dedicadas á fabricación de produtos anteriores de carácter público ou privado.

O técnico superior en industrias de proceso químico participará nunha unidade de produción, coordinado por unha persoa de nivel de cualificación superior, de quen recibirá instrucións xerais e a quen informará. Hase responsabilizar de organizar o traballo dun grupo de técnicos de planta ao seu cargo, así como de supervisar o seu cumprimento.

Así mesmo, coopera en traballos que requiran coordinación de actividades, como mantemento ou control de calidade.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

Esta figura profesional localízase nomeadamente nas funcións e subfuncións de produción e organización, execución e control de proceso.

As técnicas e os coñecementos tecnolóxicos abranguen o campo da química industrial, teñen uns aspectos comúns e outros que poden diferenciarse segundo o tipo de subsector ao que se aplique o traballo.

* Técnicas e coñecementos tecnolóxicos comúns.

-Xestión química: organización de recursos humanos e de produción; elaboración de instrucións; rendemento e mellora da produción; lexislación química, de seguridade e de medio químico; responsabilidade na calidade.

-Proceso produtivo químico: operacións básicas comúns aos procesos; instalacións comúns; normas de correcta fabricación; control de proceso.

-Materias químicas: coñecementos xerais de características e propiedades dos produtos químicos; control de calidade de produtos químicos en proceso; reaccións químicas.

-Seguridade das persoas (cursos de seguridade e normas específicas), do contorno físico (instalacións e sistemas, orde e limpeza, protección en máquinas, protección persoal, protección contra incendios, protección de enerxía eléctrica, transporte e almacenaxe); contorno ambiente (toxicidade, temperatura, etc.) e protección ambiental (técnicas de depuración, cantidade e calidade de efluentes).

* Técnicas e coñecementos tecnolóxicos específicos dos subsectores.

-Química básica: control de proceso continuo; posta en marcha e parada do proceso; servizos xerais ou auxiliares.

-Química transformadora: control non automático do proceso; técnicas de mestura e transformación; envasado de produtos.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación profesional, enumérase de seguido un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

* Contramestre de sólidos; contramestre de líquidos; contramestre de produción; xefe de quenda; xefe de unidade; encargado xeral de produción; xefe ou coordinador de produción; xefe de almacén; inspector de procesos; encargado de proceso de reacción; contramestre de envasado; xefe de caldeiras; responsable de mesturadoras; contramestre ou encargado de transformación; adxunto de dirección de produción; encargado de recepción de materias primas; encargado de calidade.

Canto ás posibles especializacións, en función do contorno xeográfico industrial, poderá desenvolver a súa actividade en distintos subsectores, para o que ha precisar unha preparación específica e unha experiencia no posto de traballo concreto, derivadas fundamentalmente do tipo de proceso (continuo ou descontinuo), e das condicións e os tipos de control aplicados a cada caso.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Describir os principais procesos de produción e depuración química, con identificación das operacións básicas e auxiliares que os compoñen, os equipamentos e as instalacións, as substancias químicas que se transforman, así como os elementos e os sistemas de control que os regulan, relacionando as operacións do proceso coa transformación da materia.

* Xustificar a necesidade dos servizos auxiliares de proceso na industria química; describir o funcionamento das instalacións e dos equipamentos auxiliares, de transporte e de distribución de fluídos; calcular os balances de materia e de enerxía precisos, e relacionar as referidas necesidades dos servizos auxiliares coas condicións requiridas polas operacións de proceso.

* Utilizar correctamente a terminoloxía, a simboloxía e os aparellos propios da produción e do control de calidade de produtos químicos, así como os tratamentos estatísticos de datos e as aplicacións informáticas que cómpren para a interpretación e a avaliación de resultados.

* Interpretar ou realizar ensaios e análises de control de calidade de produtos químicos e relacionalos co control do proceso.

* Analizar os riscos propios da industria química derivados das características dos procesos produtivos e dos produtos que se transforman, en relación coa seguridade e coa protección ambiental, especialmente dos procesos químicos propios do contorno xeográfico industrial.

* Utilizar con autonomía as estratexias características do método científico, os procedementos e o saber facer propios do seu sector, para tomar decisións fronte a problemas concretos ou supostos prácticos, en función de informacións ou de datos coñecidos, así como valorar os resultados previsibles que da súa actuación puideran derivarse.

* Comprender o marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade industrial, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, así como os mecanismos de inserción laboral.

* Analizar, adaptar e, de ser o caso, xerar documentación técnica imprescindible na formación e no adestramento de profesionais a cargo.

* Seleccionar e valorar criticamente as fontes de información relacionada coa súa profesión, que permitan o desenvolvemento da capacidade de autoaprendizaxe e posibiliten a evolución e a adaptación da propia capacidade profesional aos cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

3.2.1. Módulo profesional 1: organización e xestión en industrias de procesos.

Asociado á unidade de competencia 1: organizar a produción química industrial.

3.2.1.1 Capacidades terminais elementais.

* Diferenciar proceso continuo e descontinuo, e identificar as súas características desde a perspectiva económica, o seu rendemento e o seu control da produción.

* Describir as principais técnicas e os equipamentos utilizados nos procesos produtivos de refino de petróleo, fabricación de papel, produción dun medicamento e tratamento de augas.

* Identificar reactivos, produtos, subprodutos, tipos de reacción química e os campos de aplicación dos produtos fabricados en función do plan de produción establecido.

* Identificar a misión, o funcionamento e as prestacións dos aparellos, dos equipamentos e dos ins

trumentos dunha instalación química, así como as súas características técnicas e funcionais, a partir de diagramas de fabricación.

* Determinar o réxime de operación, os parámetros de temperatura, presión, concentración e pH, así como os valores das variables dos procesos continuos e descontinuos preestablecidos.

* Establecer balances de materia sobre liñas de fabricación e cálculos de rendemento e economía do proceso químico industrial a partir dos datos das operacións.

* Establecer a documentación e a información sobre materiais, instrumentos, e dispositivos de control e seguridade que interveñen nun proceso químico industrial.

* Establecer os diagramas dos procedementos, das operacións de control e do mantemento que interveñen nun proceso químico industrial, a partir da información obtida.

* Elaborar, para una fase dada, os procedementos normalizados de operación, secuenciados e desagregados en instrucións de traballo, a partir do proceso químico e das normas de correcta fabricación.

* Establecer a distribución das operacións que se realicen, o aprovisionamento de existencias e o prazo de entrega dos produtos, en función das características de produción e lote.

* Establecer os tempos, a secuencia, o sincronismo e a simultaneidade, así como os puntos críticos das operacións que interveñen nun proceso químico industrial de fabricación ou depuración, en función do plan de produción da empresa.

* Determinar o tipo de mostra, o momento de tomala e os datos que cabe avaliar, para controlar a calidade do proceso químico industrial segundo normas preestablecidas.

* Determinar as accións de mantemento, a súa periodicidade e os tempos de intervención, a partir do plan de mantemento xeral preestablecido na empresa.

* Aplicar técnicas estatísticas e programas informáticos para o tratamento dos rexistros dos datos de produción e control subministrados polas áreas de produción e control.

* Relacionar as funcións e as relacións organizativas dunha industria química a partir de diagramas e organigramas.

* Describir as áreas funcionais dunha industria química de fabricación de papel, produción de medicamentos ou depuración de augas, así como a relación funcional entre as áreas.

* Organizar as canles de acceso e de uso da información relativa ao proceso e á súa seguridade en función dos datos subministrados no proceso.

3.2.1.2. Contidos (duración: 105 horas).

Contidos procedementais

Organización dos procesos químicos.

* Interpretación dos diagramas dun proceso químico de fabricación (refino de petróleo, fabricación de papel, química orgánica, química inorgánica, produción dun medicamento, etc.).

* Compilación da información gráfica de elementos, equipamentos e instalacións de fabricación e/ou depuración de produtos industriais.

* Identificación dos aparellos, equipamentos e dispositivos de control empregados no proceso químico.

* Identificación de reactivos, produtos, subprodutos e tipos de reaccións químicas.

* Identificación das etapas do proceso.

* Identificación dos parámetros característicos de cada etapa.

* Determinación e control dos valores dos parámetros.

* Cálculo dos balances de materia sobre as liñas principais de produción.

* Interpretación das normas de correcta fabricación.

* Identificación dos procedementos de traballo segundo normas de correcta fabricación.

* Descrición da información necesaria para cada lugar de traballo.

* Compilación dos tipos de rexistros para cada lugar de traballo.

* Elaboración dos procedementos normalizados de operación (SOP) de recepción, manipulación, mostraxe, almacenaxe, identificación, etc.

* Realización de esquemas dunha posible distribución en planta de instalacións e equipamentos para a fabricación dun produto químico.

* Interpretación de esquemas de distribución en planta de instalacións e equipamentos, segundo o tipo de proceso químico desenvolvido.

Sistemas e métodos de traballo.

* Comparación dos métodos de traballo que seguen distintas industrias químicas.

* Recollida de información sobre métodos de traballo para procesos químicos industriais.

* Aplicacións de técnicas de determinación do método óptimo de traballo.

* Determinación de tempos de execución de tarefas.

* Relación secuenciada das tarefas para desenvolver no proceso químico.

* Seguimento das tarefas en execución na planta química.

* Comparación entre o traballo programado e o traballo realizado.

* Interpretación das desviacións producidas.

* Determinación das accións para axustar a situación.

* Interpretación do plan e do momento da toma de mostras e datos de calidade, no proceso químico.

* Elaboración de follas de instrucións.

* Aplicación de métodos de avaliación da eficacia e da eficiencia dos métodos de traballo.

Planificación e control da produción continua e descontinua por lotes.

* Determinación das necesidades de documentación e de información, materiais, útiles, instrumentos e dispositivos de medida para establecer o programa de produción.

