DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2006 Páx. 5.074

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 55/2006, do 16 de febreiro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en mantemento de equipamento industrial.

De acordo coa competencia plena que figura no artigo 31 do Estatuto de autonomía e de conformidade co Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, aprobouse o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, que determina os aspectos que deben cumprir os currículos dos ciclos formativos.

O Real decreto 2043/1995, do 22 de decembro, establece o título de técnico superior en mantemento de equipamento industrial e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, e, na súa disposición adicional segunda, habilita os órganos competentes das comunidades autónomas para executaren e desenvolveren o disposto neste real decreto.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas e, na súa disposición derradeira primeira, punto 2, autoriza as comunidades autónomas para ditaren, no ámbito das súas competencias, as normas que cumpriren para a aplicación e o desenvolvemento deste real decreto.

O Real decreto 334/2004, do 27 de febreiro, aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes que imparten as ensinanzas escolares do sistema educativo.

A Orde ECI/2527/2005, do 4 de xullo, actualiza e amplía o disposto no anexo X do Real decreto 777/1998, do 30 de abril, sobre o acceso directo a estudos universitarios desde a formación profesional para adecualo ás titulacións actualmente existentes.

O Decreto 296/1999, do 21 de outubro, no seu artigo décimo primeiro, establece os requisitos mínimos de espazos formativos para a impartición dos ciclos formativos de formación profesional específica.

Seguindo os principios xerais que han rexer a actividade educativa recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ao campo profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que lles posibilite aos centros adecuaren a docencia ás características do alumnado e ao seu contorno sociocultural.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipamento docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas han permitir realizar o papel do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixir as variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos produtivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixir o conxunto do traballo e acadar os obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ao finalizar o ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, o saber e o comprender que se requiren do alumnado para acadar os logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que han proporcionar o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como no de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes, xa que todos eles levan a acadar as capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido; a súa estrutura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elaborar as programacións de aula e a orde en que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresalientes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas actividades produtivas do sector a que corresponda o título e, ao mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sen

do demandadas polo contorno produtivo en que radica o centro, non puidesen ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo mediante a realización dun conxunto de actividades produtivas e/ou de servizos -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ao proceso produtivo ou de servizos do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos han dispor dun determinado número de horas que lles permitan realizar o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación, a secuencia e a metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de febreiro de dous mil seis,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo.

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de formación profesional relativa ao título de técnico superior en mantemento de equipamento industrial, regulado polo Real decreto 2043/1995, do 22 de decembro, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, a duración e o nivel de formación profesional do ciclo formativo son os que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, as unidades de competencia, as realizacións e os criterios de realización, o dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso produtivo que definen o perfil profesional do título son os que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto. As capacidades terminais elementais son os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición.

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros

sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1. do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.2.1. do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste título son as que se expresan no punto 4.2.2. do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no punto 4.2.3. do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espazos e instalacións.

Os requisitos de espazos e instalacións que deben reunir os centros educativos para a impartición deste ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.3. do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudos de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.4.1. e 4.4.2. do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta do Ministerio de Educación e Ciencia, e do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, de ser o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder aos estudos universitarios que se indican no punto 4.4.3. do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.5. do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características do alumnado, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioprodutivo.

Disposición adicional

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adaptar as ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características do alumnado con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria para ditar cantas disposicións cumpran, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de febreiro de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

* Denominación: mantemento de equipamento industrial.

* Nivel: formación profesional de grao superior.

* Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema produtivo para este técnico son:

* Programar e organizar a realización dos plans de mantemento de maquinaria e equipamento industrial, partindo da documentación técnica.

* Coordinar e supervisar a execución dos procesos de mantemento, así como realizar a instalación en planta e a posta a punto da maquinaria e do equipamento industrial, aproveitando convenientemente os recursos humanos e os medios dispoñibles, dándolles o soporte necesario aos técnicos de nivel inferior e conseguindo o nivel de calidade e as condicións de seguridade establecidas, así como o nivel de normalización vixente.

* Desenvolver proxectos de modificación ou de mellora da maquinaria a partir do anteproxecto, de acordo coas normas establecidas e garantindo a viabilidade da fabricación.

Este técnico ha actuar, en todo caso, baixo a supervisión xeral de arquitectos, enxeñeiros, licenciados, arquitectos técnicos, enxeñeiros técnicos ou diplomados.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas.

* Interpretar correctamente as instrucións, os manuais de montaxe, as especificacións técnicas, os planos, etc., que permitan a realización dos procesos de instalación e montaxe en planta da maquinaria e do equipamento industrial, así como a súa posta a punto.

* Analizar especificacións, documentación técnica e, en xeral, toda a información asociada á maquinaria e ao equipamento industrial, interpretando adecuadamente as variables, os parámetros, os requisitos etc., que incidan directamente no bo funcionamento do conxunto, co fin de identificar o avellentamento e o desgaste de pezas, de elementos ou de partes deles, para definir e planificar o mantemento preventivo e correctivo, así como o control da execución.

* Posuír o coñecemento e o dominio precisos das tecnoloxías e dos elementos de automatismos existentes no campo da implantación, a ensamblaxe, a regulación, o control e a posta a punto da maquinaria e do equipamento industrial, así como das técnicas e dos medios utilizados para as medidas dos seus parámetros característicos.

* Analizar e identificar os problemas de funcionamento da maquinaria e do equipamento industrial, interpretando a información técnica para obter un diagnóstico, co fin de elaborar a orde de traballo correspondente.

* Posuír unha visión global e integradora dos procesos de mantemento da maquinaria e do equipamento industrial nos seus aspectos técnicos, organizativos e económicos, que permita organizalos e adecuar convenientemente a súa aplicación.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias.

* Realizar o diagnóstico de avarías da maquinaria e do equipamento industrial coa fiabilidade e a precisión necesarias, seleccionando os medios e os equipamentos precisos e operando con eles, seguindo unha orde lóxica nas operacións e con aplicación das normas de uso e de seguridade adecuadas.

* Actuar en condicións de posible emerxencia dirixindo as actuacións dos membros do seu equipo e aplicando os medios de seguridade establecidos para previr ou corrixir posibles riscos causados pola emerxencia.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas.

* Definir e elaborar os procesos e os métodos de mantemento e reparación (gamas de intervención), así como as fichas de mantemento.

* Organizar os programas de mantemento da maquinaria e do equipamento electromecánico e o seu automatismo, rede eléctrica e de comunicación industrial.

* Xestionar o aprovisionamento de subministracións industriais, elementos de sistemas e materiais, elaborando un programa de compras de acordo coas necesidades e establecendo as especificacións de subministración requiridas para asegurar o nivel de calidade establecido.

* Distribuír, coordinar e supervisar o traballo dun grupo de técnicos de nivel inferior, comprobar que se cumpran os criterios de seguridade, calidade e económicos establecidos, e resolver as continxencias que xurdan no seu desenvolvemento.

* Realizar o seguimento da planificación do mantemento, reunindo a información adecuada, así como elaborar os informes necesarios sobre posibles desviacións e propor as vías e os medios que permitan corrixilos.

* Darlles o apoio, a formación e o asesoramento técnico requirido aos técnicos que dependan organicamente deste técnico superior.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional en que se estea integrado:

-Responsabilizarse da consecución dos obxectivos asignados ao grupo.

-Respectar o traballo dos demais.

-Organizar e dirixir, de ser o caso, áreas colectivas.

-Cooperar na superación de dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.

* Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do seu traballo coa estrutura funcional do seu contorno, cos membros do equipo en que está integrado e con outras áreas da empresa que exixan coordinación de actividades:

-Interpretar ordes e información.

-Xerar instrucións claras con rapidez.

-Transmitirlle información a quen proceda.

-Solicitarlle axuda ou información á persoa ou á entidade axeitada cando se produzan continxencias no traballo.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ao medio.

* Analizar o comportamento das máquinas, dos equipamentos e dos sistemas, e relacionalos co funcionamento e co mantemento requiridos, de xeito que permitan introducir melloras de método, proceso, produción e execución, seguindo en todo momento criterios de mellora da calidade e da produtividade.

* Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos polas técnicas, a organización laboral e os aspectos económicos relacionados coa súa actividade profesional, e co sistema de produción da empresa.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

A este técnico, no marco das funcións e dos obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ao seu, requiriránselle nas ocupacións e nos campos concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Achegas, melloras e adaptación ao deseño de novos produtos, mediante propostas de especificacións técnicas e solucións construtivas.

* Realización de planos e documentos técnicos necesarios para a modificación, a implantación e a instalación de maquinaria e de equipamento industrial, a partir dun anteproxecto e de informacións

xerais, mediante a utilización de ferramentas informáticas de deseño asistido.

* Modificar os programas de control para os equipamentos baseados en PLC ou dispositivos microprogramables, mediante a utilización de linguaxes e ferramentas de programación, para a introdución de melloras no proceso.

* Realización de cálculos técnicos para o dimensionamento dos elementos normalizados.

* Realización e adaptación de esquemas eléctricos, pneumáticos, hidráulicos e de automatismo para os procesos en que están involucrados.

* Utilización de sistemas informáticos e manuais técnicos.

* Recollida de datos e emisión de informes asociados ao desenvolvemento do mantemento, a montaxe e a instalación en planta.

* Arquivo e mantemento da documentación relativa á montaxe, á instalación e ao mantemento da maquinaria e do equipamento industrial.

* Aplicación das técnicas de diagnóstico e reparación de maquinaria e de equipamento industrial mediante a operación destra cos instrumentos de medida e as ferramentas axeitadas.

* Proposta de procedementos e útiles específicos para a mellora dos procesos e dos procedementos de traballo.

* Distribución e organización das cargas de traballo para a obtención dos obxectivos predeterminados.

* Organización e control do traballo realizado polo persoal ao seu cargo, incluíndo a emisión de instrucións escritas sobre procedementos e secuencias de operación e o control do proceso.

* Xestión da documentación e dos aprovisionamentos de materiais empregados no mantemento e na reparación, así como dos requiridos para probas, ensaios e posta a punto dos equipamentos.

* Relacións e coordinacións técnicas necesarias para o desenvolvemento do seu traballo cos talleres auxiliares, provedores e clientes.

* Determinación de desenvolvementos de métodos, procesos, procedementos de traballo e tempos para o mantemento.

* Elaboración de modificacións do proceso de mantemento e reparación.

* Coordinación, ao seu nivel, das funcións de mantemento, control da calidade, innovación e melloras.

* Elaboración de estatísticas de mantemento ou obtención de conclusións para a mellora dos procedementos de reparación e o aproveitamento óptimo dos procesos.

2.4. Unidades de competencia.

* 1. Desenvolver procesos e métodos de mantemento e reparación, e organizar a súa execución.

* 2. Xestionar e supervisar os procesos de instalación, mantemento e reparación do equipamento industrial, e realizar a súa posta a punto.

* 3. Desenvolver proxectos de mellora e modificación do equipamento industrial.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

2.5.1. Unidade de competencia 1: desenvolver procesos e métodos de mantemento e reparación, e organizar a súa execución.

Realizacións e criterios de realización.

* 1.1. Elaborar procesos operacionais de intervención para o mantemento, a reparación e a inspección de máquinas, a partir da documentación técnica e do historial das máquinas, asegurando a factibilidade e o óptimo desenvolvemento da intervención, así como os niveis de calidade e seguridade requiridos.

-Establécense correctamente os procedementos e os métodos de desmontaxe e montaxe de elementos da máquina para acceder á parte que interesa, a orde que se debe seguir, os utensilios, a ferramenta e os materiais que se deben empregar, as accións e as comprobacións para o restablecemento do funcionamento e a desagregación de tempos por operación.

-Establécese a pauta de inspección de elementos de máquinas e dos seus automatismos para a predición e a avaliación do seu estado, especificando a magnitude que cumpra medir, o valor que se deba comprobar e os procedementos que se deban utilizar.

-Determínanse os puntos e os parámetros que se deban comprobar na maquinaria, así como os equipamentos e os procedementos de medida para utilizar en sistemas de detección automática e/ou de xestión informática do mantemento preditivo, ademais de establecérense as accións que cumpra realizar a partir do protocolo causa-efecto.

-Determínanse para cada operación as condicións de estado en que se deba atopar a máquina e os procedementos que se deban seguir para garantir as condicións de seguridade requiridas para as persoas e os bens.

* 1.2. Desenvolver os procesos de fabricación para a reconstrución de elementos mecánicos, definindo a secuencia de operacións, as máquinas que se deban utilizar e as especificacións de calidade requiridas.

-O proceso operacional desenvólvese de xeito que comprenda todas as fases, así como a orde correlativa na fabricación.

-As fases do proceso determinan correctamente:

-Máquinas e ferramentas necesarias.

-Especificacións técnicas.

-Operacións de fabricación e a súa secuencia.

-Tratamentos superficiais e térmicos.

-Tempos de fabricación.

-Pautas de control de calidade.

-Utensilios.

-Cualificación dos operarios.

-Os procesos desenvolvidos permiten realizar a fabricación nas condicións de calidade, seguridade e custo establecidas.

* 1.3. Realizar o informe de repostos de máquina e determinar e actualizar os niveis de pezas de reposto (PDR) necesarios, a partir da información técnica do fabricante, do historial da máquina e das experiencias adquiridas.

-Determínase a dotación para o consumo normal, realizando o estudo de reposto a partir da listaxe do fabricante de maquinaria, do historial de avarías e do historial de mantemento preventivo ou preditivo.

-Determínase a criticidade do reposto conxugando adecuadamente o tipo de fallo (accidental ou desgaste), a dispoñibilidade da máquina, o peso económico e os prazos de entrega do provedor.

-Elíxese o reposto alternativo tendo en conta as garantías de intercambiabilidade, fiabilidade, mantenibilidade e subministración, así como os custos.

-Identifícanse as pezas e os elementos de reposto de acordo co sistema de codificación establecido e co procedemento de control de existencias.

-Especifícanse as condicións de almacenaxe do reposto.

-Téñense en conta as garantías ofrecidas polos provedores.

* 1.4. Realizar a programación a longo e a medio prazo do mantemento preventivo (sistemático e preditivo) das máquinas e das instalacións, a partir do plan de produción e do plan de mantemento.

-O programa de mantemento e reparación da maquinaria e do equipamento industrial determina correctamente as etapas, as listaxes de actividades e os tempos, e os recursos humanos e materiais necesarios para a súa execución, e os obxectivos responden en prazo e custo ás especificacións do plan xeral.

-Establécese o programa de mantemento de máquina a partir do seguimento dos puntos críticos da máquina que impliquen risco de parada, deterioración da calidade e falta de produtividade, de maneira que responda aos obxectivos que cumpra conseguir sobre cotas de produción, calidade e custos de mantemento.

-Os programas establecidos reducen ata os niveis desexados as actuacións do mantemento correctivo.

-Os programas aproveitan convenientemente os recursos propios, determinan as necesidades de apoio externo e compatibilizan o cumprimento do plan de mantemento e do plan de produción.

-Actualízanse os programas de mantemento coa frecuencia requirida en función dos cambios nos ciclos produtivos, da capacidade produtiva, da calidade da produción e da mellora da fiabilidade, a mantenibilidade e a dispoñibilidade do equipamento.

-Inclúese na planificación a programación relativa aos movementos de máquinas, transformacións e novas implantacións de máquinas.

-Coordínanse as actuacións de planificación e control da aplicación das técnicas de mantemento integrado coa produción nas liñas de fabricación.

-Os diagramas de planificación da man de obra, materiais e medios (PERT e GANTT) establecen os camiños críticos para a consecución dos prazos e os custos establecidos, e cumpren cos requisitos de practicabilidade requiridos pola planificación xeral.

-Elabóranse as planificacións de traballos de mantemento para os períodos de actuación, e estes determinan a orde das actividades en función da importancia ou do risco de parada de máquina.

* 1.5. Determinar a fiabilidade, a dispoñibilidade e a mantenibilidade (FMD) de equipamentos e dos sistemas de liñas de produción aplicando métodos e procedementos de seguimento e de simulación establecidos.

-Obtéñense os estados das máquinas en tempo real interpretando a información do banco de datos e o historial das liñas de produción.

-Establécense os puntos críticos para a capacidade produtiva do sistema aplicando métodos de simulación, e elabóranse as propostas de mellora da FMD.

-Determínanse os valores requiridos de FMD para o novo equipamento e establécese o procedemento de recepción, seguimento e comprobación da aptitude.

* 1.6. Realizar o seguimento e controlar a execución e os custos do mantemento a partir dos obxectivos e das situacións de continxencia, en condicións de máxima eficiencia.

-Establécense os procedementos para a obtención de información, para a elaboración de indicadores de seguimento, a avaliación do mantemento, a determinación dos custos e a actualización do informe da máquina ou da instalación.

-A documentación recibida e a xerada, tanto a técnica como a administrativa, permiten realizar e supervisar o mantemento e a reparación do equipamento industrial, así como coñecer a súa evolución e as súas incidencias.

-Realízase o seguimento e a avaliación do estado de máquina ou da instalación a partir da información xerada polos procedementos de xestión establecidos (comunicacións escritas, mantemento asistido por computador, etc.) e coa frecuencia adecuada.

-Determínanse as actuacións correctoras das desviacións observadas na máquina ou na instalación, e danse as instrucións oportunas ou elabórase un informe para o superior.

-As especificacións de control dos plans de mantemento e reparación e de aprovisionamento determinan os momentos e os procedementos para o seguimento e a detección anticipada de posibles interferencias e demoras na execución.

-Establécese a coordinación dos talleres especializados de apoio loxístico e os procedementos para o control de cargos por tarefas de reparación, reconstrución e modificación de maquinaria.

-Establécense procedementos para auditar os plans e as tarefas de reparación e mantemento.

-Introdúcense as ordes nos módulos informáticos para a óptima utilización do programa MAO segundo as necesidades requiridas, así como os datos para programar e analizar a xestión do mantemento.

* 1.7. Crear, manter e intensificar relacións de traballo no contorno de produción e mantemento, resolvendo os conflitos interpersoais que se presenten e participando na posta en práctica de procedementos de reclamacións e disciplinarios.

-Difúndense os procedementos da organización entre os membros que a constitúen para estaren informados da súa situación e da súa marcha, fundamentalmente nos aspectos de calidade e de produtividade.

-Na toma de calquera decisión que afecte os procedementos, tense en conta e respéctase a lexislación laboral.

-Promóvense e, de ser o caso, acéptanse as melloras propostas por calquera membro da organización nos aspectos de calidade, produtividade e servizo.

-O estilo de dirección adoptado potencia as relacións persoais, e xera actitudes positivas entre as persoas e entre estas e a súa actividade ou o seu traballo.

-Poténciase que os obxectivos da organización sexan asumidos como propios por cada un dos membros que a compoñen.

-Xérase, respéctase e poténciase un plan de formación continuada para conseguir a formación adecuada do persoal.

-Identifícanse os conflitos que se orixinan no ámbito de traballo e tómanse as medidas para os resolver con prontitude.

-Resólvense problemas de relacións persoais, reunindo información adecuadamente antes de tomar unha decisión e consultando, de ser preciso, o inmediato superior.

-Infórmase os traballadores dos seus dereitos e dos seus deberes recollidos na lexislación vixente e no regulamento específico do seu contorno laboral.

Dominio profesional

Medios de produción.

* Posto informático conectado á rede e programas informáticos específicos. Programas informáticos de xestión e monitorización de sistemas. Calculadora científica.

* Fabricación mecánica: máquinas de mecanizado, estampación, forxa, fundición e liñas automatizadas de produción. Maquinaria téxtil. Maquinaria para a madeira. Artes gráficas: preimpresión, impresión, encadernación e manipulados. Maquinaria para a manipulación de alimentos e envases. Maquinaria da industria extractiva. Maquinaria para a industria química. Elevadores e transportadores. Equipamentos e instalacións de almacenaxe. Máquinas e equipamentos para embalaxe. Materiais, produtos e compoñentes. Ensaios de materiais destrutivos e non destrutivos. Ensaios de fiabilidade de equipamentos.

Principais resultados do traballo.

* Documentación técnica dos procesos de mantemento e reparación de maquinaria e equipamento industrial. Programas de xestión do mantemento. Sistemas de organización do mantemento.

Procesos, métodos e procedementos.

* Sistemas de obtención de produtos. Técnicas de mecanizado e montaxe. Programación de autómatas e robots industriais. Xestión do mantemento e procesos industriais por computador. Técnicas de análise de fallos e defectos nos sistemas e nos procesos de fabricación. Cálculo do tempo básico ou estándar. Métodos de medición de tempos de fabricación.

Información utilizada.

* Normas, fórmulas e datos de tempos para a implantación, a aplicación e o mantemento de novos procedementos e novas técnicas de tempos. Documentación técnica referente aos produtos fabricados. AMFEC de proceso. Planos de conxunto, despezamentos, prescricións, etc. Normas técnicas de utensilios e maquinaria. Documentación técnica do produto, prescricións e estudos presentados polas técnicas de produción. Estudos de factibilidade. Información para fabricación (carga de máquinas).

2.5.2. Unidade de competencia 2: xestionar e supervisar os procesos de instalación, mantemento e reparación do equipamento industrial, e realizar a súa posta a punto.

Realizacións e criterios de realización.

* 2.1. Organizar e controlar as intervencións para a instalación e o mantemento de equipamentos industriais, en función dos obxectivos programados e das situacións de continxencia, aproveitando convenientemente os recursos dispoñibles e coa menor incidencia na produción.

-Coordínanse as accións do mantemento coa xestión da produción e recórrese no posible á utilización dos seus tempos enmascarados para realizar as intervencións.

-Coordínase e adéstrase o operador de fabricación na aplicación das técnicas do mantemento total integrado na produción.

-Transmíteselles aos traballadores de maneira eficaz e interactiva a información necesaria para realizar e supervisar o mantemento e a reparación do

equipamento industrial, o que permite coñecer a evolución e as súas incidencias.

-Asígnanse tarefas e responsabilidades conxugando a xerarquía do mantemento, a prioridade das actuacións e os medios, e recursos humanos propios e externos dispoñibles.

-A supervisión permite coñecer as ordes de traballo pendentes e as desviacións do estado actual do programa respecto á planificación, así como proceder á reasignación de tarefas ou axustes de programación.

* 2.2. Supervisar os procesos de mantemento e reparación do equipamento industrial (electromecánico, eléctrico e de automatización), e resolver as continxencias de carácter técnico.

-Compróbase durante o proceso de instalación que os materiais, os equipamentos e os accesorios instalados sexan os prescritos, e que se transporten e se manipulen segundo procedementos establecidos, coa calidade e as condicións de seguridade adecuadas.

-Contrástanse coa práctica as propostas de modificación de gamas de mantemento, que melloran os procesos e os métodos, e garanten a calidade establecida.

-A supervisión evita anomalías e desviacións dos procesos e permite conseguir a calidade do mantemento e a reparación.

-Resólvense con eficacia e prontitude as continxencias no mantemento e na reparación, e as modificacións efectuadas recóllense na información técnica e comunícanselle á persoa adecuada.

-Realízanse as intervencións nos procesos de mantemento e reparación que pola singularidade das actividades se requiran.

* 2.3. Realizar e/ou supervisar os procesos de instalación e ensamblaxe de equipamento industrial (maquinaria, equipamento electromecánico, eléctrico e de automatización) a partir do proxecto e de instrucións técnicas, así como resolver as continxencias de carácter técnico e organizativo, en condicións de calidade e seguridade requiridas.

-A documentación recibida e a xerada, tanto a técnica como a administrativa, permiten realizar e supervisar a instalación e a ensamblaxe de maquinaria, equipamento electromecánico e redes de comunicación industrial, así como coñecer a súa evolución e as súas incidencias.

-Transmíteselles eficazmente aos traballadores a información necesaria para realizar e supervisar a instalación e a ensamblaxe de maquinaria, equipamento electromecánico e redes de comunicación industrial, o que permite coñecer a evolución e as súas incidencias.

-Realízase a instalación en planta do equipamento industrial de acordo coas especificacións técnicas do proxecto, aplicando procedementos establecidos e garantindo a calidade adecuada, coa seguridade requirida.

-Compróbase durante o proceso de montaxe que os materiais, os equipamentos e os accesorios instalados sexan os prescritos, e que se transporten e se manipulen segundo procedementos establecidos, coa calidade e as condicións de seguridade adecuadas.

-A supervisión evita desviacións dos procesos de instalación e ensamblaxe, así como futuras anomalías, e permite conseguir a calidade do mantemento e da reparación.

-As continxencias na instalación e na ensamblaxe de maquinaria, equipamento electromecánico e redes de comunicación industrial resólvense con eficacia e prontitude, e as modificacións efectuadas quedan recollidas na información técnica e comunícanselle ao superior.

* 2.4. Realizar a programación de manipuladores e sistemas de fabricación ou instalacións automáticas, a partir dun proceso secuencial e funcional establecido.

-Verifícase o tempo do proceso establecido e adáptase ás necesidades de produción.

-Establécense os parámetros (velocidade, forza, temperatura, concentración, densidades, etc.) en función das operacións que se vaian realizar.

-Verifícase a sintaxe do programa para garantir a súa execución.

-Os programas permiten correccións puntuais posteriores para garantir a mellora do proceso.

-Compróbase, mediante simulación, que as traxectorias das ferramentas ou das pezas non ocasionen movementos inesperados e estean axustadas ao perfil establecido.

-A secuencia, a traxectoria dos movementos e as funcións garanten a seguridade para os operarios e para as máquinas.

* 2.5. Realizar ou supervisar o diagnóstico de fallo ou avaría de máquinas, equipamentos ou sistemas aplicando técnicas de análise, a partir dos síntomas detectados, dos datos tomados para a valoración, da información técnica de explotación e do seu historial.

-A análise da documentación técnica e doutras fontes de información dispoñibles (historiais, AMFEC, programas informatizados de diagnose ou detección de avarías, etc.) permite determinar o alcance dos fallos ou da avaría e elaborar un plan de actuación, a partir da provisión de datos e informacións existente sobre ela (partes de avarías e incidencias, lectura dos indicadores, etc).

-As probas funcionais realizadas permiten verificar os síntomas recollidos e precisar o tipo da disfunción, posibilitando a identificación da zona onde se produza o fallo ou a avaría no conxunto, nos sistemas, nos equipamentos e nas partes implicadas e, de ser o caso, establécense as posibles interaccións existentes entre os sistemas.

-Elíxense as ferramentas e os instrumentos de medida de acordo co síntoma presentado e co sistema ou o equipamento que cumpra verificar, e utilízanse aplicando os procedementos correspondentes (preparación, conexións, manexo de equipamentos, secuencia lóxica de operacións, seguridade, etc.) e no tempo establecido.

-Localízase a posible fonte xeradora de fallos dos sistemas mecánicos, segundo un proceso de causa-efecto, comprobando e relacionando as variables precisas potencialmente xeradoras do fallo (estado e presión do lubricante, consumos, temperatura e estado do refrixerante, esvaramentos, ruídos e vibracións anormais, perda de fluídos, sincronización de movementos, folguras, oscilacións, estados de órganos móbiles e chumaceiras, datos subministrados por programas de autodiagnose, etc.).

-Localízase a posible fonte xeradora de fallos dos sistemas eléctricos, segundo un proceso de causa-efecto, comprobando e relacionando as variables xeradoras do fallo (continuidade dos condutores, estado das conexións, illamento entre si de circuítos e entre masas metálicas, estado dos sensores, detectores e aparamenta eléctrica, sintomatoloxía presentada polos circuítos, datos subministrados por programas de autodiagnose, etc.).

-O plan de actuación elaborado para diagnosticar os sistemas automáticos e de comunicación industrial do contorno da máquina permiten localizar con precisión o tipo (físico ou lóxico) e o bloque funcional ou módulo (detectores, transmisores, elementos de control, actuadores, etc.) onde se atopa a avaría.

-Identifícanse con exactitude as desviacións das características dos compoñentes ou sistemas, e compáranse coas referencias patrón dos parámetros coñecidos, para identificar o seu estado e as causas que o produzan.

-Emítese o informe técnico relativo ao diagnóstico realizado coa precisión requirida, e cos datos suficientes e necesarios para identificar inequivocamente os sistemas e os elementos avariados, e as accións que cumpra realizar para a restitución do funcionamento do equipamento e para avaliar o custo da intervención.

* 2.6. Realizar as probas de seguridade e de funcionamento do equipamento industrial a partir da documentación técnica, asegurando as condicións de fiabilidade e de seguridade requiridas.

-O plan de probas para a posta en servizo dos sistemas integrantes da maquinaria determina as probas de seguridade regulamentarias e de funcionamento que cumpra realizar, os procedementos que se deban seguir e a súa secuencia.

-Compróbase que os aparellos de medida e de protección da instalación cumpran as prescricións regulamentarias.

-Realízase a proba de estanquidade nos tramos do circuíto auxiliar e da maquinaria co fluído (aire, gas inerte, auga ou precarga de fluído), a presión, a temperatura e o tempo adecuados.

-Utilízanse procedementos para a detección de fugas en todo o seu trazado.

-Cúmprense os regulamentos aplicables para cada tipo de instalación.

-Púrgase ao finalizar a proba.

-Realízanse as comprobacións de seguridade eléctrica prescritivas (medida da resistencia de terra e dos illamentos, resposta dos dispositivos de protección, etc.) asegurando que os valores obtidos se axusten aos exixidos polo REBT.

-Realízanselles as probas de prestacións e eficiencia enerxéticas aos equipamentos da instalación, regúlanse e axústanse aos valores establecidos, utilizando os procedementos adecuados e coa seguridade requirida.

-Os resultados das probas realizadas aos detectores, reguladores, actuadores e elementos de seguridade responden ás súas especificacións funcionais e técnicas.

-Os detectores, reguladores, actuadores e elementos de seguridade responden ás especificacións técnicas e funcionais establecidas.

-Os sistemas de emerxencias e de alarmas responden ás situacións de continxencia establecidas e nas condicións de eficacia adecuadas.

* 2.7. Realizar a posta a punto do equipamento industrial despois da instalación ou reparación, para conseguir os obxectivos do proceso de produción, efectuando as probas, as modificacións e os axustes necesarios para obter a primeira peza, a partir da documentación técnica e asegurando a fiabilidade do sistema.

-Realízanse as probas e os axustes dos sistemas seguindo os procedementos establecidos na súa documentación.

-Na realización en baleiro do ciclo, compróbase a inexistencia de colisións ou dos movementos descontrolados.

-Os parámetros de control dos sistemas están axustados ao especificado na súa documentación e de acordo cos requisitos do proceso.

-A realización da primeira peza permite o axuste dos parámetros e a posta a punto das máquinas e dos equipamentos para o lanzamento da produción.

-A primeira peza permite comprobar que o programa, a preparación dos equipamentos e as operacións sexan os correctos.

-Recóllense con precisión e de xeito normalizado na súa documentación as modificacións realizadas no sistema.

-Os programas de control dispoñen de copia de seguridade actualizada e recollen as melloras e os cambios realizados.

-O informe de posta en servizo do sistema recolle a información prescrita coa precisión requirida e no formato normalizado, así como a aceptación do sistema por parte do responsable.

* 2.8. Determinar a estratexia que se deba seguir fronte a un equipamento que se debe reparar, avaliando as posibilidades do apoio loxístico interno e externo, e factores económicos.

-Obtense a información necesaria para establecer os índices de valoración dos factores que se vaian considerar para determinar as actuacións que se deban realizar (custos e prazos dos apoios loxísticos interno e externo, programa de produción, incidencias no persoal, etc.).

-Reorganízanse os recursos e a programación das tarefas de mantemento, realizándose as actuacións necesarias para a consecución das prioridades establecidas.

-Contrólanse os resultados obtidos ao finalizar o proceso, contrástanse coa valoración de partida dos factores e emítese o informe correspondente.

* 2.9. Participar na mellora do proceso de produción, co fin de aumentar a produtividade, cumprindo coas especificacións técnicas e de calidade do produto.

-As achegas propostas para mellorar o proceso conxugan e xustifican adecuadamente o incremento da produtividade, a calidade, a redución de custos, a seguridade, a diminución de esforzos e a ergonomía.

-O nivel e a actualización da información sobre o proceso son os adecuados e permiten a achega de melloras continuas ao proceso.

-Defínense as máquinas, as instalacións e os utensilios de nova adquisición necesarios para a produción, tendo en conta a dispoñibilidade de repostos, a facilidade de mantemento e a flexibilidade nos traballos.

* 2.10. Crear, manter e intensificar relacións de traballo no contorno de produción e mantemento, resolvendo os conflitos interpersoais que se presenten e participando na posta en práctica de procedementos de reclamacións e disciplinarios.

-Difúndense os procedementos da organización entre os membros que a constitúan para estaren informados da súa situación e da súa marcha, fundamentalmente nos aspectos de calidade e produtividade.

-Na toma de calquera decisión que afecte os procedementos, tense en conta e respéctase a lexislación laboral.

-Promóvense e, de ser o caso, acéptanse as melloras propostas por calquera membro da organización, nos aspectos de calidade, produtividade e servizo.

-Poténciase que os obxectivos da organización sexan asumidos como propios por cada un dos membros que a compoñen.

-Xérase, respéctase e poténciase un plan de formación continuada para conseguir a formación adecuada do persoal.

-Identifícanse os conflitos que se orixinen no ámbito de traballo e tómanse as medidas para os resolver con prontitude.

-Resólvense problemas de relacións persoais, reunindo información adecuadamente antes de tomar unha decisión e consultando, de ser preciso, o inmediato superior.

-Infórmase os traballadores sobre os seus dereitos e deberes recollidos na lexislación vixente e no regulamento específico do seu contorno laboral.

-Cando se inicia un procedemento disciplinario ou unha queixa, achégase a información dispoñible coa mínima demora.

* 2.11. Establecer e facer cumprir as medidas de protección e de seguridade que se deban adoptar en cada caso, no referente aos equipamentos, aos medios e ás persoas.

-Mantéñense as proteccións para seguridade de uso dos equipamentos e das máquinas, e engádense cando se detecten outros riscos na súa aplicación.

-Paralízase o traballo cando non se cumpran as medidas de seguridade establecidas ou exista risco para as persoas ou os bens.

-En caso de accidente laboral, analízanse as causas que o produciron e tómanse as medidas correctivas.

-Cando se produza un accidente laboral póñense en coñecemento de todo o persoal as causas que o motivaran e o xeito en que se podería ter evitado.

-A implantación de campañas de seguridade continuas permite que estas sexan unha parte importante das tarefas dos traballadores e fomenta a súa participación no establecemento das normas de seguridade.

-A vixilancia da realización de traballos permite o cumprimento das normas de seguridade establecidas e a incorporación de novas normas que permitan que o traballo en execución sexa máis seguro.

-A vixilancia dos postos de traballo permite comprobar que as medidas de seguridade aplicables en equipamentos e máquinas estean ben visibles, por medio de carteis adecuados aos postos de traballo en lugares estratéxicos.

* 2.12. Actuar segundo o plan de seguridade e hixiene, participando cos responsables da empresa na súa elaboración, instruíndo os seus colaboradores, supervisando e aplicando as medidas establecidas e, así mesmo, supervisando e utilizando os equipamentos de seguridade asignados ao seu equipamento.

-Identifícanse os dereitos e as obrigas do empregado e da empresa en materia de seguridade e hixiene, e asígnanse tarefas para acometer accións preventivas, correctoras e de emerxencia.

-Identifícanse os equipamentos e os medios de seguridade máis adecuados para cada actuación e o seu uso.

-As propostas que se realizan supoñen unha notable mellora nos sistemas de seguridade do seu contorno de traballo.

-Fórmanse os colaboradores de acordo co plan de seguridade e hixiene da empresa.

-En situacións de emerxencia:

-Prodúcese a evacuación dos edificios e das instalacións de acordo cos procedementos establecidos.

-O persoal correspondente acomete as funcións establecidas.

-O uso de equipamentos e dos medios é o adecuado consonte os requisitos e as especificacións.

-Aplícanse as medidas sanitarias básicas e as técnicas de primeiros auxilios.

Dominio profesional

Medios de produción.

* Posto informático conectado á rede e programas informáticos específicos. Cinta métrica. Pé de rei. Parafuso micrométrico. Goniómetro. Colimador ou anteollos de puntaría. Multímetro. Vatímetro. Pinza amperimétrica. Telurómetro. Medidor de illamento eléctrico. Tacómetro. Estroboscopio. Maleta de programación. Computadores portátiles.

* Fabricación mecánica: máquinas de mecanizados, estampación, forxa, fundición e liñas automatizadas de produción. Maquinaria téxtil. Maquinaria para a madeira. Artes gráficas: preimpresión, impresión, encadernación e manipulados. Maquinaria para a manipulación de alimentos e envasados. Maquinaria da industria extractiva. Maquinaria para a industria química. Elevadores e transportadores. Equipamentos e instalacións de almacenaxe. Máquinas e equipamentos para embalaxe. Materiais, produtos e compoñentes. Ensaios de materiais destrutivos e non destrutivos. Ensaios de fiabilidade de equipamentos.

Principais resultados do traballo.

* Coordinación, supervisión e instrución dos recursos humanos de mantemento. Control da execución do mantemento. Informe de verificación e posta en servizo do equipamento e dos sistemas automáticos para procesos. Instalación en planta de maquinaria en estado de correcto funcionamento. Programas de manipuladores. Informes de diagnóstico de fallo ou avaría da maquinaria e do equipamento industrial.

Procesos, métodos e procedementos.

* Técnicas de organización e control de avance da montaxe e do mantemento do equipamento industrial. Procedementos de montaxe, mantemento e reparación do equipamento industrial. Técnicas de manipulación de masas pesadas e voluminosas. Técnicas de diagnóstico de fallos e avarías do equipamento industrial. Técnicas de medida. Técnicas de programación para sistemas automatizados. Técnicas dos procesos de mecanizado, conformado e unión.

Información.

* Planos de implantación de masas, máquinas, cimentación, de conxunto e despezamentos dos sistemas mecánicos, eléctrico-electrónicos, pneumáticos e hidráulicos, de esquemas de principio e funcionais, e de redes de fluídos e enerxéticas. Listaxes de materiais, elementos normalizados, equipamentos mecánicos e elementos de automatización. Pautas de control. Informe técnico. Especificacións técnicas. Documentación técnica de elementos normalizados. Normas e regulamentos (da empresa, de seguridade e hixiene, de protección ambiental, etc.). Planos de edificios e de instalacións de servizo. Follas de incidencias. Catálogos comerciais (de materiais, produtos, máquinas, compoñentes, etc.). AMFE do proceso. Procedementos de fabricación e parámetros loxísticos. Historiais do equipamento industrial.

* Informes de estado das máquinas e dos equipamentos. Informes de procesos. Partes de incidencias. Informes de materiais consumidos. Follas de propostas de mellora ao proceso.

2.5.3. Unidade de competencia 3: desenvolver proxectos de mellora e modificación do equipamento industrial.

Realizacións e criterios de realización.

* 3.1. Elaborar planos xerais e de detalle de implantación de maquinaria e equipamento industrial a partir dos requisitos do proxecto de produción e instrucións técnicas dos equipamentos, conseguindo os niveis de calidade establecidos.

-Realízanse os planos da instalación aplicando a normativa axeitada e, de ser o caso, as normas internas da empresa.

-Realízase a disposición das máquinas, os elementos de manutención e os armarios eléctricos, así como o trazado das instalacións de engraxamento e refrixeración, potencia hidráulica, pneumática, eléctricas e de comunicación, tendo en conta:

-As fases do proceso en función dos camiños críticos, o fluxo de materiais, entradas e saídas, atoamentos e desprazamentos aéreos.

-As características dos edificios, a infraestrutura e as súas instalacións, resolvéndose as interferencias e os encontros.

-Os requisitos ergonómicos das condicións de operación, de mantemento e de emerxencia nos postos de traballo e nos lugares de intervención na liña de produción.

-Incorpóranse ao proxecto os planos e/ou as especificacións técnicas dos elementos estandarizados, mellorando o proceso de debuxo e utilizando adecuadamente os convencionalismos de representación e de consignación establecidos.

-Establécense as especificacións técnicas da montaxe da maquinaria, do equipamento industrial e dos utensilios, consonte os requisitos do manual de deseño e as instrucións de implantación precisas para asegurar a calidade da instalación.

-Os circuítos de automatización, control e comunicación entre os elementos da liña de produción dan resposta ao ciclo de funcionamento establecido e á simboloxía utilizada para a súa representación nos planos, de acordo coa normativa.

-As listaxes de materiais inclúen o código e as especificacións dos elementos do proxecto.

-Defínese a fixación dos bastidores, as ancoraxes e as nivelacións á soleira e cimentacións de máquinas e pechamentos, atendendo ás solicitacións mecánicas e seguindo as especificacións do fabricante.

-A implantación definida cumpre coa normativa vixente referente á seguridade ambiental, das persoas, dos equipamentos e das instalacións.

* 3.2. Elaborar planos de conxunto e de detalle para a modificación, a mellora e a reparación de máquinas e dos seus automatismos, cumprindo os requisitos de seguridade, a partir do prego de condicións técnicas establecidas, das instrucións e dos historiais da maquinaria, conseguindo os niveis de calidade establecidos.

-Realízanse os planos de modificación da maquinaria aplicando a normativa adecuada e, de ser o caso, as normas internas da empresa.

-Identifícanse, cuantifícanse e valóranse os subconxuntos e as pezas que interveñen na modificación ou na mellora da máquina seguindo os criterios establecidos pola empresa, e a información precisa recóllese claramente nos planos apropiados.

-As solucións construtivas de conxunto e despezamento do sistema aseguran a factibilidade da montaxe e a mantenibilidade da máquina.

-Realízanse os planos de despezamento tendo en conta as condicións de fabricación e de montaxe (formas, dimensións, tolerancias, accesibilidade dos elementos no conxunto montado, utilización de ferramentas normalizadas, facilidade de montaxe, posibilidade de automatización, etc.).

-Utilízanse elementos e formas construtivas normalizadas co fin de facilitar a fabricación e a intercambiabilidade.

-Os materiais determinados para cada órgano ou elemento son os exixidos para a aplicación correspondente, en función das solicitacións requiridas e do custo.

-Establécense os axustes e as tolerancias de acordo coa función que desempeñen as pezas e o tipo de fabricación previsto.

-A disposición gráfica adoptada para a representación dos elementos dos esquemas, as súas agrupacións e os sistemas de referencia e de codificación permiten interpretar a cadea de relacións establecidas entre eles e facer o seguimento secuencial do funcionamento da instalación.

-Establécense os puntos e os tipos de lubricación, así como as súas canles e os circuítos dentro do mecanismo, determinando as súas dimensións.

-Mellórase a fiabilidade e a dispoñibilidade da máquina coas modificacións introducidas, o que garante a capacidade produtiva da instalación.

-Actualízanse os planos e a documentación técnica respondendo ás modificacións introducidas.

-Realízase o proxecto de modificación de maquinaria observando en todo momento o regulamento de seguridade nas máquinas e as normas de seguridade de carácter xeral e específicas da empresa.

* 3.3. Obter a información das características e especificacións técnicas dos sistemas da máquina necesaria para a súa modificación, mellora ou reparación, a partir do propio equipamento e/ou da súa documentación técnica.

-A información sobre os sistemas mecánicos contén: cadea cinemática e réximes de funcionamento; esbozos de formas e dimensións das pezas e as súas relacións funcionais; materiais, calidades superficiais, acabamentos superficiais (cincado, cromado, pavonado, pintado, etc.) e posibles tratamentos térmicos; listaxe de elementos normalizados; propostas ao laboratorio para determinación da estrutura dos materiais, ensaios que cumpra realizar e medicións especiais metrolóxicas.

-A información sobre os sistemas eléctricos contén: esquemas dos circuítos; datos dos consumos en cada circuíto; esbozos de disposición de equipamentos e do embornado; identificación dos equipamentos e das máquinas (marca, tipo, características nominais e conexionado) e dos seus axustes, cos órganos do equipamento mecánico; cableados (tipo de cable, seccións, identificación e botóns metálicos); canalizacións eléctricas (tipo e formas de suxeición).

-A información sobre os sistemas pneumáticos e hidráulicos contén: esquemas dos circuítos e datos das secuencias establecidas; esbozos de disposición de equipamentos; identificación de máquinas e elementos, tipo e funcións, características e datos técnicos.

-A información sobre os sistemas de automatización contén: diagramas de secuencia e listaxe de programa de autómatas; esquemas dos circuítos; deseño de disposición de elementos; características dos autómatas, da súa estrutura funcional e das tarxetas específicas de control (comunicación, localización, expansións de entradas e saídas, etc.); programas introducidos.

-A información dos procesos produtivos contén: diagrama de operacións do proceso; ciclos, secuencias, condicións de operación caracterizadas e puntos de control.

-Selecciónanse os instrumentos de medida co tipo e o rango adecuado á variable que haxa que comprobar, e utilízanse aplicando os procedementos establecidos.

-Adóptanse as medidas necesarias sobre o equipamento industrial para garantir a seguridade das persoas durante as intervencións.

* 3.4. Participar na definición das especificacións de novas máquinas e de novos útiles requiridos para conseguir os obxectivos de produción, a partir da información técnica do produto e do plan de produción.

-As novas máquinas, os utensilios e as instalacións axústanse ás dimensións, ás formas e ás tolerancias dos produtos que se pretenda fabricar.

-Defínense as características (potencia, tamaño, prestacións, etc.) das máquinas e das instalacións, en función dos obxectivos de produción.

-A actualización de coñecementos tecnolóxicos permite definir as propostas de adquisicións óptimas, para conseguir a máxima rendibilidade nos investimentos.

-Os medios de produción teñen un nivel tecnolóxico competitivo e unha versatilidade que permitan rendibilizar optimamente o investimento e conseguir a calidade establecida.

* 3.5. Realizar a selección de elementos mecánicos e eléctricos, de compoñentes de automatismos comerciais e de subministracións industriais, aplicando procedementos e normas establecidas, para mellorar e/ou modificar a maquinaria.

-Os elementos seleccionados responden á tecnoloxía estándar do sector e ás normas de homologación.

-Realízanse as operacións de cálculos técnicos para determinar as características dos elementos, os equipamentos, os compoñentes e os materiais, a partir de datos previos que sirvan de soporte ao proxecto, aplicando procedementos establecidos e utilizando manuais, táboas e programas de cálculo informatizados.

-Selecciónanse elementos mecánicos tendo en conta as características obtidas nos cálculos, os rendementos, as solicitacións ás cales están sometidas, as condicións de mantenibilidade e as especificacións achegadas polo fabricante.

-As relacións establecidas entre máquinas, elementos de transporte, paletización, amoreadores, manipuladores, ramplas, selectores de peza, etc., responden á función, ás prestacións e á compatibilidade requiridas para asegurar a capacidade produtiva da instalación.

-As condicións de compatibilidade entre os elementos e os órganos de cada unha das máquinas aseguran a súa capacidade produtiva.

-Os dispositivos establecidos para o ciclo alternativo nos puntos de illamento parcial da liña de produción aseguran a capacidade produtiva do proceso durante as operacións de mantemento e de reparación.

-Os elementos de automatismo comerciais eléctricos, electrónicos, pneumáticos e hidráulicos cumpren cos requisitos do proxecto, e responden ás características do ciclo de traballo e ás condicións de utilización e de mantenibilidade.

-Asegúrase a axeitada aplicación dos elementos e dos equipamentos no proxecto consultando normas de utilización e dos fabricantes, e analízase o historial da maquinaria e das instalacións semellantes existentes.

-Elíxense os compoñentes tendo en conta as garantías de intercambiabilidade, subministración e custos.

* 3.6. Establecer o prego de condicións técnicas e procedementos de recepción dos repostos de máquinas, materiais, útiles e ferramentas, para determinar provedores e homologar a subministración.

-A especificación da calidade e das características dos repostos asegura a obtención de prestacións e a fiabilidade requiridas.

-Determínanse os tipos de ensaio e as súas especificacións técnicas que certificarán os provedores para a homologación do reposto non estandarizado.

-A especificación técnica dos aceites, as graxas lubricantes e os fluídos de corte determina as características físicas e químicas, os procedementos de ensaios de recepción e de comprobación da estabilidade das propiedades, e as aplicacións e condicións de uso no seu contorno produtivo.

-Os elementos, as pezas, os compoñentes, as ferramentas e os útiles mecánicos están definidos pola especificación dos materiais que os compoñen, os seus tratamentos, os seus acabamentos superficiais e as súas terminacións, dimensións e tolerancias, especificacións dos axustes, aplicacións e condicións de aptitude para o seu uso, e especificacións dos ensaios de recepción.

-Os compoñentes eléctricos, electrónicos, hidráulicos e pneumáticos están determinados pola súa denominación inequívoca e as súas especificacións no referente ás súas características, datos técnicos e aplicación, e indícanse os ensaios de recepción.

-Determínanse as condicións de entrega, embalaxe e transporte das subministracións que deban ser cumpridas polo provedor.

* 3.7. Manter actualizada e organizada a documentación técnica requirida para a xestión do mantemento da maquinaria e do equipamento industrial.

-A documentación está ordenada e completa, e cumpre as normas internas da empresa en materia de presentación.

-Establécense as pautas para a revisión e a actualización da documentación técnica.

-Mantéñense actualizados os historiais da maquinaria e do equipamento industrial, rexistrando as actuacións e as modificacións realizadas no tempo sobre a maquinaria e o equipamento industrial.

-A actualización e a organización da documentación técnica permiten coñecer a vixencia da documentación existente (catálogos, revistas, manual de calidade, planos, etc.) e incorporan sistematicamente as modificacións que afecten os planos e os documentos técnicos.

-A información e a documentación dispoñibles son adecuadas e suficientes para manter informados os departamentos da empresa involucrados, e permiten que as persoas que deban utilizar a documentación coñezan a súa existencia e a súa dispoñibilidade.

* 3.8. Crear, manter e intensificar relacións de traballo no contorno de produción, resolvendo os conflitos interpersoais que se presenten e participando na posta en práctica de procedementos de reclamacións e disciplinarios.

-Difúndense os procedementos da organización entre os membros que a constitúen, para estaren informados da súa situación e da súa marcha, nomeadamente nos aspectos de calidade e produtividade.

-Tense en conta e respéctase a lexislación laboral na toma de calquera decisión que afecte os procedementos.

-Promóvense e, de ser o caso, acéptanse as melloras propostas por calquera membro da organización nos aspectos de calidade, produtividade e servizo.

-O estilo de dirección adoptado potencia as relacións persoais e xera actitudes positivas entre as persoas, e entre estas e a súa actividade ou o seu traballo.

-Poténciase que os obxectivos da organización sexan asumidos como propios por cada un dos membros que a compoñen.

-Xérase, respéctase e poténciase un plan de formación continuada, para conseguir a formación adecuada do persoal.

-Identifícanse os conflitos que se orixinan no ámbito do traballo e tómanse as medidas para os resolver con prontitude.

-Resólvense problemas de relacións persoais, para o que se reúne información adecuadamente antes de tomar unha decisión e consúltase, de ser preciso, o inmediato superior.

-Infórmase os traballadores dos seus dereitos e deberes recollidos na lexislación vixente e no regulamento específico do seu contorno laboral.

-Cando se inicia un procedemento disciplinario ou unha queixa achégase a información dispoñible, coa mínima demora.

Dominio profesional

Medios de produción.

* Equipamento e aplicacións informáticas para deseño asistido por computador (CAD), plotter de debuxo. Impresoras. Tecnígrafos e instrumentos de debuxo. Programas informáticos de cálculo e de simulación de mecanismos. Equipamento de reprodución de planos e de documentos. Cinta métrica. Pé de rei. Parafuso micrométrico. Goniómetro. Colimador ou anteollos de puntaría. Multímetro. Pinza amperimétrica. Tacómetro. Estroboscopio. Maleta de programación. Computadores portátiles.

* Fabricación mecánica: máquinas de mecanizado, estampación, forxa, fundición e liñas automatizadas de produción. Maquinaria téxtil. Maquinaria para a madeira. Artes gráficas: preimpresión, impresión, encadernación e manipulados. Maquinaria para a manipulación de alimentos e envasados. Maquinaria da industria extractiva. Maquinaria para a industria química. Elevadores e transportadores. Equipamentos e instalacións de almacenaxe. Máquinas e equipamentos para embalaxe. Materiais, produtos e compoñentes. Ensaios de materiais destrutivos e non destrutivos. Ensaios de fiabilidade de equipamentos.

Principais resultados do traballo.

* Planos de implantación de masas, de máquinas, de cimentación e de conxunto, e despezamentos dos sistemas mecánicos, eléctricos, electrónicos, pneumáticos e hidráulicos, de esquemas de principio e funcionais, de redes de fluídos e enerxéticas. Listaxes de materiais, elementos normalizados, equipamentos mecánicos e elementos de automatización. Pautas de control. Informe técnico. Libro de instrucións. Informes de estudos. Arquivo de documentación técnica.

Procesos, métodos e procedementos.

* Definición funcional e construtiva do produto. Desenvolvemento do deseño e realización de planos. Sistemas de organización e arquivo de documentación técnica. Técnicas de expresión gráfica. Técnicas de deseño e debuxo por computador. Técnicas de análise de fallos e efectos.

Información utilizada.

* Planos de anteproxecto. Especificacións técnicas. Documentación técnica de referencia (proxectos similares). Manual de deseño. Documentación técnica de elementos normalizados. Normas de deseño, de codificación de documentación técnica, existentes na empresa, de seguridade e hixiene, e de protección ambiental. Planos de edificios e de instalacións de servizo. Follas de incidencias orixinadas na fabricación. Catálogos comerciais de materiais, produtos, máquinas, compoñentes, etc. AMFE do proceso. Procedementos de fabricación e parámetros loxísticos. Historiais do equipamento industrial.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

Menciónase deseguido unha serie de cambios previsibles no sector que, en maior ou menor medida, poden influír na competencia deste profesional.

* A modernización continua e paulatina das estruturas industriais produce un incremento nos investimentos destinados á renovación de bens de equipamento, cunha importante renovación da maquinaria e a implantación de sistemas informatizados para a xestión do mantemento.

* A incorporación de novas tecnoloxías, principalmente nos sistemas de produción automatizados ha implicar unha substitución ou complementación dos equipamentos e dos sistemas, que melloren e

flexibilicen os cambios demandados polos procesos de produción.

* A mellora crecente dos índices de dispoñibilidade das máquinas e dos equipamentos de produción leva implícito o aumento dos niveis de tecnificación e de mantenibilidade, así como a incorporación das novas tecnoloxías. Xa que logo, vanse desenvolver sistemas de diagnóstico de estado das máquinas e de monitorización dos equipamentos e das ferramentas, o control a distancia dos procesos, etc.

* A calidade, adquirida e controlada por medio duns plans de específicos, implica a renovación de tecnoloxías que obriga a un investimento nos procesos produtivos.

* O desenvolvemento da normativa de seguridade e prevención ha obrigar a unha maior exixencia na súa aplicación.

* As ferramentas informáticas para a elaboración de documentación técnica e para a xestión dos procesos (cálculo, debuxo, planificación, control, etc.) implántanse cada vez con maior profusión.

* A evolución na organización da produción cara a sistemas de mantemento integrado require grandes esforzos de formación para a implantación das novas estratexias.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

O aumento da presenza de equipamentos programables ha determinar que parte da súa actividade se centre na programación e na posta en funcionamento destes equipamentos.

A expansión de sistemas de enxeñaría asistida por computador será suficientemente flexible tanto no deseño, en dúas ou en tres dimensións, como na fabricación.

O aumento e o control dos niveis de calidade han determinar unha actividade baseada no coñecemento e na aplicación do plan de calidade específico. Algo similar vai ocorrer co plan de seguridade, cuxa aplicación e control sistemático deben constituír unha actividade de importancia crecente.

Daranse tamén cambios específicos na actividade deste profesional derivados da utilización de novos equipamentos, especialmente coa utilización, cada vez máis xeneralizada, de medios informáticos na organización e no control da produción, o que vai obrigar a manexar bases de datos e programas específicos.

O desenvolvemento de procedementos e de métodos de intervención de mantemento preventivo sistemático e preditivo, así como de reparación das máquinas e dos equipamentos, ha cobrar maior importancia nas técnicas de mantemento integrado.

A experiencia adquirida no mantemento dos equipamentos demandará a súa participación no desenvolvemento do proxecto de novos equipamentos naqueles aspectos que melloran a súa mantenibilidade.

A evolución na organización da produción cara a sistemas de mantemento integrado require dinamizar os programas de formación e a consecución de obxectivos para a implantación das novas estratexias.

2.6.3. Cambios na formación.

Este técnico deberá ter unha formación en informática que lle permita utilizar programas de aplicación, así como a consulta e o control de bases de datos de materiais. En materia de planificación, os seus coñecementos informáticos débenlle permitir realizar e utilizar os gráficos e os diagramas de produción. Do mesmo xeito, deberá coñecer os sistemas de programación de máquinas e equipamentos.

A súa formación en calidade débese enfocar a conseguir unha concepción global dela e uns coñecementos en procesos, máquinas, medios e sistemas de control que lle permitan actuar neste campo permanentemente.

Deberá coñecer os aspectos relacionados con tecnoloxías aplicadas ás fases do proceso produtivo, que permitan axustarse ás exixencias canto á capacidade de adaptación a novos produtos.

Deberá adquirir a formación que lle permita conxugar o deseño coa fabricación asistida por computador e a programación de sistemas auxiliares de fabricación, robots, autómatas, PLC, etc.

Deberá ampliar a súa formación no coñecemento e na preparación de equipamentos complexos de mecanizado, montaxe e acabamento, nos cales interveñen sistemas hidráulicos, pneumáticos, eléctricos e electrónicos sofisticados, así como utensilios e ferramentas de alta precisión.

A xestión e as relacións co contorno de traballo adquiren cada vez un maior relevo no contexto da formación, o que lle ha permitir coordinar tarefas produtivas.

Deberá coñecer a utilidade e a instalación dos medios de protección e ter unha visión global da seguridade en fabricación e montaxe, así como un coñecemento da normativa aplicable e da documentación específica, o que o vai levar a ter en conta este aspecto permanentemente en todas as súas actuacións.

A calidade adquire unha importancia primordial, nomeadamente o concepto de calidade total, o que implica a supervisión e o seguimento do proceso de forma continua, polo que se demanda un técnico cun alto grao de polivalencia e coñecedor do proceso no seu conxunto, o que permitirá a relación con outros técnicos.

Outras necesidades de formación, que poderían ser deducidas dos cambios previsibles no sector, son o coñecemento de novos materiais, o mantemento de máquinas, equipamentos e instalacións, e a utilización de novos equipamentos de fabricación e control. Trátase de necesidades de posterior especialización que poderán ser completadas no posto de traballo.

2.7. Posición no proceso produtivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

Este técnico integrarase en departamentos técnicos de mantemento e nas divisións de instalación e montaxe en planta de maquinaria e equipamento industrial dos diversos sectores produtivos. En xeral desenvolve o seu traballo en grandes e medianas empresas.

Dado que as actividades de mantemento e reparación se desenvolven na práctica totalidade dos sectores produtivos e non é posible relacionar exhaustivamente todos eles, cítanse deseguido algúns dos subsectores onde este técnico pode desempeñar o seu traballo:

-Industrias extractivas.

-Metalurxia e fabricación de produtos metálicos.

-Industria da construción de maquinaria e equipamento mecánico.

-Construción e montaxe de vehículos automóbiles.

-Industria téxtil.

-Edición e artes gráficas.

-Produtos alimentarios e bebidas.

-Enxeñaría e servizos de mantemento.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

Esta figura profesional sitúase funcionalmente nas áreas de:

-Enxeñaría, planificación, programación, compras, execución, e control de calidade e loxística de mantemento e reparación de maquinaria e equipamento industrial.

-Instalación e montaxe en planta de maquinaria e equipamento industrial.

O contorno tecnolóxico da figura profesional engloba os campos de:

-Ensamblaxe, instalación e posta a punto do equipamento industrial.

-Mantemento preventivo, sistemático, preditivo e correctivo, así como reparación do equipamento industrial.

-Diagnóstico de avarías.

-Deseño, planificación e programación do mantemento.

-Calidade, loxística e auditoría do mantemento.

Os coñecementos atópanse ligados a:

-Sistemas eléctricos, electrónicos, de comunicación industrial, mecánicos, pneumáticos e hidráulicos.

-Regulación e control.

-Técnicas de mecanizado e unión.

-Técnicas e equipamentos de engraxamento e refrixeración de mecanizados.

-Normalización.

-Planos e esquemas.

-Interpretación de regulamentos.

-Materiais.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

A título de exemplo e con fins de orientación profesional enumérase deseguido, de xeito xenérico, un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poden ser desempeñados por esta figura profesional.

-Técnico en instalacións e montaxes de equipamentos industriais.

-Técnico en organización do mantemento.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Analizar e interpretar adecuadamente a documentación técnica correspondente ao mantemento e á montaxe de maquinaria e de equipamento industrial.

* Coñecer e aplicar as técnicas máis usuais de planificación, programación e xestión do mantemento da maquinaria e do equipamento industrial de produción, utilizando as ferramentas informáticas axeitadas en cada caso.

* Coñecer e aplicar as técnicas utilizadas na montaxe en planta, no mantemento e na reparación de maquinaria e equipamento industrial, e dos seus sistemas asociados.

* Realizar as comprobacións, as medidas e os axustes utilizados no mantemento, na montaxe en planta e na posta a punto da maquinaria e do equipamento industrial.

* Determinar os procedementos de actuación para o diagnóstico e a localización das avarías nos sistemas mecánicos, hidráulicos, pneumáticos, eléctricos, e de control e regulación automáticos da maquinaria e do equipamento industrial; determinar e propor os útiles específicos máis apropiados, e documentar os ditos procedementos coa precisión requirida, no formato oportuno e no soporte adecuado.

* Manter ou modificar os sistemas de mando, medida, control e regulación de máquinas e procesos industriais, con selección dos equipamentos e dos materiais máis adecuados en cada caso.

* Elaborar documentación necesaria para a definición e o desenvolvemento de proxectos de modificación de maquinaria e de equipamento industrial, realizando os cálculos, os esquemas e os planos necesarios para a súa concreción, mediante a utilización das ferramentas informáticas axeitadas en cada caso.

* Elaborar e modificar os programas de control correspondentes aos equipamentos de automatización de máquinas e procesos, empregando en cada caso a linguaxe, os procedementos e as estruturas máis idóneas co fin de mellorar o funcionamento e asegurar a fiabilidade e a seguridade do sistema.

* Valorar a importancia dos conceptos de calidade total e aplicar as técnicas que a caracterizan no desenvolvemento e na execución do mantemento e dos proxectos de modificación dos sistemas de maquinaria e de equipamento industrial.

* Valorar a importancia que a seguridade ten no campo das aplicacións industriais dos sistemas de produción automáticos, con selección e aplicación da normativa e dos procedementos máis adecuados en cada caso.

* Comprender o marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade de execución e mantemento da maquinaria e do equipamento industrial; identificar os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais; adquirir a capacidade de seguir os procedementos establecidos e de actuar con eficacia ante as anomalías que se poidan presentar neles.

* Procurar, seleccionar e valorar diversas fontes de información relacionadas co exercicio da profesión, que permitan o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe no sector do mantemento da maquinaria e do equipamento industrial, e que posibiliten a evolución e a adaptación das súas capacidades profesionais aos cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

* Dominar estratexias que permitan a participación en calquera proceso de comunicación coas demais áreas da empresa, cos clientes e cos provedores.

* Analizar, adaptar e, de ser o caso, xerar a documentación técnica imprescindible na formación e no asesoramento dos profesionais ao seu cargo.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

3.2.1. Módulo profesional 1: procesos e xestión de mantemento.

Asociado á unidade de competencia 1: desenvolver procesos e métodos de mantemento e reparación, e organizar a súa execución.

3.2.1.1. Capacidades terminais elementais.

* Identificar os compoñentes no conxunto de planos dunha máquina e relacionalos coas especificacións técnicas que se derivan do resto do informe.

* Identificar os compoñentes das máquinas que se deban manter.

* Determinar as actividades de mantemento preventivo, sistemático e preditivo que se deben realizar na máquina para un período determinado.

* Determinar o tipo de recursos humanos e materiais necesarios para realizar as intervencións de mantemento da máquina no período de xestión.

* Seleccionar, de entre a gama de mantemento dunha máquina, as intervencións que requiran procedementos escritos, e xustificar a elección.

* Definir as especificacións das operacións que cumpra realizar para a aplicación do mantemento correctivo por substitución dunha peza.

* Descompor en fases cada unha das operacións, establecendo a orde ou secuencia para a aplicación do mantemento correctivo por substitución dunha peza.

* Desenvolver as técnicas que se deban utilizar en cada fase e establecer os materiais, os medios, as ferramentas, os tempos e os recursos humanos para a aplicación do mantemento correctivo por substitución dunha peza.

* Determinar as verificacións que cumpra realizar durante o proceso e ao seu remate, así como os medios utilizados para a aplicación do mantemento correctivo por substitución dunha peza.

* Determinar os tipos e os tempos de intervención (de uso, segundo nivel, etc.) para a elaboración do mantemento aplicado a unha máquina.

* Establecer as cargas de traballo dos recursos humanos e dos medios materiais necesarios para a realización do mantemento dunha máquina.

* Elaborar a relación de repostos e produtos consumibles que cumpran para o mantemento dunha máquina nun período determinado.

* Especificar as materias primas, a xeometría e as dimensións do material para a fabricación ou a reconstrución dunha peza.

* Descompor o proceso de fabricación dunha peza en fases e operacións.

* Especificar os equipamentos e a maquinaria que cumpran para a realización da peza.

* Especificar os útiles e as ferramentas de medida para a fabricación dunha peza, en cada fase e operación.

* Determinar os parámetros fundamentais de mecanizado (velocidade de corte, avance e profundidade) no proceso de fabricación dunha peza, elaborando os diagramas de proceso e detallando os tempos de operación.

* Establecer os requisitos de aptitude da peza reconstruída e os controis de recepción.

* Realizar o orzamento anual de mantemento dunha máquina baseado nos datos do ano anterior.

* Codificar todas as paradas dunha máquina nun período determinado.

* Desagregar o custo de mantemento anual nos seus compoñentes (repostos, paradas imprevistas, custos inducidos doutros equipamentos, man de obra, etc.).

* Calcular os índices de fiabilidade, mantenibilidade e dispoñibilidade dunha máquina e o seu contorno de produción.

* Elaborar os criterios para a xestión de almacenaxe de mantemento.

* Relacionar os aprovisionamentos coas actuacións de mantemento.

* Explicar os criterios de óptima realización da xestión de repostos, con programas informáticos de xestión do mantemento.

* Identificar os contidos dun plan de seguridade no proceso de mantemento.

* Determinar os medios e os equipamentos de seguridade que cumpra ter en conta para a realización da reparación ou da substitución dunha máquina ou instalación auxiliar.

* Xerar a documentación técnica nas fases do proceso de reparación detallando as normas de seguridade que se deban considerar (medios, equipamentos, métodos, etc.) para a realización da reparación ou da substitución dunha máquina ou instalación auxiliar.

* Elaborar e comprobar as condicións de seguridade dunha máquina en condicións de produción e na execución propia do mantemento.

3.2.1.2. Contidos (duración: 110 horas).

Contidos procedementais

Estrutura do mantemento.

* Comparación das características básicas asociadas a cada tipo de mantemento.

* Identificación dos equipamentos e dos traballos baixo a responsabilidade do departamento de mantemento.

* Determinación dos medios e dos recursos de que deba dispor o departamento de mantemento dunha empresa para a realización dos seus cometidos.

* Identificación da estrutura de mantemento que deba existir nunha empresa: postos, funcións, recursos e organización.

* Determinación, a partir das necesidades e dos obxectivos produtivos dunha empresa, das funcións e dos obxectivos a que debe dar resposta o mantemento da empresa.

* Proposición da estrutura organizativa do departamento de mantemento.

Organización do mantemento preventivo.

* Utilización da documentación técnica das instalacións, así como de canta información auxiliar se dispoña relativa a elas ou aos seus compoñentes.

* Descomposición dunha instalación, dun sistema e dunha máquina nos seus compoñentes, así como a súa identificación e a definición dos seus parámetros de funcionamento.

* Localización e diagnóstico de avarías e dos elementos afectados por elas; análise da causa da orixe e proposta de medidas preventivas que haxa que adoptar.

* Planificación de traballos de mantemento sobre instalacións, sistemas e máquinas, tanto correctivos como preventivos ou similares.

* Determinación dos criterios de seguridade que hai que considerar durante a execución dunha acción de mantemento.

* Confección de pedidos de repostos de acordo coas necesidades derivadas dunha intervención de mantemento.

* Comprobación das condicións de funcionamento e de seguridade dunha instalación, dun sistema e dunha máquina.

* Confección de informes tras a realización dunha intervención de mantemento.

Óptima realización da xestión económica do mantemento.

* Elaboración do orzamento anual de mantemento nunha instalación; análise das partidas orzamentarias e proposta de accións de mellora e de redución de custos.

* Avaliación dos índices de control para os equipamentos (FMD, etc.) e para o mantemento en xeral, e proposta de accións de mellora.

Almacén e material de mantemento.

* Planificación das accións de mantemento anuais para unha instalación.

* Determinación dos repostos e os seus niveis de existencias para un equipamento con base na planificación de mantemento e no estudo de custos realizado.

Calidade no mantemento.

* Definición dos equipamentos, as funcións e os traballos baixo a responsabilidade do departamento de mantemento nunha empresa.

* Definición de accións de mantemento para realizar (preventivo, preditivo, sistemático, etc.) a partir das propostas recollidas na documentación dos equipamentos, do estudo de históricos, de puntos críticos e das exixencias legais.

* Selección das accións que se deben implantar usando criterios de eficacia (análise ABC, custos, etc.) e lexislativos (normativa en vigor).

* Definición de recursos e procedementos para as accións de mantemento e elaboración de gamas.

* Redacción de procedementos de actuación, procedementos de apertura e pechamento de OT. Circuíto documental.

Contidos conceptuais

Estrutura do mantemento.

* Mantemento: función, obxectivos e tipos.

* Empresas de mantemento. Formas de organización. Oferta de prestación de servizos.

* Industrias con mantemento propio. Formas de organización. Recursos propios e alleos.

* Preparación dos traballos de mantemento.

-Banco de históricos (AMFE).

-Mantemento preventivo. Documentación de partida. Gamas de mantemento, reparación e reconstrución.

-Parámetros condicionais para o mantemento preditivo. Gamas de exame.

-Aprovisionamentos: recambios e consumibles.

* Planificación e programación.

-Plans de mantemento.

-Programación do mantemento sistemático.

-Programación do mantemento preditivo.

-Plan de seguridade no mantemento.

-Técnicas de programación.

Organización do mantemento preventivo.

* Documentación técnica de instalacións, sistemas, máquinas e elementos.

* Preparación do mantemento preventivo: recursos humanos e materiais.

* Avarías: inspeccións e revisións periódicas.

* Organización das intervencións.

* Planificación de lanzamento.

* Propostas de modificación.

* Programas informáticos de xestión.

Óptima realización da xestión económica do mantemento.

* Custo do mantemento integral. Análise de custos.

* Produtividade do mantemento.

* Fiabilidade, mantenibilidade e dispoñibilidade das instalacións.

* Programas informáticos de xestión.

Almacén e material de mantemento.

* Subministracións. Homologación de provedores.

* Organización do almacén de mantemento.

* Xestión de almacenaxe. Catálogo de repostos. Control de existencias. Control de pedidos.

* Xestión de ferramentas, útiles e manutención.

* Programas informáticos de xestión.

Calidade do mantemento.

* Calidade.

* Tipoloxía das avarías nas máquinas.

* Melloramento do taller de mantemento.

* Método xaponés de mantemento: TPM. Sistemas expertos.

Mantemento enerxético e ambiental.

* Procesos enerxéticos na produción. Control de consumo.

* Mantemento ambiental.

* Aproveitamento integral dunha instalación.

Xestión do mantemento asistido por computador.

* Base de datos. Software de mantemento correctivo. Software de mantemento preventivo.

* Xestión e almacenaxe de compras.

* Mantemento preditivo.

Contidos actitudinais

* Respecto polas normas e os procedementos definidos, especialmente no referente a disposicións de seguridade.

* Orde, rigor e limpeza no traballo.

* Interese polo coñecemento e pola proposta de melloras.

* Organización e método no traballo, e capacidade para analizar situacións e extraer a información necesaria para formular accións.

* Respecto polas normas e polos procedementos, e rigor na súa aplicación.

* Rigor na aplicación das medidas de seguridade persoal e da instalación.

* Interese polo traballo en equipos interdepartamentais.

* Fomento da iniciativa e do interese no persoal ao seu cargo.

3.2.2. Módulo profesional 2: montaxe e mantemento do sistema mecánico.

Asociado á unidade de competencia 2: xestionar e supervisar os procesos de instalación, mantemento e reparación do equipamento industrial, e realizar a súa posta a punto.

3.2.2.1. Capacidades terminais elementais.

* Identificar os elementos mecánicos dun conxunto utilizando a documentación técnica (planos, etc.), así como os axustes e as tolerancias dos ditos elementos que forman un grupo mecánico.

* Analizar o funcionamento dos útiles de verificación e control dimensional, e explicar as técnicas metrolóxicas.

* Comprobar e verificar as características das pezas, os axustes e os conxuntos mecánicos utilizando as ferramentas máis apropiadas.

* Realizar a montaxe e a desmontaxe de elementos mecánicos e electromecánicos de máquinas segundo os procedementos establecidos (desmontaxe, limpeza, verificación de elementos, montaxe e posta a punto), consonte as normas de seguridade establecidas e as precisións requiridas.

* Realizar as probas funcionais e a posta a punto dun conxunto mecánico cumprindo as especificacións técnicas.

* Interpretar a documentación técnica necesaria para o mantemento dun sistema mecánico, con identificación dos subconxuntos e dos elementos.

* Describir os procedementos empregados para realizar un mantemento preventivo e correctivo, así como as ferramentas e os útiles máis adecuados que

se empregarán (de limpeza, engraxamento, corrección de folguras, aliñacións, axustes de elementos de unión, tensado de correas, axuste de freos, equilibrados, presións, etc.).

* Elaborar o informe de intervencións de reparación e anomalías cos datos necesarios para o historial da máquina.

* Utilizar os equipamentos de diagnóstico de avarías, identificar a natureza das avarías e relacionalas coas causas que as orixinan.

* Elaborar un informe-memoria de actividades realizadas e resultados obtidos.

* Diagnosticar o estado dos elementos das máquinas.

-Identificar os desgastes anormais e as roturas, e comparalos coas pezas orixinais.

-Relacionar os desgastes e as roturas coas causas que os orixinan.

-Achegar solucións adecuadas para evitar os desgastes e as roturas.

* Interpretar os resultados das análises dos aceites dun sistema mecánico para determinar o estado e o desgaste dos elementos nese sistema.

3.2.2.2. Contidos (duración: 185 horas).

Contidos procedementais

Metroloxía.

* Manexo de instrumentos de medición, comparación e verificación.

* Verificación de pezas e elementos mecánicos.

Instalación e montaxe en planta de maquinaria.

* Realización de movemento de máquinas.

* Instalación de máquinas.

-Execución de aliñacións, nivelacións, fixación e illamento de máquinas.

-Realización da ensamblaxe e o encaixe entre máquinas con diferentes técnicas.

* Manexo de máquinas, equipamentos, útiles, ferramentas e medios empregados nas técnicas de ensamblaxe e montaxe de máquinas.

* Aplicación da normativa de seguridade requirida na montaxe de maquinaria.

* Realización do control da instalación de maquinaria. Execución de probas funcionais.

Mantemento do sistema mecánico.

* Realización de operacións de mantemento preventivo: sistemático e preditivo.

* Execución de operacións de mantemento correctivo. Avarías: clasificación, causas e natureza.

* Realización do diagnóstico de avarías e do estado de pezas e elementos.

* Manexo de máquinas, equipamentos, ferramentas e útiles empregados no mantemento.

* Manexo de equipamentos de medición e diagnóstico.

Contidos conceptuais

Metroloxía.

* Instrumentos de medición, comparación e verificación. Procedementos.

Instalación e montaxe en planta de maquinaria.

* Procedementos de replanteo.

* Cimentacións e bancadas: tipos e características.

* Illamentos antivibratorios de máquinas.

* Movemento de máquinas: técnicas.

* Instalación de máquinas.

-Aliñamento, nivelación e fixación.

-Técnicas de ensamblaxe. Encaixe entre máquinas.

* Máquinas, equipamentos, útiles, ferramentas e medios empregados nas técnicas de ensamblaxe e montaxe de máquinas.

-Descrición e aplicación dos procesos.

-Técnicas de manexo.

* Normativa de seguridade.

* Axustes de sistemas mecánicos.

* Verificación de pezas e elementos mecánicos.

* Montaxe de órganos de máquinas.

* Montaxe en bancadas e guías esvarantes.

* Montaxes estancas.

* Montaxe de circuítos hidráulicos e pneumáticos.

* Medios, equipamentos e ferramentas para operacións de montaxe e desmontaxe.

* Probas funcionais.

Mantemento do sistema mecánico.

* Operacións de mantemento preventivo, sistemático e preditivo.

* Operacións de mantemento correctivo. Avarías: clasificación, causas e natureza.

* Diagnóstico de avarías: procedementos.

* Diagnóstico do estado de pezas e de elementos.

* Máquinas, equipamentos, ferramentas e útiles empregados no mantemento.

* Equipamentos de diagnóstico: aplicacións.

Contidos actitudinais

Traballo en grupo.

* Preocupación por axudar os compañeiros nas tarefas de aprendizaxe.

* Tolerancia ante as actitudes e as opinións discrepantes.

Realización estruturada do traballo.

* Comportamento activo para conseguir montaxes de maquinaria nas mellores condicións.

* Preocupación pola orde e a limpeza dos elementos de traballo.

* Aproveitamento racional dos materiais e das ferramentas que se utilizan na montaxe de maquinaria.

* Hábito de realización dos traballos seguindo as normas e as recomendacións de seguridade e hixiene.

Valoración de resultados.

* Valoración dos traballos en función dos resultados obtidos, o tempo empregado, o método utilizado, así como as ferramentas e os útiles usados nas ditas tarefas.

* Preocupación pola autoavaliación como ferramenta para a mellora das capacidades persoais.

3.2.3. Módulo profesional 3: montaxe e mantemento dos sistemas hidráulico e pneumático.

Asociado á unidade de competencia 2: xestionar e supervisar os procesos de instalación, mantemento e reparación do equipamento industrial, e realizar a súa posta a punto.

3.2.3.1. Capacidades terminais elementais.

* Interpretar a documentación técnica (planos, diagramas e esquemas) relativa a sistemas automáticos secuenciais de tecnoloxía pneumático-hidráulica, identificando todos os elementos e os compoñentes relacionados co proceso pneumático e hidráulico de automatización.

* Explicar a secuencia de funcionamento de calquera sistema automático, especificar as respostas do equipamento ás situacións de emerxencia e identificar a variación que se produce nos parámetros característicos do sistema pneumático e hidráulico.

* Calcular as magnitudes e os parámetros básicos dun sistema automatizado pneumaticamente e hidraulicamente.

* Elaborar un informe de actividades e describir o proceso, os medios utilizados, os esquemas e planos, as medidas e os cálculos realizados nun sistema pneumático e hidráulico.

* Utilizar optimamente os sistemas automáticos (pneumático-hidráulicos, electropneumáticos e electrohidráulicos) cumprindo as condicións de funcionamento.

* Realizar os planos e os esquemas de acordo coa simboloxía, os parámetros e as especificacións, seleccionando os elementos máis idóneos para un sistema automático.

* Aplicar un sistema automático (pneumático-hidráulico e electropneumático-hidráulico) nun panel

de probas, montado, regulado e axustado ás condicións estipuladas.

* Aplicar as técnicas de mantemento correctivo e preventivo nos sistemas pneumático-hidráulicos.

* Establecer as marxes de seguridade (temperatura, presión, vibracións, etc.) de acordo coas máquinas e as normas do fabricante.

* Formalizar a documentación necesaria para a realización do plan de mantemento onde aparezan as ferramentas para utilizar, as normas de operacións de mantemento, os puntos de inspección, etc., así como un informe-memoria das actividades de mantemento realizadas (libro de revisións ou mantemento).

* Diagnosticar avarías nos sistemas hidráulicos e pneumáticos, identificar a súa natureza e relacionalas coas causas que as provocan.

* Determinar os equipamentos e os útiles necesarios para realizar un plan de intervención en que se determinen as causas das avarías.

* Identificar os desgastes normais e anormais dos elementos dun sistema pneumático-hidráulico, aplicando as técnicas de medida e comparación dos parámetros cos orixinais e as súas tolerancias de fabricación.

* Relacionar as roturas e os desgastes coas causas que os provoquen (falta de engraxamento, temperatura, etc.).

* Realizar os axustes mecánicos e as medidas das magnitudes nos sistemas mecánicos, hidráulicos e pneumáticos utilizando os procedementos máis adecuados que cumpran con precisión e seguridade os requisitos de posta a punto dos equipamentos.

3.2.3.2. Contidos (duración: 130 horas).

Contidos procedementais

Sistemas hidráulicos.

* Interpretación da documentación técnica (planos, diagramas e esquemas) relativa a sistemas automáticos secuenciais de tecnoloxía hidráulica.

* Identificación de todos os elementos e compoñentes relacionados co proceso de automatización hidráulica.

* Realización dos cálculos das magnitudes e dos parámetros básicos dun sistema automatizado hidraulicamente.

* Óptimo aproveitamento dos sistemas automáticos hidráulicos cumprindo as condicións de funcionamento.

* Elaboración dun informe de actividades, con descrición do proceso, os medios utilizados, esquemas e planos, medidas e cálculos realizados nun sistema hidráulico.

* Realización dos planos e dos esquemas de acordo coa simboloxía, os parámetros e as especificacións, e selección dos elementos máis idóneos para un sistema hidráulico.

* Simulación dun sistema hidráulico nun panel de probas, e posta a punto do sistema.

* Elaboración dun plan de mantemento preventivo e correctivo, así como do informe das operacións de mantemento e puntos de inspección.

Sistemas pneumáticos.

* Interpretación da documentación técnica (planos, diagramas e esquemas) relativa a sistemas automáticos secuenciais de tecnoloxía pneumática.

* Identificación de todos os elementos e compoñentes relacionados co proceso de automatización pneumática.

* Realización dos cálculos das magnitudes e dos parámetros básicos dun sistema automatizado pneumaticamente.

* Óptimo aproveitamento dos sistemas automáticos pneumáticos cumprindo as condicións de funcionamento.

* Elaboración dun informe de actividades, con descrición do proceso, os medios utilizados, esquemas e planos, medidas e cálculos realizados nun sistema pneumático.

* Realización dos planos e dos esquemas de acordo coa simboloxía, os parámetros e as especificacións, e selección dos elementos máis idóneos para un sistema pneumático.

* Simulación dun sistema pneumático nun panel de probas, e posta a punto do sistema.

* Elaboración dun plan de mantemento preventivo e correctivo, así como o informe das operacións de mantemento e puntos de inspección.

Equipamentos de diagnose.

* Utilización dos equipamentos de diagnóstico de avarías.

* Determinación dos equipamentos e dos útiles necesarios para realizar un plan de intervención en que se determinen as causas das avarías.

* Identificación dos desgastes normais e anormais das pezas dun sistema automático, en comparación cos repostos orixinais e coas súas tolerancias xeométricas, utilizando a técnica de medida máis adecuada.

* Determinación das relacións entre os desgastes e as causas que os provocan.

* Realización dos axustes mecánicos en sistemas automáticos (pneumático-hidráulicos) utilizando os procedementos máis adecuados en condicións de seguridade.

Contidos conceptuais

Sistemas hidráulicos.

* Fundamentos de hidráulica. Bombas, motores e cilindros hidráulicos: aplicación, tipos e mantemento.

* Elementos hidráulicos emisores de sinais, de manobra, de procesamento e tratamento de sinais, e de actuación.

-Válvulas distribuidoras, de simultaneidade, reguladoras de presión e selectoras de circuíto.

-Temporizadores.

-Válvulas reguladoras de caudal.

-Válvulas de descarga.

* Deseño de sistemas hidráulicos.

* Posta en marcha de equipamentos hidráulicos.

-Simulación dun sistema hidráulico.

-Montaxe, regulación e posta a punto dun sistema hidráulico.

* Localización e tipoloxía das avarías.

Sistemas pneumáticos.

* Xeración e alimentación do aire comprimido.

-Compresores. Tipos e características.

-Acumuladores e tubos. Deseño de instalacións.

-Tratamento do aire comprimido. Filtración, deshumidificación e lubricación.

* Elementos pneumáticos emisores de sinais, de manobra, de procesamento e tratamento de sinais, e de actuación.

-Válvulas distribuidoras, de simultaneidade, reguladoras de presión e selectoras de circuíto.

-Temporizadores.

-Válvulas reguladoras de caudal.

* Deseño de sistemas pneumáticos.

* Posta en marcha dun sistema pneumático.

-Simulación dun sistema pneumático.

-Montaxe, regulación e posta a punto dun sistema pneumático.

* Localización e tipoloxía das avarías.

Equipamentos de diagnose.

* Tipos e aplicacións de equipamentos de diagnose.

Contidos actitudinais

Traballo en grupo.

* Preocupación por axudar os compañeiros nas tarefas de aprendizaxe.

* Tolerancia ante as actitudes e as opinións discrepantes.

Realización estruturada do traballo.

* Comportamento activo para conseguir acabamentos pulcros nos traballos realizados.

* Preocupación pola orde e a limpeza dos elementos de traballo.

* Interese polo aproveitamento racional dos materiais tendo en conta as técnicas de fabricación.

* Hábito de realizar os traballos seguindo as normas e as recomendacións de seguridade e hixiene.

* Preocupación pola autoavaliación como ferramenta para a mellora das capacidades persoais.

3.2.4. Módulo profesional 4: montaxe e mantemento dos sistemas eléctrico e electrónico.

Asociado á unidade de competencia 2: xestionar e supervisar os procesos de instalación, mantemento e reparación do equipamento industrial, e realizar a súa posta a punto.

3.2.4.1. Capacidades terminais elementais.

* Realizar unha clasificación dos motores de corrente continua e corrente alterna, así como dos transformadores, en función dos seus campos de aplicación máis característicos.

* Explicar os parámetros característicos dos motores de corrente alterna (monofásicos e trifásicos) e de corrente continua, así como dos transformadores en servizo e en baleiro.

* Explicar os sistemas de arrinque e freada, as súas características e os parámetros fundamentais propios das máquinas de corrente continua e de corrente alterna.

* Explicar os efectos producidos polas máquinas eléctricas nas instalacións eléctricas industriais relativos á variación do factor de potencia, e describir os procedementos utilizados na súa corrección.

* Clasificar os sistemas de control e regulación electrónica de velocidade dos motores de corrente continua e de corrente alterna, e indicar as magnitudes sobre as cales se deba actuar en cada caso.

* Establecer as diferenzas funcionais e de aplicación entre un arrincador progresivo e un variador de velocidade para un motor asíncrono trifásico.

* Clasificar e describir os elementos utilizados na construción do equipamento de mando e manobra (relés, contactores, temporizadores, etc.) de motores eléctricos.

* Clasificar e describir o funcionamento, as características eléctricas e os parámetros fundamentais dos dispositivos electrónicos (díodos, transistores e tiristores) utilizados nos equipamentos de potencia, e indicar as áreas de aplicación máis habituais.

* Clasificar pola súa función os circuítos electrónicos que se empregan en aplicacións de potencia (rectificadores, talladores, convertedores, corrente continua/corrente alterna, etc.), e indicar o tipo de transformación enerxética que producen e as características de cada un.

* Explicar o diagrama de bloques dun sistema electrónico de variación da velocidade dun motor de corrente continua e dun motor asíncrono trifásico de gaiola de esquío, indicando os elementos funcionais que o constitúen, a función que desempeña cada un deles e as súas características específicas.

* Describir os procedementos utilizados na montaxe, na conexión e no mantemento das instalacións de alimentación e automatismo dos motores e elementos asociados que incorporen elementos electrotécnicos.

* Enumerar as ferramentas básicas utilizadas na montaxe e no mantemento das instalacións, clasificalas pola súa tipoloxía e a súa función, e describir as súas características principais de utilización e conservación.

* Clasificar os instrumentos de medida máis utilizados na comprobación das magnitudes características e regulamentarias das instalacións eléctricas de baixa tensión, en función das magnitudes que poden medir e do seu ámbito de aplicación.

* Explicar as características máis relevantes (tipos de erros, sensibilidade, precisión, etc.), a tipoloxía, as clases e os procedementos de uso dos instrumentos de medida utilizados.

* Recoñecer a simboloxía utilizada nos aparellos de medida e explicar o seu significado e a súa aplicación.

* Clasificar e explicar a tipoloxía e as características das avarías das instalacións eléctricas e dos motores, dos transformadores, dos equipamentos e dos elementos de protección que lles dan servizo ás máquinas e aos equipamentos industriais.

* Clasificar e explicar a tipoloxía e as características das avarías dos elementos de automatismo de tecnoloxía electrotécnica presentes nas máquinas e nos equipamentos industriais.

* Describir as técnicas xerais e os medios específicos utilizados para a localización de avarías nas instalacións de alimentación, potencia e mando, así como nas máquinas, nos equipamentos e nos elementos de asociados de tipo electrotécnico presentes nas máquinas e nos equipamentos industriais.

3.2.4.2. Contidos (duración: 185 horas).

Contidos procedementais

Instalacións eléctricas industriais: tipoloxía e características.

* Identificación dos tipos de automatismos secuenciais e continuos.

* Elaboración de esquemas de automatismos cableados e descrición do seu funcionamento. Cálculo dos parámetros e das magnitudes fundamentais.

* Utilización de catálogos e manuais técnicos.

* Interpretación de circuítos e instalacións eléctricas en diversas condicións de funcionamento.

* Identificación das partes activas (que están baixo tensión) e as de función dos elementos de protección e de manobra sobre elementos reais.

* Selección dos elementos e dos materiais das instalacións (cables, proteccións eléctricas, tubos e canalizacións, mecanismos, etc.), de acordo coas necesidades do mantemento.

Máquinas eléctricas: manobra e posta en servizo.

* Identificación das partes internas e externas máis importantes dos motores na documentación técnica, relacionando a parte real co debuxo que a representa.

* Interpretación da documentación de máquinas eléctricas.

* Regulación e control da velocidade en máquinas eléctricas.

* Descrición do funcionamento e cálculo dos parámetros asociados.

* Conexión do equipamento de máquinas eléctricas: control, verificación e sinalización.

* Medida das magnitudes eléctricas dos motores en repouso e en funcionamento, utilizando os esquemas de conexión e os instrumentos de medida adecuados.

* Cálculo das magnitudes máis importantes dos motores de corrente continua e de corrente alterna monofásicos e trifásicos que se utilicen.

* Aplicación das normas de seguridade eléctricas e específicas de mantemento dos equipamentos.

* Realización de operacións de conexión e posta en marcha das máquinas eléctricas.

Control e regulación electrónica de máquinas eléctricas.

* Interpretación da documentación técnica en función das características do automatismo proposto.

* Representación de esquemas para a regulación da velocidade, a freada e a inversión dos motores de corrente continua e de corrente alterna.

* Localización e diagnóstico de avarías.

* Elaboración de estudos-proxecto de automatización con intervención de diferentes tecnoloxías na súa realización.

* Reparación, verificación e posta en servizo de automatismos eléctricos.

* Posta en marcha dos equipamentos de regulación e comprobación do funcionamento, con actuación sobre os sinais de control e con axuste dos parámetros do regulador.

* Elección do regulador de velocidade para diversas aplicacións de motores.

* Realización de automatismos cableados.

Contidos conceptuais

Instalacións eléctricas industriais: tipoloxía e características.

* Instalacións de baixa tensión en ambiente industrial. Aparellos de protección, manobra e conexión. Elementos e materiais empregados segundo a tipoloxía de ambientes e necesidades industriais. Tomas de terra.

* Regulamentación e normativa electrotécnica de aplicación.

* Simboloxía e representación de esquemas.

* Configuración, cálculo e deseños básicos de instalacións de interior industriais. Condutores, canalizacións, etc.

* Máquinas, equipamentos, útiles, ferramentas e medios empregados nas técnicas de montaxe de instalacións industriais.

* Procedementos de montaxe: medios.

* Medidas eléctricas no contorno do equipamento industrial: procedementos e equipamentos.

* Localización de avarías: procedementos, equipamentos e medios.

* Operacións de mantemento: procedementos, equipamentos e medios.

Máquinas eléctricas: manobra e posta en servizo.

* Tipos de máquinas eléctricas estáticas e rotativas en función das súas aplicacións industriais.

* Características eléctricas e mecánicas, e conexión das máquinas eléctricas de corrente continua e de corrente alterna monofásicas e trifásicas.

* Posta en servizo e sistemas de arrinque e freada dos motores.

* Normas para o cálculo e o deseño dos equipamentos e das instalacións das máquinas.

* Equipamentos e cadros de control das máquinas eléctricas de corrente continua e de corrente alterna. Elementos de mando, medida, manobra e control nas instalacións industriais. Procedementos de montaxe.

* Regulamentación e normativa electrotécnica aplicada.

* Simboloxía para a representación de esquemas.

Control e regulación electrónica de máquinas eléctricas.

* Estrutura xeral dos sistemas de regulación de máquinas eléctricas.

* Dispositivos e circuítos electrónicos de potencia utilizados nos equipamentos de posta en marcha, automatismo e regulación de máquinas eléctricas.

* Regulación electrónica de velocidade dos motores eléctricos de corrente continua e de corrente alterna. Configuración dos sistemas.

* Procedementos, medios e equipamentos específicos para a localización e o diagnóstico de avarías.

* Elementos de control.

Contidos actitudinais

* Rigor na interpretación da documentación.

* Atención na conexión de equipamentos e na interpretación de parámetros e medicións.

* Respecto polas normas de utilización e conservación dos útiles e das ferramentas de traballo.

* Rigor na aplicación das medidas de seguridade persoal e da instalación.

3.2.5. Módulo profesional 5: montaxe e mantemento de sistemas automáticos de produción.

Asociado á unidade de competencia 2: xestionar e supervisar os procesos de instalación, mantemento e reparación do equipamento industrial, e realizar a súa posta a punto.

3.2.5.1. Capacidades terminais elementais.

* Clasificar os tipos de regulación usados na industria, especialmente no campo dos procesos continuos.

* Relacionar as características e as variables dun proceso continuo cos seus lazos de regulación.

* Clasificar os equipamentos, os elementos e os dispositivos de tecnoloxía electrotécnica (autómatas, reguladores de temperatura, de nivel, de velocidade, etc.) empregados nos sistemas automáticos de regulación de procesos, atendendo á súa función, á súa tipoloxía e ás súas características.

* Clasificar os equipamentos, os elementos e os dispositivos de tecnoloxía fluídica (sensores de presión, válvulas proporcionais, amplificador proporcional, elementos de medida, etc.) empregados nos sistemas automáticos de regulación de procesos, atendendo á súa función, á súa tipoloxía e ás súas características.

* Describir a relación que existe entre os parámetros dun regulador PID e a resposta das variables de saída dun proceso automatizado de produción.

* Explicar o que é o proceso de sintonía de parámetros dun regulador.

* Seleccionar marca e modelo alternativos dos elementos que constitúen o sistema automático de produción (detectores, acondicionadores, controladores, actuadores, amplificadores, xeradores de consigna, redes de comunicación, etc.).

* Realizar o esquema do sistema automático empregando símbolos adecuados aos compoñentes de carácter electrotécnico, pneumático e hidráulico.

* Realizar sobre maquetas e paneis adecuados a montaxe, a conexión e as operacións habituais de mantemento dun sistema automático de produción simulado.

* Realizar a posta a punto, o axuste e a regulación dos compoñentes dun sistema automático de produción que comprenda un ou máis lazos de regulación, empregando as ferramentas e os aparellos de medida adecuados.

* Distinguir os robots e os manipuladores que se usan nos procesos automáticos de produción en función da súa tipoloxía, os graos de liberdade, a tecnoloxía e os ámbitos de aplicación máis característicos.

* Desenvolver a programación de manipuladores e robots partindo dun proceso secuencial establecido e tendo en conta os parámetros das variables que interveñen no proceso.

* Comprobar mediante simulación que as traxectorias das partes móbiles dos robots e dos manipuladores sexan acordes co perfil inicialmente establecido.

* Verificar que as traxectorias dos movementos dos robots e manipuladores garantan a seguridade dos operarios, dos equipamentos e das máquinas.

* Pór a punto os robots ou manipuladores nun sistema automático de produción simulado.

* Apreciar as diferenzas existentes entre os automatismos cableados e os programados.

* Realizar a montaxe dun sistema automático controlado por autómata programable sobre maquetas ou paneis axeitados, que simulen un sistema automático de produción tipo.

* Realizar as operacións de control e de manexo do programa dun autómata programable, realizar as operacións de transferencia dos programas, e fixar os parámetros de referencia e os valores de consigna.

* Comprobar e seleccionar marca e modelo alternativos dos elementos que constitúen un sistema automático de produción con autómata programable baseándose nas características requiridas polo proceso.

* Identificar, sobre esquemas de funcionamento dun proceso de produción automatizado, os sistemas automáticos tipo que requirirá o sistema.

* Describir os procedementos utilizados na montaxe, na conexión e no mantemento dun sistema automático de produción.

* Documentar o procedemento que se deberá seguir na montaxe, na conexión e no mantemento da instalación, utilizando para iso os medios necesarios e no formato apropiado (planos, esquemas, proba de axustes, listaxes de materiais, etc.).

* Realizar a montaxe usando o formato, as ferramentas e os medios adecuados.

* Enumerar as ferramentas básicas usadas na montaxe de sistemas automáticos de produción, e describir as súas características principais de utilización e de conservación.

* Realizar as probas e as medidas necesarias usando os aparellos e os sistemas de medida adecuados, e os procedementos establecidos.

* Elaborar un informe das actividades desenvolvidas e dos resultados conseguidos.

3.2.5.2. Contidos (duración: 165 horas).

Contidos procedementais

Sistemas de regulación e control.

* Identificación do tipo de sistema de regulación e control usado nun sistema de produción industrial automatizado.

* Localización dos compoñentes dun sistema de control con lazo de regulación.

* Dedución do esquema de bloques dun sistema cun lazo de regulación ou con varios a partir dunha montaxe sobre paneis de adestramento dun proceso de produción automatizado tipo.

* Localización dos parámetros que se poden regular nun sistema de control con lazo de regulación.

* Interpretación da relación existente entre os parámetros variables dun regulador e a resposta do sistema.

* Percepción das situacións de emerxencia que nun proceso de produción automatizado se poden presentar, así como as respostas que o sistema pode proporcionar ante elas.

Equipamento e elementos de control e medidas (eléctrico, pneumático e hidráulico).

* Descrición dos elementos (entradas, saídas, mando, forza, proteccións, controladores, etc.) que, utilizando tecnoloxía eléctrica, pneumática ou hidráulica, conformen un sistema automático de produción.

* Manipulación de sensores, controladores, acondicionadores e actuadores de xeito que se axusten aos parámetros previamente establecidos.

* Realización das probas e de medidas adecuadas para axustar os parámetros dos elementos do sistema automatizado ás condicións establecidas.

* Manipulación de instrumentos de medida necesarios para axustar os parámetros dun regulador.

* Selección dos elementos que configuran o sistema automático, con especificación de marca e modelo, usando catálogos técnicos e comerciais e os cálculos necesarios.

Manipuladores e robots.

* Identificación dos dispositivos e dos compoñentes que configuran un sistema automático manipulado ou robotizado, relacionando os símbolos presentes na documentación cos elementos reais do sistema.

* Descrición da secuencia de funcionamento dun sistema de produción automatizado cun robot ou un manipulador.

* Identificación da estrutura, os tipos de control e as prestacións dos robots e dos manipuladores.

* Manexo dos controis manuais e automáticos de manipuladores e robots.

* Realización da posta a punto de robots e manipuladores.

* Realización das operacións de mantemento habituais nos manipuladores e nos robots.

* Construción de pequenos programas de procesos de produción simulados para robots e manipuladores.

Autómatas programables.

* Dedución das vantaxes dos sistemas automáticos programados fronte aos cableados.

* Identificación das partes, os elementos e as principais características dun autómata programable.

* Montaxe de sistemas automáticos que simulen un proceso de produción, gobernados por un autómata programable e que utilicen dispositivos eléctricos, pneumáticos e hidráulicos.

* Realización de programas para autómatas programables en diversas linguaxes utilizando diversas ferramentas (consolas, computadores, etc.).

* Transmisión do programa elaborado no computador ou na consola de programación ao autómata que goberne o sistema automático de produción.

* Realización de montaxes de sistemas de produción controlados por autómatas programables, en paneis adecuados de adestramento.

Procesos de produción automatizados.

* Representación gráfica de diversos procesos de produción automatizados tipo (fabricación mecánica, fabricación de equipamentos, artes gráficas, elaboración de produtos alimentarios, etc.).

* Identificación da función e dos elementos constituíntes de cada bloque integrante do sistema de produción automatizado.

Procedementos nos sistemas de control automático.

* Manipulación de aparellos de medida para a montaxe, a conexión e o mantemento de sistemas de produción automatizados de distintos tipos que usen elementos eléctricos, pneumáticos e hidráulicos.

* Elaboración da documentación que acompaña os procedementos usados na montaxe, na conexión e no mantemento de diversos sistemas de produción automatizados.

* Realización de probas e medidas adecuadas en elementos integrantes dun sistema automático, co fin de localizar avarías e disfuncións no dito sistema de control.

* Localización das situacións de emerxencia que se poden presentar nos sistemas de produción automatizados, e explicación da resposta que ofreza o sistema de control.

* Identificación dos síntomas da avaría con base nos efectos producidos polo sistema ou polas medidas realizadas, e localización dos elementos causantes do mal funcionamento.

Contidos conceptuais

Sistemas de regulación e control.

* Principio do sistema de regulación automática. Tipoloxía: sistemas de control en lazo aberto e sistemas de control realimentados.

* Compoñentes do sistema de control: sensores, actuadores, reguladores, xeradores de consigna, etc.

* Tipos de control: reguladores P, PD, PI e PID.

* Función de transferencia. Estabilidade.

Equipamento e elementos de control e medidas (eléctrico, pneumático e hidráulico).

* Elementos sensores e transdutores de sinal (eléctricos, pneumáticos e hidráulicos) usados en sistemas automáticos de produción.

* Elementos captadores ou medidores de sinal.

* Elementos acondicionadores de sinal (eléctricos, pneumáticos e hidráulicos) usados en sistemas automáticos de produción.

* Xeradores de consigna.

* Elementos actuadores eléctricos, pneumáticos e hidráulicos utilizados en sistemas de produción automatizados.

* Instrumentos e equipamentos de medida usados nos sistemas automáticos de produción.

Manipuladores e robots.

* Robots e manipuladores como dispositivos de actuación nos procesos automáticos secuenciais:

-Aplicacións dos robots e dos manipuladores en equipamentos de produción industriais.

-Tipoloxía, estrutura e características dos manipuladores e dos robots.

-Tipos de control utilizados en manipuladores e robots.

* Sensores, actuadores e sistemas de control utilizados para robots e manipuladores.

Autómatas programables.

* Sistemas automáticos cableados e programables.

* Autómata programable como elemento de control en procesos automáticos.

* Estrutura e funcionamento dun autómata programable.

* Características funcionais dos autómatas programables.

* Entradas e saídas: analóxicas, dixitais e especiais.

* Linguaxes de programación usadas nos autómatas programables: linguaxes de instrucións, de contactos e GRAFCET.

* Sistemas de carga, almacenaxe e utilización dos programas.

* Esquemas de sistemas automáticos con autómatas programables.

Procesos de produción automatizados.

* Procesos de produción automatizados tipo.

* Representacións gráficas para os procesos de produción (bloques, de fluxo, de fases, etc.).

* Planos de sistemas automatizados de produción: interpretación da simboloxía.

Sistemas de control automático.

* Instrumentos de medida utilizados nos sistemas de control automático.

* Métodos de configuración de sistemas de control automático.

* Disfuncións e diagnóstico de avarías nos sistemas automáticos.

* Avarías en sistemas automáticos utilizados en procesos de produción industrial.

* Normas para o mantemento de equipamentos e instalacións industriais.

Contidos actitudinais

* Valoración da importancia dos sistemas de control automático nos procesos de produción.

* Valoración da importancia de dispor dunha axeitada documentación técnica dos elementos que interveñen nun sistema de control automatizado de produción.

* Orde e limpeza no manexo da documentación.

* Valoración da disposición dunha documentación correcta e actualizada.

* Respecto polas normas de representación gráfica.

* Rigor no seguimento e na interpretación da normativa vixente sobre as operacións de mantemento en liñas de produción automatizadas e as súas instalacións auxiliares.

* Responsabilidade na realización de actividades de mantemento de máquinas e equipamentos presentes en liñas de produción automatizadas.

* Valoración do alcance da calidade prevista nas actividades de mantemento realizadas.

* Atención á selección do instrumento de medida adecuado.

* Valoración da importancia de dispor de programas adecuados ás prestacións requiridas.

* Atención á importancia de realizar copias de seguridade dos programas de control existentes, nos soportes informáticos máis adecuados.

* Hábito de verificar que as características técnicas de operadores, máquinas, equipamentos e parámetros que interveñan sexan as adecuadas.

* Rigor na conexión de equipamentos e nas medidas efectuadas con aparellos de medida e comprobación.

* Respecto pola aplicación das normas de seguridade persoal, dos equipamentos e das instalacións.

* Valoración da emisión do correcto diagnóstico na localización de avarías.

* Atención extrema no manexo de equipamentos e de instrumentos na localización de avarías.

* Valoración da importancia do traballo en equipo á hora de realizar as hipóteses durante a localización de avarías.

3.2.6. Módulo profesional 6: proxectos de modificación do equipamento industrial.

Asociado á unidade de competencia 3: desenvolver proxectos de modificación e mellora do equipamento industrial.

3.2.6.1. Capacidades terminais elementais.

* Enumerar as principais normas de aplicación en construción de maquinaria.

* Describir a documentación que intervén nun proxecto de implantación dun proceso produtivo de fabricación, definindo as súas características e determinando os tipos de planos que compoñen a documentación gráfica.

* Seleccionar a normativa que afecte as instalacións dun proxecto de implantación de maquinaria para un proceso de produción.

* Elaborar, con todos os datos obtidos, un informe referente aos requisitos exixidos para a implantación do equipamento industrial dun proxecto de implantación de maquinaria para un proceso de produción.

* Determinar o tempo de realización e os recursos necesarios para o desenvolvemento dun proxecto de implantación de maquinaria para un proceso de produción.

* Elaborar informes, a partir dun proxecto de modificación dunha máquina ou dun equipamento industrial, sobre os requisitos exixidos relativos a: especificacións técnicas, características dos materiais, funcionalidade dos subconxuntos da construción, condicións de mantemento, normativa e regulamentación, seguridade exixible e equivalencias de materiais, e especificacións doutra norma que cumpra as exixencias requiridas.

* Determinar o tempo de realización e os recursos necesarios para o desenvolvemento dun proxecto de modificación dunha máquina ou dun equipamento industrial.

* Identificar sistemas, grupos funcionais e os elementos da máquina que son afectados por unha modificación.

* Configurar os sistemas da máquina para modificar, satisfacendo os requisitos funcionais.

* Identificar os elementos dunha máquina para modificar que, polas súas características ou solicitacións, requiran determinar as súas dimensións ou as súas formas.

* Identificar a normativa pertinente en cada caso de modificación de máquinas ou elementos.

* Xustificar a solución elixida desde o punto de vista da estabilidade e da súa viabilidade construtiva nas modificacións de máquinas e de equipamento industrial.

* Representar graficamente a solución elixida nas modificacións de máquinas ou equipamento industrial.

* Relacionar a solución construtiva cos materiais que cumpra utilizar, coa forma da súa execución no taller e na obra, e co custo previsible.

* Elixir o sistema de representación gráfica máis adecuado para cada parte da máquina e tipo de plano.

* Seleccionar a normativa para utilizar na representación de planos.

* Analizar a natureza do debuxo seleccionando e a escala que se deba utilizar.

* Ordenar as vistas e a información necesaria que aparezan nun mesmo plano.

* Representar, de acordo coa normativa e coa boa práctica, os alzados, as plantas, as seccións e os detalles que forman parte da información gráfica que conteñan os planos.

* Seleccionar os útiles, os soportes e os formatos máis adecuados para a realización do plano.

* Identificar e denominar cada un dos planos do proxecto.

* Acoutar os planos de xeito claro e conciso.

* Realizar o manual de funcionamento do produto en que se inclúan as instrucións de instalación, posta en marcha, uso e mantemento, cos seus esquemas correspondentes.

* Compor e montar ordenadamente os documentos do proxecto (informe técnico), cunha adecuada presentación.

3.2.6.2. Contidos (duración: 165 horas).

Contidos procedementais

Desenvolvemento de proxectos de implantación do equipamento industrial.

* Xustificación técnica da necesidade e dos motivos técnicos e económicos de modificación dun proxecto.

* Determinación dos alzados, as plantas, as seccións e os detalles que cumpra dar para a mellor definición do debuxo.

* Elaboración de alternativas técnicas razoadas tendentes á satisfacción da necesidade presentada.

* Elaboración de solucións técnicas construtivas correspondentes á montaxe de máquinas.

* Identificación do deseño, a construción, a montaxe, as probas, a posta en marcha e a recepción das máquinas, os aparellos e as instalacións correspondentes ao proxecto de modificación, ampliación ou mellora en marcha co prescrito nos códigos, nas normas e nos regulamentos.

* Realización dos diagramas de proceso e de fluxo de materiais correspondentes á execución da montaxe dunha instalación ou dun equipamento industrial.

* Elaboración de listaxes de equipamentos, materiais e actividades para a execución do proxecto.

Desenvolvemento de proxectos de modificación de maquinaria.

* Confección dos orzamentos necesarios para a realización do proxecto de modificación.

* Elaboración do anteproxecto da solución técnica seleccionada, de entre as alternativas orzadas.

* Xustificación económica do investimento necesario para levar a efecto o proxecto de modificación.

* Elaboración do prego de condicións técnicas para a realización ou execución, posta en marcha e entrega dun proxecto de modificación de máquinas ou de equipamento industrial.

* Realización da documentación para a legalización da execución do proxecto de modificación das instalacións ou das máquinas.

Contidos conceptuais

Proxectos en implantación de maquinaria e equipamento industrial.

* Fontes de información e consulta.

* Valoración de alternativas.

* Compoñentes dun proxecto.

-Datos que interveñen.

-Normas exixidas.

-Especificacións requiridas.

-Memoria descritiva e xustificativa.

-Prego de condicións.

-Orzamentos.

-Planos e características que os identifican.

Desenvolvemento de proxectos de implantación do equipamento industrial.

* Organización en planta do equipamento industrial.

* Planos e distribución do equipamento industrial e da maquinaria, así como diagramas de organización, percorridos e fluxo de materiais, e puntos de inspección.

* Planos xerais e de detalle de bancadas, cimentacións e obra civil anexa (arquetas, canalizacións e revestimentos de condutos de servizos).

* Planos de detalle de fixacións e ensamblaxe do equipamento industrial, e as súas proteccións de seguridade de uso.

* Configuración e selección de equipamentos das instalacións auxiliares e de servizo do equipamento industrial (aspiracións de gases, ventilacións de máquinas, instalacións enerxéticas e instalacións de fluídos refrixerantes).

* Planos xerais e de detalle das instalacións auxiliares á produción.

Desenvolvemento de proxectos de modificación de maquinaria.

* Configuración das partes afectadas dos sistemas mecánico, de animación, e de control e automatización.

* Cálculo e selección dos elementos constituíntes de cada sistema modificado da máquina.

* Diagramas e esquemas dos circuítos modificados de potencia, control e automatización.

* Planos funcionais de conxunto e de pezas da modificación do sistema mecánico.

* Planos de conxunto e de detalle da montaxe dos equipamentos e dos circuítos dos sistemas eléctricos, hidráulicos e pneumáticos.

* Instrucións de uso e mantemento da máquina adaptadas ao novo estado.

* Deseño da integración dun sistema de adquisición de datos da maquinaria (vibracións, temperatura e presións).

Contidos actitudinais

* Valoración da importancia de dispor dunha correcta información e documentación.

* Rigor no cálculo de parámetros e elementos.

* Atención á normativa que regula as instalacións.

* Rigor na elección e no cálculo de equipamentos e materiais.

* Atención á importancia da viabilidade do proxecto.

* Hábito de orde e método nos procedementos.

* Responsabilidade na participación no traballo en equipo.

* Valoración da calidade e da responsabilidade.

3.3. Módulos profesionais transversais.

3.3.1. Módulo profesional 7: técnicas de fabricación para o mantemento e a montaxe.

3.3.1.1. Capacidades terminais elementais.

* Relacionar as máquinas ferramenta convencionais (torno, fresadora, trade, etc.) coas súas prestacións, coas súas características, co seu funcionamento e cos seus traballos característicos.

