DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2006 Páx. 4.690

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 16 de marzo de 2006 pola que se nomean novos membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

Os comités éticos de investigación clínica son os encargados de informar todos os ensaios clínicos

que se realicen dentro do seu ámbito territorial. Os ensaios clínicos e os comités éticos de investigación clínica regúlanse na comunidade autónoma polo Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro.

A Orde do 11 de xullo de 1996 pola que se crea o Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, no seu artigo 3, dispón que a composición do comité se axustará ao establecido no Decreto 32/1996, e que os seus membros serán nomeados por orde da Consellería de Sanidade.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, a Orde do 11 de xullo de 1996, e a disposición adicional primeira do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que se regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da Subdirección Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios da Consellería de Sanidade,

DISPOÑO:

Artigo único.

Noméanse membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, creado pola Orde do 11 de xullo de 1996, as persoas que se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2006.

María José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

ANEXO

Novos membros do CEIC de Galicia:-Julio Des Diz (médico especialista en oftalmoloxía do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, Lugo).-Manuel Seijo Martínez (médico especialista en neuroloxía da Fundación Pública Hospital do Salnés, Pontevedra).-David Simón Lorda (médico especialista en psiquiatría do Complexo Hospitalario de Ourense).-Juana Cruz del Río (traballadora social do Servizo de Atención Primaria Concepción Arenal 1, da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela).