DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2006 Páx. 4.690

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 16 de marzo de 2006 pola que se dispón o cesamento por petición propia de membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

Os comités éticos de investigación clínica son os encargados de emitir informe sobre todos os ensaios clínicos que se realicen dentro do seu ámbito territorial. Os ensaios clínicos e os comités éticos de investigación clínica regúlanse na Comunidade Autónoma polo Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro.

A Orde do 11 de xullo de 1996 pola que se crea o Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, no seu artigo 3, dispón que a composición do comité se axustará ao establecido no Decreto 32/1996, e que os seus membros serán nomeados por orde da Consellería de Sanidade.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, a Orde do 11 de xullo de 1996, e a disposición adicional primeira do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que se regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da Subdirección Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios da Consellería de Sanidade,

DISPOÑO:

Artigo único.-Cesan, a petición propia, como membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, creado pola Orde do 11 de xullo de 1996, as persoas que se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2006.

María José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

ANEXO

Persoas que cesan como membros do CEIC de Galicia:-Rubén Víctor Lois Calviño (licenciado en dereito).-Arturo Varela Freijanes (médico especialista en medicina interna do Complexo Hospitalario de Pontevedra).