* Describir as instalacións, os elementos e os órganos de máquinas, elementos de elevación e transporte, materiais construtivos e ferramentas utilizadas.

* Realizar os procesos de mecanizado por arrinque de labra, soldadura, conformado, mecanizados especiais, montaxe, fundición e procedementos pulvimetalúrxicos, así como relacionar diferentes pezas cos procesos polos que se obteñen.

* Determinar a sucesión de máquinas e ferramentas, así como o proceso de fabricación, a partir dunha peza ou dun plano de fabricación que asegure a súa obtención de acordo coas especificacións (material, forma, dimensións, signos de mecanizado, tolerancias de fabricación, sucesión de operacións, parámetros de fabricación, etc.).

* Seleccionar ferramentas e maquinaria, e realizar o axuste e a posta a punto das máquinas ferramenta, así como das operacións de mecanizado, consonte as normas de seguridade e hixiene.

* Elixir o procedemento de soldadura máis adecuado (tipo de soldadura, preparación de bordos, consumibles, etc.), a posta a punto dos equipamentos de soldadura e as operacións de soldadura para a obtención dunha peza, aplicando as normas de seguridade.

3.3.1.2. Contidos (duración: 160 horas).

Contidos procedementais

Medios de produción.

* Descrición dos tipos de máquinas e instalacións para mecanizado (tornos, fresadoras, cepilladoras, rectificadoras, trades, etc.), para conformado (curvadora, pregadora, rebordeadora, etc.), para soldadura (oxiacetilénica, por arco eléctrico con eléctrodo revestido, en atmosfera protexida, TIG, MIG e MAG), para fundición e para pulvimetalurxia.

* Descrición dos sistemas e dos elementos auxiliares empregados na montaxe.

* Descrición dos sistemas auxiliares e accesorios de fabricación.

Técnicas operatorias.

* Realización dos procedementos e das operacións de mecanizado (torneado, fresado, tradeado, rectificado, roscado, etc.), de conformado, de soldadura e de fundición.

* Procedementos e operacións de montaxe.

* Manexo e control das máquinas ferramenta de mecanizado.

Procesos de fabricación.

* Realización do estudo das fases necesarias para a fabricación do produto.

* Ordenación das fases e das operacións de fabricación, así como asignación de máquinas e de medios necesarios.

Contidos conceptuais

Medios de produción.

* Tipos de máquinas e instalacións para mecanizado. Tipos e características de fresadoras, trades, limadoras, rectificadoras, rebarbadoras e cisalladoras.

* Tipos de máquinas e de instalacións para conformado. Tipos e características de cilindros, pregadoras, curvadoras, rebordeadoras e prensas.

* Tipos de máquinas e de instalacións para soldadura.

-Instalacións de soldadura oxiacetilénica. Características. Gases. Tipos de sopretes. Técnicas de soldadura.

-Instalacións de soldadura por arco eléctrico con eléctrodo reversible. Tipos de eléctrodo. Tipos de

máquinas de soldar (rectificadores, transformadores, convertedores, etc.).

-Instalacións de soldadura por arco eléctrico en atmosfera protexida. TIG. MIG. MAG. Tipos de gases. Tipos de máquinas.

-Instalacións de corte térmico. Oxicorte e corte por plasma: características; utilización.

* Tipos de máquinas e instalacións para fundición.

-Instalacións de fundición. Tipos de fundición.

-Fabricación de modelos e moldes. Tratamentos das areas. Mestura de areas. Fabricación de machos.

-Máquinas utilizadas na fabricación de modelos e moldes de fundición.

* Tipos de máquinas e instalacións para pulvimetalurxia.

-Prensas utilizadas na fabricación por pulvimetalurxia.

-Sinterización de pezas: pezas de metal duro; bronces.

* Sistemas e elementos auxiliares empregados na montaxe.

-Ferramentas utilizadas na montaxe.

-Gatos e guindastres: tipos e características.

-Outros dispositivos.

* Sistemas auxiliares e accesorios de fabricación. Sistemas de evacuación de labra, de refrixeración de ferramentas, de transporte de pezas, de suxeición, etc.

Técnicas operatorias.

* Procedementos e operacións de mecanizado.

-Torneado, fresado, tradeado, rectificado, limado, etc.

-Cilindrado, refrontado, escareado, roscado, torneado cónico, moleteado, fresado por xeración, planeado, rectificado de superficies planas e cilíndricas, etc.

* Procedementos e operacións de conformado.

-Operacións de pregado, curvado, embutido e corte de chapa.

-Operacións de pregado ou curvado e corte de tubos.

* Procedementos e operacións de soldadura con oxigás, con eléctrodo revestido e en atmosfera protexida. Soldadura de diferentes materiais (aceiros, aluminio, bronces, etc.) en horizontal, en vertical (ascendente e descendente), en cornixa, en teito, etc.

* Procedementos e operacións de fundición.

-Procedementos de fabricación de moldes e modelos para fundición. Tratamentos das areas. Tipos de fundición e os seus procedementos.

* Procedementos e operacións de pulvimetalurxia.

-Procedemento de obtención de pezas por sinterización. Sistemas de prensado e quentamento de pezas obtidas por pulvimetalurxia.

* Procedementos e operacións de montaxe.

-Procedementos de montaxe. Sistemas e procedementos de control da montaxe. Orde de montaxe. Planos de montaxe e desmontaxe.

* Manexo e control das máquinas ferramenta de mecanizado.

-Normas de manexo e de utilización das máquinas ferramenta.

-Control dimensional das pezas obtidas en máquinas ferramenta.

* Normas de uso e seguridade das máquinas ferramenta.

-Normas de seguridade e uso de máquinas ferramenta.

-Sistemas de protección persoal no manexo das máquinas ferramenta.

-Plans de evacuación das empresas.

Procesos de fabricación.

* Estudo das fases necesarias para a fabricación do produto.

* Ordenación das fases e das operacións.

* Asignación das máquinas e de medios.

Contidos actitudinais

Traballo en grupo.

* Preocupación por axudar os compañeiros nas tarefas de aprendizaxe.

* Tolerancia ante as actitudes e as opinións discrepantes.

Realización estruturada do traballo.

* Comportamento activo para conseguir acabamentos pulcros nos traballos realizados.

* Preocupación pola orde e a limpeza dos elementos de traballo.

* Aproveitamento racional dos materiais tendo en conta as técnicas de fabricación.

* Hábito de realizar os traballos consonte as normas e as recomendacións de seguridade e hixiene.

* Preocupación pola autoavaliación como ferramenta para a mellora das capacidades persoais.

3.3.2. Módulo profesional 8: representación gráfica en maquinaria.

3.3.2.1. Capacidades terminais elementais.

* Identificar a simboloxía normalizada aplicable en maquinaria e representar, mediante esta simboloxía, unións desmontables, órganos de transmisión de movemento, tolerancias, acabamentos, materiais e tratamentos.

* Identificar e relacionar as representacións que conteñen os planos de conxunto e de detalle dos subconxuntos funcionais dunha máquina.

* A partir dos planos de conxunto e de detalle dos subconxuntos funcionais dunha máquina:

-Describir o funcionamento de cada sistema e a relación entre sistemas.

-Enumerar os elementos que forman cada sistema e a relación que existe entre eses elementos.

* A partir da información xeral que define un conxunto de elementos de fabricación mecánica:

-Seleccionar os útiles, os soportes e os formatos axeitados para a realización dos planos de elementos de máquinas.

-Seleccionar a escala para utilizar, analizando a natureza do debuxo.

-Determinar as vistas, os cortes e os detalles que cómpren para a mellor definición dos elementos e do conxunto.

-Representar, consonte a normativa e no soporte máis adecuado, os alzados, as plantas, as seccións e os detalles que forman parte da información gráfica que conteñen os planos.

-Acoutar os debuxos en función da súa funcionalidade e do proceso de fabricación.

* A partir da información xeral que define os sistemas da maquinaria:

-Elixir o sistema de representación gráfica axeitado.

-Seleccionar os útiles, os soportes e os formatos adecuados para a realización dos planos.

* Establecer e ordenar as agrupacións dos tipos de circuítos e os sistemas de referencia para expresar as relacións establecidas entre eles.

* Representar os circuítos e os esquemas coa simboloxía e coa codificación adecuadas, consonte a normativa de aplicación e no soporte máis adecuado.

3.3.2.2. Contidos (duración: 110 horas).

Contidos procedementais

Elementos de normalización para a representación.

* Realización, consonte os convencionalismos de representación establecidos, de:

-Vistas, cortes e seccións para a determinación de pezas e elementos de máquinas.

-Planos acoutados de pezas e elementos de máquinas.

-Planos de conxunto e de detalle de pezas e elementos de máquinas.

Sistemas de representación.

* Realización de planos de conxunto e de detalle de pezas e de elementos de máquinas, empregando sistemas de representación en perspectiva e aplicando os convencionalismos de representación establecidos.

Representación de elementos de máquinas.

* Realización de esbozos acoutados de pezas, elementos e equipamentos de maquinaria industrial.

* Realización de planos de conxunto e de detalle de máquinas e equipamentos de maquinaria industrial.

* Realización de planos xerais do equipamento electromecánico utilizados nas instalacións de maquinaria industrial.

Especificacións técnicas nos planos.

* Realización de planos de conxunto e de detalle de pezas e de elementos de maquinaria con indicación de materiais, tolerancias e estados superficiais, consonte os convencionalismos de representación establecidos.

Planos de conxuntos e esquemas.

* Realización de planos de diagramas de principio de instalacións de maquinaria industrial, e interpretación da súa información técnica.

* Realización de planos de esquemas e de automatismos eléctricos en maquinaria industrial, a partir da documentación de caracterización correspondente.

* Realización de planos de esquemas de circuítos de automatización hidráulica e pneumática en maquinaria industrial, a partir da documentación de caracterización correspondente.

* Realización de planos xerais e de detalle para a implantación de instalacións de maquinaria industrial, a partir da información de deseño.

* Realización de planos xerais e de detalle para a implantación das instalacións eléctricas e de automatismos, de regulación, control e automatización das instalacións industriais, a partir da información de deseño.

* Preparación de listaxes de materiais para os sistemas das instalacións de maquinaria industrial, a partir dos seus planos de proxecto.

Debuxo técnico de obra civil.

* Realización de planos xerais e de detalle para a definición de elementos estruturais para os equipamentos e as redes das instalacións de maquinaria industrial.

* Realización de esbozos acoutados de elementos, equipamentos e estruturas de construción soldada utilizados nas instalacións de maquinaria industrial.

Deseño asistido por computador.

* Preparación do traballo con ferramentas CAD: formulación básica do proxecto.

* Organización xeral do sistema de planos.

* Selección de librarías informáticas con simboloxía pneumática, hidráulica, mecánica e eléctrica.

* Selección de ficheiros informáticos con pezas e conxuntos de máquinas deseñadas.

* Dixitalización de planos preexistentes.

* Preparación dos ficheiros coa información gráfica existente que se utilizará.

* Realización de esquemas eléctricos, pneumáticos, hidráulicos e mecánicos con soporte CAD.

-Configuración de parámetros do programa utilizado.

-Captura de compoñentes nas librarías do programa.

-Creación e incorporación de novos compoñentes ás librarías.

-Edición de atributos dos compoñentes do esquema para realizar.

-Interconexión de compoñentes.

-Obtención de listaxes de conexións.

-Creación dos ficheiros de listaxes de compoñentes e de conexións.

-Obtención de copias impresas do esquema con impresora ou plotter.

* Realización de planos de conxunto e de detalle con soporte CAD.

-Configuración de parámetros do programa utilizado.

-Creación e edición de elementos de planos.

-Incorporación de elementos das librarías.

-Creación dos ficheiros dos planos.

-Obtención de copias impresas do plano con impresora gráfica (plotter).

Contidos conceptuais

Elementos de normalización para a representación.

* Soportes físicos, instrumentos e produtos para o debuxo técnico industrial.

* Sistematización dos procesos de definición e de acoutamento da forma.

* Normativa de representación UNE, DIN, ISO e específicas sobre:

-Vistas, cortes e seccións para a determinación de pezas.

-Acoutamento de pezas, escalas, rotulación, liñas e indicacións escritas.

-Calidade superficial e parámetros característicos da rugosidade. Indicación das tolerancias dimensionais e xeométricas e do estado superficial das pezas. Sistema ISO de tolerancias e axustes.

Sistemas de representación.

* Sistemas de representación: esbozamentos e perspectivas.

* Perspectiva cabaleira ou isométrica de elementos de máquinas.

* Sistema diédrico: ferramentas para a representación.

Representación de elementos de máquinas.

* Representacións normalizadas de órganos de máquinas: elementos de unión e suxeición. Resortes; árbores e eixes; engrenaxes; rodamentos; levas; encaixes; freos.

* Xeitos de mecanizado normalizados. Representación e designación nos debuxos.

* Representación de elementos de construción soldada.

Especificacións técnicas nos planos.

* Designación normalizada dos materiais nos planos.

* Indicación das tolerancias dimensionais e xeométricas. Calidade de acabamento superficial das pezas. Axustes de pezas.

* Representación e designación dos elementos comerciais nos planos.

Planos de conxuntos e esquemas.

* Esquemas de funcionamento de máquinas e de circuítos.

-Simboloxía normalizada e convencionalismos de representación.

-Diagramas de fluxo e esquemas.

* Planos de conxunto de máquinas. Listaxes de despezamento. Ordenación e numeración de planos.

* Simboloxía mecánica, hidráulica, pneumática e eléctrica.

* Normativa para a representación de esquemas e diagramas das diferentes tecnoloxías.

Debuxo técnico de obra civil.

* Elementos construtivos de maquinaria industrial. Interpretación e realización de planos de detalle.

* Documentación técnica de proxectos de maquinaria industrial (planos, memoria, especificacións técnicas e medicións).

Deseño asistido por computador.

* Equipamentos para CAD.

* Técnicas de CAD e campo de aplicación.

* Métodos de configuración e adaptación dos programas CAD aos usuarios.

* Librarías de compoñentes, elementos normalizados e bloques funcionais.

* Métodos e prestacións dos programas CAD para o deseño e a representación de esquemas e instalacións, así como para o debuxo técnico de obra civil.

* Introdución ao programa CAD: ordes de axuda, de debuxo de entidades, e de edición e consulta; controis de pantalla; introdución ao concepto de capa de debuxo; axudas ao debuxo; bloques; acoutamen

tos; sombreados e raiados; ordes especiais 3D; trazado en papel por impresora gráfica ou plotter.

* Procedementos do programa CAD: instalacións, estratexia e uso de ferramentas de traballo; formulación básica dun proxecto, unidades, capas e bloques; dixitalización dun plano preexistente; formulación do traballo en 3D; obtención da terceira dimensión.

Contidos actitudinais

* Valoración da necesidade de toma de decisións oportunas para a identificación da información necesaria para a representación gráfica de sistemas mecánicos.

* Racionalidade e sistematicidade na argumentación das decisións adoptadas.

* Sistematicidade na corrección dos erros detectados nas representacións gráficas realizadas.

* Interese pola execución de representacións gráficas que inclúan toda a información necesaria, sen redundancias, segundo criterios de produtividade, eficacia e eficiencia.

* Racionalidade na distribución do traballo segundo o tempo dispoñible e criterios de eficiencia.

* Secuencia e ordenación das fases do traballo asociadas ao proceso de representación gráfica.

* Orde, pulcritude, precisión e rapidez no desenvolvemento da representación gráfica.

* Preocupación pola conservación dos útiles de debuxo nas condicións especificadas.

* Respecto polo uso da normativa na realización de documentación gráfica.

* Autosuficiencia na identificación e na especificación dos planos e dos sistemas da representación que cumpra empregar, executando os debuxos necesarios e suficientes.

* Interese polos avances tecnolóxicos no campo da informática aplicada na realización de documentación gráfica.

* Interese pola asimilación de novos métodos de traballo derivados da evolución da informática.

3.3.3. Módulo profesional 9: calidade no mantemento e na montaxe de equipamentos e instalacións.

3.3.3.1. Capacidades terminais elementais.

* Describir a función de xestión da calidade, identificando os seus elementos e a relación cos obxectivos da empresa e da produtividade.

* Identificar os elementos do sistema de calidade aplicables á estrutura organizativa e á actividade produtiva dunha empresa do sector.

* Diferenciar as funcións específicas de calidade que poderían estar distribuídas na organización da empresa.

* Explicar as funcións específicas dos elementos da organización de calidade e describir a relación entre eles e a estrutura organizativa da empresa.

* Describir os instrumentos e os dispositivos de control máis utilizados para garantir a correcta avaliación da calidade dun produto ou dun proceso produtivo.

* Explicar as técnicas metrolóxicas empregadas no control dimensional e indicar, cando proceda, os cálculos aplicables.

* Explicar os erros de medida e as técnicas de cálculo de incerteza de medida, incluíndo os conceptos de calibración e rastrexabilidade.

* Determinar as técnicas de control axeitadas aos parámetros que cumpra verificar nunha peza, nun equipamento ou nun sistema, partindo das especificacións técnicas.

* Determinar os instrumentos que se deben empregar para lle aplicar as técnicas de control a unha peza, a un equipamento ou a un sistema.

* Realizar as técnicas metrolóxicas, rexistrar os resultados e comparalos cos especificados para unha peza, para un equipamento ou para un sistema.

* Describir os parámetros que miden a centralización e a dispersión dunha distribución estatística normal.

* Describir as técnicas empregadas no control estatístico do proceso.

* Describir as ferramentas da calidade aplicables á mellora continua da calidade.

* Explicar os fundamentos e as técnicas de aplicación dos plans de mostraxe.

* Explicar o fundamento e campo de aplicación dos gráficos por atributos.

* Especificar o sistema histórico de mantemento (SHM) dunha montaxe ou do mantemento dos equipamentos e das instalacións.

* Aplicar as técnicas de mellora da calidade que permitan a interpretación da fiabilidade e das características do equipamento ou da instalación (control por variables, control por atributos, etc.).

* Descubrir as accións correctoras que permitan a mellora da calidade dunha montaxe ou do mantemento dun equipamento ou dunha instalación.

* Identificar os contidos dun manual e dun plan de calidade, e relacionalos co produto ou co proceso, e coas normas de sistema de calidade.

* Describir os criterios de valoración de características de control.

* Relacionar os instrumentos e as técnicas de ensaios coas características que poidan controlar.

* Describir a estrutura e os contidos das pautas e dos informes de control.

* Describir os aspectos que deba incluír unha auditoría interna de calidade destinada a detectar o grao de cumprimento dos plans de calidade e as súas anomalías.

3.3.3.2. Contidos (duración: 90 horas).

Contidos procedementais

Política industrial sobre calidade.

* Determinación dos fundamentos da política de calidade da empresa.

* Establecemento dos temas xerais:

-Nivel de clientela que constitúe o mercado da empresa.

-Venda pola empresa de produtos normalizados.

-Realización de ensaios axeitados para a cualificación do produto.

* Determinación das accións para emprender polas divisións da empresa con respecto á calidade.

* Identificación con precisión do que haxa que controlar durante a fabricación para conseguir que o produto final cumpra os requisitos necesarios.

Xestión da calidade.

* Determinación dos criterios de control de calidade que se deban adoptar respecto ao produto, ás operacións do proceso, ao control do proceso e ao mantemento dos instrumentos.

* Definición das estruturas que se deban seguir para elixir as fases do control de calidade.

* Elaboración dos parámetros fundamentais que cualifican os provedores, por adecuación para a xestión xeral da empresa, integridade, capacidade financeira, pronto pagamento, etc.

* Planificación dos custos da calidade evitable e inevitable.

Fundamentos de metroloxía.

* Cobertura dos procedementos de calibración co fin de mellorar a exactitude das medidas, controlando os erros e as incertezas dos instrumentos.

* Comprobación das tolerancias dimensionais e xeométricas nos equipamentos e nos instrumentos empregados nas técnicas de medidas.

Técnicas estatísticas da calidade.

* Caracterización das distribucións de probabilidade.

* Determinación da capacidade do proceso:

-Medida da reprodutibilidade intrínseca do produto resultante dun proceso.

-Técnicas que determinan o seu cálculo.

-Índices que valoran estas capacidades.

-Variabilidade do proceso.

* Clasificación dos plans de mostraxe mediante os métodos de inspección.

* Aplicación da informática de control do proceso nos aspectos antes mencionados.

* Composición, forma e compilación dos datos; presentación numérica e gráfica dos datos mediante os histogramas.

* Realización dos diagramas como principio reitor da elección dos proxectos e consecución do máis alto nivel de mellora co menor esforzo.

* Utilización do diagrama de Pareto para achar os sectores con maiores posibilidades.

* Utilización dos diagramas Ishikawa e os clásicos de distribución de dispersión como análise dos gráficos causa-efecto.

* Análise mediante matrices das prioridades, aplicando os criterios de análise para a toma de decisións relacionadas coa mellora de calidade.

* Aplicación das técnicas de modos de fallos e efectos AMFE ao estudo dos fallos, con posibilidade de os obxectivar nas tres variantes (ocorrencia, gravidade e detección), así como establecemento de prioridades para a súa resolución.

* Descrición dos sistemas históricos de mantemento e a súa utilización como documento fundamental de xestión para controlar todas as incidencias sucedidas nos mantementos e tomar accións de mellora da calidade.

* Elaboración de modelos normalizados de informes de calidade para a dirección.

* Elaboración de informes sobre a oportunidade da adopción de medidas de mellora.

* Xestión de funcionamento da organización para coordinar os cambios de deseño técnico.

Contidos conceptuais

Calidade e produtividade.

* Conceptos fundamentais: calidade de deseño e de conformidade; fiabilidade; calidade dos provedores; calidade do proceso de fabricación ou montaxe; calidade do produto; calidade no cliente e no servizo, sistema de calidade; planificación, organización e control do sistema de calidade.

* Sistemas de calidade.

Política industrial sobre calidade.

* Soporte básico e axentes asociados ao perfeccionamento da infraestrutura de calidade.

* Normativa e manuais de calidade.

* Normativa e regulamentacións específicas vixentes no sector. Aspectos básicos dun manual de calidade.

* Aseguramento de calidade: calidade nos provedores, normalización, certificación, ensaios, cualificación, inspección, calidade concertada e plan nacional de calidade vixente.

Xestión da calidade.

* Calidade na execución do mantemento e da montaxe de equipamentos e de instalacións.

* Planificación e organización. Criterios que se deben adoptar para garantir a calidade na execución do mantemento e da montaxe dos equipamentos e das instalacións.

* Control de calidade: fases e procedementos; recursos.

* Proceso de control da calidade. Calidade de provedores. Recepción. Calidade do proceso. Calidade no cliente e no servizo.

* Aspectos económicos da calidade.

-Custos da calidade e da non calidade.

-Técnicas de valoración.

* Sistemas de aseguramento de calidade. Manual de calidade: aspectos que o compoñen. Normativa.

* Técnicas de motivación e formación para a mellora da calidade. Círculos de calidade.

