DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2006 Páx. 4.690

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 23 de marzo de 2006 pola que se dispón o nomeamento de vogal do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

O artigo 7 da Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Intecmar e os artigos 3 e 4 do Decreto 41/2005, do 17 de febreiro, do seu regulamento, establecen

os membros do Consello de Administración do citado instituto.

En consecuencia, en virtude das facultades das facultades que me confiere o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, e o Decreto 500/2005, do 15 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos,

DISPOÑO:

Artigo único.

O nomeamento como vogal do Consello de Administración do Intecmar, por proposta do comité de empresa e como representante do persoal do Intecmar, de: Pablo Fernández Vila.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2006.

Carmen Gallego Calvar

Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA