DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2006 Páx. 4.642

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2006, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo para a aprobación da táboa salarial para o ano 2006 do convenio colectivo extraestatutario de ámbito provincial para o sector de limpeza de edificios e locais de Lugo.

Visto o acordo para a aprobación da táboa salarial para o ano 2006 do convenio colectivo extraestatutario para o sector de limpeza de edificios e locais de Lugo, asinado o día 25 de xaneiro de 2006, pola representación da Asociación de Empresarios de Limpeza de Edificios e Locais de Lugo, Asociación Profesional de Empresas de Limpeza (Aspel) e das centrais sindicais UGT, CC.OO. e USTG.

E tendo en consideración o disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por canto razóns de interese público en orde á súa publicidade para garantir os dereitos dos traballadores, así como a teor do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Traballo da provincia de Lugo,

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións laborais.

Segundo.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 10 de febreiro de 2006.

José Miguel Vázquez Calvo

Delegado provincial de Lugo

ACTA

Asistentes:

-Pola Asociación de Empresarios de Limpeza de Edificios e Locais de Lugo:

María Novoa Souto.

Raquel Novoa Souto.

Pedro Montero Fernández.

-Pola Asociación Profesional de Empresas de Limpesa (Aspel):

José Romero García.

Félix Valderrey de la Huerga.

Ramón González Fontaiña.

-Polas centrais sindicais:

UGT:

Ana Fernández González.

José Rubinos Domínguez.

María Ferreiro Ferreiro.

Manuel Lorenzo Fernández.

Elisa Sangregorio Cordero.

Fernando Teijeiro Valledor.

CC.OO.:

Jesús Castro Baamonde.

Víctor Julio Sánchez.

USTG:

Manuel Expósito López.

En Lugo, sendo as 16.30 horas do día 25 de xaneiro de 2006, reúnense nos locais da CEL as persoas á marxe relacionadas, membros todas elas da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo Extraestatutario Provincial para o Sector de Limpeza de Edificios e Locais de Lugo, co obxecto de aprobar a táboa salarial para o ano 2006 do convenio extraestatutario mencionado e fixar outras condicións igualmente pactadas para o ano 2006 no dito convenio.

Logo dos debates oportunos, adóptanse os seguintes

ACORDOS:

Primeiro.-Aprobar a táboa salarial do ano 2006 do Convenio Colectivo Estraestatutario Provincial para o Sector de Limpeza de Edificios e Locais de Lugo conforme o previsto no artigo 14 do mesmo.

Segundo.-O importe mensual do complemento de asistencia no ano 2006 será de 55,51 euros.

Terceiro.-O importe mensual do complemento de transporte no ano 2006 será de 63,74 euros.

Cuarto.-O importe do complemento de domingos e festivos no ano 2006 será de 13,38 euros.

Quinto.-Os atrasos por diferenzas de salarios consecuencia da aprobación da táboa salarial á que se fai referencia na presente acta aboarase aos traballadores no prazo dun mes desde a publicación da mesma no Diario Oficial de Galicia.

Sexto.-Remitir a presente acta, xunto coa táboa salarial aprobada, á autoridade laboral competente para os efectos oportunos.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, e en proba de conformidade asinan os á marxe sinalados a presente acta, no lugar e na data sinalados no encabezamento, sinalándose que José Rubinos Domínguez pasa a formar parte da Comisión Negociadora del Convenio Colectivo Extraestatutario na representación da central sindical UGT en substitución de Sandra Núñez Méndez e Jesús Castro Baamonde e Víctor Julio Sánchez pasan a formar parte da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo Extraestatutario na representación da central sindical CC.OO. en substitución de Anselmo Sampedro Ania e Emeterio Páramo Pontón.

Fdo.: María Novoa Souto, Raquel Novoa Souto, Pedro Montero Fernández, José Romero García, Félix Valderrey de la Huerga, Ramón González Fontaiña, Ana Fernández González, José Rubinos Domínguez, María Ferreiro Ferreiro, Manuel Lorenzo Fernández, Elisa Sangregorio Cordero, Fernando Teijeiro Valledor, Jesús Castro Baamonde, Víctor Julio Sánchez, Manuel Expósito López, Román Corbelle Lugilde

Convenio colectivo extraestatutario provincial para o sector de limpeza de edificios e locais de Lugo

Táboa salarial 2006

Gategoría profesionalSoldo base

mes/día

Soldo base

anual

Pagas extraComplemento

transporte

Complemento

asistencia

Total

devengado

-Grupo I. Subgrupo 1º. Persoal directivo

Director921,6311.059,562.764,89701,14610,6115.136,20

Director comercial878,4110.540,922.635,23701,14610,6114.487,90

Director administrativo878,4110.540,922.635,23701,14610,6114.487,90

Xefe de persoal878,4110.540,922.635,23701,14610,6114.487,90

Xefe de compras878,4110.540,922.635,23701,14610,6114.487,90

Xefe de servizos878,4110.540,922.635,23701,14610,6114.487,90

-Grupo I. Subgrupo 2º. Persoal titulado

Titulado grao superior790,479.485,642.371,41701,14610,6113.168,80

Titulado grao medio764,249.170,882.292,72701,14610,6112.775,35

Titulado laboral ou profesional695,038.340,362.085,09701,14610,6111.737,20

Gategoría profesionalSoldo base

mes/día

Soldo base

anual

Pagas extraComplemento

transporte

Complemento

asistencia

Total

devengado

-Grupo II. Persoal administrativo

Xefe administrativo 1º762,809.153,602.288,40701,14610,6112.753,75

Xefe administrativo 2º751,119.013,322.253,33701,14610,6112.578,40

Caixeiro722,978.675,642.168,91701,14610,6112.156,30

Oficial de 1ª707,878.494,442.123,61701,14610,6111.929,80

Oficial de 2ª679,728.156,642.039,16701,14610,6111.507,55

Auxiliar652,017.824,121.956,03701,14610,6111.091,90

Telefonista608,797.305,481.826,37701,14610,6110.443,60

Aspirante (máis novo de 18 anos)565,546.786,481.696,62701,14610,619.794,85

Cobrador608,797.305,481.826,37701,14610,6110.443,60

-Grupo III. Persoal mandos intermedios

Encargado xeral744,778.937,242.234,31701,14610,6112.483,30

Supervisor/Encargado de zona722,978.675,642.168,91701,14610,6112.156,30

Supervisor/Encargado de sector700,588.406,962.101,74701,14610,6111.820,45

Encargado de grupo ou edificio21,217.741,651.908,90701,14610,6110.962,30

Responsable de equipo20,407.446,001.836,00701,14610,6110.593,75

-Grupo IV. Persoal subalterno

Ordenanza601,517.218,121.804,53701,14610,6110.334,40

Almaceneiro601,517.218,121.804,53701,14610,6110.334,40

Listeiro601,517.218,121.804,53701,14610,6110.334,40

Vixilante601,517.218,121.804,53701,14610,6110.334,40

Mozo dos recados (máis novo de 18 anos)552,926.635,041.658,76701,14610,619.605,55

-Grupo V. Persoal obreiro

Especialista22,278.128,552.004,30701,14610,6111.444,60

Peón especializado20,877.617,551.878,30701,14610,6110.807,60

Limpador/limpadora20,037.310,951.802,70701,14610,6110.425,40

Condutor/limpador22,848.336,602.055,60701,14610,6111.703,95

-Grupo VI. Persoal oficios varios

Oficial22,278.128,552.004,30701,14610,6111.444,60

Axudante20,877.617,551.878,30701,14610,6110.807,60

Peón20,037.310,951.802,70701,14610,6110.425,40

Aprendiz (máis novo de 18 anos)18,886.891,201.699,20701,14610,619.902,15