* Identificación dos produtos para fabricar e do seu tipo de produción.

* Determinación da secuencia nas actividades de produción, o seu sincronismo, a simultaneidade das operacións e os seus puntos críticos.

* Cálculo dos tempos de duración das operacións do proceso.

* Identificación dos recursos necesarios para a fabricación dun produto por lotes.

* Determinación do grao de operatividade dos medios de produción e dos recursos humanos.

* Identificación do transporte interno e do fluxo do material na fabricación dun produto por lotes.

* Asignación de recursos humanos e medios de produción, segundo normas de eficacia e rendibilidade.

* Determinación das existencias, así como dos tempos e das cantidades de aprovisionamento.

* Previsión dos prazos de entrega dos produtos.

* Colaboración cos departamento de vendas tanto na asistencia técnica a clientes como nas accións de márketing.

* Aplicación do plan de mostraxe para o control de calidade do proceso de produción.

* Aplicación do control automático aos procesos de fabricación dun produto por lotes.

* Aplicación de procedementos informáticos no rexistro de datos para o control de procesos e da produción.

* Procesamento dos datos sobre control de procesos e da produción, consonte o informe requirido.

* Actualización e conservación dos rexistros de datos nos soportes informáticos correspondentes.

* Organización da información sobre o control dos procesos e da produción con sistemas de fácil acceso e procura.

Estrutura organizativa e funcional da industria de procesos.

* Identificación das relacións que caracterizan una organización en xeral e daqueles propios dunha organización empresarial.

* Identificación das áreas de influencia das funcións que se desenvolven na empresa.

* Representación gráfica de organigramas.

* Análise dos puntos fortes e débiles de cada unha das estruturas organizativas.

* Aplicación dos sistemas de coordinación interdepartamentais (as áreas, a unidade de control de calidade, a de seguridade e a de mantemento).

Contidos conceptuais

Organización dos procesos químicos.

* Tipos de procesos e procesos tipo. Esquematización de procesos de fabricación.

* Análise de diagramas de procesos; simboloxía.

* Produtividade e rendemento dos procesos químicos.

* Técnicas de fabricación dos procesos de refino de petróleo, química orgánica, fabricación de medicamentos e fabricación de papel. Operacións básicas e operacións auxiliares nos procesos tipo.

* Documentación das normas de correcta fabricación sobre especificacións de materiais, fórmulas patrón, método patrón, instrucións de acondicionamento, protocolos de produción por lotes e procedementos normalizados de operación.

* Disposición en planta de instalacións e equipamentos.

Sistemas e métodos de traballo.

* Métodos de traballo.

* Mellora dos métodos.

* Estudo e organización do traballo.

* Tarefas e descrición dos lugares de traballo nas industrias químicas e de proceso.

* Follas de instrucións para a produción.

Planificación e control da produción continua e descontinua por lotes.

* Conceptos xerais sobre xestión de produción.

* Programación dunha produción por lotes; métodos.

* Métodos de promoción do produto.

* Control do progreso da produción.

* Aplicacións informáticas para o control de procesos e produción.

Estrutura organizativa e funcional da industria de procesos.

* Relacións funcionais do departamento de produción.

* Obxectivos e subfuncións da produción.

Contidos actitudinais

* Interese por desenvolver a iniciativa persoal, con mentalidade emprendedora e mantendo boas relacións co resto do equipo.

* Rigor e precisión nas medidas das variables do proceso, nos cálculos numéricos asociados a elas e na valoración dos resultados.

* Orde, método, pulcritude e dilixencia no traballo para evitar riscos e reducir residuos.

* Respecto e cumprimento das normas de correcta fabricación.

* Respecto polo uso de medidas e normas de seguridade para a protección da saúde e do medio.

* Interese pola mellora profesional, os avances tecnolóxicos e a asimilación de novos métodos de traballo.

* Hábito de participación e cooperación no traballo en equipo.

3.2.2. Módulo profesional 2: fluidodinámica e termotecnia en industrias de procesos.

Asociado á unidade de competencia 2: supervisar o estado de equipamentos e instalacións, e as operacións auxiliares para o proceso.

3.2.2.1. Capacidades terminais elementais.

* Analizar as características dos fluídos máis comúns da industria química, segundo o seu estado físico e as aplicacións para o proceso.

* Interpretar os réximes de circulación dun fluído perfecto e real.

* Aplicar o principio de continuidade e o teorema de Bernouilli en fluídos perfectos.

* Relacionar os parámetros de presión, temperatura, humidade, caudal, volume e velocidade de transporte coas leis que os rexen.

* Resolver exercicios numéricos relacionados coa fluidostática e a fluidodinámica.

* Diferenciar os tipos de transporte de líquidos segundo o principio, a función, a finalidade e as súas características físicas e químicas.

* Interpretar e representar graficamente a simboloxía de válvulas, unións de entubados e accesorios nunha suposta instalación de transporte de fluídos, coa información técnica obtida dos equipamentos de transporte e de impulsión.

* Analizar o sistema de transporte de líquidos por bombas e realizar a súa clasificación segundo o seu principio, a súa función e a súa finalidade.

* Seleccionar as bombas en función das características do fluído que impulsan, do tipo de condución, dos elementos construtivos e das curvas características das bombas, para lograr un óptimo réxime de funcionamento.

* Diferenciar sistemas de transporte de gases en circuítos ou redes de alta e baixa presión.

* Relacionar os ciclos de compresión de gases cos elementos construtivos dos compresores.

* Describir as técnicas de produción, transmisión e conservación da enerxía térmica requirida no proceso.

* Realizar cálculos de balance de materia e enerxía en cambiadores de calor.

* Interpretar a función dos elementos constitutivos de equipamentos de transmisión da calor, caldeiras e fornos, e os procedementos de operación, a partir de esquemas e de manuais de equipamentos reais.

* Xustificar a aplicación da transferencia de enerxía térmica aos procesos unitarios químicos industriais.

* Identificar as fontes de produción de calor, subliñar o fluxo de calor e recoñecer os equipamentos, o instrumental e os aparellos, nun diagrama de proceso en que se produza transferencia de enerxía.

* Relacionar as variables de presión, volume e temperatura dos gases coas leis que as rexen e os instrumentos que as miden.

* Explicar o proceso de acondicionamento do aire canto ao seu secado, a humidificación e a purificación, en relación coa súa aplicación nas operacións unitarias de proceso.

* Describir instalacións de tratamento, distribución e almacenaxe de aire e outros gases industriais.

* Relacionar os efectos do aire e outros fluídos nas instalacións de tratamento, distribución e almacenaxe, coas súas condicións de humidade, presión, temperatura e estado físico.

* Comprobar as posibles alteracións debidas á corrosión, fatiga, etc. dos materiais utilizados na construción das conducións e dos equipamentos.

* Comprobar a secuencia e o sincronismo das operacións de posta en marcha, parada e posta a punto dos equipamentos de xeración e distribución de fluídos e calor, segundo procedementos establecidos para operacións normais e de emerxencia.

* Identificar as posibles causas de avarías e disfuncións en bombas, válvulas e equipamentos e instalacións de transporte de fluídos, xeración e transmisión de calor.

* Aplicar as medidas correctoras para establecer as condicións de mantemento nos equipamentos e nas instalacións de xeración e transporte de fluídos e calor, ante situacións imprevistas.

* Controlar a secuencia e a prioridade dos traballos de mantemento dos equipamentos auxiliares e as medidas de protección e seguridade, segundo normas internas da empresa.

* Aplicar as técnicas de rexistro de datos sacados dos balances de materia e enerxía, así como do estado dos equipamentos e das instalacións dos servizos auxiliares, nos soportes adecuados.

* Propor solucións a un problema de disfunción dun circuíto de condución de fluídos, nun suposto práctico.

3.2.2.2. Contidos (duración: 105 horas).

Contidos procedementais

Mecánica de fluídos.

* Realización de esquemas dos aparellos de medida de temperatura, caudal e presión.

* Realización de medidas de temperatura, caudal e presión, así como de cambios de unidade destas medidas.

Sistemas de impulsión e transporte de fluídos.

* Interpretación das ordes escritas para a realización do transporte.

* Comprobación da cantidade, a orixe, o destino e o circuíto de transporte das materias transportadas, en función do programa de fabricación.

* Posta a punto e comprobación do funcionamento das instalacións e dos equipamentos de transporte de fluídos.

* Identificación das variables físicas e fisicoquímicas que interveñen no transporte de fluídos.

* Realización de cálculos de balance de materia e enerxía dos equipamentos e das instalacións auxiliares.

* Realización da secuencia e o sincronismo das operacións de posta en marcha e parada dos equipamentos e das instalacións.

* Comprobación de que o transporte se realice cos caudais ou ritmos establecidos no programa.

* Determinación de perdas de carga nas conducións debidas ao deseño e aos accesorios.

* Rexistro gráfico dos datos das operacións de transporte de fluídos e de acondicionamento de gases.

* Selección e preparación do soporte, os equipamentos e o sistema de representación.

* Control, verificación e presentación dos gráficos.

* Interpretación de resultados.

* Rexistro das anomalías de funcionamento dos equipamentos de transporte.

* Interpretación dos síntomas e identificación das causas das avarías.

* Determinación das medidas que deban tomarse ante situacións imprevistas.

* Desmontaxe, substitución ou reparación, e montaxe dos elementos avariados.

* Comprobación do estado final de parada de toda a instalación.

* Realización das operacións de conservación e mantemento dos equipamentos e das instalacións.

Produción e transferencia de enerxía térmica.

* Identificación do programa de produción de calor e vapor de auga, e de transmisión de calor.

* Selección dos elementos constitutivos dunha instalación de produción e distribución de calor e vapor da auga, segundo as condicións de operación.

* Identificación das variables físicas e fisicoquímicas que interveñen na produción de enerxía térmica, vapor de auga e transmisión de calor.

* Realización das operacións previas á posta en servizo dos equipamentos de xeración e transmisión de calor.

* Establecemento das condicións de presión, temperatura e humidade necesarias.

* Realización da secuencia e sincronismo das operacións de posta en marcha e parada dos equipamentos e das instalacións de produción de enerxía térmica e transmisión de calor.

* Realización de balances de materia e enerxía dos equipamentos e das instalacións auxiliares de produción e transmisión de calor.

* Rexistro de datos e interpretación de resultados.

* Identificación dos síntomas e causas máis frecuentes de disfuncións.

* Determinación das medidas para tomar ante situacións imprevistas.

* Rexistro das anomalías de funcionamento dos equipamentos.

* Determinación das secuencias e das prioridades dos traballos de mantemento en situacións ordinarias e imprevistas.

Aire e outros gases industriais.

* Supervisión das operacións de posta en marcha dos equipamentos de acondicionamento do aire e gases.

* Establecemento das condicións óptimas de presión, temperatura e humidade.

* Verificación da parada dos equipamentos de acondicionamento segundo a secuencia e o sincronismo de operacións establecidas.

* Seguimento sistemático e periódico das revisións das instalacións prescritas pola normativa.

* Recollida e rexistro dos datos obtidos.

* Determinación das medidas que se deban tomar ante situacións imprevistas.

* Rexistro das anomalías de funcionamento detectadas, para establecer as necesidades de mantemento.

Contidos conceptuais

Mecánica de fluídos.

* Estática de fluídos e as súas aplicacións. Medida industrial de variables: temperatura, caudal e presión.

* Dinámica de fluídos. Teorema de Bernouilli e as súas aplicacións. Perdas de carga.

Sistemas de impulsión e transporte de fluídos.

* Entubados, válvulas e accesorios: tipos, caracterización e normalización.

* Bombas: tipos, características e detalles construtivos. Operación e entretemento de bombas.

* Soprantes e compresores: tipos, características e elementos construtivos.

Produción e transferencia de enerxía térmica.

* Sistemas de produción de enerxía térmica. Combustibles fósiles e outras fontes de enerxía alternativas.

* Equipamentos de produción de enerxía térmica: caldeiras de vapor e fornos.

* Produción de vapor de auga: tipos de vapor e a súa aplicación en equipamentos industriais.

* Transmisión de calor. Cambiadores de calor: tipos e aplicacións.

* Produción de frío industrial: equipamentos.

* Normativa reguladora dos equipamentos de alta presión. Revisión periódica dos elementos constitutivos. Experiencias prácticas sobre produción e transferencia de enerxía térmica.

Aire e outros gases industriais.

* Tratamento, transporte e distribución do aire e outros gases industriais.

Contidos actitudinais

* Compromiso coa conservación e co mantemento das instalacións e dos equipamentos.

* Interese polo rexistro dos datos para asegurar un produto de calidade, facilitar o mantemento das instalacións e previr avarías.

* Rigor e precisión nas medidas das variables do proceso, nos cálculos numéricos asociados a elas e na valoración dos resultados.

* Interese pola mellora profesional, os avances tecnolóxicos e a asimilación de novos métodos de traballo.

* Orde, método, pulcritude e dilixencia no traballo, para evitar riscos e reducir residuos.

* Interese por desenvolver a iniciativa persoal, con mentalidade emprendedora e mantendo boas relacións co resto do equipo.

* Hábito de participación e cooperación no traballo en equipo.

* Respecto polo uso de medidas e normas de seguridade para a protección da saúde e do medio.

3.2.3. Módulo profesional 3: proceso químico.

Asociado á unidade de competencia 3: coordinar a produción e o control do proceso químico industrial

3.2.3.1. Capacidades terminais elementais.

* Interpretar as leis e os principios que rexen as operacións unitarias dun proceso químico, así como o seu diagrama de fluxo.

* Realizar esquemas de aparellos, de instalacións e de funcionamento de dispositivos propios da tecnoloxía química, utilizando as normas de representación.

* Aplicar os sistemas de representación gráfica como medio de comunicación da información de procesos, de produto e sobre seguridade na industria química.

* Interpretar instrucións e ordes de traballo referentes aos produtos, aos equipamentos, aos tempos e ás tomas de datos, segundo normas de fabricación.

* Interpretar diagramas de instrumentación de procesos químicos a partir dunha información de proceso real de produción.

* Describir os equipamentos de transporte de sólidos máis frecuentemente usados na industria química.

* Identificar os equipamentos de disgregación, criba e clasificación de sólidos que deben ser utilizados para a obtención de sólidos de tamaño de gran determinado.

* Clasificar os sólidos en grupos de acordo co tamaño do gran.

* Aplicar procedementos de disgregación e separación de sólidos.

* Analizar as características dos compoñentes da mestura, como o seu estado físico, a polaridade ou a natureza orgánica ou inorgánica, co fin de elixir unha técnica de separación eficaz.

* Relacionar os principios ligados ás técnicas de separación cos constituíntes dunha mestura, nunha operación de separación mecánica e/ou difusional.

* Realizar cálculos numéricos de balance de materia e/ou enerxía nun proceso de separación mecánica e/ou difusional.

* Describir os elementos construtivos dos equipamentos, identificando os instrumentos e os aparellos utilizados na separación e na purificación.

* Realizar manipulacións e aplicar técnicas co fin de separar os constituíntes dunha mestura, así como construír a montaxe, seleccionar o material, manipular aparellos e preparar as disolucións, as mesturas e os reactivos.

* Utilizar datos de táboas, curvas e gráficos para emitir hipóteses sobre a natureza dos compoñentes separados.

* Clasificar os tipos de reaccións químicas segundo a natureza da materia que interveña e os produtos que se obteñan.

* Identificar as variables que afectan á velocidade dunha reacción e ao desprazamento dun equilibrio nun proceso químico industrial, así como os posibles sistemas de control dunha reacción.

* Describir os tipos de reactores industriais, en atención á finalidade da reacción e aos elementos construtivos.

* Aplicar a electroquímica a procesos de fabricación e purificación de produtos químicos, utilizando a relación entre corrente eléctrica e procesos químicos.

* Aplicar balances de materia e enerxía a operacións de transformación da materia.

* Medir presión, temperatura e caudal en conducións, utilizando as escalas e os instrumentos axeitados.

* Elaborar esquemas de montaxe e de instalación de instrumentos de medida de presión, temperatura e caudal, tendo en conta a natureza do fluído e a disposición do entubado.

* Interpretar un lazo de control e descompolo nos seus elementos xustificando a función e a disposición de cada un, con uso da terminoloxía propia de instrumentación e control.

* Manipular controladores manuais e automáticos consonte as instrucións de funcionamento.

* Interpretar sistemas de control avanzado no deseño dunha planta química.

* Realizar, analizar e controlar operacións de separación mecánica e difusional de produtos químicos a escala de laboratorio, así como os resultados obtidos, e extraer conclusións sobre a súa aplicación ao proceso industrial.

* Realizar a toma de mostras ou de datos, e rexistralos segundo as normas de organización da empresa.

* Aplicar medidas correctoras en condicións anómalas de funcionamento e/ou necesidades de mantemento, segundo instrucións preestablecidas.

3.2.3.2. Contidos (duración: 265 horas).

Contidos procedementais

Proceso de produción ou depuración química industrial. Operacións unitarias.

* Identificación dos parámetros básicos: cantidade de substancia para tratar, método de aplicación, aparellos necesarios, secuencia de pasos, etc.

* Compilación de datos sobre os factores que poden afectar negativamente aos aparellos e ao proceso.

* Execución do método e realización de balances de masa ou enerxía, de ser preciso.

* Verificación das propiedades, tanto da materia prima como do produto obtido.

* Obtención e rexistro dos datos das operacións realizadas nos soportes adecuados.

* Emisión de informes e determinación do rendemento, de ser necesario.

Operacións con reacción química.

* Identificación das variables fisicoquímicas e das leis de equilibrio que interveñen nas reaccións químicas e electroquímicas.

* Realización de reaccións químicas e electrólises, e interpretación dos resultados.

* Realización de balances de materia e enerxía nas operacións de transformación química.

* Selección dos elementos constitutivos dunha instalación de transformación de materia en función das características das materias primas, dos produtos de reacción e do fluxo.

* Verificación do funcionamento dos elementos constitutivos dunha instalación de proceso químico e corrección de defectos nos elementos individuais.

Sistemas de regulación e control.

* Selección dos elementos dun sistema de instrumentación e control en función das características do proceso químico, operación mecánica e/ou difusional, equipamentos auxiliares e variables para controlar.

* Verificación do funcionamento dos elementos dun lazo de control e do control distribuído nas instalacións anteriores.

* Aplicación dos sistemas informáticos ao control distribuído.

* Posta a punto dos sistemas de control.

* Realización da secuencia e do sincronismo das operacións de posta en marcha e parada dos equipamentos e das instalacións.

* Comprobación do funcionamento correcto de toda a instalación e detección de avarías.

* Determinación da secuencia e da prioridade de traballos de mantemento en situacións ordinarias e imprevistas.

* Identificación das variables fisicoquímicas, as magnitudes e as unidades que interveñen nunha medida industrial.

* Cálculos de cambios de unidades entre varios sistemas de unidades.

* Calibraxe de instrumentos de medida.

* Montaxe e desmontaxe de aparellos de medida.

* Obtención de datos das operacións de medida e control.

* Selección do soporte e do sistema de representación, e rexistro dos datos.

Contidos conceptuais

Proceso de produción ou depuración química industrial. Operacións unitarias.

* Balances de materia e enerxía.

* Operacións de transporte, disgregación e tratamento de sólidos.

* Operacións de separación mecánica.

* Operacións de separación difusional.

* Operacións de mestura e transformación.

* Técnicas, equipamentos e instrumentos, principio físico e relación coas características da materia para procesar en cada operación.

Operacións con reacción química.

* Reaccións químicas: tipos. Cinética: factores que inflúen na velocidade da reacción.

* Reactores: tipos e características. Control das variables da reacción no reactor.

* Electroquímica: celas electrolíticas.

Sistemas de regulación e control.

* Métodos de control manual e automatizado.

* Elementos de estrutura dun sistema automatizado.

-Instrumentación. Medidas industriais.

-Elementos de regulación.

-Elementos de transmisión.

-Elementos comparadores e actuadores.

* Parámetros de regulación dun proceso.

* Control avanzado. Sistema de control distribuído. Aplicación da informática ao control de procesos. Programas de simulación a través de ordenador.

Contidos actitudinais

* Hábito de participación e cooperación no traballo en equipo.

* Rigor e precisión nas medidas das variables do proceso, nos cálculos numéricos asociados a elas e na valoración dos resultados.

* Interese pola mellora profesional, os avances tecnolóxicos e a asimilación de novos métodos de traballo.

* Orde, método, pulcritude e dilixencia no traballo para evitar riscos e reducir residuos.

* Interese por desenvolver a iniciativa persoal, con mentalidade emprendedora e mantendo boas relacións co resto do equipo.

* Respecto polo uso de medidas e normas de seguridade para a protección ambiental e da saúde.

3.2.4. Módulo profesional 4: control de calidade na industria química.

Asociado á unidade de competencia 4: garantir a calidade de produtos en proceso químico.

3.2.4.1. Capacidades terminais elementais.

* Identificar os elementos que compoñen o sistema de calidade na empresa.

* Recoñecer as intervencións de que se compoñen as fases dun proceso de control de calidade.

* Describir a función de xestión de calidade de maneira que se identifiquen os seus elementos e a súa relación cos obxectivos da empresa e da produtividade.

* Describir as funcións e as relacións organizativas dunha industria química a partir de diagramas e organigramas.

* Identificar a metodoloxía, as técnicas e o persoal asociados ao control de calidade na industria química.

* Recoñecer os documentos utilizados no sistema de control de calidade tales como normas, procedementos, protocolos ou gráficos de control.

* Establecer o diagrama dos procedementos e as operacións de control e mantemento que interveñen nun proceso químico industrial, a partir da información de que se dispoña.

* Establecer os balances de materia sobre liñas de fabricación e os cálculos de rendemento e economía sobre o proceso químico industrial.

* Identificar os sistemas de comprobación da calidade das materias primas utilizadas no proceso químico, así como eliminar e substituír aquelas que non cumpran as condicións requiridas.

* Clasificar os produtos químicos atendendo ás súas propiedades físicas, químicas e reactivas en condicións de seguridade e calidade, e realizar fichas das especificacións de calidade dos produtos.

* Distinguir os métodos manuais, automáticos e de campo, para determinar os parámetros de calidade da materia en proceso.

* Describir a importancia dos sistemas de dosificación, envase e marcaxe en produtos acabados, como factores de calidade.

* Determinar os puntos, os momentos e a frecuencia necesaria para realizar os ensaios e as análises de control de calidade.

* Describir as medidas das variables fisicoquímicas e as análises necesarias para o control da calidade.

* Distinguir os principais métodos utilizados para a mostraxe manual e/ou automática dunha substancia nun proceso químico industrial.

* Identificar os equipamentos e os instrumentos para a toma de mostras, segundo o estado e as condicións físicas da materia.

* Realizar o procedemento de toma de mostra e a súa marcaxe, recollela no envase axeitado e conservala nas condicións requiridas segundo a súa natureza.

* Establecer a frecuencia e as condicións que se teñen que cumprir nun procedemento de toma de mostras, seguindo normas de calidade.

* Comprobar o seguimento e a realización axeitada do plan de toma de mostras da produción e o seu envío ao laboratorio onde se fagan os ensaios normalizados.

* Elixir entre as técnicas de análise e os instrumentos dispoñibles que midan a mesma variable, e aplicar os que mellor correspondan ao tipo de materia que se ensaie e á precisión requirida.

* Ordenar as tomas de mostra extraordinarias cando concorran circunstancias anormais no proceso, sobre todo nos momentos da posta en marcha e parada de procesos químicos en continuo.

* Comprobar que as operacións de recheo, envase e acondicionamento dos produtos se fixeran de acordo coas especificacións técnicas e oficiais requiridas.

* Tomar as medidas necesarias exixidas polo manual de calidade, co fin de que os produtos finais queden correctamente etiquetados e dispostos para a súa almacenaxe e a súa expedición.

* Tratar os datos experimentais obtidos e rexistrados no soporte establecido no manual de control de calidade, para obter resultados, aplicando as técnicas estatísticas necesarias.

* Realizar e elaborar os informes técnicos sobre produción e control químico co fin de controlar a calidade do produto.

3.2.4.2. Contidos (duración: 160 horas).

Contidos procedementais

Xestión e control de calidade.

* Identificación dos elementos dun sistema de calidade existente nunha empresa.

* Identificación dos controis que conforman as fases dun proceso de control de calidade.

* Identificación dos produtos para fabricar no proceso.

* Identificación das operacións de recepción das materias primas e expedición do produto final.

* Identificación dos erros posibles que xurdan no proceso de produción, para os poder corrixir e evitar a súa repetición.

* Cálculo da duración das operacións para realizar dentro do proceso de produción.

* Manexo dos planos e dos sistemas de almacenaxe dos produtos, segundo as súas necesidades, a natureza e as condicións de seguridade.

* Asignación dos recursos humanos e dos medios necesarios para o desenvolvemento dunha boa produción.

Medida de variables fisicoquímicas.

* Identificación dos parámetros de control das variables (presión, temperatura e humidade), co fin de manter a calidade e a seguridade dos produtos e do seu contorno.

* Identificación e rexistro dos produtos mediante a etiquetaxe e a marcaxe, para coñecer as existencias e a súa dispoñibilidade.

* Manexar as técnicas de toma de mostra segundo normas de calidade, en función da materia prima utilizada e dos ensaios que se lle fagan.

* Identificación da mostra e envío ao control de calidade segundo procedementos homologados.

* Realización de tomas de mostras extraordinarias do produto final de se producir unha anomalía no sistema de produción.

* Identificación do instrumental e dos métodos de determinación das variables fisicoquímicas que se utilicen nos ensaios de calidade.

* Identificación das guías de produción.

* Identificación das operacións de enchido, envase e etiquetaxe dos produtos segundo as características requiridas para eles.

* Identificación dos produtos para a súa almacenaxe e a posterior expedición, segundo procedementos de calidade.

Técnicas de análise aplicadas ao control de calidade de produtos no proceso ou produtos finais.

* Realización de análises volumétricas de diversos tipos, segundo PNT, aplicadas aos produtos que o requiran.

* Realización de análises gravimétricas, cumprindo os PNT.

* Aplicación de técnicas instrumentais electrométricas para o control de calidade do produto obtido na industria química.

* Aplicación de métodos ópticos de análise química usados na industria química para o control de calidade dos produtos.

* Aplicación de métodos espectrofotométricos de chama e de excitación electrotérmica usados no control da materia prima e do produto final obtido no proceso.

* Aplicación de métodos de separación cromatográficos que cumpran as BPL, necesarios para o control do produto final na industria química.

* Aplicación de métodos estatísticos e gráficos aos valores obtidos experimentalmente nos controis.

* Interpretación dos resultados obtidos en relación cos valores de control de calidade.

* Compilación de datos de calidade requiridos no proceso e no laboratorio, e elaboración de informes sobre a calidade dos produtos.

Contidos conceptuais

Xestión e control de calidade.

* Concepto de calidade dun produto e a súa medida.

* Tipos de procesos e procesos tipo. Esquematización de procesos de fabricación.

* Calidade no deseño do produto. Cambio no proceso. Desenvolvemento dun produto.

* Análise de diagramas de procesos. Simboloxía. Produtividade e rendemento de procesos químicos.

* Técnicas de refino de petróleo. Química orgánica e inorgánica. Fabricación de fármacos e papel. Operacións básicas e auxiliares en procesos deste tipo.

* Garantía de calidade nas subministracións do provedor.

* Técnicas de mostraxe nas fases de produción.

* Calidade na fabricación. Análise do proceso.

* Variacións nos procesos e a súa medida. Recollida de datos e presentación. Representación gráfica e estatística.

* Tipos de gráficos de presentación de datos e resultados.

* Interpretación de gráficos de control por variables e atributos.

* Normas de correcta fabricación en relación coa calidade.

* Norma española en vigor do sistema de calidade.

* Xestión económica da calidade. Custos da calidade. Mellora da calidade.

* Calidade de entrega e servizo.

* Incidencia da automatización sobre a calidade.

Medida de variables fisicoquímicas.

* Métodos de traballo e mellora de métodos.

* Planificación e control da produción continua e descontinua.

* Instrumentos e métodos de determinación de variables fisicoquímicas aplicadas ao control de calidade.

* Determinación práctica de variables fisicoquímicas usadas no control de calidade.

* Tratamento estatístico e gráfico dos valores obtidos experimentalmente dunha serie de medidas dunha variable, e a súa interpretación en relación co control de calidade na industria química.

Técnicas de análise aplicadas ao control de calidade de produtos no proceso ou produtos finais.

* Análise química: métodos de determinación volumétricos e gravimétricos máis significativos, e a súa aplicación no control de calidade do produto na industria química.

* Técnicas instrumentais de análise máis utilizadas na industria química. Métodos electrométricos, ópticos e de separación cromatográfica.

* Determinación práctica da identidade e da cantidade de materia ou concentración de diversas substancias por aplicación de métodos analíticos establecidos no manual de calidade.

* Aplicacións informáticas de tratamento estatístico e gráfico dos valores obtidos experimentalmente, e interpretación dos resultados en relación co control de calidade.

Contidos actitudinais

* Rigor na aplicación dos métodos de control de calidade e das normas oficiais necesarias para obter o produto final segundo os requisitos do mercado.

* Interese por participar e cooperar no traballo en equipo.

* Respecto polo cumprimento das normas establecidas en BPL e nos PMQ.

* Orde, método, pulcritude e dilixencia no traballo para evitar riscos e reducir residuos.

* Interese pola mellora profesional, os avances tecnolóxicos e a asimilación de novos métodos de traballo.

* Interese por desenvolver iniciativa persoal, con mentalidade emprendedora e mantendo boas relacións co resto do equipo.

3.2.5. Módulo profesional 5: seguridade e ambiente químico.

Asociado á unidade de competencia 5: cumprir e facer cumprir as normas de correcta fabricación, de seguridade e ambientais de proceso químico.

3.2.5.1. Capacidades terminais elementais.

* Identificar a aplicación, o funcionamento, as prestacións, a simboloxía asociada ao perigo e as medidas de seguridade dos produtos químicos, consonte a normativa relativa á embalaxe, á etiquetaxe, á almacenaxe e ao transporte.

* Identificar as medidas de prevención ante os riscos propios da actividade química industrial en aspectos mecánicos, eléctricos, de perigo químico, de explosións e de lume.

* Identificar os aspectos esenciais da normativa aplicable ao proceso por un conxunto de normas e parámetros de posible impacto ambiental.

* Identificar os riscos propios dos equipamentos e das liñas que traballen a presión ou en baleiro, e xustificar probas e inspeccións de seguridade previos á posta en marcha.

* Interpretar esquemas, anagramas, simboloxía e sinalización de seguridade da industria química, e relacionalos cos factores de risco.

* Interpretar o funcionamento dos sistemas de control de seguridade do proceso químico, e explicar o funcionamento dos detectores, as alarmas e os activadores.

* Clasificar os contaminantes físicos, químicos e biolóxicos derivados do microclima de traballo segundo a súa composición e natureza, e relacionalos cos efectos que poidan producir sobre o organismo.

* Relacionar os activadores do sistema de control do proceso químico coas variables de seguridade establecidas que impliquen unha situación de emerxencia.

* Aplicar os dispositivos de medida (equipamentos móbiles, redes, kits, etc.) para a detección de contaminantes, efluentes, residuos e emisións á atmosfera en situacións normais e anormais de funcionamento.

* Aplicar os dispositivos homologados de detección e medida de contaminantes físicos, químicos e biolóxicos de xeito directo, e comprobar os resultados obtidos cos valores de referencia.

* Aplicar as medidas de detección e protección individual e colectiva cos factores de risco propios dunha actividade química industrial.

* Valorar a relación dos equipamentos e dos instrumentos nunha instalación de fabricación ou depuración industrial co sistema de seguridade existente.

* Comprobar os traballos de mantemento en áreas clasificadas de risco químico, segundo as normas de seguridade previamente establecidas e as instrucións de orde e traballo.

* Interpretar permisos de traballo en áreas de risco para realizar traballos de mantemento, consultando o departamento de seguridade da empresa en traballos non habituais.

* Decidir a avaliación inicial en situacións de emerxencia, a comunicación aos superiores e o pechamento de equipamentos ou instalacións, de acordo coas instrucións e as medidas previstas nos plans de emerxencia.

Contidos (duración: 80 horas).

Contidos procedementais

Seguridade no proceso e no traballo químico.

* Explicación das medidas de seguridade relativas ao envase, á etiquetaxe e ao transporte de materias primas, en relación coas propiedades da materia.

* Clasificación dos produtos químicos desde a perspectiva da súa seguridade ou agresividade, e identificación da simboloxía de seguridade asociada ao produto.

* Identificación da normativa de seguridade aplicable ao envase, á etiquetaxe e ao transporte de materias primas.

Prevención do risco.

* Identificación e medida dos riscos para a seguridade, para a hixiene e de contaminación industrial e ambiental, e determinación das formas de actuación ante eles.

* Dedución das consecuencias para a saúde derivadas dos riscos propios dunha actividade química industrial.

* Determinación dos elementos de prevención e protección dos riscos físicos, químicos, biolóxicos e de contaminación ambiental.

* Comprobación do cumprimento da normativa de seguridade, e de saúde industrial e ambiental.

* Determinación dos puntos e dos lugares de perigo laboral.

* Comprobación do cumprimento da normativa xeral e da específica de seguridade industrial.

* Verificación do cumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo establecidas.

* Determinación da incidencia dos riscos na actividade de produción, transporte e almacenaxe de produtos químicos.

* Determinación das actuacións que corresponden segundo os tipos de riscos.

* Identificación das instalacións e dos equipamentos utilizados para a prevención de riscos.

Medidas e medios de protección e resposta a unha emerxencia.

* Selección dos equipamentos de protección individual segundo o risco.

* Comprobación sistemática do correcto funcionamento dos equipamentos de protección seleccionados.

* Verificación e calibraxe dos equipamentos portátiles de protección (explosímetros, detectores de gases perigosos, etc.).

* Identificación dos tipos de lume.

* Selección de equipamentos e dos métodos de extinción de incendios segundo os tipos de lumes.

* Verificación e calibraxe dos equipamentos.

* Comprobación do correcto funcionamento dos equipamentos.

* Compilación da información dos plans xerais e específicos de emerxencia.

* Identificación dos tipos de emerxencias segundo a actividade da empresa.

* Descrición das actuacións en situacións de emerxencia.

* Identificación dos recursos humanos e materiais de que se dispoña.

* Análise do factor humano.

* Asignación de funcións ante un risco.

* Seguimento das partes de execución.

* Valoración da eficacia e da eficiencia dos recursos humanos e materiais.

Prevención e protección das persoas e do medio.

* Identificación e clasificación de residuos sólidos, líquidos e gasosos.

* Determinación do tratamento dos residuos contaminantes en función do estado físico.

* Recollida e tratamento dos residuos.

* Almacenaxe de residuos e de produtos tóxicos.

* Execución por eliminación e por reciclaxe.

* Redución dos residuos industriais.

* Identificación das consecuencias do accidente.

* Identificación das causas do accidente.

* Actuación sobre o axente causante.

* Valoración da gravidade das lesións.

* Determinación de prioridades de actuación.

* Comunicación do accidente.

* Evacuación dos accidentados.

Contidos conceptuais

Seguridade no proceso e no traballo químico.

* Concepto de seguridade e a súa relación coa industria química.

* Normas xerais de seguridade.

* Técnicas de seguridade: evolución e formulación.

* Planificación de medidas preventivas de seguridade.

* Sinalización de seguridade.

* Análise de riscos.

* Tipos de riscos máis comúns na industria química.

-Eléctricos e mecánicos.

-Por manipulación de produtos químicos.

-Lume e explosións.

-Por manipulación de equipamentos e instalacións a presión e en baleiro.

Prevención do risco.

* Prevención nos procesos químicos: sistemas de control, actuadores sobre o proceso, detectores de seguridade e alarmas.

* Actuadores de seguridade. Sistemas de prevención de fallos no sistema de control.

* Prevención de riscos por produtos químicos. Sinalización de seguridade no envase e na etiquetaxe de produtos químicos.

* Simboloxía empregada na almacenaxe e no transporte de produtos químicos. Regras de orde e limpeza.

* Prevención de riscos industriais por manipulación de corrente eléctrica, por elementos mecánicos (estáticos e móbiles) e por traballos de mantemento de instalacións e equipamentos a presión e en baleiro.

* Prevención de lumes. Teoría do lume. Triángulo do lume. Combustibles e comburentes. Medidas de prevención e detección de lume.

Medidas e medios de protección e resposta a unha emerxencia.

* Sistemas de protección colectiva. Extinción de incendios: hidrantes e extintores. Tipos e aplicacións segundo a natureza do lume. Lavaollos e duchas. Sinalización industrial de seguridade.

* Sistemas de protección individual. Roupa de seguridade: antiácida e ignífuga. Elementos de protección individual: útiles, máscaras e equipamentos de respiración autónoma. Explosímetros. Detectores de gases.

* Plans de emerxencia. Emerxencia parcial e total. Tipos de plans de emerxencia: fronte ao lume, explosións, intoxicacións, fugas e derramo de produtos químicos.

* Accidentes de traballo. Tipos: intoxicacións, descargas eléctricas, queimaduras, incendios, traumatismos, explosións, etc.

* Análise, notificación e rexistro dos índices de accidentes.

* Métodos de investigación de accidentes.

* Evacuación dos accidentados.

Prevención e protección das persoas e do medio.

* Concepto de hixiene industrial. Relación entre as condicións de traballo, os contaminantes físicos, químicos e biolóxicos, e a hixiene industrial.

* Prevención e protección do contorno físico do traballo.

* Parámetros unidos á hixiene industrial: concentración, tempos de exposición e TLV (valores límite de exposición).

* Análise de mapas de riscos hixiénicos.

* Protección ambiental: contaminantes físicos, químicos e biolóxicos. Dispositivos de detección e medida.

* Tipos de contaminación: emisións á atmosfera, augas residuais e residuos sólidos industriais.

* Técnicas de tratamento e de medida de contaminación. Normativa ambiental.

* Plans de emerxencia ante unha contaminación ambiental provocada por unha actividade industrial.

* Utilización de tecnoloxías limpas para reducir os residuos.

Contidos actitudinais

* Compromiso coas obrigas asociadas ao traballo.

* Independencia na execución do traballo.

* Espírito aberto ante a evolución do ámbito profesional.

* Facilidade de adaptación a novas situacións.

* Valoración do óptimo aproveitamento do traballo.

* Orde e método de traballo.

* Respecto pola saúde e pola seguridade ambiental e laboral.

* Interese pola participación e a cooperación no traballo en equipo.

* Sistematicidade na realización de procesos de resolución de problemas.

* Interese pola aplicación dos criterios de calidade e BPL na realización do traballo.

* Mentalidade emprendedora nas tarefas.

* Capacidade para valorar os resultados.

3.3. Módulos profesionais transversais.

3.3.1. Módulo profesional de relacións no contorno de traballo.

3.3.1.1. Capacidades terminais elementais.

* Describir as vías e os sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e emitir instrucións e información, así como intercambiar ideas, asignar tarefas e coordinar proxectos.

* Utilizar eficazmente os sistemas de información no medio laboral.

* Analizar os conflitos que se orixinen no contorno de traballo e darlles resposta mediante a negociación e a participación de todos os membros do grupo.

* Aplicar o método axeitado para preparar unha negociación identificando as estratexias idóneas para a resolución de conflitos na empresa.

* Identificar os aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións respectando e tendo en conta as opinións dos demais.

* Liderar un equipo de traballo adoptando o estilo máis apropiado a cada situación.

* Analizar comparativamente as funcións de dirección ou mando e as de liderado tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce e a responsabilidade que entrañan as tarefas e os compromisos asumidos.

* Conducir e moderar reunións, así como participar nelas colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

* Describir as teorías e os principios que sustentan a dinámica de grupos, así como as vantaxes do traballo en grupo fronte ao traballo individual.

* Impulsar o proceso de motivación no contorno laboral, facilitando a mellora no ambiente de traballo e o compromiso das persoas cos obxectivos da empresa.

* Dinamizar os factores que favorecen a motivación no traballo e, en especial, a política xeral de empresa sobre recursos humanos.

3.3.1.2. Contidos (duración: 55 horas).

Contidos procedementais

Comunicación na empresa.

* Produción de documentos.

* Descrición dos xeitos de envío de información e de documentación.

* Identificación das alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe na que exista disparidade entre o emitido e o percibido.

* Análise dos procedementos de control de entrada e saída de documentación e de información.

Conflitos.

* Identificación da existencia dun conflito.

* Análise das causas do conflito.

* Selección da alternativa axeitada para a resolución do conflito.

* Elección de supostos conflitivos de actualidade co obxecto de elaborar un método para a recollida de información do conflito, a avaliación dos intereses postos en xogo e o procedemento interno para a súa solución.

Negociación.

* Identificación dos principais aspectos da negociación.

* Aplicación das técnicas concretas de negociación.

* Pechamento da negociación.

Toma de decisións.

* Identificación dos aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións.

* Análise dos factores que inflúen nunha decisión.

* Determinación da alternativa máis axeitada aplicando o método de procura.

Liderado.

* Análise comparativa das funcións de dirección e de liderado, tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce.

* Investigación mediante entrevistas ou observacións sobre o estilo de mando que predomina nas empresas do sector.

* Delimitación do papel e das competencias do mando intermedio.

Condución e dirección de equipamentos de traballo.

* Análise da incidencia da dinámica de grupos no mundo laboral.

* Selección da técnica de traballo en grupo máis adecuada en función das variables de grupo.

* Determinación das habelencias sociais máis elementais para conducir unha reunión de traballo.

* Identificación das tipoloxías de participantes.

* Descrición de problemas que se poden desencadear no desenvolvemento dunha reunión, e proposta de solución.

* Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo na que se deba tomar unha decisión sobre un problema laboral.

Motivación no contorno laboral.

* Análise do proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

* Identificación dos elementos do proceso da motivación diferenciando o significado de cada un.

* Contraste das teorías da motivación establecendo relacións entre elas.

* Análise da actitude humana ante o traballo.

* Selección de incentivos segundo as actitudes constatadas.

* Aplicación e efectos dos incentivos.

Contidos conceptuais

Comunicación na empresa.

* Tipos de comunicación.

* Etapas dun proceso de comunicación.

* Canles e redes de comunicación.

* Dificultades e barreiras na comunicación.

* Recursos para manipular os datos da percepción.

* Comunicación na empresa.

* Control da información.

Conflitos.

* Clases.

* Causas.

* Formas de exteriorización.

* Solución de conflitos.

Negociación.

* Condicións.

* Estilos de negociación.

* Fases nunha negociación.

Toma de decisións.

* Factores que inflúen na toma de decisións.

* Fases do proceso decisorio.

* Tipos de decisións.

Liderado.

* Características.

* Teorías do liderado.

* Estilos de dirección.

* Supervisión do traballo.

* Delegación eficaz.

* Políticas de empresa.

Condución e dirección de equipamentos de traballo.

* Características dos grupos.

* Funcionamento dos grupos.

* Técnicas de dinámica e dirección de grupos.

* Tipos de reunións.

* Preparación de reunións.

* Desenvolvemento.

* Problemas que presentan as reunións.

Motivación no contorno laboral.

* Concepto.

* Principais teorías de motivación.

* Factores de motivación.

* Sistemas de motivación no contorno laboral: programas de formación e política salarial.

Contidos actitudinais

Comunicación na empresa.

* Coidado na elaboración e na transmisión de mensaxes para facilitar a súa comprensión.

* Creatividade ante as barreiras comunicativas.

* Aceptación da necesidade de integrar os propios comunicados nun sistema de información empresarial planificado.

* Hábito e capacidade para o manexo de grandes bloques de información sintetizando o seu contido en función dos obxectivos e destinatarios.

Conflitos.

* Cordialidade á hora de establecer relacións cos demais.

* Respecto ante opinións, condutas ou ideas non coincidentes coas propias, demostrando unha actitude tolerante con elas.

* Comportamento hábil para manipular situacións de confrontación entre individuos.

* Comportamento responsable e coherente para resolver un conflito.

Negociación.

* Sensibilización para captar os matices dunha negociación, valorando as súas implicacións.

* Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

* Apreciación do poder de influencia.

* Destreza para elixir a alternativa de resolución máis adecuada.

Toma de decisións.

* Toma de conciencia da importancia que implica o proceso de toma de decisións para a vida persoal, social e laboral.

* Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

* Predisposición responsable para aceptar a toma de decisión que o grupo considere como a máis axeitada.

* Responsabilidade na integración das decisións adoptadas no ámbito laboral.

Liderado.

* Valoración da entrega e da responsabilidade que implican as funcións de dirección.

* Coidado no xeito de organizar e dirixir as tarefas dos subordinados.

* Interese pola aplicación dos recursos necesarios para realizar unha delegación eficaz.

* Interese e curiosidade por descubrir as posibilidades e os tipos de liderado nun mesmo e nos membros dos grupos aos que se pertence.

Condución e dirección de equipamentos de traballo.

* Fomento de iniciativas dirixidas ao traballo en grupo.

* Toma de conciencia de que a participación e a colaboración cómpren para o logro dos obxectivos da empresa.

* Valoración do papel e das competencias do mando intermedio nunha organización.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

Motivación no contorno laboral.

* Valoración da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

* Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

* Fomento dos sistemas de motivación de carácter responsable, creativo e que potencien o desenvolvemento persoal.

3.3.2. Módulo profesional de proxecto integrado.

Duración: 80 horas.

Capacidades terminais elementais e actividades formativas de referencia.

* 1. Analizar un proceso produtivo químico industrial e identificar as etapas de organización, programación e control.

-Elíxese a industria química para o proxecto.

-Selecciónase o proceso produtivo obxectivo do proxecto.

-Identifícanse as características do produto.

-Elabórase o diagrama do proceso.

-Prográmanse os tempos de proceso, os suplementos para continxencias e os momentos para o mantemento.

-Créanse os diagramas e os organigramas das relacións organizativas e funcionais internas da área de produción.

-Idéanse os diagramas e os organigramas das relacións funcionais externas da área de produción.

-Interprétase o programa de produción: materiais, protocolos de produción, parámetros de operación e control, plan de toma de mostras, normas de seguridade, instrucións de traballo, fichas de traballo, etc.

-Identifícase o plan de control de calidade: metodoloxía, técnicas, normas, protocolos, plan de toma de mostras, etc.

* 2. Determinar as características técnicas do proceso produtivo e os métodos que aseguren a calidade.

-Defínense as características das materias primas.

-Identifícanse os esquemas de aparellos e de equipamentos.

-Deséñase o esquema da instalación.

-Descríbense as principais técnicas utilizadas.

-Deséñanse os diagramas das operacións do proceso produtivo.

-Identifícanse os parámetros característicos de cada etapa.

-Identifícanse as características de calidade dos materiais.

-Identifícanse os métodos (manuais, automáticos ou de campo) utilizados na determinación dos parámetros de calidade dos materiais do proceso.

-Identifícanse os métodos utilizados na toma e na preparación da mostra no proceso químico industrial.

-Identifícanse os equipamentos e os instrumentos para a toma de mostras.

-Deséñanse os procesos de envase, etiquetaxe e conservación da mostra.

-Organízanse as medidas dos parámetros fisicoquímicos para o control do produto e do proceso, segundo o plan de control de calidade.

-Contrólase que os rexistros de datos estean recollidos correctamente no correspondente soporte informático.

-Elabóranse informes técnicos de produción e control químico.

* 3. Organizar os métodos de traballo e plans de produción do proceso químico industrial.

-Deséñase o esquema xustificado de distribución en planta do proceso químico industrial.

-Deséñase o organigrama do persoal necesario en planta.

-Distribúense os espazos a partir das necesidades previstas.

-Planifícase o proceso produtivo, segundo os criterios de calidade establecidos.

-Deséñase o método de traballo máis adecuado para mellorar o rendemento do proceso produtivo.

-Avalíase a xestión de aprovisionamento: selección de provedores, selección das ofertas segundo criterios comerciais da empresa, plan de negociación da compra, etc.

-Calcúlase o rendemento económico do proceso a partir dos datos das súas operacións.

-Prográmase a produción tendo en conta as existencias, as características do aprovisionamento e os prazos de entrega dos produtos.

-Planifícase o procedemento de atención técnica ao cliente.

-Avalíase o comportamento dos produtos no mercado.

* 4. Aplicar as medidas correctoras adecuadas ao proceso produtivo ante anomalías, incidencias ou desviacións simuladas.

-Aplícanse as normas de correcta fabricación no traballo de organización e programación.

-Elabóranse as instrucións para corrixir as anomalías no funcionamento dos equipamentos segundo o plan de mantemento da empresa.

-Determínanse as actuacións para seguir en caso de emerxencia simulada no proceso produtivo.

-Elabóranse respostas ante situacións de emerxencia.

-Identifícanse as operacións de posta en marcha da caldeira, ata alcanzar as condicións de funcionamento establecidas.

-Identifícanse as operacións de acondicionamento de aire e outros gases inertes para o proceso, nas condicións requiridas.

-Identifícanse as condicións de presión, temperatura e humidade requiridas para o proceso.

-Interprétanse os procedementos e as instrucións de operacións e control de proceso, continuo ou descontinuo, para obter os produtos coa calidade e cantidade requiridas.

-Prográmase para informar e formar de maneira específica e continua o persoal a cargo, de acordo coas necesidades de traballo.

-Elabórase un plan para coordinar e organizar a actuación do persoal a cargo e os traballos que se realicen baixo a responsabilidade propia.

* 5. Interpretar o plan de calidade e controlar o seu cumprimento.

-Identifícanse as fases, propias de distintas áreas, dentro do proceso de control de calidade: provedores, recepción, proceso, produtos, clientes, etc.

-Prográmanse as modificacións ou a eliminación de materias primas de entrada ou saída que non cumpran a calidade prescrita.

-Establécese unha orde de almacenaxe de materias primas, produtos e material de acondicionamento.

-Elabóranse as condicións para a toma de mostras e compróbase a súa correcta realización.

-Avalíase se a produción mantén os niveis de calidade especificados no proceso.

-Identifícanse as condicións para que os produtos estean acondicionados segundo a calidade prescrita, correctamente etiquetados e dispostos para a súa almacenaxe e a súa expedición.

-Identifícanse as normas de toma, rexistro e validación dos datos correspondentes á recepción, a almacenaxe, o envasado, a mostraxe e os ensaios, nos soportes e cos procedementos e códigos establecidos.

* 6. Analizar as normas de hixiene, de seguridade e ambientais, así como o bo funcionamento do departamento de control de planta química.

-Compróbase que as operacións dos equipamentos, o proceso e os traballos da área da que se sexa responsable se fagan cumprindo as normas de seguridade e ambientais de traballo.

-Organízase a seguridade no departamento de control de parámetros existente nunha planta de produción.

-Avalíanse os equipamentos de protección individual existentes na planta para utilizar en cada etapa.

-Elabóranse as respostas ante situacións de emerxencia.

-Selecciónase a normativa legal que regula a seguridade nas plantas químicas.

-Elabóranse as medidas preventivas para evitar riscos hixiénicos laborais causados por axentes físicos, químicos ou biolóxicos do proceso produtivo.

-Establécense as barreiras protectoras necesarias, segundo o tipo de proceso.

-Selecciónase a normativa oficial vixente sobre hixiene e seguridade nas plantas químicas de produción, para poder elaborar un protocolo cos pasos necesarios e as medidas de seguridade e hixiene que cumpra tomar para evitar riscos.

-Elabóranse os procedementos normalizados de operación e control de parámetros nunha planta química, para evitar riscos.

-Selecciónase a normativa de protección ambiental relacionadas co control de calidade da produción e do produto final obtido.

-Identifícanse os métodos para a redución das verteduras, para a reutilización de produtos e de materiais, e para a eliminación de verteduras segundo a normativa legal.

3.4. Módulo de formación en centros de traballo.

Duración: 440 horas.

Capacidades terminais elementais e actividades formativas de referencia.

* 1. Elaborar un informe que recolla as instrucións e os procedementos relativos ás operacións derivadas dunha parte dun proceso químico, coa calidade establecida, cun óptimo uso dos medios e con establecemento do programa de produción.

-Compílase e interprétase toda a información real dun proceso químico industrial relativo a unha unidade de produción seleccionada.

-Identifícanse as operacións básicas da unidade de produción do proceso químico industrial.

-Identifícanse os reactivos, os produtos e os subprodutos que interveñen no proceso químico industrial.

-Identifícanse os parámetros de operación e control da unidade de produción do proceso químico industrial.

-Determínanse os valores para manter das variables que interveñen na unidade de produción do proceso químico.

-Identifícanse os equipamentos utilizados no proceso, as súas características, as súas prestacións, así como o seu réxime e as súas condicións de traballo.

-Establécese un esquema da unidade de produción química industrial seleccionada en que aparezan aparellos, equipamentos e dispositivos de regulación e control da calidade e da seguridade.

-Identifícanse os procedementos normalizados de operación (SOP) da unidade de produción química sobre recepción, manipulación, mostraxe, almacenaxe, identificación, etc.

-Identifícanse as instrucións secuenciadas das operacións do plan e momento das tomas de mostra e de datos de control de calidade na unidade de produción do proceso químico, segundo normas de correcta fabricación.

-Elabóranse as instrucións secuenciadas das operacións para realizar baixo responsabilidade propia correspondentes ao plan de mantemento de equipamentos, aparellos, etc., da unidade de produción.

-Establécense os tempos do proceso, o suplemento por continxencias, así como o tempo e o momento do mantemento no programa de produción da unidade seleccionada.

-Determínase a secuencia, o sincronismo e a simultaneidade das operacións, e a vixilancia dos puntos clave na unidade de produción seleccionada do proceso químico industrial.

-Avalíase a situación operativa dos medios de produción e dos recursos humanos na unidade de produción do proceso químico industrial.

-Distribúense e/ou asígnanse con eficiencia e rendibilidade os recursos da unidade de produción seleccionada.

-Contrólanse as existencias e identifícanse as características do aprovisionamento na unidade de produción do proceso químico industrial.

-Realízase a previsión dos prazos de entrega á clientela dos produtos elaborados na unidade de produción.

-Establécese a utilización dos equipamentos de protección persoal na unidade de produción do proceso químico.

* 2. Manexar os equipamentos máis comunmente utilizados nos procesos químicos, con recoñecemento das técnicas de verificación e das inspeccións necesarias para o seu correcto estado e funcionamento.

-Identifícanse as características dos equipamentos e dos dispositivos móbiles incorporados á instalación e aos empregados para realizar ensaios ou probas de baleiro, presentes na unidade de produción da planta química.

-Interprétanse os manuais técnicos dos equipamentos máis relevantes na unidade de produción da planta química industrial.

-Contrólanse as operacións de posta en marcha dos equipamentos, e particípase nelas, de modo que se realicen na secuencia establecida e en sincronía co resto dos procesos que interveñen na fabricación.

-Contrólase que os equipamentos manteñan os niveis dos parámetros requiridos no proceso (temperatura, presión, etc.) e danse as instrucións axeitadas para restablecer as súas condicións, cando estas varíen.

-Supervísase a parada dos equipamentos e a secuencia das operacións establecidas no proceso de produción.

-Compróbase o bo funcionamento e o bo estado dos equipamentos e das instalacións auxiliares da área da planta química industrial da que se sexa responsable.

-Mantense o rexistro de datos sobre o estado dos equipamentos da área da que se sexa responsable na planta química.

-Rexístranse as anomalías de funcionamento dos equipamentos da área da que se sexa responsable na planta química.

-Verifícanse as informacións de anomalías no funcionamento dos equipamentos existentes nas áreas das que se sexa responsable.

-Elabóranse instrucións de traballo necesarias para reparar o funcionamento defectuoso dos equipamentos, especificando a prioridade dos traballos que se realicen, segundo a súa repercusión na produción.

-Establécense as medidas de prevención e protección para que os traballos de mantemento se realicen con seguridade.

-Compróbase o bo funcionamento do equipamento, unha vez finalizados os traballos de mantemento, e dáse a conformidade cando a comprobación sexa positiva.

* 3. Controlar unha unidade de proceso químico, en campo ou desde o cuarto de control, garantindo a produción e a calidade do produto.

-Interprétanse as operacións, a súa secuencia e os criterios para a realización do proceso químico na unidade de produción.

-Interprétanse e aplícanse as instrucións de operación aos plans de produción da unidade de proceso químico.

-Compróbase a comprensión das instrucións e contrólase a súa posta en práctica na unidade de produción.

-Compróbase, durante as operacións de posta en marcha e parada dos equipamentos, que os sistemas de control secuencial funcionen correctamente.

-Compróbase que os puntos de consigna subministrados sexan os correctos para o cumprimento dos plans de produción.

-Contrólase que as medidas das variables do proceso se realicen cos medios e cos programas establecidos na unidade de produción.

-Compróbase que as variables do proceso se manteñan nos rangos establecidos, e que se alcancen os obxectivos de fabricación en cantidade e calidade.

-Procúrase que as perdas no proceso sexan mínimas e, cando ocorran, adóptanse as medidas correctoras adecuadas.

-Contrólase a toma de datos do proceso químico establecido na unidade de produción, de acordo coas rutinas.

-Compróbase que o rexistro de datos do proceso químico realizado sexa correcto, e valídanse os datos obtidos.

-Intégranse os datos de toda a unidade de produción, realizando as elaboracións, as relacións e as seriacións de datos de acordo con procedementos establecidos, e comunícanselles os resultados aos superiores para a súa posterior avaliación.

-Identifícanse todos os elementos do plan de calidade da empresa.

-Aplícanse os sistemas de comprobación da calidade das materias primas, na unidade de produción do proceso químico.

-Ordénanse e clasifícanse produtos químicos obtidos no proceso químico, segundo as propiedades físicas, químicas e reactivas, en condicións de seguridade e calidade.

-Aplícanse os métodos manuais, automáticos ou de campo á determinación dos parámetros da calidade da materia en proceso.

-Identifícanse os puntos, os momentos e a frecuencia en que realizar os ensaios ou as análises de control de calidade na unidade de proceso químico.

-Aplícanse os procedementos de toma de mostra:

-Obtense a mostra no envase axeitado.

-Márcase segundo a normativa.

-Consérvase nas condicións requiridas segundo a súa natureza.

-Efectúanse as medidas das variables fisicoquímicas necesarias para o control de calidade do produto e do proceso, segundo o plan de control de calidade da empresa.

-Aplícase o tratamento de datos mediante técnicas estatísticas e realizando gráficos, para elaborar informes técnicos de produción ou control químico.

-Manéxase o panel de control da cabina e interprétanse as instrucións e as indicacións subminis

tradas pola pantalla e polos demais sistemas de información sobre o proceso.

* 4. Aplicar as normas e os procedementos sobre seguridade, hixiene e protección do medio.

-Identifícanse os sistemas, os equipamentos e os dispositivos de seguridade utilizados para previr o risco derivado do proceso químico na unidade de produción.

-Relaciónase o uso de cada sistema, equipamento ou dispositivo de seguridade coas situacións de emerxencia que se poidan presentar na unidade de proceso químico.

-Relaciónanse as pezas de roupa e os equipamentos de protección individual utilizados, cos factores de risco na unidade de proceso químico.

-Identifícanse os riscos asociados ás instalacións e aos equipamentos na unidade de produción.

-Identifícanse os parámetros de posible impacto ambiental na unidade de proceso químico.

-Xustifícase a disposición e a aplicación dos dispositivos de detección e medida de contaminantes, tales como redes de vixilancia, equipamentos móbiles ou kits de análise na unidade de proceso químico.

-Aplícase a normativa de seguridade, de hixiene e de protección do medio establecida no centro de traballo.

-Aplícase a normativa ambiental ao tratamento dos residuos producidos na unidade de proceso químico.

-Actúase, en caso de emerxencia, consonte o plan establecido na planta química.

-Coordínanse as operacións programadas que correspondan ao nivel de responsabilidade no caso dunha situación de emerxencia, usando as canles de información previstas.

* 5. Comportarse de xeito responsable no centro de traballo e integrarse no sistema de relacións técnico-sociais da empresa.

-Interprétanse e execútanse con dilixencia as instrucións recibidas, asúmese a responsabilidade do traballo desenvolvido e establécese unha comunicación eficaz coas persoas adecuadas en cada momento.

-Obsérvanse os procedementos e as normas internas de relacións laborais establecidas no centro de traballo.

-Amósase en todo momento unha actitude de respecto á estrutura de mando da empresa.

-Analízanse as repercusións da actividade propia no sistema de produción e no logro dos obxectivos da empresa.

-Actúase conforme o establecido nas normas e nos procedementos técnicos normalizados (información de proceso, normas de calidade, normas de seguridade, etc.) participando nas melloras de calidade e de produtividade.

-Demóstrase un bo facer profesional, cumprindo os obxectivos e as tarefas asignadas en orde de prioridade, con criterios de produtividade e eficacia no traballo.

-Aplícanse as normas de correcta fabricación na realización do traballo propio.

-Utilízanse os sistemas establecidos para recibir e para transmitir información.

-Incorpórase puntualmente ao posto de traballo, realízase a xornada laboral e non se abandona o centro de traballo antes do establecido sen motivos debidamente xustificados.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

3.5.1. Capacidades terminais elementais.

* Analizar as situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar á saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de risco existentes.

* Analizar as actuacións para seguir en caso de accidentes de traballo.

* Aplicar as medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analizar os modos e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analizar as propias capacidades e os intereses, así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identificar o proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identificar as ofertas de traballo no sector produtivo referido aos seus intereses.

* Analizar os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describir o sistema de protección social.

* Interpretar os datos da estrutura socioeconómica de Galicia, identificando as variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analizar a organización e a situación económica dunha empresa do sector, e interpretar os parámetros económicos que a determinan.

* Analizar o tecido empresarial de Galicia e comparalo co doutras comunidades autónomas.

* Analizar a evolución socioeconómica do sector produtivo en Galicia.

3.5.2. Contidos (duración: 55 horas).

Contidos procedementais

Saúde laboral.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación dos modos de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e nas ferramentas do taller.

* Determinación dos equipamentos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais.

* Identificación das modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e das obrigas dos empresarios e dos traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo en relación coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa de Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Elaboración do curriculum vitae e as súas actividades complementarias.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas, así como investigación e temporalización dos seus plans de estudos.

Principios de economía.

* Lectura e interpretación de artigos de prensa e de textos técnicos sobre temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Análise das causas e das variables que poden influír no investimento, no consumo e no aforro, tanto nas economías domésticas como nas das empresas.

Economía e organización da empresa.

* Análise das empresas da localidade onde estea o instituto para estudar as características xerais, comerciais, financeiras, etc.

* Confección de organigramas de empresas e estudo das necesidades específicas de cada unha.

O sector produtivo en Galicia.

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral.

* Condicións de traballo e de seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguranza.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais.

* Dereito laboral autonómico, estatal e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflitos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Mercado de traballo.

* Autoorientación profesional.

* Proceso de procura de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. Empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos e profesionalizadores.

Principios de economía.

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa.

* Empresa: tipos de modelos organizativos; áreas funcionais e organigramas.

* Funcionamento económico da empresa.

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector produtivo en Galicia.

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do medio como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respectar as disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferenzas socioculturais e trato non discriminatorio en todos os aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para se adaptar ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como dos bens libres de uso cotián como, por exemplo, a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración da actuación do traballo en equipo.

* Consciencia de que as cooperativas se están a constituír coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo.

Na admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

-Ciencias da natureza e da saúde.

-Tecnoloxía.

* Expediente académico, no que se ha valorar sucesivamente a nota media e ter cursada a seguinte materia de bacharelato:

-Química.

4.2. Profesorado.

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de industrias de proceso químico.

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Organización e xestión en industrias de procesosAnálise e química industrialProfesorado de ensino secundario

2Fluidodinámica e termotecnia en industrias de procesosOperacións de proceso.

Instalación e mantemento de equipamentos térmicos e de fluídos

Profesorado técnico de FP

3Proceso químicoAnálise e química industrialProfesorado de ensino secundario

4Control de calidade na industria químicaAnálise e química industrialProfesorado de ensino secundario

5Seguridade e ambiente químicoOperacións de procesoProfesorado técnico de FP

6Relacións no contorno de traballoFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

7Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto.

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

QuímicaAnálise e química industrialProfesorado de ensino

secundario

EconomíaFormación e orientación

laboral (1)

Profesorado de ensino

secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación

laboral (1)

Profesorado de ensino

secundario

(1) Licenciatura en administración e dirección de empresas; licenciatura en ciencias empresariais; licenciatura en ciencias actuariais e financeiras; licenciatura en economía; licenciatura en investigación e técnicas de mercado; diplomatura en ciencias empresariais; diplomatura en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia.

* Para os efectos de docencia, as titulacións declaradas equivalentes ás de licenciatura, enxeñaría, arquitectura e doutoramento, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesorado de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Análise e química industrialEnxeñaría técnica industrial, especialidade en química industrial

Enxeñaría técnica forestal, especialidade en industrias forestais

Formación e orientación laboralDiplomatura en ciencias empresariais.

Diplomatura en relacións laborais.

Diplomatura en traballo social.

Diplomatura en educación social.

Diplomatura en xestión e administración pública.

4.3. Requisitos mínimos de espazos e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Decreto 296/1999, do 21 de outubro, o ciclo formativo de industrias de proceso químico, de formación profesional de grao superior, require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espazos mínimos:

Espazo formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m30%

Laboratorio de análises90 m60 m20%

Taller de química industrial180 m150 m50%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ao número de postos escolares establecido no artigo 27.1º do Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto á duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non se debe interpretar que os espazos formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Proceso químico.

* Control de calidade na industria química.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Proceso químico.

* Control de calidade na industria química.

* Formación en centro de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4.3. Acceso a estudos universitarios.

* Diplomatura en enfermaría.

* Diplomatura en fisioterapia.

* Diplomatura en logopedia.

* Diplomatura en podoloxía.

* Diplomatura en terapia ocupacional.

* Enxeñaría técnica aeronáutica (todas as especialidades).

* Enxeñaría técnica agrícola (todas as especialidades).

* Enxeñaría técnica forestal (todas as especialidades).

* Enxeñaría técnica industrial (todas as especialidades).

* Enxeñaría técnica de minas (todas as especialidades).

* Enxeñaría química.

* Licenciatura en farmacia.

* Licenciatura en química.

4.5. Distribución horaria.

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

105Organización e xestión en industrias de procesos

105Fluidodinámica e termotecnia en industrias de procesos

265Proceso químico

160Control de calidade na industria química

80Seguridade e ambiente químico

55Relacións no contorno de traballo

55Formación e orientación laboral

80Proxecto integrado

4º trimestre

440Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 55, que se han utilizar nos tres primeiros trimestres.