DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2006 Páx. 5.193

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2006 pola que se fai público o acordo do Pleno do Parlamento de Galicia relativo á elección dun membro do Consello de Administración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

O Pleno do Parlamento, en sesión celebrada o día 21 de marzo de 2006, e de conformidade co preceptuado no punto 1º do artigo 4 da Lei 9/1984, do 11 de xullo, acordou elixir como membro do Consello de Administración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia a María del Mar Sánchez Sierra.

O que se publica para xeral coñecemento ao abeiro dos artigos 65 e concordantes do Regulamento da cámara.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2006.

Dolores Villarino Santiago

Presidenta