* Fiabilidade e mantenibilidade: fundamentos e parámetros utilizados para a súa valoración.

* Auditorías internas do produto e proceso.

* Ferramentas informáticas para a aplicación e o seguimento dun plan de calidade.

Fundamentos de metroloxía.

* Concepto e proceso de medida. Patróns.

* Calibración e rastrexabilidade.

-Erros de medida.

-Incerteza da medida.

-Plan de calibración.

-Documentación, normas e técnicas de calibración.

* Tolerancias dimensionais e xeométricas. Instrumentación e equipamentos. Técnicas e procedementos.

Técnicas estatísticas do control da calidade.

* Control por variables e por atributos. Gráficos de control por variables e por atributos.

* Capacidade de proceso e de máquina.

-Técnicas de cálculo.

-Índices que os valoran.

-Variabilidade de procesos.

* Plans de mostraxe.

-Curvas características e tipos de mostraxe.

-Control secuencial e control continuo.

* Análise de regresión, correlación e da varianza.

* Toma de datos, compilación, ponderación, presentación numérica e gráfica de datos, e histogramas.

* Diagramas de evolución ou xestión: de Pareto, de afinidade, causa efecto, correlación, dispersión ou distribución, etc.

* Matrices de prioridades, de criterios, de análise, etc.

* Análise de modos de fallo e efectos (AMFE).

* Sistema histórico de mantemento (SHM).

* Estrutura e contidos que deben cumprir as pautas de control.

* Informes e partes de control; normas para considerar na súa elaboración e presentación.

* Organización, xestión e actualización da documentación xerada.

Contidos actitudinais

* Valoración da importancia da realización das tarefas segundo os requisitos establecidos na normativa de calidade.

* Autoavaliación dos procesos seguidos e do seu grao de axuste ás normativas de calidade afectadas.

* Valoración das áreas segundo ou grao de cumprimento da normativa de calidade.

* Sistematicidade na concreción de conceptos xenéricos de aseguramento da calidade á realidade de cada empresa.

* Sistematicidade na secuencia e na ordenación das accións que permitan separar os sistemas de calidade segundo o alcance indicado na normativa.

* Prioridade das accións que afecten máis á calidade do produto ou servizo.

* Hábito no tratamento metódico e preciso da información.

* Hábito no uso das técnicas axeitadas para a resolución dos problemas de calidade.

* Autoavaliación relativa aos métodos de traballo para mellorar a produtividade.

* Interese pola anticipación das consecuencias de pequenas desviacións dos procesos.

* Valoración da importancia da argumentación de opinións que conduzan a un proceso de óptimo aproveitamento dos métodos de traballo.

* Actitude crítica no contraste das ideas do equipo coa realidade concreta.

* Autosuficiencia na análise e na resolución de problemas.

* Rigor na aplicación de métodos e na interpretación de datos.

* Seguridade na realización de análises e na toma de decisións.

* Interese pola procura de accións para diminuír as áreas da non-calidade.

3.3.4. Módulo profesional 10: plans de seguridade no mantemento e na montaxe de equipamentos e instalacións.

3.3.4.1. Capacidades terminais elementais.

* Analizar os plans de seguridade e hixiene de empresas de montaxe de equipamentos e instalacións, así como identificar e describir os aspectos máis relevantes.

* Analizar os plans de seguridade e hixiene de empresas de varios sectores produtivos, así como

identificar e describir os factores e as situacións de risco para a saúde e para a seguridade contidos nos plans.

* Identificar e describir as funcións dos responsables de seguridade da empresa e das persoas ás cales se lles asignan tarefas especiais en casos de emerxencia.

* Relacionar e describir as medidas preventivas axeitadas e os métodos de prevención establecidos para evitar os accidentes.

* Valorar os custos e os recursos necesarios para a aplicación dos plans de seguridade dunha empresa do sector.

* Identificar as instrucións técnicas dos regulamentos e da normativa eléctrica e mecánica vixentes.

* Identificar os dereitos e os deberes máis relevantes do empregado e da empresa en materia de seguridade e hixiene.

* Relacionar e describir as normas relativas á limpeza e á orde do contorno de traballo contidas nun plan de seguridade e hixiene nunha industria do sector.

* Identificar e describir as normas contidas en cada plan para a parada e a manipulación externa e interna dos sistemas, das máquinas e das instalacións.

* Relacionar e describir as normas contidas nun plan de seguridade sobre simboloxía e situación física de sinais e alarmas, equipamentos contra incendios e equipamentos de curas e primeiros auxilios.

* Relacionar as normas particulares de cada plan coa lexislación vixente e describir o desaxuste, se ou houber, entre as normas xerais e a súa aplicación ou concreción no plan de seguridade dunha industria do sector.

* Describir as propiedades e o uso das roupas e dos equipamentos máis comúns de protección persoal empregados na montaxe e no mantemento de equipamentos e de instalacións.

* Enumerar os tipos de sistemas para a extinción de incendios, así como describir as súas propiedades e o seu emprego.

* Describir as características e a finalidade das alarmas e dos sinais regulamentarios para indicar lugares de risco e situacións de emerxencia.

* Describir as características e usos dos equipamentos e dos medios relativos a curas, primeiros auxilios e traslado de accidentados.

* Determinar as especificacións dos medios e dos equipamentos de seguridade e de protección en diferentes contornos de traballo.

* Elaborar unha documentación técnica na cal apareza a localización de equipamentos de emerxencia, os sinais, as alarmas e os puntos de saída en caso de emerxencia da planta, consonte a lexislación vixente.

* Identificar e describir as causas de accidentes reais sucedidos na realización de actividades de mantemento e montaxe de equipamentos e instalacións.

* Identificar e describir os factores de risco e as medidas que terían evitado o accidente.

* Avaliar as responsabilidades do traballador e da empresa nas causas do accidente.

* Identificar as causas polas cales se puidese pór en perigo a seguridade dos traballadores, dos medios e das instalacións, como consecuencia dun incorrecto ou incompleto plan de seguridade.

* Enumerar e describir as medidas que terían evitado a situación de perigo ou o accidente, como consecuencia dun incorrecto ou incompleto plan de seguridade.

* Definir un plan de actuación para acometer a situación de perigo ou de accidente creada.

* Determinar os equipamentos e os medios necesarios para solucionar a situación de perigo ou de accidente creada.

* Describir mediante informes as desviacións respecto á normativa vixente ou o seu incumprimento.

* Valorar o custo dos danos producidos en caso de accidente.

* Identificar as posibles fontes de contaminación do contorno ambiental.

* Relacionar os dispositivos fixos e móbiles de detección de contaminantes coas medidas de prevención e de protección para utilizar.

* Describir os medios de vixilancia máis usuais de afluentes e efluentes, nos procesos de produción e de depuración na industria.

* Explicar as técnicas coas cales a industria depura substancias perigosas para o ambiente.

* Xustificar a importancia das medidas de protección, no referente á súa propia persoa, a colectividade e o ambiente.

* Describir os medios hixiénicos para evitar contaminacións persoais ou cara ao produto que se deba manipular ou obter.

* Relacionar a normativa ambiental cos procesos produtivos concretos en que se deba aplicar.

3.3.4.2. Contidos (duración: 55 horas).

Contidos procedementais

Plans e normas da seguridade e hixiene.

* Identificación dos riscos laborais, os accidentes de traballo e as doenzas profesionais de orixe laboral máis comúns, así como doutras patoloxías de etioloxía común.

* Investigación dos accidentes de traballo.

* Utilización e cobertura dos partes de accidente, tanto os internos da empresa como o impreso oficial de accidente de baixa.

* Realización de inspeccións de seguridade das instalacións e dos equipamentos de traballo, dos métodos operativos para detectar riscos e adoptar medidas preventivas que os eliminen e protexan, tanto durante as fases de montaxe como en operación normal.

* Información e asesoramento en novos proxectos de instalacións de edificio e proceso sobre aspectos legais e técnicos relacionados coa seguridade na montaxe e no posterior mantemento, que se deban incorporar a eles desde a citada fase de proxecto.

* Definición e asesoramento sobre aspectos de seguridade que se deban ter en conta nos métodos de traballo tanto nas operacións de montaxe como nas de mantemento das instalacións de proceso e edificios.

* Deseño e implantación de proteccións e dispositivos de seguridade para a eliminación e a protección dos riscos das instalacións, tanto na fase de montaxe como na de mantemento.

* Determinación das características dos sinais e dos carteis axeitados a cada situación, como complemento a outras medidas adoptadas de carácter preventivo ou de protección.

Factores e situacións de risco.

* Análise dos riscos dos traballos en altura (máis de dous metros).

* Deseño e montaxe de estadas seguras de acordo coas normas.

* Selección do sistema máis axeitado para empregar (plataformas, estadas ou escadas) en función do traballo que se realice.

* Determinación dos riscos que xera unha mala utilización das escadas.

* Análise do estado dos sistemas empregados para traballar en altura.

* Cálculo da capacidade de carga dunha carreta mediante a utilización do diagrama de carga.

* Selección dunha carreta automotriz en función das necesidades da carga, elevación, requisitos ergonómicos, etc.

* Detección dos riscos das carretas automotrices e proposición dos medios de protección.

* Revisión das comprobacións diarias nunha carreta, antes de comezar a xornada laboral.

* Detección das anomalías en ganchos que poden xerar accidentes.

* Determinación das dimensións e do tipo das eslingas que se deban usar en función do peso, da forma e das características da carga, presenza de ángulos vivos, temperatura elevada, fraxilidade, etc.

* Inspección de eslingas e cables de aceiro.

* Determinación da influencia do ángulo formado polos ramais da eslinga.

* Determinación das características dunha eslinga para a identificación do esforzo a que é sometida pola carga.

* Avaliación dos riscos para a persoa no manexo manual de cargas nos procesos de montaxe e de mantemento.

* Determinación de métodos de manutención manual e de técnicas para o levantamento, o sostemento e o transporte de cargas.

* Identificación dos riscos da soldadura eléctrica e oxiacetilénica nos traballos de montaxe e de mantemento.

* Aplicación das normas de seguridade para a prevención de riscos nos traballos de soldadura eléctrica e oxiacetilénica.

* Determinación da existencia dun «espazo confinado» e dos seus riscos.

* Realización de normas e procedementos para o acceso a espazos e para realización de traballos dentro deles.

* Análise e aplicación das normas de actuación para realizar traballos en instalacións de alta tensión sen tensión.

* Determinación das medidas de protección contra contactos eléctricos directos.

* Determinación dos equipamentos de primeiros auxilios para instalacións eléctricas de alta tensión.

* Aplicación da lexislación existente respecto á sinalización na industria.

* Definición e selección de cor, formas e tamaños dos sinais de seguridade en función da aplicación, o risco que sinalen, as distancias e outras condicións do lugar.

* Determinación das principais causas de risco de incendio na montaxe e no mantemento de instalacións.

* Determinación dos métodos de prevención de incendios máis axeitados que se deban aplicar en cada caso.

* Determinación e selección dos sistemas de detección dun lume en función dos materiais e das instalacións.

* Análise e selección dos axentes extintores máis axeitados para cada tipo de risco.

* Identificación dos produtos inflamables máis comúns e máis usados na industria.

* Determinación das condicións para a almacenaxe, a utilización e o refugo de produtos inflamables.

Situacións de emerxencia.

* Elaboración dun plan de evacuación.

* Elaboración dun plan de autoprotección eficaz.

* Desenvolvemento de simulacros de evacuación.

* Aplicación da lexislación existente sobre protección contra incendios.

* Identificación dos tipos de contaminantes e das medidas de protección que se deban adoptar.

* Identificación das clases de residuos tóxicos e perigosos, así como dos medios e dos sistemas para a súa eliminación.

* Execución das accións e das decisións axeitadas en caso de accidente, tanto ao persoal propio como ao contratado ou alleo ao traballo, dentro das instalacións.

* Realización dos avisos de accidente de xeito preciso e concreto, que asegure a correcta interpretación polo centro asistencial, a ambulancia, os bombeiros e protección civil.

* Mantemento axeitado do material de primeiros auxilios acorde coas necesidades que xere a montaxe e o mantemento das instalacións.

Contidos conceptuais

Plans e normas de seguridade e hixiene.

* Política de seguridade nas empresas. Plan de seguridade na execución.

* Normativa vixente sobre seguridade e hixiene no sector de mantemento e montaxe de equipamentos e instalacións.

* Normas sobre limpeza e orde no contorno de traballo e sobre hixiene persoal.

* Normas sobre simboloxía e localización física de sinais.

* Plans de seguridade e hixiene.

* Comunicación oral de instrucións para a consecución duns obxectivos.

* Criterios que se deben adoptar para garantir a seguridade na execución.

* Documentación sobre os plans de seguridade e hixiene. Fases e procedementos. Recursos.

* Responsables da seguridade e da hixiene e grupos con tarefas específicas en situacións de emerxencia.

* Custos da seguridade.

* Normas de precaución e seguridade no manexo de materiais.

Factores e situacións de risco.

* Riscos máis comúns no sector de mantemento e montaxe de equipamentos e instalacións. Axentes xeradores de risco.

* Métodos de prevención.

* Proteccións nas máquinas e nas instalacións.

* Sistemas de ventilación e evacuación de residuos.

* Medidas de seguridade en produción, preparación de máquinas e mantemento.

* Condicións de almacenaxe de produtos perigosos.

Medios, equipamentos e técnicas de seguridade.

* Roupas e equipamentos de protección persoal.

* Sinais e alarmas.

* Equipamentos contra incendios.

* Técnicas para a mobilización e o traslado de obxectos.

* Proceso para a resolución de problemas.

Situacións de emerxencia.

* Técnicas de evacuación.

* Extinción de incendios.

* Medios asistenciais para abordar curas, primeiros auxilios e traslado de accidentados.

* Traslado de accidentados.

* Valoración de danos.

* Factores do contorno de traballo: físicos (ruídos, luz, vibracións, temperaturas, etc.) e químicos (vapores, fumes, partículas en suspensión, etc.).

* Factores sobre o medio: augas residuais (industriais) e verteduras (refugallos sólidos e líquidos).

* Procedementos de tratamento e control de efluentes do proceso.

* Normas de avaliación ante situacións de risco ambiental.

* Normativa vixente sobre seguridade ambiental.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde, o medio e a seguridade laboral.

* Rigor na aplicación das normas de seguridade e das medidas de prevención e protección que mellor preserven o medio, a saúde propia e a dos demais.

* Decisión nas actuacións para realizar en caso de incendios, explosións, electrocucións e accidentes de tipo mecánico onde a rapidez de actuación permita a limitación dos danos a persoas ou a instalacións.

* Autosuficiencia no desenvolvemento das funcións asignadas, en caso de emerxencia e primeiros auxilios.

* Compromiso coas obrigas asociadas ao traballo.

* Cumprimento das normas de seguridade persoal e colectiva.

* Participación e cooperación no traballo en equipo, colaborando cos compañeiros en caso de emerxencia.

3.3.5. Módulo profesional 11: elementos de máquinas.

3.3.5.1. Capacidades terminais elementais.

* Determinar os datos necesarios para o cálculo cinemático e a simulación na utilización de programas informáticos, e interpretar os resultados.

* Relacionar os mecanismos coas aplicacións tipo de cada programa informático.

* Aplicar as fórmulas e as unidades adecuadas no cálculo das relacións de transmisión que interveñen nas cadeas cinemáticas empregadas nas máquinas.

* Clasificar os mecanismos en función das transformacións que produzan.

* Relacionar as formas construtivas dos órganos de máquinas cos tipos de esforzos que deban soportar.

* Describir mecanismos de máquinas sometidos a diferentes tipos de esforzos, así como o seu comportamento ante estes (tracción, compresión, torsión, cisallado, etc.).

* Determinar a información necesaria para o cálculo e a simulación de programas informáticos, e interpretar os resultados.

* Explicar as características de grupos mecánicos dunha máquina e as súas relacións funcionais, así como as dos elementos que os constitúen, interpretando a súa documentación técnica.

* Describir os efectos do engraxamento e da lubricación nos compoñentes sometidos a desgaste.

* Explicar os sistemas de lubricación de órganos de máquinas e describir os elementos que os compoñen.

* Calcular a vida dos elementos sometidos a desgaste ou rotura aplicando as fórmulas, as normas, as táboas e os ábacos necesarios.

* Identificar as especificacións técnicas que garantan a construción do produto (esforzo máximo que debe transmitir, potencia, velocidade máxima, etc.).

* Identificar a documentación e a información técnica necesarias (normas, ábacos, táboas, procesos, etc.) que permitan determinar as características construtivas dos elementos.

* Representar en esquema os esforzos a que están sometidos os elementos.

* Obter o valor dos esforzos que actúan sobre os elementos de transmisión, en función das solicitacións requiridas.

* Identificar os grupos funcionais dunha máquina e os seus elementos, así como elaborar as listaxes de materiais, asignando nomes segundo a normativa mecánica e diferenciando os compoñentes comerciais e as pezas específicas deseñadas para a máquina, ademais das súas especificacións técnicas.

* Identificar as partes e os puntos críticos dunha máquina onde poidan aparecer desgastes, fatigas, necesidades de refrixeración, de engraxamento e de tratamentos térmicos, etc., onde pola súa singularidade cumpra realizar algún tipo de mantemento.

* Elaborar documentación técnica establecendo as condicións óptimas de explotación: marxes dos parámetros iniciais e referenciais e marxes de funcionamento (vibracións, folguras, desviacións de valores, tensión das correas, etc.).

* Establecer a periodicidade de lubricación nunha máquina, así como o cambio dos elementos sometidos a desgaste.

3.3.5.2. Contidos (duración: 80 horas).

Contidos procedementais

Materiais.

* Identificación dos materiais segundo as súas propiedades e as súas formas comerciais.

* Selección dos materiais máis adecuados segundo as súas propiedades e as súas aplicacións tipo.

Mecanismos.

* Cálculo das relacións de transmisión que interveñen nas cadeas cinemáticas empregadas nas máquinas.

* Utilización de programas informáticos para o cálculo cinemático e a simulación e interpretación dos resultados determinando os datos necesarios.

* Representación en esquema dos esforzos a que están sometidos os elementos dunha máquina ou dun mecanismo.

* Obtención do valor dos esforzos que actúan sobre os elementos de transmisión, en función das solicitacións que cumpra transmitir.

* Análise dos mecanismos de máquinas sometidos a diferentes tipos de esforzos, así como o seu comportamento ante eles (tracción, compresión, torsión, cisallado, etc.).

Máquinas.

* Cálculo da potencia motriz en función das prestacións solicitadas á máquina e as características do conxunto cinemático.

* Análise dos grupos funcionais dunha máquina e os seus elementos.

* Elaboración das listaxes de materiais dunha máquina, asignando nomes segundo a normativa mecánica e diferenciando os compoñentes comerciais e as pezas específicas deseñadas para a máquina, así como as súas especificacións técnicas.

* Localización das partes e dos puntos críticos onde poidan aparecer desgastes, fatigas, necesidades de refrixeración, de engraxamento e de tratamentos térmicos, etc., onde pola súa singularidade cumpra realizar algún tipo de mantemento.

* Elaboración da documentación técnica establecendo as condicións óptimas de explotación: marxes dos parámetros iniciais e referenciais, marxes de funcionamento (vibracións, folguras, desviacións de valores, tensión das correas, etc.).

* Aplicación de solucións construtivas que melloren o problema do rozamento nos conxuntos mecánicos.

* Cálculo da vida dos elementos sometidos a desgaste nalgunha das solucións anteriores.

* Selección dos materiais e dos tratamentos que diminúan o desgaste.

* Establecemento da periodicidade de lubricación, así como do cambio dos elementos sometidos a desgaste.

Contidos conceptuais

Materiais.

* Propiedades dos materiais: físicas, químicas, mecánicas, tecnolóxicas, de deformación, de oxidación e de corrosión.

* Produtos férricos. Aceiros e aliaxes: clasificación, características e designación.

* Produtos metálicos non férricos. Aliaxes: clasificación, características e designación.

* Plásticos: clasificación e propiedades; sistemas de transformación e aplicacións.

* Materiais aglomerados e compostos: clasificación, características e designación.

* Materiais cerámicos.

* Oxidación e corrosión dos materiais: procedementos de protección.

* Pinturas e vernices: aplicacións.

* Aceites e graxas: aplicacións.

* Formas comerciais dos materiais. Nomenclatura e siglas de comercialización. Condicións das subministracións.

Mecanismos.

* Elementos de unión.

* Elementos de transmisión: embragues e freos.

* Reguladores.

* Levas e actuadores.

* Axustes e tolerancias.

-Dimensionais e xeométricas, de calidade, superficiais e de custos de calidade.

-Concepto de axuste.

-Sistemas de axustes e tolerancias.

-Diferenzas admisibles para medidas sen indicación de tolerancias.

* Mecanismos. Cinemática e dinámica. Relacións de transmisión, par e potencia e rendementos.

Máquinas.

* Concepción orgánica: axustes.

* Cadeas cinemáticas.

* Lubricación e engraxamento.

-Rozamentos. Desgastes.

-Lubricantes e refrixerantes.

-Sistemas de lubricación.

* Procedementos de cálculo e criterios de selección de elementos e mecanismos.

* Programas informáticos de cálculo.

Contidos actitudinais

* Autonomía e iniciativa na execución dos traballos.

* Respecto polas normas e polos procedementos definidos, nomeadamente no referente á seguridade, e rigor na súa aplicación.

* Disposición para tomar decisións ao seu nivel e asumir a responsabilidade que derive delas.

* Orde, rigor e limpeza no traballo.

* Interese por coñecer e por propor melloras.

* Organización e método no traballo e capacidade para analizar situacións e extraer a información necesaria para formular accións.

* Capacidade de traballo en equipos interdepartamentais.

* Interese pola observación doutros modos de traballo e pola extrapolación de melloras para a empresa.

* Iniciativa na procura e no tratamento da información.

* Obxectividade na avaliación do traballo.

* Corrección e respecto no trato e disposición a asumir críticas e a aceptar suxestións.

* Fomento da iniciativa e do interese no persoal ao seu cargo.

* Iniciativa no desenvolvemento dos procesos:

-Autosuficiencia na análise de situación (procura e tratamento da información).

-Interese pola mellora continua e por outros métodos ou sistemas.

-Rigor nas análises realizadas, criterios obxectivos, etc.

* Asunción de responsabilidades derivadas do seu traballo e as súas iniciativas.

* Compromiso co traballo en equipo.

-Interese pola constitución de equipos interdepartamentais para a análise e seguimento de accións.

3.3.6. Módulo profesional 12: relacións no contorno de traballo.

3.3.6.1. Capacidades terminais elementais.

* Describir as vías e os sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e emitir instrucións e información, así como intercambiar ideas, asignar tarefas e coordinar proxectos.

* Utilizar eficazmente os sistemas de información no medio laboral.

* Analizar os conflitos que se orixinen no contorno de traballo e darlles resposta mediante a negociación e a participación de todos os membros do grupo.

* Aplicar o método axeitado para preparar unha negociación identificando as estratexias idóneas para a resolución de conflitos na empresa.

* Identificar os aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións respectando e tendo en conta as opinións dos demais.

* Liderar un equipo de traballo adoptando o estilo máis apropiado a cada situación.

* Analizar comparativamente as funcións de dirección ou mando e as de liderado tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce e a responsabilidade que entrañan as tarefas e os compromisos asumidos.

* Conducir e moderar reunións, así como participar nelas colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

* Describir as teorías e os principios que sustentan a dinámica de grupos, así como as vantaxes do traballo en grupo fronte ao traballo individual.

* Impulsar o proceso de motivación no contorno laboral, facilitando a mellora no ambiente de traballo e o compromiso das persoas cos obxectivos da empresa.

* Dinamizar os factores que favorecen a motivación no traballo e, en especial, a política xeral de empresa sobre recursos humanos.

3.3.6.2. Contidos (duración: 55 horas).

Contidos procedementais

Comunicación na empresa.

* Produción de documentos.

* Descrición dos xeitos de envío de información e de documentación.

* Identificación das alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe na cal exista disparidade entre o emitido e o percibido.

* Análise dos procedementos de control de entrada e saída de documentación e de información.

Conflitos.

* Identificación da existencia dun conflito.

* Análise das causas do conflito.

* Selección da alternativa axeitada para a resolución do conflito.

* Elección de supostos conflitivos de actualidade co obxecto de elaborar un método para a recollida de información do conflito, a avaliación dos intereses postos en xogo e o procedemento interno para a súa solución.

Negociación.

* Identificación dos principais aspectos da negociación.

* Aplicación das técnicas concretas de negociación.

* Pechamento da negociación.

Toma de decisións.

* Identificación dos aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións.

* Análise dos factores que inflúen nunha decisión.

* Determinación da alternativa máis axeitada aplicando o método de procura.

Liderado.

* Análise comparativa das funcións de dirección e de liderado, tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce.

* Investigación mediante entrevistas ou observacións sobre o estilo de mando que predomina nas empresas do sector.

* Delimitación do papel e das competencias do mando intermedio.

Condución e dirección de equipamentos de traballo.

* Análise da incidencia da dinámica de grupos no mundo laboral.

* Selección da técnica de traballo en grupo máis adecuada en función das variables de grupo.

* Determinación das habelencias sociais máis elementais para conducir unha reunión de traballo.

* Identificación das tipoloxías de participantes.

* Descrición de problemas que se poden desencadear no desenvolvemento dunha reunión e proposta de solución.

* Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo na cal se deba tomar unha decisión sobre un problema laboral.

Motivación no contorno laboral.

* Análise do proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

* Identificación dos elementos do proceso da motivación diferenciando o significado de cada un.

* Contraste das teorías da motivación establecendo relacións entre elas.

* Análise da actitude humana ante o traballo.

* Selección de incentivos segundo as actitudes constatadas.

* Aplicación e efectos dos incentivos.

Contidos conceptuais

Comunicación na empresa.

* Tipos de comunicación.

* Etapas dun proceso de comunicación.

* Canles e redes de comunicación.

* Dificultades e barreiras na comunicación.

* Recursos para manipular os datos da percepción.

* Comunicación na empresa.

* Control da información.

Conflitos.

* Clases.

* Causas.

* Formas de exteriorización.

* Solución de conflitos.

Negociación.

* Condicións.

* Estilos de negociación.

* Fases nunha negociación.

Toma de decisións.

* Factores que inflúen na toma de decisións.

* Fases do proceso decisorio.

* Tipos de decisións.

Liderado.

* Características.

* Teorías do liderado.

* Estilos de dirección.

* Supervisión do traballo.

* Delegación eficaz.

* Políticas de empresa.

Condución e dirección de equipamentos de traballo.

* Características dos grupos.

* Funcionamento dos grupos.

* Técnicas de dinámica e dirección de grupos.

* Tipos de reunións.

* Preparación de reunións.

* Desenvolvemento.

* Problemas que presentan as reunións.

Motivación no contorno laboral.

* Concepto.

* Principais teorías de motivación.

* Factores de motivación.

* Sistemas de motivación no contorno laboral: programas de formación e política salarial.

Contidos actitudinais

Comunicación na empresa.

* Coidado na elaboración e na transmisión de mensaxes para facilitar a súa comprensión.

* Creatividade ante as barreiras comunicativas.

* Aceptación da necesidade de integrar os propios comunicados nun sistema de información empresarial planificado.

* Hábito e capacidade para o manexo de grandes bloques de información sintetizando o seu contido en función dos obxectivos e destinatarios.

Conflitos.

* Cordialidade á hora de establecer relacións cos demais.

* Respecto ante opinións, condutas ou ideas non coincidentes coas propias, demostrando unha actitude tolerante con elas.

* Comportamento hábil para manipular situacións de confrontación entre individuos.

* Comportamento responsable e coherente para resolver un conflito.

Negociación.

* Sensibilización para captar os matices dunha negociación, valorando as súas implicacións.

* Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

* Apreciación do poder de influencia.

* Destreza para elixir a alternativa de resolución máis adecuada.

Toma de decisións.

* Toma de conciencia da importancia que implica o proceso de toma de decisións para a vida persoal, social e laboral.

* Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

* Predisposición responsable para aceptar a toma de decisión que o grupo considere como a máis axeitada.

* Responsabilidade na integración das decisións adoptadas no ámbito laboral.

Liderado.

* Valoración da entrega e da responsabilidade que implican as funcións de dirección.

* Coidado no xeito de organizar e dirixir as tarefas dos subordinados.

* Interese pola aplicación dos recursos necesarios para realizar unha delegación eficaz.

* Interese e curiosidade por descubrir as posibilidades e os tipos de liderado nun mesmo e nos membros dos grupos a que se pertence.

Condución e dirección de equipamentos de traballo.

* Fomento de iniciativas dirixidas ao traballo en grupo.

* Toma de conciencia de que a participación e a colaboración cómpren para o logro dos obxectivos da empresa.

* Valoración do papel e das competencias do mando intermedio nunha organización.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

Motivación no contorno laboral.

* Valoración da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

* Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

* Fomento dos sistemas de motivación de carácter responsable, creativo e que potencien o desenvolvemento persoal.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo.

Duración: 380 horas.

Capacidades terminais elementais e actividades formativas de referencia.

1. Intervir no seguimento e no control da planificación do mantemento e contrastalo coa situación do momento no cumprimento dos obxectivos da empresa, analizando a compatibilidade do programa coa produción, coas cargas de traballo e cos recursos e os medios mobilizados.

-Clasifícanse os traballos de mantemento planificados e realizados, en función das categorías establecidas.

-Analízanse os traballos de mantemento realizados (os máis significativos dentro do período analizado) e contrástanse os elementos da planificación coas circunstancias da súa realización en cada caso.

-Elabórase un informe coas conclusións obtidas e coa proposta de modificacións sobre os elementos da planificación do mantemento, para a súa mellora.

2. Determinar os índices de fiabilidade, dispoñibilidade e mantenibilidade dunha liña de produción e das súas máquinas, considerando todas as súas variables, a partir dos históricos do último período de xestión.

-Identifícanse os factores que interveñen na determinación dos índices e relaciónanse coas variables e coas circunstancias da liña de produción.

-Aplícanse os procedementos de cálculo adecuados para a determinación de cada índice.

3. Establecer os niveis de cantidade, dispoñibilidade e custos das pezas de reposto (PDR) dunha máquina para garantir o cumprimento do programa de mantemento preventivo e das operacións de reparación, a partir dos históricos de mantemento e da documentación técnica da máquina.

-Determínase o mínimo de existencias, materiais e produtos para unha máquina, segundo os criterios establecidos pola empresa.

-Analízanse as variables de compra de pezas de reposto (calidade, prezos, documentos, prazos de entrega, etc.) e elíxese ou aconséllase a oferta máis favorable para a empresa.

-Localízase e proponse a situación máis adecuada segundo as características de pezas ou materiais, tendo en conta as condicións ambientais, a rotación de produtos e as características das pezas e dos elementos.

-Compróbase que os albarás coincidan en cantidade e en calidade cos produtos recibidos e, en caso de anomalías, faise constar a incidencia ou a reclamación, se procede.

-Lévase un control exhaustivo e puntual das entradas e das saídas do almacén, en calquera soporte de información.

-Realízase o inventario do almacén tendo en conta as variables (entradas, saídas, porcentaxe de pezas deterioradas, etc.) e aconséllase a realización de pedidos no momento adecuado.

-Xérase e actualízase un ficheiro de provedores, con calquera soporte de información.

4. Intervir na corrección da disfunción ou na reparación de fallos e avarías, realizando o diagnóstico correspondente na posta a punto dunha máquina, dun equipamento ou dun sistema, cos equipamentos adecuados e coa seguridade establecida.

-Realízanse as probas funcionais que verifiquen os síntomas recollidos no parte de avarías e caracterízanse os ditos síntomas con precisión.

-Realízase a hipótese de partida das causas da avaría e determínase, en cada caso, se a súa natureza é mecánica, eléctrica ou de software.

-Establécese o plan de actuación, no cal se determinan as fases que se seguirán, os procedementos que se utilizarán e as comprobacións que se efectuarán e selecciónase a documentación técnica necesaria e os medios máis indicados en cada caso.

-Localízase a avaría nun tempo razoable, seguindo o plan establecido e utilizando os medios adecuados.

-Realízase o orzamento da intervención, onde se recolla con suficiente precisión a tipoloxía e o custo da reparación.

-Supervísanse as operacións de desmontaxe, montaxe e substitución de elementos, compoñentes e módulos defectuosos, procurando que se efectúen nun tempo adecuado e coa calidade debida.

-Efectúanse as probas funcionais e os axustes necesarios para restablecer a adecuada operatividade do sistema.

-Realízanse as probas establecidas de fiabilidade do sistema.

-Respéctanse as normas de seguridade persoal, dos equipamentos e dos medios utilizados, seguindo as pautas do bo facer profesional.

-Realízase o informe de reparación da avaría no formato normalizado, no cal se recolle a información suficiente para realizar a facturación da intervención e a actualización do histórico de avarías do dito sistema.

5. Intervir no proxecto de modificación dos sistemas dunha liña de produción, ou dalgún deles, participando no deseño ou na montaxe, elaborando, de ser o caso, os programas para o equipamento programable e utilizando os medios dispoñibles, coa seguridade e a calidade establecidas.

-Reúnense as especificacións funcionais, as condicións de seguridade e todos aqueles datos que se consideren necesarios para o desenvolvemento dos sistemas.

-No deseño dunha intervención:

-Selecciónanse as tecnoloxías máis acordes cos requisitos do sistema.

-Achéganse ideas de configuración física da estrutura dos sistemas e selecciónanse os equipamentos, os dispositivos e os materiais que mellor se adapten á relación establecida entre prestacións e custo.

-Realízase o estudo técnico e económico da solución adoptada e xustifícanse os criterios adoptados en cada caso.

-Elabóranse esquemas e planos correspondentes á solución adoptada, con emprego das normas de representación estándar e utilizando os medios dispoñibles.

-Elabóranse, de ser o caso, os diagramas e os programas de control necesarios para o autómata ou para o sistema programable correspondentes á solución adoptada, asegurándose a funcionalidade e a fiabilidade do sistema.

-Elabórase o informe correspondente ás probas funcionais e de fiabilidade prescritas, onde se indiquen as continxencias, as modificacións e demais información conveniente que facilite a actualización da documentación do sistema.

-No suposto de intervención na montaxe:

-Reúnense as especificacións funcionais, as condicións de seguridade e todos aqueles datos que se consideran necesarios para o desenvolvemento dos sistemas.

-Elabóranse, de ser o caso, os diagramas e os programas de control necesarios para o autómata ou para o sistema programable correspondentes á solución adoptada, asegurándose a funcionalidade e a fiabilidade do sistema.

-Elabórase o proceso de execución correspondente ás fases de implantación do sistema, especificando as etapas, os medios, os tempos e demais información necesaria para a correcta execución da montaxe.

-Realízanse os traballos de montaxe do sistema correspondente e achéganse solucións que melloren o resultado final do proceso.

-Cúmprese cos plans de calidade e seguridade establecidos e infórmase convenientemente dos incidentes e das continxencias que xurdan.

-Realízase, ao seu nivel, a carga dos programas de control, as probas dos sistemas e a posta a punto da instalación, aplicando os procedementos máis adecuados en cada caso.

-Elabórase o informe correspondente ás probas funcionais e de fiabilidade prescritas, no que se indiquen as continxencias, as modificacións e demais información conveniente que facilite a actualización da documentación do sistema.

6. Actuar no posto de traballo respectando as normas de seguridade persoal, dos medios e dos materiais utilizados no desempeño das actividades.

-Identifícanse os riscos asociados ao desenvolvemento dos procesos e do mantemento de sistemas, equipamentos, máquinas, materiais, ferramentas e instrumentos, así como a información e os sinais de precaución que existan no lugar da súa actividade.

-Identifícanse os medios de protección e o comportamento preventivo que se deba adoptar para cada traballo e en caso de emerxencia.

-Tense unha actitude cauta e previsora e respéctanse fielmente as normas de seguridade e de hixiene.

-Empréganse os útiles de protección persoal dispoñibles e establecidos para as operacións.

-Utilízanse os medios e os útiles de protección de compoñentes, instrumentos e equipamentos estandarizados.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

3.5.1. Capacidades terminais elementais.

* Analizar as situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar a saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de risco existentes.

* Analizar as actuacións para seguir en caso de accidentes de traballo.

* Aplicar as medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analizar os xeitos e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analizar as propias capacidades e os intereses, así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identificar o proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identificar as ofertas de traballo no sector produtivo referido aos seus intereses.

* Analizar os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describir o sistema de protección social.

* Interpretar os datos da estrutura socioeconómica de Galicia, identificando as variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analizar a organización e a situación económica dunha empresa do sector e interpretar os parámetros económicos que a determinan.

* Analizar o tecido empresarial de Galicia e comparalo co doutras comunidades autónomas.

* Analizar a evolución socioeconómica do sector produtivo en Galicia.

3.5.2. Contidos (duración: 55 horas).

Contidos procedementais

Saúde laboral.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguranza tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación dos xeitos de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e nas ferramentas do taller.

* Determinación dos equipamentos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais.

* Identificación das modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e das obrigas dos empresarios e dos traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo en relación coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa de Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Elaboración do «curriculum vitae» e as súas actividades complementarias.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas, así como investigación e temporalización dos seus plans de estudos.

Principios de economía.

* Lectura e interpretación de artigos de prensa e de textos técnicos sobre temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Análise das causas e das variables que poden influír no investimento, no consumo e no aforro, tanto nas economías domésticas como nas das empresas.

Economía e organización da empresa.

* Análise das empresas da localidade onde estea o instituto para estudar as características xerais, comerciais, financeiras, etc.

* Confección de organigramas de empresas e estudo das necesidades específicas de cada unha.

O sector produtivo en Galicia.

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral.

* Condicións de traballo e de seguranza.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguranza.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais.

* Dereito laboral autonómico, estatal e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflitos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Mercado de traballo.

* Autoorientación profesional.

* Proceso de procura de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. Empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos e profesionalizadores.

Principios de economía.

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa.

* Empresa: tipos de modelos organizativos; áreas funcionais e organigramas.

* Funcionamento económico da empresa.

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector produtivo en Galicia.

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do medio como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respectar as disposicións legais polas cales se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferenzas socioculturais e trato non discriminatorio en todos os aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para se adaptar ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como dos bens libres de uso cotián como, por exemplo, a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración da actuación do traballo en equipo.

* Consciencia de que as cooperativas se están a constituír coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo.

Na admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

-Ciencias da natureza e da saúde.

-Tecnoloxía.

* Expediente académico do alumno, no cal se valorará sucesivamente a nota media e ter cursada a seguinte materia de bacharelato:

-Tecnoloxía industrial II.

4.2. Profesorado.

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de mantemento de equipamento industrial.

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Procesos e xestión do mantementoOrganización e proxectos de fabricación mecánicaProfesorado de ensino secundario

2Montaxe e mantemento do sistema mecánicoMecanizado e mantemento de máquinasProfesorado técnico de FP

3Montaxe e mantemento dos sistemas hidráulico e pneumáticoMecanizado e mantemento de máquinas Profesorado técnico de FP

4Montaxe e mantemento dos sistemas eléctrico e electrónicoInstalacións electrotécnicas.

Equipamentos electrónicos

Profesorado técnico de FP

5Montaxe e mantemento de sistemas automáticos de produciónOrganización e proxectos de fabricación mecánicaProfesorado de ensino secundario

6Proxectos de modificación do equipamento industrialOrganización e proxectos de fabricación mecánicaProfesorado de ensino secundario

7Técnicas de fabricación para o mantemento e a montaxeMecanizado e mantemento de máquinasProfesorado técnico de FP

8Representación gráfica en maquinariaOficina de proxectos de fabricación mecánicaProfesorado técnico de FP

9Calidade no mantemento e na montaxe de equipamentos e instalaciónsOrganización e proxectos de fabricación mecánicaProfesorado de ensino secundario

10Plans de seguridade no mantemento e na montaxe de equipamentos e instalaciónsOrganización e proxectos de fabricación mecánicaProfesorado de ensino secundario

11Elementos de máquinasOrganización e proxectos de fabricación mecánicaProfesorado de ensino secundario

12Relacións no contorno de traballoFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

13Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto.

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

MecánicaOrganización e proxectos de fabricación mecánicaProfesorado de ensino secundario

Tecnoloxía industrial IOrganización e proxectos de fabricación mecánicaProfesorado de ensino secundario

Tecnoloxía industrial IIOrganización e proxectos de fabricación mecánicaProfesorado de ensino secundario

Economía Formación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

(1) Licenciatura en administración e dirección de empresas; licenciatura en ciencias empresariais; licenciatura en ciencias actuariais e financeiras; licenciatura en economía; licenciatura en investigación e técnicas de mercado; diplomatura en ciencias empresariais; diplomatura en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia.

* Para os efectos de docencia, as titulacións declaradas equivalentes ás de licenciatura, enxeñaría, arquitectura e doutoramento, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesorado de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén

son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Organización e proxectos de fabricación mecánicaEnxeñaría técnica industrial (todas as especialidades).

Enxeñaría técnica de minas (todas as especialidades).

Enxeñaría técnica en deseño industrial (todas as especialidades).

Enxeñaría técnica aeronáutica (especialidade en aeronaves; especialidade en equipamentos e materiais aeroespaciais).

Enxeñaría técnica naval (especialidade en estruturas mariñas).

Enxeñaría técnica agrícola (especialidade en explotacións agropecuarias; especialidade en industrias agrarias e alimentarias; especialidade en mecanización e construcións rurais).

Enxeñaría técnica en obras públicas (especialidade en construcións civís).

Diplomatura en máquinas navais.

Formación e orientación laboralDiplomatura en ciencias empresariais.

Diplomatura en relacións laborais.

Diplomatura en traballo social.

Diplomatura en educación social.

Diplomatura en xestión e administración pública.

* Así mesmo, para os efectos de docencia, as titulacións declaradas equivalentes ás de diplomatura, enxeñaría técnica e arquitectura técnica, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesorado técnico de formación profesional deste título son as que figuran na táboa.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Mecanizado e mantemento de máquinasTécnico superior en produción por mecanizado.

Técnico especialista en montaxe e construción de maquinaria.

Técnico especialista en micromecánica de máquinas ferramenta.

Técnico especialista en micromecánica de instrumentos.

Técnico especialista instrumentista en sistemas de medida.

Técnico especialista en útiles e montaxes mecánicas.

Técnico especialista mecánico de armas.

Técnico especialista en fabricación mecánica.

Técnico especialista en máquinas ferramenta.

Técnico especialista en matrizaría e moldes.

Técnico especialista en control de calidade.

Técnico especialista en micromecánica e reloxaría.

4.3. Requisitos mínimos de espazos e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Decreto 296/1999, do 21 de outubro, o ciclo formativo de mantemento de equipamento industrial, de formación profesional de grao superior, require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espazos mínimos:

Espazo formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m15%

Aula técnica90 m60 m30%

Espazo formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Taller de instalacións electrotécnicas120 m90 m10%

Taller de mantemento180 m150 m15%

Taller de mecanizado150 m120 m10%

Taller de sistemas automáticos120 m90 m20%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ao número de postos escolares establecido no artigo 27.1º do Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non se debe interpretar que os diversos espazos formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

4.4.1 Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Procesos e xestión do mantemento.

* Montaxe e mantemento do sistema mecánico.

* Montaxe e mantemento dos sistemas hidráulico e pneumático.

* Montaxe e mantemento dos sistemas eléctrico e electrónico.

* Montaxe e mantemento de sistemas automáticos de produción.

* Proxectos de modificación do equipamento industrial.

* Técnicas de fabricación para o mantemento e a montaxe.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral

* Procesos e xestión do mantemento.

* Montaxe e mantemento do sistema mecánico.

* Montaxe e mantemento dos sistemas hidráulico e pneumático.

* Montaxe e mantemento dos sistemas eléctrico e electrónico.

* Montaxe e mantemento de sistemas automáticos de produción.

* Proxectos de modificación do equipamento industrial.

* Técnicas de fabricación para o mantemento e a montaxe.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4.3. Acceso a estudos universitarios

* Diplomatura en máquinas navais.

* Diplomatura en navegación marítima.

* Diplomatura en radioelectrónica naval.

* Enxeñaría técnica aeronáutica (todas as especialidades).

* Enxeñaría técnica agrícola (todas as especialidades).

* Enxeñaría técnica en deseño industrial.

* Enxeñaría técnica forestal (todas as especialidades).

* Enxeñaría técnica industrial (todas as especialidades).

* Enxeñaría técnica en informática (todas as especialidades).

* Enxeñaría técnica de minas (todas as especialidades).

* Enxeñaría técnica naval (todas as especialidades).

* Enxeñaría técnica de obras públicas (todas as especialidades).

* Licenciatura en física.

4.5. Distribución horaria.

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

185Montaxe e mantemento do sistema mecánico

185Montaxe e mantemento dos sistemas eléctrico e electrónico

160Técnicas de fabricación para o mantemento e a montaxe

110Representación gráfica en maquinaria

80Elementos de máquinas

55Plans de seguridade no mantemento e na montaxe de equipamentos e instalacións

55Relacións no contorno de traballo

55Formación e orientación laboral

4º, 5º e 6º trimestre

110Procesos e xestión do mantemento

Horas totaisDenominación dos módulos

130Montaxe e mantemento dos sistemas hidráulico e pneumático

165Montaxe e mantemento de sistemas automáticos de produción

165Proxectos de modificación do equipamento industrial

90Calidade no mantemento e na montaxe de equipamentos e instalacións

380Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 75, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA