DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2006 Páx. 4.434

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 49/2006, do 16 de febreiro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en imaxe para o diagnóstico.

De acordo coa competencia plena que figura no artigo 31 do Estatuto de autonomía e de conformidade co Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, aprobouse o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, que determina os aspectos que deben cumprir os currículos dos ciclos formativos.

O Real decreto 545/1995, do 7 de abril, establece o título de técnico superior en imaxe para o diagnóstico e as súas correspondentes ensinanzas mínimas e, na súa disposición adicional segunda, habilita os órganos competentes das comunidades autónomas para executaren e desenvolveren o disposto neste real decreto.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas e, na súa disposición derradeira primeira, número 2, autoriza as comunidades autónomas para ditaren, no ámbito das súas competencias, as normas que cumpran para a aplicación e o desenvolvemento deste real decreto.

O Real decreto 334/2004, do 27 de febreiro, aproba o regulamento de ingreso, acceso e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes que imparten as ensinanzas escolares do sistema educativo.

A Orde ECI/2527/2005, do 4 de xullo, actualiza e amplía o disposto no anexo X do Real decreto 777/1998, do 30 de abril, sobre o acceso directo a estudos universitarios desde a formación profesional, para o adecuar ás titulacións actualmente existentes.

O Decreto 296/1999, do 21 de outubro, no seu artigo décimo primeiro, establece os requisitos mínimos de espazos formativos para a impartición dos ciclos formativos de formación profesional específica.

Seguindo os principios xerais que deben rexer a actividade educativa recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ao campo profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite aos centros adecuaren a docencia ás características do alumnado e ao seu medio sociocultural.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipamento docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas deben permitir realizar o papel do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixir as variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos produtivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixir o conxunto do traballo e acadar os obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ao finalizar o ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, o saber e o comprender que se requiren do alumnado para acadar os logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que deben proporcionar o soporte de información e destreza preciso para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como no de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes, xa que todos eles levan a acadar as capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido; a súa estrutura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elaborar as programacións da aula e a orde en que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresalientes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas actividades produtivas do sector a que corresponda o título e, ao mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daque

las capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno produtivo en que radica o centro, non puidesen ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo mediante a realización dun conxunto de actividades produtivas e/ou de servizos contidos do centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ao proceso produtivo ou de servizos do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos deben dispor dun determinado número de horas que lles permitan realizar o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación, a secuencia e a metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu medio.

Por todo isto, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de febreiro de dous mil seis,

DISPOÑO:

I. Titulo, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico superior en imaxe para o diagnóstico, regulado polo Real decreto 545/1995, do 7 de abril, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, o nivel de formación profesional e a duración do ciclo formativo son os que se establecen no número 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, as unidades de competencia, as realizacións e os criterios de realización, o dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso produtivo que definen o perfil profesional do título son os que se establecen no número 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no número 3 do anexo deste decreto. As capacidades terminais elementais son os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros

sostidos con fondos públicos son os que se expresan no número 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no número 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente título son as que se expresan no número 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no número 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espazos e instalacións.

Os requisitos de espazos e instalacións que deben reunir os centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no número 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudos de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos números 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta do Ministerio de Educación e Ciencia, e do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, de ser o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder aos estudos universitarios que se indican no número 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no número 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste número serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características do alumnado, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu medio socioprodutivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adaptar as ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da edu

cación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características do alumnado con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria para ditar cantas disposicións cumpran, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de febreiro de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: imaxe para o diagnóstico.

-Nivel: formación profesional de grao superior.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema produtivo deste técnico son:

* Obter rexistros gráficos do corpo humano de tipo morfolóxico e funcional con fins diagnósticos baixo a supervisión correspondente: preparar, manexar e controlar os equipamentos; interpretar e validar os resultados técnicos en condicións de calidade e de seguridade ambiental.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas.

* Interpretar información científico-técnica (prescricións médicas; procesos de análise, de calidade e de diagnóstico; manuais; de procedemento e de equipamento) para pór a punto, supervisar, realizar e controlar os procesos e as operacións do seu campo profesional.

* Organizar e programar, ao seu nivel, o traballo da unidade ou do gabinete: adaptar procedementos, producir información ou instrucións, así como prever, asignar e distribuír as tarefas, os recursos e os materiais.

* Realizar ao seu nivel a xestión da unidade ou do gabinete: xestionar o ficheiro de pacientes-clientes, a adquisición e a almacenaxe do instrumental e do material, e obter os informes técnicos e os resumos de actividades necesarias na operación.

* Obter rexistros gráficos diversos mediante a realización de probas con equipamentos radiográficos, de resolución magnética, de tomografía computadorizada e de medicina nuclear, con procesamento dixitalizado da imaxe ou sen el, asegurando a calidade dos devanditos rexistros e cumprindo as normas de seguridade e de radioprotección vixentes nos aspectos relativos a persoas, a equipamentos e a instalacións.

* Preparar e dosificar radiofármacos cumprindo os protocolos establecidos para a súa utilización en probas de diagnóstico en medicina nuclear.

* Pór en servizo, controlar e operar coas instalacións e cos equipamentos de imaxe para o diagnóstico, asegurando o funcionamento correcto e realizando o mantemento de primeiro nivel para conseguir a seguridade das persoas e a eficaz xestión técnica do investimento.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias.

* Actuar en condicións de posible emerxencia seguindo os protocolos elaborados pola unidade de protección radiolóxica: transmitir con celeridade e con serenidade os sinais de alarma, e aplicar os medios de seguridade establecidos para previr ou corrixir posibles riscos de contaminación ás persoas ou ao medio.

* Actuar en todo momento con atención ás normas de radioprotección en persoas, equipamentos e instalacións.

* Resolver problemas e tomar decisións dentro do ámbito da súa competencia, e consultar as decisións cando as súas repercusións na coordinación con outras áreas (económicas, laborais ou de seguridade) o requiran.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas.

* Posuír unha visión de conxunto dos procesos de rexistros gráficos con equipamentos radiográficos, de procesamento informático de imaxes (TAC e RM) e gammagráficos, para a obtención de imaxes para o diagnóstico.

* Participar na posta a punto de novas técnicas, proxectos de investigación e programas formativos, e propor melloras relacionadas coa eficacia e a seguridade.

* Colaborar cos membros do equipo de traballo en que estea integrado, asumindo as responsabilidades que se lle confiran, cumprindo cos obxectivos asignados e mantendo o fluxo de información pertinente.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ao medio.

Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia das innovacións tecnolóxicas e organizativas introducidas na súa área laboral.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

A este técnico, no marco das funcións e dos obxectivos asignados por técnicos e profesionais de nivel superior ao seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Organización administrativa e funcional da unidade de imaxe para o diagnóstico no seu ámbito de competencia.

* Programación do traballo, ao seu nivel, e comunicación aos pacientes das datas e dos horarios de exploración.

* Previsión, ao seu nivel, das necesidades materiais da unidade de radiodiagnóstico.

* Recepción, información e rexistro de datos dos pacientes na unidade de imaxe para o diagnóstico.

* Desenvolvemento do programa de mantemento, posta en marcha dos equipamentos da unidade de imaxe para o diagnóstico e control dos parámetros de operación.

* Procesamento das películas radiográficas obtidas nos procedementos de imaxe para o diagnóstico.

* Preparación das doses de radiofármacos necesarias para a realización de probas diagnósticas in vivo en medicina nuclear.

* Transmisión ao paciente, na unidade de imaxe para o diagnóstico, dos coñecementos técnicos necesarios para a posterior realización do procedemento técnico diagnóstico.

* Realización do rexistro gráfico das exploracións con equipamentos radiográficos convencionais.

* Realización do rexistro gráfico das exploracións con equipamentos de procesamento informático de imaxes (TAC e RM).

* Realización do rexistro gráfico das exploracións con equipamentos de adquisición e procesamento informático de imaxes en medicina nuclear.

* Aplicación de medidas de radioprotección nas unidades de diagnóstico pola imaxe.

2.4. Unidades de competencia.

* 1. Organizar e xestionar, ao seu nivel, a área de traballo asignada na unidade ou no gabinete.

* 2. Obter rexistros gráficos do corpo humano utilizando equipamentos radiográficos.

* 3. Obter rexistros gráficos do corpo humano utilizando equipamentos de procesamento informático de imaxes de resonancia magnética e tomografía axial computadorizada.

* 4. Obter rexistros gráficos do corpo humano mediante técnicas radioisotópicas, utilizando equipamentos de medicina nuclear.

* 5. Aplicar e comprobar as medidas de radioprotección en unidades de aplicación médico-diagnóstica das radiacións ionizantes, baixo supervisión facultativa.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

2.5.1. Unidade de competencia 1: organizar e xestionar, ao seu nivel, a área de traballo asignada na unidade ou no gabinete.

Realizacións e criterios de realización.

* 1.1. Organizar, desenvolver e xestionar un ficheiro de pacientes-clientes, tendo en conta as necesidades de atención e o nivel de documentación que se manexa.

-Créase unha base de datos con capacidade para conter toda a información sobre pacientes-clientes xerada no servizo, na unidade ou no gabinete.

-Rexístranse os datos de filiación e clínicos do paciente-cliente e os da entidade responsable da prestación, no modo e no lugar establecidos nas normas internas, e verifícase que os datos rexistrados correspondan ao paciente-cliente.

-Infórmase correctamente o paciente sobre o lugar, a data, o horario e a preparación previa requirida, seguindo as pautas marcadas e o plan de tratamento.

-Comunícanselle ao paciente-cliente coa antelación suficiente as modificacións que xurdisen sobre a data e hora da cita.

-O paciente-cliente acode á unidade ou ao servizo o día e a hora fixados na cita previa, e recibe un trato correcto e cordial.

* 1.2. Xestionar o plan de mantemento dos equipamentos e da maquinaria do servizo, a unidade ou o gabinete.

-Establécese o plan de mantemento dos equipamentos e da maquinaria, para o que se confecciona unha ficha en que figuren as datas de revisión, as persoas encargadas dela e os elementos substituíbles.

-As revisións dos equipamentos e da maquinaria axústanse aos prazos previstos, de maneira que os equipamentos se achen en estado potencialmente operativo no momento de seren requiridos.

* 1.3. Planificar e xestionar a almacenaxe, a reposición e a adquisición, no seu ámbito de competencia, do instrumental e do material utilizado na unidade, no servizo ou no gabinete.

-Compróbase que o nivel de existencias dos materiais sexa o adecuado para cubrir en todo momento as necesidades do servizo, a unidade ou o gabinete e, en caso contrario, formúlase o pedido correspondente.

-Compróbase que o material recibido coincida co solicitado, tanto en cantidade como en calidade.

-Distribúese o material necesario para o funcionamento das áreas de traballo, segundo as necesidades propias de cada unha delas.

* 1.4. Crear, desenvolver e manter boas relacións con pacientes-clientes reais ou potenciais.

-Aténdense os pacientes-clientes cun trato dilixente e cortés, e na marxe de tempo prevista.

-Respóndese satisfactoriamente á súa demanda, co cal se promoven as futuras relacións.

-Comunícaselles aos pacientes-clientes calquera modificación ou innovación do servizo, a unidade ou o gabinete que poida ser do seu interese.

* 1.5. Obter os informes e os resumos de actividades mediante o tratamento da información da base de datos.

-Emítense informes que conteñan todos os ítems establecidos dentro do tempo establecido nos protocolos, dependendo da solicitude e da área de traballo.

-Introdúcense correctamente os datos xerados nas bases informáticas, cos criterios e a periodicidade establecidos e após a súa confirmación.

-Efectúanse axeitadamente as operacións e os cálculos estatísticos que permitan elaborar os resumos de actividades do servizo, a unidade ou o gabinete, e os resultados exprésanse nas súas medidas adecuadas.

* 1.6. Interpretar información científico-técnica (procesos de análise e de calidade; manuais; de procedementos e de equipamentos, etc.) e adaptar procedementos, producindo información oral ou escrita que permita a execución da actividade cos niveis de calidade establecidos e aproveitando optimamente os recursos asignados.

-A información ou as instrucións escritas son claras, precisas e adaptadas aos medios da unidade.

-A información producida concreta, segundo o caso:

-Técnica que se deba empregar.

-Equipamentos e instrumentos que interveñen.

-Secuencia e operacións precisas.

-Parámetros que cumpra controlar.

-Material auxiliar.

-Necesidade de calibraxes.

* 1.7. Programar o traballo da unidade ou do gabinete prevendo, asignando ou distribuíndo tarefas, equipamentos, recursos e tempos de execución, no seu ámbito de competencia.

-Nun caso práctico, a programación permite cumprir cos prazos de entrega ou satisfacer as necesidades de asistencia.

-A programación asigna os recursos eficazmente e con criterios de óptimo aproveitamento.

-A programación ten en conta as características de aprovisionamento e permite prever as súas necesidades.

-A programación integra todas as fases e os obxectivos, e conxuga adecuadamente as necesidades e a situación operativa de medios e de recursos humanos e materiais.

Dominio profesional

Medios de produción.

* Redes locais. Computadores. Programas informáticos (sistemas de información de radioloxía). Impresoras de texto e de etiquetas. Informes de exploracións. Libros de rexistro. Ficheiros de almacéns e de pacientes.

Materiais e produtos intermedios.

* Control de existencias. Mantemento dos equipamentos. Datos de identificación e petición.

Resultados e produtos obtidos.

* Pedidos de material. Notas de mantemento. Informes de actividade. Fichas de identificación. Informes. Resumos de actividades.

Procesos, métodos e procedementos.

* Técnicas de manexo de computadores. Rexistro de datos.

Información.

* Documentación técnica dos equipamentos. Peticións de exploración. Informes dos pacientes. Protocolos de técnicos de traballo. Normas de mantemento de equipamentos. Normas de control de calidade. Albarás de material.

Persoal e organizacións destinatarias.

* Persoal técnico do servizo ou da unidade. Provedores. Subministracións centrais. Servizos e facultativos clínicos. Unidades de enfermaría. Almacéns centrais. Servizo de mantemento. Empresas subministradoras dos equipamentos.

2.5.2. Unidade de competencia 2: obter rexistros gráficos do corpo humano utilizando equipamentos radiográficos.

Realizacións e criterios de realización.

* 2.1. Preparar o material, a sala e os equipamentos radiográficos que hai que utilizar seguindo o plan de traballo diario e o protocolo interno do servizo, e conseguir os valores correctos dos parámetros de operación, en condicións de seguridade.

-Calíbranse diariamente os equipamentos seguindo as normas dos fabricantes, para conseguir os valores correctos.

-Dótanse as salas de traballo dos elementos necesarios para realizar as exploracións, seguindo o protocolo de intervención e as normas de asepsia e seguridade establecidas.

-Contrólase a calidade dos equipamentos radiográficos que hai que utilizar (uniformidade de campo, linearidade espacial, sensibilidade e resolución espacial) en función da técnica de realización.

-Revísase o funcionamento dos sistemas de alarma.

-Verifícase, ao termo de cada exame, que os equipamentos e os locais queden en condicións aptas para a súa próxima utilización.

* 2.2. Recibir, ordenar e seleccionar os documentos de solicitude de probas de exame pertencentes á súa unidade específica de traballo.

-Verifícase que os documentos de solicitude de probas correspondan á súa unidade específica de traballo.

-Ordénanse e selecciónanse os documentos de solicitude de acordo coa súa urxencia, o horario asignado a cada paciente e o tipo de exploración.

-Formúlanse debidamente as solicitudes de tratamento e exploración, en relación ás probas solicitadas.

* 2.3. Obter os rexistros de imaxe solicitados utilizando as proxeccións radiolóxicas simples, coa calidade requirida e cumprindo as medidas de radioprotección.

-Verifícase que o paciente cumpra as condicións requiridas para o tipo de exploración e, de ser o caso, infórmase das anomalías detectadas respecto ás condicións requiridas.

-A colimación do campo é a adecuada para a exploración.

-Compróbase que a técnica empregada para cada unha das exploracións respecte os protocolos establecidos.

-Selecciónase e utilízase o sistema de rexistro fotosensible ou radiosensible adecuado para cada imaxe obtida.

-Realízanse na súa totalidade as proxeccións solicitadas consonte os protocolos técnicos de características, colocación, anatomía e clínica do paciente, cunha técnica axeitada e cumprindo as medidas de radioprotección.

-Durante a realización da exploración empréganse os dispositivos de inmobilización e posicionamento adecuados a cada tipo de proxección radiolóxica (saquiños, bandas, cuñas de espuma, regras, etc.).

-Identifícanse todas as placas obtidas co nome e/ou o código do paciente.

-Identifícanse todas as proxeccións de calidade insuficiente e, de ser o caso, repítense previamente á consulta de control.

-Valóranse as imaxes obtidas como adecuadas para o estudo solicitado e pregúntaselle ao facultativo responsable se os rexistros obtidos son suficientes, en cantidade e en calidade, para obter a información clínica e/ou diagnóstica solicitada.

-Cúmprense as normas de identificación da lateralidade fixadas no servizo.

-Unha vez realizadas as probas, compróbase se coinciden coa solicitude recibida.

-Rexístranse as posibles incidencias técnicas e as condicións en que se realizaron as probas.

* 2.4. Colaborar con persoal responsable na realización de exploracións radiolóxicas complexas e procedementos especiais, preparando e/ou regulando os materiais e os equipamentos, e conseguindo as proxeccións e os rexistros, conforme as instrucións, coa calidade requirida e cumprindo as normas de seguridade, hixiene e protección radiolóxica.

-Prepáranse os equipamentos para a realización das exploracións radiolóxicas que requiran supervisión médica directa (estudos dixestivos, urografías, colanxiografías, mielografías, estudos vasculares, etc.), segundo o protocolo establecido para cada un destes exames.

-Os chasis radiográficos e os materiais sanitarios precisos para a realización destas técnicas están dispostos convenientemente antes de comezar a exploración.

-Execútase a técnica radiolóxica exploratoria adecuada para cada exploración.

-Realízanse as proxeccións protocolizadas para cada técnica, así como as adicionais solicitadas polo facultativo, de maneira que os rexistros obtidos teñan calidade de imaxe.

-Identifícanse todos os rexistros obtidos co nome e/ou o código do paciente.

-Rexístranse as hipotéticas incidencias técnicas e as condicións en que se realizaron as probas.

-Cúmprense as normas de seguridade e hixiene establecidas para cada tipo de exploración.

-Compróbase que a preparación e a limpeza da sala de exame após o seu uso sexan óptimas para a súa seguinte utilización.

-Colócanse nos contedores correspondentes e elimínanse todos os materiais e os produtos de refugallo, segundo o protocolo establecido.

* 2.5. Realizar o revelado do material fotosensible coa calidade requirida.

-Compróbase a concordancia entre a identidade do paciente e o estudo radiolóxico realizado.

-Utilízanse correctamente os equipamentos de revelado e as procesadoras: contrólanse todos os seus parámetros de calidade, manéxanse axeitadamente as alarmas do sistema de revelado e recoñécense os artefactos máis comúns.

-Repóñense e recárganse os contedores de filmes do sistema de revelado con luz de día.

-Realízanse os procesos de descarga e recarga dos chasis de película radiográfica aplicando as medidas necesarias para evitar veladuras.

-O manexo dos equipamentos técnicos de preparación de película radiográfica permite a súa montaxe e as súas posteriores pasaxes na moviola.

-Realízanse copias radiográficas utilizando a copiadora de placas, após a escolla de formatos e de orientación da película.

Dominio profesional

Medios de produción.

* Xeradores de raios X. Tubos de raios X. Mesas con bucky. Buckys murais. Chasis. Colocadores. Instrumental de inmobilización. Regras. Identificadores de placas. Procesadoras de radiografías. Sistemas de revelado á luz de día. Recuperadores de prata e recuperadores de fixador. Mesturadoras automáticas. Copiadoras de radiografías. Película radiográfica. Película de copia. Revelador. Fixador. Montadora. Moviola.

Materiais e produtos intermedios.

* Rexistros en soportes radiográficos. Informes.

Resultados e produtos obtidos.

* Rexistros en soportes radiográficos. Rexistros gráficos de densitometrías e sensitometrías. Copias de radiografías. Película radiográfica. Papel fotosensible. Soportes informáticos da imaxe.

Procesos, métodos e procedementos.

* Proxeccións de radioloxía convencional dos territorios corporais. Normas de seguridade e hixiene. Protocolo de revelado de material fotosensible. Protocolo de montaxe de película radiográfica. Protocolos de elaboración de fixadores e reveladores.

Información.

* Peticións de exploración. Protocolos de realización das proxeccións. Protocolos de seguridade e hixiene. Manual de funcionamento de procesadoras, reveladoras, copiadoras, montadoras e moviola. Instrucións de administración dos produtos empregados.

Persoal e organizacións destinatarias.

* Facultativos responsables. Pacientes ou usuarios directos e indirectos.

2.5.3. Unidade de competencia 3: obter rexistros gráficos do corpo humano utilizando equipamentos de procesamento informático de imaxes de resonancia magnética e tomografía axial computadorizada.

Realizacións e criterios de realización.

* 3.1. Preparar e controlar os equipamentos de tomografía computadorizada seguindo os procedementos establecidos, e conseguir os valores correctos dos parámetros de operación, en condicións de seguridade.

-Realízanse as operacións habituais de calibraxe e compróbanse os seus parámetros, así como as operacións de posta en marcha dos equipamentos, de maneira que se consigan os valores correctos, e rexístranse as actividades realizadas.

-Realízanse as operacións de quentamento previas á realización das exploracións, segundo o procedemento establecido.

-Compróbanse as conexións e o correcto funcionamento das consolas satélites, así como os sistemas de reprodución e de almacenaxe de imaxes.

-Revísase o funcionamento dos sistemas de alarma dos equipamentos.

-Inícianse os sistemas de rexistro e compróbase que sexan operativos.

-Realízase o sistema de axuste preciso para cada tipo de estudo.

-Dótanse as salas de traballo dos elementos necesarios para realizar as exploracións, seguindo o protocolo de intervención e as normas de seguridade establecidas.

-Verifícase, ao termo de cada exame, que os equipamentos e os locais queden en condicións aptas para a súa seguinte utilización.

* 3.2. Recibir, ordenar e seleccionar os documentos de solicitude de probas de exame pertencentes á súa unidade específica de traballo.

-Verifícase que os documentos de solicitude de probas correspondan á súa unidade específica de traballo.

-Ordénanse e selecciónanse os documentos de solicitude de acordo coa súa urxencia, o horario asignado a cada paciente e o tipo de exploración.

-Formúlanse correctamente as solicitudes de tratamento e exploración en relación ás probas que se solicitan.

* 3.3. Obter os rexistros dos estudos morfolóxicos solicitados na prescrición, manexando equipamentos de tomografía computadorizada, coa calidade requirida e cumprindo as medidas de seguridade.

-Realízanse as operacións de centraxe, planificación e exploración para os territorios anatómicos.

-Selecciónanse os accesorios, os cabezais e demais instrumental necesario segundo o tipo de exploración que se vaia realizar.

-Colócase o paciente correctamente no equipamento, utilizando o material apropiado, segundo a exploración que se vaia realizar.

-Realízanse as medicións, as superposicións, a reconstrucións e os procesamentos da imaxe solicitados polo médico facultativo, mediante o manexo dos recursos informáticos do sistema.

-Determínanse e realízanse de xeito autónomo os algoritmos de exploración para o tipo de estudo solicitado, baixo supervisión do facultativo.

-Rexístrase o paciente no equipamento de TAC.

-Unha vez realizada a proba, confírmase que esta sexa acorde co protocolo de petición recibido e que os rexistros obtidos posúan a calidade axeitada.

-Rexístranse as condicións en que se realizaron as probas, así como as incidencias técnicas.

* 3.4. Preparar e controlar os equipamentos de resonancia magnética e conseguir os valores correctos dos parámetros de operación, en condicións de seguridade.

-Actívase o sistema e o proceso informático previamente á posta en operación, segundo os procedementos establecidos.

-Contrólanse, calíbranse e rexístranse os parámetros físicos.

-Selecciónase e sintonízase a bobina adecuada para a rexión que se vaia estudar.

-Revísase o funcionamento dos sistemas de alarma dos equipamentos.

-Realízase o sistema de axuste preciso para cada tipo de estudo.

-Dótanse as salas de traballo dos elementos necesarios para realizar as exploracións, seguindo o protocolo de intervención e as normas de asepsia e de seguridade establecidas.

-Verifícase, ao termo de cada exame, que os equipamentos e os locais queden en condicións aptas para a súa próxima utilización.

* 3.5. Obter os rexistros dos estudos morfolóxicos solicitados na prescrición, manexando equipamentos de resonancia magnética, coa calidade requirida e cumprindo as medidas de seguridade.

-Colócase o paciente na posición axeitada respecto á bobina, no interior do sistema.

-Emprégase o sistema detector de metais en pacientes non colaboradores.

-Compróbanse os parámetros técnicos e selecciónanse as secuencias protocolizadas para o tipo de exploración que se vaia realizar.

-Determínanse e realízanse autonomamente os algoritmos de exploración para o tipo de estudo solicitado, baixo a supervisión do facultativo.

-Realízanse as operacións de centrado, planificación e exploración para os territorios anatómicos.

-Realízanse as medicións, as superposicións, as reconstrucións e os procesamentos da imaxe solicitados polo médico facultativo, mediante o manexo dos recursos informáticos do sistema.

-Recoñécense e elimínanse os artefactos que aparecen adoito durante a exploración.

-Rexístrase o paciente no equipamento de RM.

-Unha vez realizada a proba, confírmase que esta sexa acorde co protocolo de petición recibido e que os rexistros obtidos posúan a calidade axeitada.

-Rexístranse as condicións en que se realizaran as probas, así como as incidencias.

Dominio profesional

Medios.

* Equipamentos de tomografía axial computadorizada e tomógrafos por resonancia magnética. Multiformatos láser e non láser. Efectos da imaxe dos medios de contraste.

Materiais e produtos intermedios.

* Imaxes de TAC e RM.

Resultados e produtos obtidos.

* Rexistro de imaxes de TAC e RM. Ficheiros informáticos de imaxes.

Procesos, métodos e procedementos.

* Protocolos de exploración. Procedementos de limpeza e de mantemento. Protocolos de seguridade e hixiene.

Información.

* Especificacións técnicas dos equipamentos.

Persoal e organización destinataria.

* Facultativos responsables. Pacientes e usuarios directos e indirectos. Servizos e facultativos clínicos.

2.5.4. Unidade de competencia 4: obter rexistros gráficos do corpo humano mediante técnicas radioisotópicas, utilizando equipamentos de medicina nuclear.

Realizacións e criterios de realización.

* 4.1. Realizar a disposición e a posta a punto dos equipamentos de medicina nuclear seguindo os procedementos establecidos, e conseguir os valores correctos dos parámetros de operación.

-Antes da súa utilización, realízanse as operacións habituais de calibraxe e posta en operación dos equipamentos (equipamentos de contaxe externa, gammágrafos, gammacámaras, de tomografía de emisión -SPETC, PET-, contadores de pozo e contadores de corpo enteiro), e conséguense os valores correctos.

-Revísase o funcionamento dos sistemas de alarma dos equipamentos.

-Compróbanse as condicións de traballo dos equipamentos calibradores de doses.

-Inícianse os sistemas de rexistro, que están en estado operativo.

-Dótanse as salas de traballo dos elementos necesarios para realizar as exploracións, seguindo o protocolo de intervención e as normas de asepsia e de seguridade establecidas.

-Contrólase a calidade dos equipamentos (uniformidade, linearidade, resolución espacial, etc.), aplicando os procedementos establecidos coa periodicidade estipulada polos servizos técnicos de mantemento e control de equipamentos.

-Ao termo de cada exame, verifícase que os equipamentos e os locais queden en condicións aptas para a súa próxima utilización.

* 4.2. Recibir, ordenar e seleccionar os documentos de solicitude de probas de exame pertencentes á súa unidade específica de traballo.

-Verifícase que os documentos de solicitude de probas correspondan á súa unidade específica de traballo.

-Ordénanse e selecciónanse os documentos de solicitude de acordo coa súa urxencia, o horario asignado a cada paciente e o tipo de exploración.

-Formúlanse debidamente as solicitudes de tratamento e exploración en relación ás probas solicitadas, e co permiso expreso do paciente se a exploración o require.

* 4.3. Recibir, almacenar, preparar e controlar os materiais radioactivos segundo os protocolos e os procedementos establecidos.

-Contrólase a dispoñibilidade dos isótopos en función das exploracións previstas.

-Almacénase o material radioactivo na gammateca, debidamente identificado e cos niveis e os dispositivos de protección previstos.

-Márcanse e dosifícanse os radiofármacos aplicando o procedemento indicado e cumprindo estritamente as normas de asepsia, seguridade e protección.

-Sepáranse os elementos formes de mostras sanguíneas para a súa marcaxe e a súa identificación, aplicando os procedementos establecidos.

-Prepáranse as mostras para a súa análise, cóntanse durante o tempo adecuado e efectúanse os cálculos precisos en función do tipo de procedemento aplicado.

* 4.4. Obter estudos e efectuar as técnicas solicitadas manexando equipamentos gammagráficos, e conseguir a calidade requirida, cumprindo as condicións de seguridade.

-Colócase adecuadamente o paciente, consonte o protocolo exploratorio da rexión que se queira estudar.

-Infórmase adecuadamente o paciente de todo o relativo ao procedemento técnico para favorecer a súa colaboración.

-Séguese o protocolo de exploración estándar para o tipo de estudo que se vaia realizar.

-Contrólase a operatividade dos utensilios, en función do tipo de proba diagnóstica e seguindo o protocolo establecido para ela.

-As imaxes obtidas (estáticas -gammagrafía-, dinámicas -secuenciais- e tomográficas) son as solicitadas na prescrición ou polo responsable.

-Tense en conta, para o manexo e a obtención de imaxes en gammagrafía, a non uniformidade na cámara, a natureza estática das radiacións, o comportamento do detector e o tempo de resolución.

-Realízanse os estudos de esforzo baixo control médico, e rexístranse as incidencias e os intervalos de monitorización.

-Realízanse os estudos dinámicos seguindo a secuencia operativa indicada para cada estudo.

-Realízanse as medicións, as superposicións e os procesamentos de imaxe solicitados polo médico responsable.

-Rexístrase o paciente no equipamento gammagráfico.

-Unha vez realizada a proba, confírmase que esta sexa acorde co protocolo de petición recibido e que os rexistros obtidos posúan a calidade adecuada.

-Rexístranse as condicións en que se realice a proba, así como os posibles incidentes técnicos que se produzan durante ela.

-Manipúlanse as doses radioactivas para o estudo gammagráfico, consonte o procedemento establecido e cumprindo as normas de seguridade e de protección radiolóxica.

Dominio profesional

Medios.

* Material sanitario básico. Sistemas informáticos de rexistro. Contedores de mostras. Gammacámara. Gammágrafo lineal. Gammacámara portátil. Tomógrafos de emisión. Contadores de pozo e de corpo enteiro. Contador de doses. Ergómetro. Dispensadores de radioisótopos volátiles. Efectos na imaxe que producen os radiofármacos. Xerador de radiofármacos. Campá de fluxo laminar.

Materiais e produtos intermedios.

* Rexistros efectuados. Mostras biolóxicas.

Resultados e produtos obtidos.

* Atención ao usuario. Imaxes gammagráficas.

Procesos, métodos e procedementos.

* Proceso de datos. Procedementos de descontaminación. Protocolos de seguridade e hixiene. Normas de radioprotección. Protocolos de exploración.

Información.

* Normativa de atención ao usuario. Protocolos de atención. Normas de descontaminación. Protocolos técnicos. Peticións de exploración. Historia clínica do paciente.

Persoal e organización destinataria.

* Pacientes e usuarios directos e indirectos. Persoal técnico do servizo. Facultativo responsable. Servizos e facultativos clínicos. Unidades de enfermaría.

2.5.5. Unidade de competencia 5: aplicar e comprobar as medidas de radioprotección en unidades de aplicación médico-diagnóstica das radiacións ionizantes, baixo supervisión facultativa.

Realizacións e criterios de realización.

* 5.1. Comprobar as medidas de radioprotección nas instalacións de aplicacións médicas das radia

cións ionizantes segundo os procedementos establecidos, así como adoptar ou propor as medidas correctivas oportunas.

-Coñécese e mantense actualizada e accesible a normativa legal que regula as instalacións de aplicacións médicas das radiacións ionizantes:

-Autorización (xeral e específica) e requisitos (alta, modificación e baixa).

-Acreditacións do persoal que traballa nos servizos de radioloxía.

-Disposicións vixentes reguladoras do persoal profesionalmente exposto a radiacións ionizantes (controis médicos e dosimétricos persoais e de área, historiais e verificacións previas e periódicas do servizo de protección radiolóxica, etc.).

-Documentación da instalación (diario de operacións, memorias anuais, historiais dosimétricos, etc.).

-Cúmprense as medidas básicas de radioprotección indicadas no manual de procedementos relativas a:

-Condicións das salas.

-Xeometría do feixe de raios.

-Colocación do paciente.

-Control de calidade do sistema de imaxe.

-Protección no manexo e na utilización de radiofármacos.

-Mecanismos de seguridade dos equipamentos nos servizos de radioloxía (básica, xeral e especializada) e en instalacións específicas de radiodiagnóstico e/ou radioterapia.

* 5.2. Comprobar as medidas de radioprotección do persoal nas instalacións de aplicación médica das radiacións ionizantes (dosimetría persoal e da área) segundo os procedementos establecidos, así como adoptar ou propor as medidas correctivas oportunas.

-Identifícanse os riscos de irradiación asociados ás técnicas de apoio ao diagnóstico.

-Utilízanse os medios xerais e específicos de protección, en función da técnica que se deba aplicar.

-Utilízanse os procedementos mecánicos de inmobilización de pacientes cando os seus protocolos ou as súas condicións así o requiran.

-Verifícase a existencia, o correcto funcionamento e a tenza do control dosimétrico obrigatorio do persoal e da área.

-Detéctanse e mídense os riscos de irradiación e de contaminación mediante a utilización da dosimetría persoal, de área e outras medidas especiais (contaminación interna, dosimetría de pacientes e límites derivados en superficies e aire).

* 5.3. Comprobar as medidas de radioprotección dos pacientes e dos membros do público nas instalacións de aplicacións médicas das radiacións ionizantes, segundo os procedementos establecidos, así como adoptar ou propor as medidas correctivas oportunas.

-Realízanse correctamente, segundo os procedementos establecidos, os controis previos á exploración radiolóxica: revisión da folla de petición e cuestionario de preguntas para realizar.

-Utilízanse adecuadamente os medios de protección xerais e específicos en función da técnica radiolóxica que se deba realizar, cumprindo os procedementos establecidos.

-Desenvólvese axeitadamente a técnica radiolóxica procurando que a dose que reciba o paciente sexa a máis baixa posible e compatible cos obxectivos médicos, e evítase, na medida do posible, a exposición doutras partes do corpo.

-A axilización na transmisión de resultados permite evitar a repetición de intervencións técnicas, ben por demora ou ben por falta de comunicación entre servizos.

-Tómanse as medidas de protección radiolóxica necesarias para limitar e controlar, na medida do posible, a súa exposición xeral.

-Tómanse as medidas de protección radiolóxica do persoal hospitalario, dos pacientes, do público, do contorno dos pacientes e do medio (control de vertidos), normalizadas nos protocolos de actuación.

* 5.4. Realizar o control de calidade das instalacións de radioloxía e demais sistemas de obtención de imaxe, consonte os procedementos establecidos.

-Contrólase a calidade de salas (blindaxes, sinalizacións, portas, cabinas, postos de control e material de protección) segundo os procedementos establecidos.

-Contrólase a calidade dos xeradores e dos tubos de raios X, segundo os procedementos establecidos.

-Supervísase segundo os procedementos establecidos o control de calidade de sistemas de imaxe (mesas e soportes murais), reixas, chasis, películas (follas de reforzo), cuartos escuros, locais de almacenaxe de películas, reveladoras e negatoscopios.

-Contrólase a calidade dos equipamentos radiográficos para utilizar (uniformidade de campo, linearidade espacial, sensibilidade e resolución espacial) en función da técnica de uso e dos procedementos establecidos.

-Compróbase diariamente e con periodicidade o resultado dos controis de calidade das probas de rendemento, segundo os procedementos establecidos.

-A análise adecuada das placas radiográficas rexeitadas permite prever o motivo do rexeitamento.

-Verifícase o cumprimento das condicións de almacenaxe das placas rexeitadas.

-A verificación do número de placas realizada permite o control do tempo de exposición, e infórmase ou actúase para resolver as anomalías das persoas e dos equipamentos.

* 5.5. Controlar a contaminación radioactiva das unidades de radioloxía segundo os procedementos establecidos, así como adoptar ou propor as medidas correctivas oportunas.

-Detéctase e valórase a contaminación mediante os procedementos de control rutineiros (asociada a operacións habituais), periódicos (proporciona información sobre un procedemento en particular) e eventuais (aplicada a unha situación que se sospeita anormal).

-Cúmprense as condicións e as medidas de protección radiolóxica necesarias para realizar as actividades con risco de contaminación radioactiva.

-Verifícanse as condicións de illamento dos pacientes e o control dos residuos radioactivos xerados por eles.

-Descontamínanse as persoas e, de ser o caso, os medios materiais.

-Adóptanse as medidas descritas nos protocolos para casos de contaminación accidental.

* 5.6. Aplicar o plan de emerxencias ante accidentes con risco de irradiación, segundo protocolos establecidos.

-Identifícanse os tipos de situacións de emerxencia que sexa probable que se presenten e especifícanse as zonas en que cumprirá adoptar medidas de protección, así como as vías de exposición, en función da técnica empregada.

-Compróbase que se efectúen coa periodicidade prescrita pola lexislación as actividades que deba realizar o persoal da instalación, o seu adestramento e os simulacros para controlar unha situación de emerxencia, así como a súa organización e a liña de responsabilidade.

-Verifícase a presenza do equipamento necesario para tales situacións e especifícase a súa dispoñibilidade, a súa situación e a súa capacidade funcional.

Dominio profesional

Medios de produción.

* Equipamentos de diagnóstico pola imaxe. Documentación da instalación (autorización e requisitos).

Materiais e produtos intermedios.

* Diario de operacións. Historiais dosimétricos. Memorias anuais.

Resultados e produtos obtidos.

* Manual de protección radiolóxica.

Procesos, métodos e procedementos.

* Medidas de protección en instalacións, persoal, pacientes e membros do público. Control e eliminación de residuos xerados en función do tipo de operacións que se realicen.

Información.

* Normativa legal. Características técnicas de equipamentos e instalacións. Mecanismos de seguridade dos equipamentos utilizados. Plan de emerxencias.

Persoal e organización destinataria.

* Persoal traballador dos servizos de radiodiagnóstico, medicina nuclear e radioterapia. Pacientes. Persoal hospitalario xeral. Membros do público. Servizo de protección radiolóxica.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

Os cambios previsibles na evolución da competencia deste profesional son:

* Maior grao de automatización dos procesos de rexistro e procesamento de imaxes, con diminución progresiva da utilización de placas radiográficas e incremento da imaxe dixitalizada, o soporte magnético e o procesamento informático.

* Incremento do grao de vixilancia e control da radiación externa e da contaminación radioactiva para o persoal, os pacientes, o público e o ambiente, por parte dos operadores de instalacións de raios X, baixo a supervisión do servizo de protección radiolóxica.

* Maior grao de participación na xestión dos recursos humanos do seu ámbito profesional, así como o incremento na colaboración para o uso racional de materiais e de técnicas, coa conseguinte incidencia na mellora dos custos económicos de explotación.

* Maior flexibilidade entre os postos de traballo e maior polivalencia de cada un deles, de xeito que os profesionais poidan ser intercambiables entre os postos dunha área de traballo e con maior autonomía para o desenvolvemento das súas tarefas e das súas funcións.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

A consolidación e o incremento de técnicas con procesamento informático e de radioloxía intervencionista ha implicar un maior grao de especialización no manexo dos equipamentos concretos.

Requirirase de maneira crecente a utilización de novas técnicas e de sistemas experimentais de imaxe para o diagnóstico, máis específicos e con menos efectos secundarios, coa conseguinte eliminación de técnicas non específicas (xenéricas), de pouco valor diagnóstico e con alto grao de irradiación.

A obriga de coñecer e pór en práctica en todas as actuacións o manual de protección radiolóxica vai implicar a capacidade de análise do proceso completo de protección, da súa aplicación e do seu control.

2.6.3. Cambios na formación.

A formación deste profesional requirirá de forma crecente:

* Coñecementos de informática que permitan o manexo fluído de paquetes informáticos complexos, tanto para a utilización dos novos equipamentos de imaxe para o diagnóstico como para a realización dos controis de calidade internos e externos.

* Coñecemento das prestacións dos equipamentos que se utilizan, para poder obter todas as súas posibles aplicacións, a capacidade de traballo e o control do seu funcionamento.

* Coñecemento da lexislación sobre radiacións ionizantes e a súa manipulación, o control de contaminación e a reciclaxe de residuos do material utilizado.

2.7. Posición no proceso produtivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

Este técnico poderá exercer a súa actividade profesional nomeadamente no sector sanitario, na área de diagnóstico pola imaxe.

Os principais subsectores en que pode desenvolver a súa actividade son:

* Atención primaria e comunitaria: gabinetes de radioloxía de centros de saúde.

* Centros hospitalarios: servizos de radioloxía convencional (coas súas especialidades), resonancia magnética nuclear, tomografía computadorizada e gammagrafía; outros servizos que utilicen radioloxía diagnóstica e intervencionista (cardioloxía, cirurxía vascular, nefroloxía e uroloxía); servizo de protección radiolóxica e servizos de medicina e cirurxía experimental.

* Gabinetes radiolóxicos extrahospitalarios: de diagnóstico pola imaxe e de exames preventivos en medicina de empresa.

* Centros de experimentación animal e delegacións comerciais de produtos hospitalarios e farmacéuticos.

Este técnico está capacitado para participar nas actividades que se realicen na súa área de traballo relativas á docencia doutros técnicos e á colaboración en labores de investigación.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

O técnico en imaxe para o diagnóstico sitúase nas funcións e subfuncións de organización e xestión da unidade ou do gabinete de traballo, prestación do servizo, control de calidade, investigación e docencia.

As técnicas e os coñecementos tecnolóxicos abranguen:

* Administración e organización dos recursos da súa área de traballo.

* Realización de rexistros do corpo humano con equipamentos radiográficos.

* Procesamento das imaxes obtidas.

* Manexo de programas informáticos de control de calidade no gabinete de diagnóstico pola imaxe.

* Coñecemento e aplicación das medidas de radioprotección.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación laboral, enumérase deseguido un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados, en entidades de carácter público ou privado, adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título.

* Técnico en imaxe para o diagnóstico.

* Técnico en protección radiolóxica.

* Técnico en radioloxía de investigación e experimentación.

* Delegado comercial de produtos hospitalarios e farmacéuticos.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Explicar os fundamentos físicos das fontes e dos equipamentos xeradores de radiacións ionizantes.

* Determinar e adaptar os procedementos de exploración e as técnicas de obtención de imaxes en radioloxía convencional e intervencionista en función das solicitudes, os equipamentos que hai que utilizar e o estado do paciente.

* Adaptar os procedementos de exploración e as técnicas de obtención de imaxes en radioloxía dixital e en gammagrafía en función das solicitudes, os equipamentos para utilizar e o estado do paciente.

* Explicar as técnicas de procesamento manual e automático das películas radiográficas en función das súas características, o soporte, o equipamento e o tipo de exploración.

* Preparar, dosificar e facer o seguimento e o control de isótopos radioactivos utilizados en medicina nuclear.

* Explicar as técnicas de procesamento e de tratamento da imaxe radiolóxica en función do soporte, os equipamentos e o tipo de exploración.

* Explicar as marcas anatómicas externas que permiten efectuar correctamente as exploracións radiográficas.

* Relacionar os mecanismos de acción das radiacións e de resposta do organismo coas características destas.

* Explicar os protocolos de protección radiolóxica e relacionar os riscos coas unidades, as medidas e os equipamentos utilizados.

* Explicar os mecanismos de detección e medida das radiacións que permiten a vixilancia e o control da radiación externa e interna.

* Interpretar os sistemas de control de calidade e o plan de situacións de emerxencia das instalacións de radiacións ionizantes de aplicacións médicas que impliquen risco radiolóxico.

* Adaptar as técnicas de almacenaxe, distribución e control de existencias aos elementos consumibles relacionados coa unidade de diagnóstico pola imaxe.

* Utilizar programas informáticos de carácter xeral, adaptándoos á organización, á xestión e ao tratamento da información clínica e administrativa da unidade de radioterapia.

* Comprender o marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a prestación de servizos sanitarios, e identificar os dereitos e as obrigas que derivan das relacións no contorno de traballo, así como os mecanismos de inserción laboral.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

3.2.1. Módulo profesional 1: organización e xestión da área de traballo asignada na unidade ou no gabinete de imaxe para o diagnóstico.

Asociado á unidade de competencia 1: organizar e xestionar, ao seu nivel, a área de traballo asignada na unidade ou no gabinete.

3.2.1.1. Capacidades terminais elementais.

* Describir a estrutura do sistema sanitario en España e as particularidades do sistema sanitario en Galicia.

* Interpretar a estrutura funcional e organizativa dos tipos de institucións sanitarias, partindo dos seus organigramas.

* Relacionar as competencias do contorno sanitario coas administracións públicas de España e da Unión Europea, así como indicar os órganos de que dependen e as unidades básicas en que se organizan.

* Explicar as funcións da unidade ou do servizo e os resultados a conseguir, así como os postos de traballo máis relevantes.

* Relacionar os niveis de asistencia co tipo de prestación que reciben os pacientes.

* Identificar os factores condicionantes da saúde dunha comunidade determinada a partir de estudos e informes.

* Relacionar as funcións e as competencias propias nos medios de traballo con relación a outros profesionais sanitarios.

* Relacionar os procesos de saúde-enfermidade cos niveis de prevención e o tipo de medidas correctivas.

* Identificar os contidos, os fluxos de tramitación e os sistemas de codificación e de rexistro da documentación clínica e non clínica.

* Realizar o proceso de recepción, rexistro e distribución da documentación recibida ou emitida, segundo os protocolos establecidos e os criterios de confidencialidade.

* Identificar os sistemas de arquivo, conservación e acceso á documentación clínica seguindo as normas do servizo.

* Determinar os métodos e as condicións de almacenaxe e conservación do material xeral das técnicas de imaxe para o diagnóstico, seguindo os criterios de orde e as normas de seguridade e hixiene.

* Determinar a cantidade de existencias para almacenar segundo o nivel óptimo e mínimo establecidos, así como os datos das fichas de almacén.

* Empregar programas informáticos básicos de organización, xestión e tratamento de datos clínicos ou administrativos da unidade.

* Definir formatos de presentación da información nun soporte informatizado segundo o tipo de información e a finalidade do programa informático empregado.

* Realizar resumos da actividade prestada e informes de resultados a partir dos datos dispoñibles, con claridade, precisión e o uso da terminoloxía específica axeitada.

* Elaborar orzamentos dos servizos sanitarios que se prestan na unidade ou no gabinete a partir das tarefas establecidas.

* Formalizar a documentación que se xera nunha operación de compravenda de bens ou de servizos sanitarios, segundo os protocolos establecidos, con pulcritude e precisión.

* Calcular as operacións e comprobar os datos que interveñen nos pedidos e nas facturas, segundo as normas fiscais e mercantís.

* Comprobar e corrixir de xeito sistemático os datos e os requisitos fiscais e legais dos documentos mercantís que se xeran no contorno desta actividade.

* Relacionar os factores e as situacións de risco para a saúde no seu medio laboral coas medidas preventivas e cos medios que se empreguen, coa simboloxía e a localización dos sinais de alarma, e coa normativa específica de seguridade e hixiene.

* Programar as actividades da unidade segundo os obxectivos, o tipo e volume do traballo, e a situación operativa dos recursos humanos e materiais.

* Identificar os factores que determinan a calidade de atención ou prestación do servizo segundo o tipo de servizo e as funcións que se desenvolvan.

3.2.1.2. Contidos (duración: 80 horas).

Contidos procedementais

Organización sanitaria.

* Cálculo dos indicadores de saúde.

* Realización de gráficos representativos dos principais indicadores de saúde.

Documentación sanitaria.

* Análise do contido e do tipo de documentación.

* Identificación dos datos e selección do medio e do soporte.

* Rexistro dos datos. Emisión de informes dos datos.

* Clasificación da documentación. Codificación.

* Rexistro informático e convencional. Distribución ao destinatario.

Xestión de existencias e inventarios.

* Identificación das necesidades de reposición.

* Formalización dos documentos para efectuar o pedido.

* Envío do pedido.

* Comprobación do material recibido.

* Distribución do material ás unidades.

* Realización do rexistro.

Tratamento da información e da documentación.

* Definición do tipo de datos dos clientes e dos provedores que hai que tratar.

* Compilación da información.

* Integración dos datos.

Aplicacións informáticas.

* Selección da aplicación ofimática axeitada.

* Introdución da información nos medios ofimáticos.

* Almacenaxe dos datos.

* Edición e difusión dos datos.

Contidos conceptuais

Organización sanitaria.

* Estrutura do sistema sanitario público en España.

* Lei xeral de sanidade.

* Plan de saúde de Galicia.

* Estrutura do sistema sanitario galego: sector público e sector privado.

* Funcións e competencias dos profesionais sanitarios.

* Conceptos de saúde e doenza.

* Factores condicionantes da saúde: ambientais, biolóxicos, e propios do sistema sanitario e do estilo de vida.

* Niveis de prevención sanitaria: primario, secundario e terciario.

* Conceptos de saúde pública e saúde comunitaria.

* Concepto de medicina preventiva.

* Indicadores de saúde.

* Normativa de seguridade e hixiene nos centros sanitarios. Lexislación específica do sector.

Documentación sanitaria.

* Documentación clínica e non clínica: tipos, utilidades, aplicacións, criterios de formalización e métodos de circulación.

* Tratamento da información e da documentación: arquivo, rexistros, mantemento, conservación e seguridade da información.

Xestión de existencias e inventarios.

* Almacenaxe: sistemas e técnicas.

* Criterios de ordenación dos recursos materiais sanitarios.

* Control de existencias: métodos de valoración.

* Existencias mínimas e reposición de existencias.

* Fichas de almacén.

* Inventarios: clasificación e elaboración.

* Normas de seguridade e hixiene aplicadas en almacéns sanitarios: condicións de almacenaxe dos materiais.

Tratamento da información e da documentación.

* Documentación de operacións de compravenda: propostas de pedido, albarás, facturas e notas de pagamento ou cargo.

* Requisitos legais de formalización da documentación.

* Réximes de aplicación do IVE.

Aplicacións informáticas.

* Aplicacións informáticas de xestión e control do almacén, facturación e xestión económica.

* Aplicacións informáticas de xestión do ficheiro de pacientes e historias clínicas.

* Aplicacións informáticas específicas.

Proceso de atención ou prestación do servizo.

* Obxectivos, fases, actividades e recursos.

* Normativa aplicable.

* Técnicas de control da calidade na prestación do servizo ou do produto.

Calidade da prestación do servizo ou do produto.

* Normas de control de calidade internas.

* Control externo da calidade.

Conceptos fundamentais de economía sanitaria.

* Financiamento, custos e beneficios en empresas do sector sanitario.

* Orzamentos de servizos.

* Documentación mercantil.

* Documentación financeira: cheque e letra de cambio.

* Sistema impositivo: IVE e IRPF.

Contidos actitudinais

* Valoración da importancia da formalización da documentación atendendo a criterios de prioridade, consonte protocolos establecidos.

* Rigor na comprobación dos resultados e sistematicidade na corrección dos erros detectados na formalización e no arquivo dos documentos.

* Compromiso coas obrigas asociadas ao traballo e puntualidade no cumprimento dos prazos de presentación dos documentos.

* Responsabilidade e autonomía no traballo, e rigor na tramitación da documentación.

* Espírito aberto e respectuoso no trato cos pacientes, cos familiares e cos membros do equipo de traballo.

* Interese pola asimilación dos novos métodos de traballo respecto á xestión administrativa da consulta ou unidade.

3.2.2. Módulo profesional 2: fundamentos e técnicas de exploración en radioloxía convencional.

Asociado á unidade de competencia 2: obter rexistros gráficos do corpo humano utilizando equipamentos radiográficos.

3.2.2.1. Capacidades terminais elementais.

* Relacionar os fundamentos físicos de produción e penetración de raios X cos compoñentes e as funcións dos equipamentos de radioloxía.

* Describir os elementos dos equipamentos de radiodiagnóstico e os parámetros de control correspondentes, con explicación dos seus compoñentes e das súas prestacións técnicas.

* Seleccionar os medios complementarios en función da técnica, a proxección solicitada e o tipo de equipamento empregado.

* Describir as operacións habituais de posta en marcha dos equipamentos de exploración radiolóxica, aplicando as normas de seguridade e de radioprotección establecidas polo fabricante.

* Citar as incidencias e as avarías máis frecuentes nos elementos dos equipamentos radiográficos, e describir o método máis axeitado para o seu control.

* Relacionar as características técnicas e as aplicacións dos equipamentos de diagnóstico portátiles cos equipamentos fixos.

* Relacionar as necesidades estruturais das salas de exploración coas características dos equipamentos e cos seus riscos durante o seu funcionamento.

* Describir os requisitos preparatorios do paciente en función da exploración radiolóxica que se realice.

* Definir os medios de control para verificar o correcto funcionamento dos equipamentos de diagnóstico, e explicar as súas indicacións.

* Comprobar o funcionamento dos sistemas de alarma dos equipamentos de radioloxía a partir da observación dos distintivos de control.

* Identificar as diferenzas existentes entre os equipamentos de radioloxía convencional e os de radioloxía especial, a partir das características correspondentes.

* Describir as características dos equipamentos de radioscopia, e explicar os seus compoñentes e as súas funcións.

* Explicar o proceso que determina a calidade dos rexistros radiográficos.

* Seleccionar os equipamentos de diagnóstico en función das exploracións que permiten realizar.

* Describir as técnicas de mobilización e inmobilización de pacientes, e indicar os accesorios axeitados en función do paciente, da zona anatómica e da exploración que se realice.

* Colocar o paciente en función das súas características, da zona anatómica de exploración, da técnica radiolóxica e do tipo de proxección que se realice, consonte os protocolos establecidos.

* Seleccionar os parámetros dos equipamentos de radiodiagnóstico en función dos datos morfolóxicos do paciente, da técnica solicitada e das características do equipamento.

* Seleccionar o tipo de película e de chasis en función da zona de exploración e do tipo de proxección que se realice.

* Explicar as técnicas de identificación das películas e dos chasis, e valorar as implicacións da súa incorrecta utilización.

* Seleccionar os medios de protección ao paciente durante a exploración radiolóxica e persoal, en función da zona de exploración e das características do paciente, consonte os protocolos.

* Determinar as indicacións e as aplicacións da técnica de colimación, sinalando os criterios para a súa aplicación, en función da técnica exploratoria e das características da zona de exploración.

* Definir as proxeccións necesarias en función do tipo de exploración solicitada, a zona anatómica que se radiografe e o equipamento que se empregue.

* Obter rexistros gráficos en condicións axeitadas ao estudo clínico solicitado.

* Identificar estruturas anatómicas e signos radiolóxicos de normalidade e de anormalidade nos rexistros radiolóxicos obtidos por técnicas simples, especiais ou intervencionistas.

* Avaliar a calidade dos rexistros radiolóxicos, en función do tipo e da orientación diagnóstica da exploración.

* Rexistrar e arquivar no soporte axeitado, aplicando protocolos establecidos, os datos técnicos da exploración e as incidencias producidas durante a súa realización.

* Explicar o fundamento tecnolóxico-científico dos equipamentos de diagnóstico utilizados en radioloxía intervencionista, así como os elementos que os compoñen, e describir as súas funcións, o funcionamento e os parámetros de operación e de control.

* Citar as indicacións e describir os mecanismos de actuación das substancias de contraste e a súa aplicación nos procedementos específicos de exploración radiolóxica.

* Identificar os procedementos especiais de diagnóstico radiolóxico e relacionar os equipamentos e os materiais que se empreguen en función do tipo de proba e da zona anatómica de exploración.

* Axustar o sistema de programación en función dos datos morfolóxicos do paciente, do tipo de procedemento e do equipamento radiolóxico.

* Relacionar as técnicas de carga e a programación de inxectores partindo dos datos técnicos prescritos polo facultativo.

* Seleccionar os sistemas e o material de rexistro gráfico en función dos equipamentos e dos procedementos que se realicen, e describir as técnicas para a súa identificación.

* Explicar o principio fundamental que permite a obtención de imaxes tomográficas e as súas aplicacións clínico-diagnósticas.

3.2.2.2. Contidos (duración: 425 horas).

Contidos procedementais

Principios de radioloxía convencional.

* Selección de información técnica e identificación das características estruturais e técnicas dos aparellos de radiodiagnóstico.

* Descrición das relacións entre os compoñentes dos aparellos de radiodiagnóstico.

* Determinación da influencia de cada compoñente na operatividade dos aparellos de radioloxía.

* Identificación dos sistemas de regulación e control do equipamento, así como da finalidade dos aparellos de radioloxía.

* Detección de disfuncións e avarías.

-Interpretación da documentación técnica.

-Identificación dos signos, dos efectos e dos defectos indicadores, así como a relación co sistema afectado.

-Determinación do perigo que poida xerar a avaría e actuación consonte as normas de seguridade e de mantemento dos equipamentos.

-Formalización dos partes de reparación en caso de avaría.

Unidades de radioloxía convencional.

* Comprobación das condicións ambientais e de hixiene da sala, así como das medidas de protección.

* Acondicionamento e limpeza dos equipamentos de radiodiagnóstico.

* Selección dos elementos necesarios para realizar a exploración e a colocación, de ser o caso, dos accesorios do equipamento.

Equipamentos para radioloxía convencional.

* Identificación da técnica que se deba utilizar e valoración das características do paciente.

* Comprobación da preparación previa do paciente segundo o tipo de exploración que se realice.

* Preparación do material e acondicionamento do paciente para a exploración.

* Selección dos equipamentos, os medios, os accesorios e os tipos de rexistros, así como das técnicas de aplicación.

* Colocación do paciente e inmobilización da zona de exploración, en caso necesario.

* Selección dos parámetros en función do paciente, do equipamento e da técnica solicitada, así como axuste do seu sistema de regulación.

* Localización da estrutura anatómica de exploración.

* Apertura do feixe luminoso e enfoque sobre a estrutura anatómica localizada.

* Selección do grao de colimación.

* Selección e colocación dos equipamentos de radioprotección.

* Marcaxe e identificación de placas.

* Realización de técnicas radiolóxicas simples, especiais e con contraste.

* Revelado da películas radiográficas.

* Valoración da imaxe obtida tendo en conta a exploración solicitada canto á identificación de estruturas anatómicas, o grao de nitidez, a técnica radiográfica e a proxección axeitada, etc.

* Estudo de imaxes radiográficas e interpretación dos signos radiolóxicos de normalidade e de anormalidade.

* Determinación do tipo de técnica exploratoria e detección de artefactos e de elementos estraños.

* Descrición da imaxe coa terminoloxía técnica axeitada.

Técnicas radiolóxicas.

* Exploración radiolóxica da cabeza, o tórax, o abdome e as extremidades por medio de técnica radiográfica simple.

* Exploración radiolóxica por medio de técnicas radiográficas especiais de tomografía, xerorradiografía e radioscopia, con contrastes, etc.

* Técnicas radiolóxicas intervencionistas pulmonares, cardiovasculares, dixestivas, endócrinas, neurolóxicas, xenitourinarias, etc.

Contidos conceptuais

Principios de radioloxía convencional.

* Propiedades dos raios X.

* Características físicas da materia.

Unidades de radioloxía convencional.

* Organización, funcións, actividades e tarefas.

* Instalacións e disposicións de equipamentos.

Equipamentos para radioloxía convencional.

* Produción de raios X.

-O tubo de raios X. Procedementos de quentamento e arrefriamento do tubo.

-Características da radiación producida polo tubo.

-Xerador de raios X.

* Penetración dos raios X.

-Dispersión e contraste de raios X. Colimación.

-Reixas.

-Intensificadores de imaxe.

-Artefactos.

Contrastes utilizados en radioloxía.

* Composición e aplicación dos contrastes negativos, positivos e liposolubles.

* Técnicas básicas de radioloxía con contraste.

* Técnica de dobre contraste e outras.

* Complicacións e reaccións adversas producidas polos contrastes.

Exploracións radiolóxicas.

* Técnicas radiográficas simples, especiais e intervencionistas: conceptos, tipos e características.

Contidos actitudinais

* Capacidade de decisión na determinación de alteracións ou avarías nos equipamentos, e cando as condicións do paciente imposibiliten a aplicación da técnica segundo os protocolos.

* Responsabilidade e rigor na comprobación da calidade das imaxes obtidas na exploración.

* Responsabilidade á hora de regular os parámetros do equipamento, segundo a técnica que se realice e as características do paciente.

* Valoración da importancia da adaptación dos parámetros de traballo a aquelas condicións do paciente que non se adapten a protocolos establecidos.

* Valoración da importancia da corrección sistemática dos erros detectados en relación coa solicitude de exploración, coa técnica realizada e cos resultados obtidos.

* Sistematicidade na comprobación dos mecanismos de control para detectar posibles alteracións ou anomalías no equipamento.

* Interese pola corrección sistemática dos erros detectados que afecten a calidade das imaxes e as medidas de radioprotección.

* Responsabilidade e eficacia na preparación das instalacións e de equipamentos, así como na realización das técnicas.

* Rigor e pulcritude na secuencia e na ordenación das tarefas de preparación da unidade e das instalacións, así como na preparación, na posta en marcha e na comprobación da operatividade dos equipamentos.

* Consciencia da importancia da utilización sistemática dos equipamentos de radioprotección persoal, tanto para o paciente como para o técnico.

* Valoración da importancia da conservación dos equipamentos e dos materiais en estado operativo.

* Responsabilidade no cumprimento das normas de radioprotección e hixiénico-sanitarias tanto na manipulación de equipamentos como na realización das técnicas de exploración.

* Valoración da importancia da cooperación e da coordinación entre os membros do equipo de traballo.

* Rigor no seguimento dos protocolos técnicos na realización de exploracións.

* Capacidade de innovación á hora de emprender accións que melloren a eficacia e a organización do traballo da unidade.

* Interese polos avances tecnolóxicos relacionados cos equipamentos e cos sistemas de seguridade e de prevención de riscos, así como polos métodos de traballo que melloren a eficacia da técnica e diminúan o risco radiolóxico.

* Valoración da importancia do mantemento do medio de traballo nas condicións hixiénicas e de radioprotección axeitadas.

* Comportamento comprensivo, amable e respectuoso co paciente e cos acompañantes, e determinación na adopción de medidas para aplicar ante a posible falta de colaboración.

* Rigor e pulcritude na mobilización, na colocación e na preparación do paciente para a exploración.

* Valoración da importancia da vixilancia do paciente, dos equipamentos e do material empregado durante a realización da técnica exploratoria.

* Hábito de cumprimento das normas de seguridade e de hixiene en relación co paciente, e na manipulación de materiais e de equipamentos.

3.2.3. Módulo profesional 3: fundamentos e técnicas de exploración radiolóxica mediante equipamentos de dixitalización de imaxes.

Asociado á unidade de competencia 3: obter rexistros gráficos do corpo humano, utilizando equipamentos de procesamento informático de imaxes de resonancia magnética e tomografía axial computadorizada.

3.2.3.1. Capacidades terminais elementais.

* Relacionar o fundamento técnico das tomografías computadorizadas coas características do tubo de raios X, da coroa de detectores e dos equipamentos de procesamento de imaxes.

* Relacionar os fundamentos físicos da resonancia magnética cos compoñentes dun equipamento detector de imaxes mediante elas e as características que deben ter as instalacións.

* Identificar a finalidade e as características dos compoñentes e dos sistemas de regulación e control dos equipamentos de tomografía computadorizada e de resonancia magnética, a partir da documentación técnica.

* Establecer o procedemento de posta en marcha e de regulación dos parámetros de operación de equipamentos de tomografía computadorizada e de resonancia magnética, a partir da documentación técnica do fabricante e consonte as normas de seguridade e de radioprotección.

* Identificar disfuncións e avarías nos equipamentos de tomografía computadorizada partindo das observacións dos sinais de alarma, dos datos do sistema de control e dos efectos que producen.

* Identificar disfuncións e avarías nos equipamentos de resonancia magnética partindo das comprobacións de uniformidade, regularidade xeométrica e nivel de sinal ou ruído do aparello sobre o fantom.

* Detectar disfuncións e avarías nos equipamentos de resonancia magnética partindo dos sinais de alarma, dos datos do sistema de control e dos defectos que producen.

* Relacionar as características estruturais das salas destinadas a exploracións de tomografía computadorizada e de resonancia magnética co tipo de equipamentos que conteñen, así como cos efectos e cos riscos que xera o seu funcionamento.

* Determinar as condicións de preparación previa dos pacientes, os métodos de protección e a información que se lles debe facilitar, segundo a técnica exploratoria que se realice.

* Seleccionar os instrumentos accesorios de exploración segundo o tipo de exploración e as características do paciente.

* Seleccionar e adaptar as bobinas segundo o tipo de resonancia magnética e as características do paciente.

* Empregar os accesorios axeitados para a inmobilización e a colocación da zona anatómica que se explore, segundo a técnica solicitada.

* Colocar o paciente e a zona anatómica de exploración en función da técnica de exploración que se realice, consonte os protocolos establecidos.

* Determinar os valores dos parámetros de traballo dos equipamentos de tomografía computadorizada, así como o número e as características de cortes necesarios que se van realizar en función da técnica de exploración solicitada.

* Establecer a secuencia de operacións para a centraxe, a planificación e a exploración de zonas anatómicas en función do tipo de estudo e da técnica que se realice.

* Axustar e regular os parámetros dos equipamentos de tomografía computadorizada e de resonancia magnética con seguridade, con pulcritude e de xeito metódico.

* Seleccionar os localizadores e as secuencias de exploración protocolizadas de resonancia magnética segundo o tipo de exploración que se realice e as características do paciente.

* Adaptar secuencias protocolizadas de exploración de resonancia magnética partindo das modificacións dos valores de referencia, segundo a técnica de exploración solicitada e o tipo de incidencia.

* Interpretar o significado das instrucións dos programas informáticos dos equipamentos de tomografía computadorizada.

* Realizar medidas, superposicións e reconstrucións das imaxes obtidas partindo das prestacións do programa informático e dos procedementos establecidos.

* Seleccionar os sistemas e o material de rexistro gráfico en función dos equipamentos e da técnica exploratoria.

* Avaliar a calidade das imaxes obtidas partindo das estruturas anatómicas rexistradas, así como a nitidez e o contraste das imaxes, a presenza de artefactos e a correlación entre os requisitos técnicos solicitados e os obtidos.

* Relacionar as desviacións e os defectos nas imaxes obtidas coas súas causas e coas accións correctoras.

* Determinar a oportunidade de repetir ou ampliar a exploración segundo a calidade das imaxes obtidas e os requisitos técnicos solicitados.

* Actuar coordinadamente con outros profesionais na execución das técnicas especiais ou intervencionistas.

* Formalizar as fichas de exploración con orde, pulcritude e precisión, partindo de datos técnicos da exploración e das incidencias producidas.

* Obter información significativa para a exploración a partir de entrevistas co paciente e de datos da historia clínica.

3.2.3.2. Contidos (duración: 215 horas).

Contidos procedementais

Técnicas de exploración con tomografía computadorizada e con resonancia magnética.

* Comprobación das condicións ambientais dos equipamentos e das instalacións.

* Verificación das medidas de protección protocolizadas.

* Limpeza e acondicionamento dos equipamentos.

* Selección dos elementos necesarios para realizar a exploración.

* Colocación dos accesorios do equipamento.

* Identificación da técnica que se vai empregar.

* Valoración das características do paciente.

* Obtención de información sobre obxectos que interfiran na exploración radiolóxica ou no campo magnético, en función do tipo de exploración.

* Administración do contraste, en caso necesario.

* Determinación da posición do paciente e da zona anatómica de exploración.

* Colocación do paciente na mesa de exploración.

* Selección e colocación da bobina nas exploracións con resonancia magnética.

* Selección e colocación dos elementos de inmobilización e colocación.

* Centraxe da zona de exploración.

Exploracións con tomografía axial.

* Selección da información dos manuais do fabricante.

* Interpretación da secuencia de posta en marcha ou parada.

* Comprobación das conexións.

* Activación e desactivación do sistema e do proceso informático.

* Posta en marcha e parada.

* Verificación do funcionamento das consolas e dos sistemas de reprodución e almacenaxe das imaxes.

* Revisión do funcionamento dos sistemas de alarma.

* Obtención e contraste de datos e parámetros do control.

* Regulación dos parámetros de operación.

* Interpretación do tipo de exploración solicitada.

* Rexistro dos datos do paciente na consola.

* Selección dos instrumentos de exploración e cabezais.

* Determinación dos algoritmos de exploración.

* Centraxe, planificación e exploración da zona anatómica.

* Obtención das medidas, superposicións, reconstrucións e procesamento informático das imaxes.

* Comprobación da calidade das imaxes obtidas.

* Rexistro da exploración e, en caso necesario, das incidencias técnicas.

Exploracións con resonancia magnética.

* Selección da información dos manuais do fabricante.

* Interpretación do tipo de exploración solicitada.

* Rexistro dos datos do paciente na consola.

* Selección dos localizadores.

* Selección das secuencias protocolizadas.

* Determinación dos algoritmos de exploración.

* Centraxe, planificación e exploración da zona anatómica.

* Obtención de medidas, superposicións, reconstrucións e procesamento informático das imaxes.

* Detección e eliminación dos artefactos.

* Rexistro da exploración e, en caso necesario, das incidencias técnicas.

Contidos conceptuais

Principios da tomografía computadorizada.

* Unidade de tomografía computadorizada: características, tipos de equipamentos e criterios de situación.

* Fundamentos da tomografía.

* Concepto de vóxel e píxel.

* Características do tubo de raios X.

* Coroa de detectores.

* Sistemas de recolla de datos.

* Toma de datos polo equipamento.

* Procesamento matemático dos datos.

* Reconstrución do obxecto.

Principios da resonancia magnética.

* Unidade de resonancia magnética: características, tipos de equipamentos e criterios de situación.

* Conceptos de campo e momento: campos e momentos que interveñen na resonancia magnética

* Acción dun campo xiratorio: fenómeno da resonancia ou excitación. Impulsos.

* Relaxación ou retorno ao equilibrio: aspectos macroscópicos e microscópicos da relaxación.

* Significado histoquímico dos parámetros D, T1, T2 e T2*.

* Localización espacial: codificación pola frecuencia, selección dun corte e localización dun punto nun corte.

* Secuencias de excitación elementais: T1 e T2.

* Produción de campos magnéticos de alta intensidade.

* Imán produtor do campo magnético externo: tipos de imáns, vantaxes e desvantaxes.

* Sistemas de pantallas magnéticas.

* Toma de datos polo equipamento.

* Procesamento matemático dos datos.

* Requisitos de espazo e instalacións dunha área de resonancia magnética.

* Bobinas: características e tipos.

Técnicas de exploración con tomografía computadorizada.

* Estudos con contraste, sen contraste e de alta definición.

* Estudos dinámico-secuenciais e en plano único.

* Adquisición volumétrica.

* Reconstrución multiplanar e en tres dimensións.

* Densitometría.

* Radioloxía por subtracción dixital: fundamentos, características técnicas dos equipamentos e técnicas de exploración vascular.

Técnicas de exploración con resonancia magnética.

* Estudos sen contraste.

* Estudos con contraste. Contrastes máis empregados.

* Contraindicacións da resonancia magnética.

* Secuencias.

* Técnicas spin-eco, de gradiente eco e ultrarrápidas.

* Espectroscopia.

* Técnicas de supresión de graxa.

Exploracións con tomografía axial.

* Exploración de cranio, pescozo, tórax, columna vertebral, abdome superior (fígado, bazo e páncreas), riles, pelve masculina e feminina, osteoarticular e outras especiais: preparación e colocación do paciente, sistemática de exploración e estruturas anatómicas para identificar nos cortes.

* Aplicación da tomografía axial computadorizada no emprego de técnicas de radioterapia.

* Punción-aspiración guiada con tomografía computadorizada.

Exploracións con resonancia magnética.

* Exploración do sistema nervioso central, cara, pescozo, cranio, tórax, corazón, mediastino, mama, abdome, aparello urinario, pelve e columna vertebral; exploración vascular e outras: preparación, colocación do paciente, técnica de exploración e estruturas anatómicas para identificar nos cortes.

Contidos actitudinais

* Interese pola execución sistemática do proceso de resolución de problemas e da comprobación de resultados.

* Eficiencia na preparación das instalacións e dos equipamentos co fin de dar resposta ás exploracións programadas.

* Secuencia e orde na preparación dos equipamentos de imaxes dixitais e nas operacións de preparación, posta en marcha e operatividade.

* Valoración da importancia da distribución do traballo e do tempo na programación das exploracións que se realicen.

* Consciencia da necesidade de aproveitar o tempo na programación das intervencións.

* Actitude de colaboración co facultativo na realización de técnicas complexas ou intervencionistas.

* Autosuficiencia na execución das técnicas non complexas en pacientes con boas condicións de saúde.

* Interese polos avances tecnolóxicos en relación cos equipamentos radiolóxicos e de resonancia magnética.

* Valoración da importancia de adoptar normas de radioprotección e hixiénico-sanitarias, así como as preventivas de transmisión de infeccións.

* Orde, rigor e comportamento metódico ao operar cos sistemas informáticos dos equipamentos.

3.2.4. Módulo profesional 4: fundamentos e técnicas de exploración en medicina nuclear.

Asociado á unidade de competencia 4: obter rexistros gráficos do corpo humano mediante técnicas radioisotópicas utilizando equipamentos de medicina nuclear.

3.2.3.3. Capacidades terminais elementais.

* Explicar o que é un radionúclido e os conceptos de desintegración asociados, e relacionalos coa súa utilidade en medicina nuclear e coas aplicacións clínicas.

* Relacionar os compoñentes dos equipamentos detectores de fotóns, positróns e radiacións gamma cos principios físicos en que se fundamenta o seu funcionamento.

* Identificar os compoñentes, as prestacións técnicas e os parámetros de funcionamento de gammacámaras, equipamentos de tomografía por emisión de fotóns (SPECT) e tomografía por emisión de positróns (TEP) partindo da súa documentación técnica.

* Iniciar os sistemas de rexistro para os manter operativos, seguindo os protocolos técnicos establecidos.

* Pór en marcha e regular os parámetros operativos de equipamentos de medicina nuclear, partindo da súa documentación técnica e seguindo as normas de seguridade e protección establecidas.

* Axustar e regular os equipamentos de medicina nuclear segundo o tipo e as características da exploración, consonte os protocolos establecidos.

* Identificar avarías e disfuncións dos equipamentos de medicina nuclear partindo da observación dos datos do sistema de control e dos sinais de alarma.

* Identificar as características estruturais das salas de traballo e relacionalas co tipo de equipamentos que conteñen.

* Preparar a sala de traballo cos instrumentos e o material necesario, segundo a técnica que se realice e os protocolos de intervención, de asepsia e de seguridade establecidos.

* Seleccionar o sistema e o material de rexistro en función do tipo de equipamento e da técnica exploratoria que se realice.

* Relacionar os estudos gammagráficos estáticos, dinámicos e sincronizados coas súas aplicacións clínicas e cos equipamentos empregados.

* Determinar a dose radioactiva que hai que empregar segundo as características do paciente, o estudo gammagráfico que se realice, os protocolos establecidos e as normas de seguridade radiolóxica.

* Situar o paciente centrando a zona anatómica de exploración, segundo o tipo de exploración, as características do paciente e os protocolos establecidos.

* Obter imaxes gammagráficas de calidade segundo a natureza das radiacións, o detector empregado, o tempo de resolución e o nivel de uniformidade na cámara.

* Interpretar as instrucións dos programas informáticos dos equipamentos de SPETC e TEP operando dun xeito metódico, ordenado e rigoroso.

* Aproveitar as prestacións informáticas dispoñibles para a realización de medicións, superposicións e reconstrucións das imaxes obtidas en exploracións de medicina nuclear.

* Determinar a cantidade de rexistros gammagráficos necesarios para cada tipo de exploración para que o facultativo poida realizar o estudo diagnóstico, e indicar as características e os criterios de calidade que deben reunir as imaxes obtidas.

* Controlar a calidade dos equipamentos no xeito e no tempo determinados, partindo da valoración da uniformidade, da linearidade e da resolución espacial da imaxe e dos procedementos establecidos.

* Obter radioisótopos de utilidade clínica empregando os xeradores de radioisótopos e seguindo os seus esquemas e a súa documentación técnica.

* Preparar os radiotrazadores máis utilizados a partir de documentación técnica e relacionalos coas súas características, os mecanismos de acción e o xeito de administración.

* Valorar a calidade dun radiotrazador empregando probas físicas e químicas, nivel de dureza radiolóxica e formas de dosificación e administración.

* Identificar o proceso de absorción, distribución, metabolismo e eliminación dos radiofármacos partindo da documentación técnica.

* Determinar as condicións de identificación, conservación e almacenaxe do material radioactivo segundo os protocolos establecidos.

* Regular os parámetros de traballo de contadores de escintilacións segundo protocolos establecidos.

* Tratar os residuos radioactivos segundo as normas e os protocolos establecidos.

3.2.3.4. Contidos (duración: 120 horas).

Contidos procedementais

Principios de medicina nuclear.

* Identificación do radionúclido para empregar.

* Identificación da actividade e do período de desintegración.

* Valoración da dose que hai que administrar.

* Obtención da mostra.

* Programación do contador.

* Observación dos datos do equipamento dosimétrico e interpretación dos resultados.

* Determinación dos niveis óptimos de existencias.

* Rexistro de entradas e saídas de material.

* Detección de desaxustes.

* Selección de contraste segundo o protocolo.

* Selección do material segundo a vía de administración.

* Comprobación das características fisicoquímicas e biolóxicas de calidade do radiofármaco.

* Cálculo da dose ou dilución, de ser necesario.

Unidades de medicina nuclear.

* Comprobación das condicións ambientais e hixiénicas da sala.

* Verificación das medidas de protección.

* Limpeza e acondicionamento dos equipamentos.

* Calibraxe e posta en marcha dos equipamentos.

* Comprobación do funcionamento dos sistemas de alarma.

* Posta en marcha dos sistemas de rexistro.

* Selección dos elementos requiridos para realizar a exploración.

* Colocación, de ser o caso, dos accesorios do equipamento.

Equipamentos para a obtención de imaxes producidas por radiacións gamma.

* Identificación da técnica que hai que empregar.

* Valoración das características do paciente.

* Administración do radioisótopo.

* Determinación da posición do paciente segundo a zona de exploración.

* Colocación do paciente na mesa de exploración.

* Centraxe da zona de exploración.

* Introdución dos datos de identificación do paciente no equipamento.

* Selección do colimador e da distancia.

* Selección da ventá de lecturas.

* Determinación da velocidade de varrimento ou tempo de contaxe.

* Valoración da uniformidade e da calidade das imaxes.

* Control do tempo de resolución.

* Medida, superposición e procesamento da imaxe.

* Rexistro da exploración e, se cómpre, das incidencias técnicas.

Contidos conceptuais

Principios de medicina nuclear.

* Fundamentos da medicina nuclear.

* Indicacións máis comúns da medicina nuclear.

* Radionúclidos.

-Concepto e tipos.

-Características dos radionúclidos máis empregados en medicina nuclear.

-Técnicas de obtención do radionúclido.

-Xeradores de radionúclidos: características e tipos.

* Radiotrazadores.

-Concepto e tipos.

-Características dos radiotrazadores máis empregados en medicina nuclear.

-Técnicas de preparación dos radiotrazadores.

-Técnicas de control de calidade.

-Presentacións máis empregadas.

-Criterios de dosificación dos radiotrazadores.

-Técnicas de administración.

* Mecanismos de distribución e localización dos radiofármacos.

-Bloqueo capilar.

-Fagocitose.

-Secuestro celular.

-Transporte activo.

-Localización compartimental.

-Difusión simple ou intercambio.

-Adsorción fisicoquímica.

Unidades de medicina nuclear.

* Protocolos de organización da unidade.

* Funcións e tarefas que se desenvolven.

* Características xerais das instalacións.

* Criterios para a localización dos equipamentos.

Equipamentos para a obtención de imaxes producidas por radiacións gamma.

* Bases da detección dos radiofármacos.

* Aplicacións clínicas dos radiofármacos.

* Tipos de estudos cos radiofármacos.

* Métodos de valoración.

* Técnicas de obtención de imaxes.

* Técnicas de procesamento da información.

* Equipamentos para a obtención de imaxes.

-Equipamentos de contaxe externa.

-Gammágrafos.

-Gammacámaras.

-Tomógrafos de emisión de positróns.

-Contadores de pozo.

-Contadores de corpo enteiro.

-Outros equipamentos.

Contidos actitudinais

* Sistematicidade na realización dos procesos de resolución de problemas, cunha toma de decisións razoada.

* Sistematicidade na comprobación dos resultados e na corrección dos parámetros de traballo, se cumprir.

* Eficacia na realización das técnicas segundo os protocolos establecidos e as normas de radioprotección.

* Compromiso coas obrigas asociadas ao traballo: puntualidade, conservación de equipamentos, etc.

* Rigor no seguimento dos protocolos técnicos á hora de realizar exploracións.

* Valoración da importancia do mantemento do medio de traballo nas condicións hixiénicas e de radioprotección axeitadas.

* Responsabilidade na manipulación e na eliminación de refugallos tóxicos segundo as normas de seguridade e hixiene para a protección persoal e ambiental.

3.2.4. Módulo profesional 5: protección radiolóxica.

Asociado á unidade de competencia 5: aplicar e comprobar as medidas de radioprotección en unidades de aplicación médico-diagnóstica das radiacións ionizantes, baixo supervisión facultativa.

3.2.4.1. Capacidades terminais elementais.

* Interpretar os fundamentos físicos das fontes e dos equipamentos xeradores de radiacións ionizantes.

* Explicar a interacción das radiacións ionizantes coa materia, que permite a formación da imaxe radiolóxica.

* Enumerar as magnitudes e as unidades radiolóxicas empregadas en dosimetría.

* Describir as características físicas dos equipamentos e dos feixes de raios X, así como dos distintos sistemas de imaxe.

* Analizar os mecanismos de acción das radiacións sobre o organismo, e relacionalos coas respostas e as doses correspondentes.

* Comparar a resposta celular á radiación cos factores que inflúen nela.

* Describir a resposta orgánica á radiación e explicar os seus efectos tardíos e os factores de risco en relación coa necesidade da exploración.

* Explicar o concepto, os obxectivos e as técnicas de protección radiolóxica, así como os criterios da súa xustificación e óptima efectividade.

* Clasificar os postos de traballo segundo a exposición radiolóxica a que están sometidos, e describir os sistemas de vixilancia nas zonas de traballo.

* Describir e aplicar medidas de radioprotección nas instalacións médicas en función do tipo e das características dos equipamentos, as exploracións que se realicen e as normas establecidas.

* Clasificar e sinalar as zonas de traballo en función do tipo e do risco de radiación, establecendo os sistemas de acceso e de control, segundo a normativa vixente.

* Determinar os accidentes e as avarías nos equipamentos que poidan repercutir na protección radiolóxica.

* Analizar o proceso de garantía de calidade das instalacións radiolóxicas a partir do control dos xeradores e tubos de raios X, dos sistemas de obtención da imaxe, da xeometría do feixe de radiación e da relación entre o feixe directo e o disperso, para controlar os riscos da exposición.

* Identificar os tipos, o fundamento físico, as características, o mecanismo de calibraxe e de verificación dos detectores e dispositivos de seguridade das instalacións de radiacións ionizantes para a aplicación médica, a partir de documentación técnica.

* Explicar os fundamentos físicos dos detectores empregados na dosimetría persoal e de área nas instalacións ionizantes coas aplicacións médicas.

* Diferenciar os sistemas de vixilancia de contaminación externa e dos procedementos de detección e medida da contaminación interna.

* Realizar dosimetrías persoais e de área a partir dos datos dos detectores de radiacións ionizantes.

* Describir as normas e as condicións de recepción, almacenaxe, manipulación e eliminación do material radioactivo en función do tipo.

* Relacionar os tipos de residuos radioactivos co protocolo de eliminación en función das súas características e dos niveis de actividade (Bq).

* Describir as actuacións que se deben seguir ante situacións de perda de control da fonte de radiación que poidan ser nocivas para as persoas.

* Describir o plan de emerxencia e relacionar o tipo de actuación co equipamento preciso para cada situación.

* Determinar no plan de emerxencia as doses que poida recibir o persoal a partir das estimacións de tempo e de distancia respecto ao feixe en cada situación.

* Enumerar os aspectos legais e administrativos que permiten a xestión técnica e administrativa das instalacións e do persoal.

* Identificar e formalizar os rexistros de seguimento e control da actividade das unidades médicas que empregan radiacións ionizantes, segundo a normativa vixente e os datos de seguimento e control da protección radiolóxica.

3.2.4.2. Contidos (duración: 80 horas).

Contidos procedementais

Detección e medida das radiacións.

* Identificación da normativa que hai que aplicar e interpretación dos símbolos de sinalización.

* Estimación do risco de radiación e de contaminación en función das zonas de traballo e das características técnicas dos equipamentos.

* Clasificación e sinalización de zonas, e indicación dos requisitos de acceso a elas.

* Identificación da normativa aplicable no control dosimétrico persoal e de área.

* Clasificación do persoal exposto e identificación do sistema de detección de radiación.

* Análise das características técnicas do detector de radiación.

* Medición da dose do detector e valoración dos datos dosimétricos obtidos.

* Rexistro dos datos dosimétricos e notificación, de cumprir, ao persoal responsable.

* Identificación das características da área en que se vaia aplicar o control dosimétrico.

* Axuste de detectores e comprobación do seu correcto funcionamento.

* Calibraxe dos detectores e medición dos niveis de radiación.

* Valoración dos datos dosimétricos e notificación ao persoal responsable en caso de existencia de risco radioactivo.

Protección radiolóxica.

* Aplicación da normativa vixente en radioprotección.

* Identificación das características técnicas de radioprotección dos equipamentos.

* Comprobación das medidas de radioprotección dos equipamentos das instalacións.

* Determinación das condicións de radioprotección no proceso de traballo e estimación do grao de radioprotección, así como das medidas correctoras.

Xestión do material radioactivo.

* Aplicación da normativa vixente.

* Recepción, identificación e características do material radioactivo.

* Clasificación, etiquetaxe e almacenaxe de material radioactivo.

* Determinación da actividade radioactiva e do medio de transporte e de distribución axeitado.

* Aplicación da normativa legal vixente na recepción, na identificación e na manipulación do material radioactivo.

* Aplicación de protocolos de eliminación, en función dos niveis de actividades.

* Valoración dos riscos adicionais.

Emerxencias.

* Detección das situacións de risco radiolóxico e actuación consonte o plan de emerxencias establecido.

* Análise da situación de emerxencia e estimación do risco radiolóxico.

* Determinación das medidas do control do risco e das de radioprotección persoal que hai que aplicar.

Normativa autonómica, estatal e internacional.

* Aplicación da normativa autonómica, estatal e internacional respecto ao funcionamento das instalacións de radiodiagnóstico.

* Descrición das directrices comunitarias de harmonización e normalización das instalacións radiolóxicas.

Control de calidade.

* Identificación do tipo e das características do equipamento, e comprobación do seu funcionamento.

* Verificación de enerxía e da xeometría do feixe de radiación.

* Determinación da calidade dos rexistros radiográficos e identificación das alteracións e das disfuncións.

Contidos conceptuais

Física das radiacións.

* Estrutura anatómica da materia.

* Interaccións das radiacións ionizantes coa materia.

* Magnitudes e unidades radiolóxicas.

Características físicas dos equipamentos e dos xeradores de radiacións ionizantes.

* Características das radiacións producidas por tubos de raios X.

* Fontes encapsuladas e non encapsuladas. Características e equipamentos.

* Fontes e equipamentos xeradores de radiacións ionizantes empregadas en medicina.

* Características dos sistemas de imaxe radiolóxica.

Detección e medida das radiacións.

* Fundamentos de detección das radiacións.

* Detectores empregados en instalacións radiolóxicas: características.

* Dosimetría da radiación.

* Vixilancia e control de radiación externa e interna e da contaminación.

* Control dosimétrico persoal.

Radiobioloxía.

* Características xerais da interacción das radiacións ionizantes cos organismos vivos.

* Efectos biolóxicos da radiación sobre a célula.

* Radiosensibilidade.

-Resposta celular, sistemática e orgánica.

-Efectos sobre o embrión e o feto.

-Efectos tardíos.

Protección radiolóxica.

* Principios básicos: influencia da distancia, o tempo, a blindaxe, a colimación e a limitación de dose; concepto de barreira.

* Concepto de protección radiolóxica: obxectivos.

* Protocolos de protección en función da técnica que hai que empregar.

* Protección radiolóxica nas unidades.

* Criterios e normas de clasificación de zonas.

* Barreiras e dispositivos de protección.

Xestión do material radioactivo.

* Técnicas de solicitude, recepción, almacenaxe e manipulación.

* Control do material e residuos radioactivos xerados.

* Encapsulamento e control de fontes.

* Efluentes e residuos.

Emerxencias.

* Protocolos de actuación.

Normativa autonómica, estatal e internacional.

* Organismos autonómicos, estatais e internacionais con competencias en materia de radioprotección.

* Normativa de protección sanitaria contra radiacións ionizantes.

* Normativa sobre instalacións de radiodiagnóstico.

* Normativa internacional de harmonización e normalización.

* Normativa de rexistros: tipos e conservación.

Control de calidade do proceso.

* Factores de calidade do proceso.

* Instrumentos para o control de calidade.

* Garantía e mantemento da calidade.

* Documentación para o control da calidade.

Contidos actitudinais

* Hábito de cumprimento estrito das normas de seguridade e radioprotección ambientais, persoais e colectivas.

* Responsabilidade e pulcritude na manipulación, na conservación e na calibraxe dos equipamentos e das instalacións radiolóxicas.

* Valoración da importancia da vixilancia da contaminación externa e dos procedementos de detección e medida da contaminación interna.

* Rigor na realización das dosimetrías persoais e de área.

* Valoración da importancia da precisión dos datos dos detectores de radiacións ionizantes.

* Dilixencia na realización das tarefas asignadas en caso de emerxencia.

* Rigor e pulcritude no cumprimento das normas e das condicións de recepción, almacenaxe, manipulación e eliminación do material radioactivo segundo o seu tipo.

* Responsabilidade na actualización da normativa e dos aspectos legais e administrativos sobre o seguimento e o control da protección radiolóxica.

3.3. Módulos profesionais transversais.

3.3.1. Módulo profesional 6: anatomía radiolóxica.

3.3.1.1. Capacidades terminais elementais.

* Identificar os órganos e as estruturas anatómicas dos sistemas e dos aparellos do corpo humano, empregando modelos anatómicos.

* Relacionar as estruturas anatómicas dos sistemas e dos aparellos coa función que realizan na economía corporal para comprender as técnicas dinámicas de diagnóstico pola imaxe.

* Relacionar órganos e estruturas anatómicas coa súa representación espacial, volumétrica e en planos en diversos sistemas de rexistro de imaxes para o diagnóstico.

* Identificar a lateralidade dos órganos e das estruturas anatómicas en imaxes para o diagnóstico, partindo da súa forma, a súa localización e a relación con outras estruturas.

* Relacionar os niveis de densidade radiolóxica coa composición dos órganos e as estruturas do corpo humano.

* Relacionar o ciclo cardíaco e a circulación do sangue polo corpo coas implicacións que ten para a fisioloxía dos sistemas e dos aparellos, para ver a significación que ten nos estudos de imaxe estáticos e dinámicos.

* Clasificar as glándulas dos aparellos segundo o tipo de segregacións e a forma de vertelas, para identificar os seus lugares de localización durante unha exploración radiográfica, ecográfica, computadorizada ou de medicina nuclear.

* Esquematizar os procesos de degradación, absorción e excreción dos alimentos e das substancias marcadoras no aparello dixestivo, e describir as transformacións que sofren e o grao de integración nos órganos diana.

* Estudar a importancia do fígado e dos riles nos procesos de destoxicación e eliminación de substancias, así como a interacción co sistema circulatorio, e valorar a súa significación na obtención de imaxes para o diagnóstico.

* Analizar as características macroscópicas dos compoñentes estruturais do sistema locomotor, e relacionalas coas imaxes obtidas cos sistemas de diagnóstico pola imaxe.

* Identificar as principais estruturas do sistema nervioso central e as funcións que realizan, e relacionalas coas imaxes que se obteñen nas técnicas de diagnóstico pola imaxe.

* Comparar imaxes dun mesmo órgano ou dunha mesma estrutura anatómica partindo de diferentes tipos.

* Identificar imaxes de estruturas e órganos segundo as súas características morfolóxicas, a localización e o nivel de contraste, partindo dos patróns da técnica diagnóstica.

* Relacionar a fisioloxía dos sistemas e dos aparellos do corpo humano coas imaxes que se xeran nos estudos diagnósticos dinámicos.

* Relacionar puntos morfolóxicos externos de referencia coas estruturas anatómicas correspondentes para centrar as zonas anatómicas obxecto de estudo.

* Realizar descricións das imaxes observadas nos rexistros radiolóxicos, ecográficos, de resonancia magnética e de medicina nuclear, cunha terminoloxía axeitada e dun modo metódico e ordenado.

3.3.1.2. Contidos (duración: 105 horas).

Contidos procedementais

* Análise de imaxes radiolóxicas, de resonancia magnética, de medicina nuclear e ecográficas.

* Observación das características xerais do rexistro obtido.

* Relación do rexistro obtido co tipo de exploración correspondente.

* Identificación da técnica empregada e da proxección utilizada.

* Localización dos planos anatómicos.

* Diferenciación dos graos de contraste das imaxes.

* Observación da forma, o tamaño e a localización das estruturas.

* Identificación de elementos morfolóxicos característicos.

* Análise das relacións entre as estruturas ou os elementos.

* Comparación das observacións con patróns.

* Identificación das estruturas ou dos elementos anatómicos.

* Valoración, se é posible, do funcionalismo do órgano ou sistema.

Contidos conceptuais

* Anatomía a través das imaxes para o diagnóstico.

-Extremidade superior.

-Cintura escapular: clavículas, ombreiros, articulación escápulo-humeral e articulación esternocostoclavicular.

-Brazo: úmero.

-Articulación do cóbado.

-Antebrazo: cúbito e radio.

-Man: ósos do carpo e metacarpo.

-Dedos: falanxes.

-Patróns.

-Extremidade inferior.

-Cintura pelviana: coxais, sacro, articulación sacroilíaca e coxofemoral.

-Diferenzas de sexo na anatomía pélvica: importancia obstétrica dos diámetros pélvicos.

-Coxa: fémur.

-Articulación do xeonllo.

-Perna: tibia e peroné. Articulación distal da perna.

-Pé: ósos do tarso e metatarso.

-Dedos: falanxes.

-Patróns.

-Caixa torácica.

-Esterno: partes e articulacións.

-Clavículas: relacións e articulacións.

-Omoplata: relacións e articulacións.

-Costelas: tipos, relacións e articulacións co esterno e coa columna vertebral.

-Cartilaxes costais: relacións e diferenzas entre ambos os sexos.

-Columna vertebral.

-Relacións e curvas fisiolóxicas.

-Vértebras cervicais, dorsais e lumbares.

-Sacro e cóccix.

-Patróns radiolóxicos.

-Rexión cranial.

-Cranio.

-Base do cranio.

-Hipófise.

-Órbitas.

-Cara.

-Apófises mastoides.

-Seos paranasais.

-Cavidade torácica.

-Corazón e pericardio.

-Mediastino e grandes vasos.

-Esófago.

-Cavidade abdominal.

-Topografía da cavidade abdominal.

-Estruturas anatómicas das zonas abdominais e as súas relacións: epigastrio, hipocondrios, baleiros, mesogastrio, hipogastrio e fosas ilíacas.

-Grupos musculares importantes da cavidade abdominal.

-Estómago, duodeno e área pancreática.

-Fígado, vesícula e vías biliares.

-Zona esplénica.

-Intestino delgado.

-Colon e recto.

-Mesenterio e peritoneo.

-Riles e área suprarrenal.

-Retroperitoneo.

-Cavidade pélvica.

-Topografía da cavidade pélvica.

-Vexiga da urina.

-Uretra feminina e masculina.

-Próstata.

-Testículo e vías seminais.

-Ovario e trompas de Falopio.

-Útero: non grávido e grávido.

-Evolución cronolóxica do útero na xestación. Embrión e feto.

-Colo do útero e vaxina.

-Cavidade cranial e órganos na cara e no pescozo.

-Encéfalo.

-Medula espiñal.

-Adenoides.

-Tiroides e paratiroides.

-Timo.

-Mama.

-Glándula mamaria.

Contidos actitudinais

* Sistematicidade na corrección dos erros na identificación das estruturas nas imaxes para o diagnóstico.

* Rigor e responsabilidade na secuencia e na ordenación na descrición de imaxes e de rexistros.

* Valoración da importancia da conservación dos rexistros empregados para o estudo das imaxes.

* Respecto polas diferentes opinións entre o equipo de traballo no estudo dunha imaxe.

* Rigor na interpretación das bases da semántica médica.

* Responsabilidade e rigor na identificación das estruturas anatómicas e na descrición dos rexistros.

* Espírito crítico ante o estudo anatómico que identifique imaxes de dubidosa interpretación.

3.3.2. Módulo profesional 7: procesamento e tratamento da imaxe radiolóxica.

3.3.2.1. Capacidades terminais elementais.

* Explicar os conceptos de imaxe analóxica e de imaxe dixital en radioloxía, e describir a importancia que ten a resolución tonal e dimensional na calidade da imaxe obtida.

* Identificar os formatos gráficos empregados en radioloxía e identificar as súas posibilidades, en fun

ción da cantidade e da calidade de información que poidan conter.

* Relacionar e secuenciar as fases dos procesos do tratamento convencional e dixital da imaxe cos produtos de entrada e saída, así como coas características do equipamento, a exploración e as operacións realizadas en cada fase.

* Explicar as transformacións xeométricas e non xeométricas necesarias para o procesamento dixital das imaxes radiolóxicas.

* Relacionar as características da imaxe real de estruturas anatómicas coas transformacións xeométricas e non xeométricas da imaxe dixitalizada correspondente.

* Identificar a función, as características de funcionamento e a aplicación dos equipamentos e dos programas informáticos de dixitalización de imaxes radiolóxicas a partir de documentación técnica.

* Seleccionar o programa informático de dixitalización da imaxe en función do equipamento e da exploración, introducindo os parámetros no menú e tendo en conta as súas aplicacións.

* Identificar os defectos da imaxe dixitalizada mediante a observación en pantalla, no soporte de rexistro ou de almacenaxe.

* Relacionar as alteracións e os defectos da imaxe dixitalizada coas causas e coas medidas correctoras que se vai tomar.

* Introducir en programas informáticos parámetros de corrección establecidos (resolución espacial, detalle, contraste, curvas tonais e filtros) en función das características da imaxe final que se obteña e dos parámetros de referencia.

* Identificar os tipos de película radiográfica e describir as súas características e os formatos e soportes empregados, en función do tipo de exploración e da técnica empregada.

* Describir as características que deben reunir a sala de revelado e os equipamentos que a integran.

* Identificar as técnicas de revelado de película fotográfica, así como enumerar e describir as súas características.

* Explicar as características, as aplicacións e as condicións de uso e de conservación dos reactivos empregados no procesamento de películas radiográficas.

* Realizar os procedementos de revelado de películas radiográficas en equipamentos manuais e automáticos, e identificar a película radiográfica empregada segundo protocolos establecidos.

* Realizar técnicas de mantemento e calibraxe dos equipamentos de procesamento segundo protocolos establecidos.

* Relacionar os materiais radiográficos cos procedementos, as técnicas e as condicións empregadas na súa manipulación, na súa conservación, no seu arquivo e na súa eliminación.

* Realizar a catalogación de rexistro e organización de arquivos en función dos criterios e das necesidades establecidas.

* Arquivar rexistros radiográficos segundo o tipo de formato e de soporte, en función dos criterios xerais de arquivo e de almacenaxe.

3.3.2.2. Contidos (duración: 80 horas).

Contidos procedementais

Imaxe para o diagnóstico.

* Identificación das características do equipamento de exploración e do receptor de imaxe, en función da exploración que se realice.

* Selección do programa de dixitalización da imaxe, en función do equipamento, da exploración e da introdución dos parámetros no programa seleccionado.

* Visión da imaxe dixitalizada, valoración da calidade e aplicación de medidas correctoras en función dos resultados que se obteñan.

Sala de revelado.

* Comprobación das condicións ambientais da sala de revelado.

* Selección do tipo de procesamento e das variacións aplicables en función do prescrito.

* Preparación dos equipamentos de procesamento e interpretación das condicións de operatividade.

* Selección e preparación dos reactivos da procesadora, cos axustes necesarios en función das variacións nos parámetros (tempo, concentración, etc.).

* Mantemento dos equipamentos de revelado e seguimento das normas de seguridade establecidas.

* Detección de alteracións no funcionamento dos equipamentos e aplicación de medidas correctoras como limpeza, calibraxe e axuste, en caso necesario.

* Comprobación da funcionalidade e da seguridade do equipamento e, formalización da documentación de mantemento, de ser o caso.

Película radiográfica.

* Identificación do tipo de película e do formato, en función da técnica de procesamento que se empregue.

* Realización de técnicas de revelado manual e automático.

* Clasificación e arquivo, en función do tipo de rexistro radiográfico.

* Determinación das condicións de conservación e de almacenaxe de rexistros.

Contidos conceptuais

Imaxe para o diagnóstico.

* Imaxe analóxica e imaxe dixital.

* Resolución de contraste e espacial.

* Tipos de formatos gráficos.

* Receptores de imaxe.

* Procesamento da imaxe.

Imaxe fluoroscópica e radioscópica.

* Características da imaxe.

* Intensificador.

* Receptores da imaxe.

* Cinefluorografía.

* Fluorografía dixital.

Tomografía computadorizada.

* Proceso de reconstrución da imaxe.

* Calidade de imaxe. Artefactos.

* Manipulación da imaxe.

Resonancia magnética.

* Instrumentación.

* Obtención e contraste da imaxe.

* Codificación do sinal.

Película radiográfica.

* Tipos e clases. Aplicacións e indicacións.

* Procedemento de revelado.

* Procedementos de arquivo.

* Procedementos automatizados de revelado e procesamento.

Sala de revelado.

* Características.

* Instalacións.

* Localización e organización.

Procesamento informático da imaxe en radioloxía.

* Sistemas de codificación e operativos.

* Programas aplicados ao tratamento de imaxes radiolóxicas.

* Imaxe dixital: convertedores A/D e D/A. Procesamento.

Contidos actitudinais

* Valoración da importancia da conservación dos rexistros radiolóxicos.

* Sistematicidade na corrección dos erros no procesamento das imaxes radiolóxicas.

* Espírito crítico ante o estudo de imaxes de dubidosa interpretación.

* Rigor na interpretación das bases da semántica médica.

* Respecto polas diferentes opinións entre o equipo de traballo no estudo dunha imaxe.

3.4. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

3.4.1. Capacidades terminais elementais.

* Analizar as situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar a saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de risco existentes.

* Analizar as actuacións que hai que seguir en caso de accidentes de traballo.

* Aplicar as medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analizar os xeitos e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analizar as propias capacidades e os intereses, así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identificar o proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identificar as ofertas de traballo no sector produtivo referido aos seus intereses.

* Analizar os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describir o sistema de protección social.

* Interpretar os datos da estrutura socioeconómica de Galicia, identificando as variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analizar a organización e a situación económica dunha empresa do sector, e interpretar os parámetros económicos que a determinan.

* Analizar o tecido empresarial de Galicia e comparalo co doutras comunidades autónomas.

* Analizar a evolución socioeconómica do sector produtivo en Galicia.

3.4.2. Contidos (duración: 55 horas).

Contidos procedementais

Saúde laboral.

* Localización da normativa aplicable en materia de segurirade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación dos xeitos de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e nas ferramentas do taller.

* Determinación dos equipamentos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais.

* Identificación das modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e das obrigas dos empresarios e dos traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo en relación coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa de Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Elaboración do curriculum vitae e as súas actividades complementarias.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas, así como investigación e temporalización dos seus plans de estudos.

Principios de economía.

* Lectura e interpretación de artigos de prensa e de textos técnicos sobre temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Análise das causas e das variables que poden influír no investimento, no consumo e no aforro, tanto nas economías domésticas como nas das empresas.

Economía e organización da empresa.

* Análise das empresas da localidade onde estea o instituto para estudar as características xerais, comerciais, financeiras etc.

* Confección de organigramas de empresas e estudo das necesidades específicas de cada unha.

O sector produtivo en Galicia.

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral.

* Condicións de traballo e de seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais.

* Dereito laboral autonómico, estatal e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflitos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Mercado de traballo.

* Autoorientación profesional.

* Proceso de procura de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. Empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos e profesionalizadores.

Principios de economía.

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa.

* Empresa: tipos de modelos organizativos; áreas funcionais e organigramas.

* Funcionamento económico da empresa.

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector produtivo en Galicia.

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do medio como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respectar as disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferenzas socioculturais e trato non discriminatorio en todos os aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para se adaptar ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como dos bens libres de uso cotián como, por exemplo, a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración da actuación do traballo en equipo.

* Consciencia de que as cooperativas se están a constituír coa finalidade fundamental de crear emprego.

3.4.3. Módulo profesional de proxecto integrado.

Duración: 75 horas.

Capacidades terminais elementais e actividades formativas de referencia.

* 1. Identificar dentro do medio profesional e de traballo o sector en que se vaia desenvolver o proxecto.

-Selecciónase dentro do medio profesional do DBC o subsector onde se vaia desenvolver o proxecto.

-Procúrase información específica sobre o subsector elixido.

-Elabórase o guión do traballo que se debe seguir para a realización do proxecto.

* 2. Clarificar a tipoloxía, a organización e o funcionamento do proxecto para planificar os recursos necesarios e analizar a súa viabilidade.

-Defínese a tipoloxía do proxecto en función da unidade ou do servizo destinatario.

-Establécese o organigrama do persoal necesario para desenvolver o proxecto.

-Deséñase a metodoloxía de traballo máis axeitada para mellorar os resultados do proxecto ou aumentar a súa eficacia.

* 3. Analizar a instrumentación necesaria e o material requirido para poder realizar un estudo determinado de diagnóstico pola imaxe.

-Analízanse os aspectos que poden incidir no desenvolvemento da actividade.

-Analízanse as características espaciais requiridas no desenvolvemento do traballo.

* 4. Preparar os equipamentos, os materiais e os reactivos necesarios para o procesamento e o revelado posterior das imaxes obtidas.

-Faise un inventario do material necesario.

-Prepárase e ordénase o material para o seu doado acceso na elaboración do proceso.

-Compróbase o cumprimento das normativas de seguridade.

* 5. Realizar as exploracións necesarias seguindo os protocolos das técnicas seleccionadas.

-Compróbase a orientación do paciente e os parámetros físicos de exposición, e rotúlanse ou sinálanse as probas para evitar erros de identificación, consonte a normativa estipulada.

-Formalízanse os rexistros das probas obtidas, seguindo os protocolos establecidos.

-Procésanse e revélanse, de ser o caso, as imaxes obtidas, cumprindo criterios normativizados.

* 6. Analizar imaxes das estruturas anatómicas rexistradas.

-Identifícanse as estruturas anatómicas e as relacións entre elas.

-Compáranse as imaxes observadas e os patróns de normalidade ou anormalidade.

-Procésanse e revélanse, de ser o caso, as imaxes obtidas, consonte criterios normativizados.

* 7. Establecer criterios de avaliación para mellorar o proxecto e previr o seu fracaso.

-Analízanse e/ou establécense os criterios de calidade na execución do proxecto.

-Selecciónanse métodos de control de calidade e avaliación dos resultados.

-Deséñanse estratexias que permitan reconducir o proxecto cando non se acaden os obxectivos previstos.

* 8. Realizar cambios no sistema para a mellora da súa funcionalidade, o seu rendemento e a súa seguridade.

-Compróbase que se cumpran as normas de seguridade básicas no manexo de información confidencial.

-Compróbase que o rendemento do proxecto sexa axeitado e, de non ser así, recondúcese.

3.5. Módulo de formación en centros de traballo.

Duración: 710 horas.

Capacidades terminais elementais e actividades formativas de referencia.

* 1. Participar na xestión do ficheiro de pacientes segundo os procedementos establecidos na unidade ou no gabinete de diagnóstico para a imaxe.

-Compróbanse os datos de afiliación e clínicos do paciente.

-Rexístranse os datos no soporte adecuado e seguindo o procedemento establecido.

-Dáselle información ao paciente relacionada co lugar, a data, a hora e a preparación previa necesaria, en función do tipo de exploración solicitada, consonte protocolos establecidos.

-Recíbese o paciente e compróbase a solicitude das probas.

* 2. Colaborar na xestión do plan de mantemento das instalacións, do material e dos equipamentos da unidade de diagnóstico para a imaxe.

-Interprétase a documentación técnica dos compoñentes dos equipamentos.

-Séguese o plan de mantemento dos equipamentos e compróbanse as fichas de control.

* 3. Participar na xestión da almacenaxe, reposición e adquisición do material e do instrumental da unidade.

-Compróbanse as existencias e a correspondencia entre o material pedido e o recibido.

-Almacénase o material e o instrumental recibido segundo protocolos do servizo, detéctanse as necesidades de reposición e comunícanselle á persoa responsable.

* 4. Participar na aplicación de técnicas de planificación, detección e medidas das radiacións.

-Realízase a planificación dosimétrica nas distintas exploracións no diagnóstico pola imaxe.

-Calcúlase a dose nas zonas anatómicas en función da técnica e do equipamento utilizados nas exploracións para o diagnóstico pola imaxe.

-Obtéñense valores dosimétricos persoais e de área, tendo en conta os equipamentos e os medios de protección empregados.

-Identifícanse, comunícanse e rexístranse adecuadamente as avarías e as incidencias que puidesen xurdir nos distintos equipamentos de imaxe para o diagnóstico.

-Verifícase o funcionamento do sistema de alarma asociado ao manexo dos equipamentos, e identifícanse as causas que puidesen provocar a súa activación.

* 5. Participar na realización de exploracións radiolóxicas manexando diferentes equipamentos radiográficos, en función do tipo de exploración que se realice.

-Prepáranse as instalacións e os equipamentos, e selecciónanse e prepáranse os materiais necesarios para a realización de exploracións radiolóxicas, segundo protocolos establecidos.

-Acondiciónanse as instalacións e os equipamentos, e realízase a limpeza e o mantemento do material empregado na exploración ao finalizar o traballo.

-Recíbese o paciente e infórmaselle do procedemento que se vai seguir durante a exploración.

-Compróbase que o paciente cumpra as condicións requiridas para a exploración que se realice.

-Colócase o paciente na posición axeitada segundo a técnica que se empregue, utilizando as medidas de radioprotección segundo o tipo de exploración e as características do paciente.

-Adminístrase contraste segundo protocolos establecidos.

-Selecciónase o tipo de rexistro que se vai utilizar e aplícanse normas de identificación e lateralidade a todos os rexistros realizados.

-Realízase a proxección solicitada en función das características técnicas de equipamento, da posición, das características anatómicas e clínicas do paciente, e das medidas de radioprotección establecidas.

-Interprétanse as imaxes, valórase a calidade obtida e rexístranse as incidencias apreciadas na exploración.

* 6. Participar na carga, na descarga e no revelado automático de material fotosensible.

-Recoñécense e aplícanse os protocolos de actuación na cámara escura.

-Identifícanse os tipos de chasis e de películas.

-Prográmanse os equipamentos automáticos de procesamento de imaxes, mantéñense adecuadamente os niveis dos reactivos e axústanse estes niveis en función da variación de parámetros.

-Utilízanse os sistemas de revelado consonte os protocolos establecidos.

-Cárganse os contedores de placas da reveladora de luz día.

-Revísase o sistema de procesamento e valórase a súa calidade.

* 7. Participar na obtención de rexistros gráficos do corpo humano, utilizando equipamentos de procesamento informático de imaxes de resonancia magnética (RM) e tomografía axial computadorizada (TAC).

-Identifícanse as características técnicas dos equipamentos que se empreguen, e selecciónanse e prepáranse os materiais necesarios para a realización de exploracións, segundo os protocolos establecidos.

-Prepáranse e contrólanse os equipamentos de TAC e RM segundo procedementos establecidos, e selecciónanse e prepáranse os materiais necesarios para a realización das exploracións programadas.

-Inmobilízase e colócase o paciente segundo o tipo de exploración que se realice, e utilízanse as medidas de radioprotección establecidas.

-Identifícanse os obxectos contraindicados nas exploracións con RM e utilízase o sistema de detección de metais.

-Empréganse equipamentos de TAC e RM para obter imaxes das exploracións solicitadas, rexístranse os datos do paciente e prepáranse contrastes segundo os protocolos establecidos.

-Obtéñense imaxes segundo a exploración solicitada e valórase a calidade obtida.

-Rexístranse as incidencias técnicas e as condicións en que se realizase a exploración.

* 8. Participar en actividades relacionadas coa obtención de rexistros gráficos do corpo humano mediante técnicas radioisotópicas, empregando equipamentos de medicina nuclear.

-Prepáranse e póñense a punto os equipamentos de medicina nuclear, e interprétanse as súas especificacións técnicas.

-Prepáranse os materiais necesarios para a realización de exploracións, con aplicación dos protocolos establecidos.

-Revísase o funcionamento dos sistemas de alarma e compróbanse as condicións dos equipamentos calibradores de dose.

-Acondiciónanse as instalacións e os equipamentos, e realízase a limpeza e o mantemento do material empregado nas exploracións realizadas.

-Almacénase o material radioactivo na gammateca correctamente identificado e protexido.

-Realízase a marcaxe e a osificación dos radiofármacos consonte o procedemento establecido e as normas de asepsia, seguridade e protección.

-Compróbase a identidade do paciente, achégaselle información do procedemento que se deba seguir durante a exploración e verifícase que se cumpran as condicións requiridas.

-Rexístranse os datos do paciente para a obtención de estudos mediante equipamentos gammagráficos.

-Manipúlanse as doses radioactivas para o estudo gammagráfico, segundo o procedemento establecido e as normas de seguridade e protección.

-Colócase o paciente e realízase a secuencia de operacións protocolizadas segundo o estudo que se realice.

-Obtéñense imaxes segundo a exploración solicitada e valórase a calidade obtida.

-Rexístranse as incidencias técnicas e as condicións en que se realizou a exploración.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo.

Na admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, de non existiren prazas suficientes, aplicaranse os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursado algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

-Ciencias da natureza e da saúde.

-Tecnoloxía.

* Expediente académico, no que se valorará a nota media.

4.2. Profesorado.

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de imaxe para o diagnóstico.

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Organización e xestión da área de traballo asignada na unidade ou no gabinete de imaxe para o diagnósticoProcesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicosProfesorado de ensino secundario

2Fundamentos e técnicas de exploración en radioloxía convencionalProcedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésicoProfesorado técnico de FP

3Fundamentos e técnicas de exploración en radioloxía mediante equipamentos de dixitalización de imaxesProcesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos

Profesorado especialista (1)

Profesorado de ensino secundario

Profesorado especialista (1)

4Fundamentos e técnicas de exploración en medicina nuclearProcesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos

Profesorado especialista (1)

Profesorado de ensino secundario

Profesorado especialista (1)

5Protección radiolóxicaProcesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicosProfesorado de ensino secundario

6Anatomía radiolóxicaProcesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicosProfesorado de ensino secundario

7Procesamento e tratamento da imaxe radiolóxicaProcedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico

Profesorado especialista (1)

Profesorado técnico de FP

Profesorado especialista (1)

8Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

(1) Profesorado especialista do previsto no artigo 33.2º da LOXSE.

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto.

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

BioloxíaProcesos de diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicosProfesorado de ensino

secundario

EconomíaFormación e orientación

laboral (1)

Profesorado de ensino

secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación

laboral (1)

Profesorado de ensino

secundario

(1) Licenciatura en administración e dirección de empresas, licenciatura en ciencias empresariais, licenciatura en ciencias actuariais e financeiras, licenciatura en economía, licenciatura en investigación e técnicas de mercado, diplomatura en ciencias empresariais e diplomatura en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia.

Para os efectos de docencia, as titulacións declaradas equivalentes ás de licenciatura, enxeñaría, arquitectura e doutoramento, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesorado de ensino secundario deste título, son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Formación e orientación laboral-Diplomatura en ciencias empresariais-Diplomatura en relacións laborais-Diplomatura en traballo social-Diplomatura en educación social-Diplomatura en xestión e administración pública

4.3. Requisitos mínimos de espazos e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Real decreto 296/1999, do 21 de outubro, o ciclo formativo de imaxe para o diagnóstico, de formación profesional de grao superior, require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espazos mínimos:

Espazo formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m25%

Laboratorio de TAC/RM60 m60 m30%

Laboratorio de radioloxía90 m60 m45%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ao número de postos escolares establecido no artigo 27.1º do Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto á duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non se debe interpretar que os diversos espazos formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante cerramentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Protección radiolóxica.

* Fundamentos e técnicas de exploración en radioloxía convencional.

* Fundamentos e técnicas de exploración en radioloxía mediante equipamentos de dixitalización de imaxes.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Organización e xestión da área de traballo asignada na unidade ou no gabinete de imaxe para o diagnóstico.

* Protección radiolóxica.

* Fundamentos e técnicas de exploración en radioloxía convencional.

* Fundamentos e técnicas de exploración en radioloxía mediante equipamentos de dixitalización de imaxes.

* Formación e orientación laboral.

* Formación en centros de traballo.

4.4.3. Acceso a estudos universitarios.

* Mestre (todas as súas especialidades).

* Diplomatura en educación social.

* Diplomatura en enfermaría.

* Diplomatura en fisioterapia.

* Diplomatura en logopedia.

* Diplomatura en podoloxía.

* Diplomatura en terapia ocupacional.

* Diplomatura en traballo social.

4.5. Distribución horaria.

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

80Organización e xestión da área de traballo asignada na unidade ou no gabinete de imaxe para o diagnóstico

425Fundamentos e técnicas de exploración en radioloxía convencional

215Fundamentos e técnicas de exploración en radioloxía mediante equipamentos de dixitalización de imaxes

105Anatomía radiolóxica

80Procesamento e tratamento da imaxe radiolóxica

4º, 5º e 6º trimestre

120Fundamentos e técnicas de exploración en medicina nuclear

80Protección radiolóxica

55Formación e orientación laboral

75Proxecto integrado

710Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 55, que se han utilizar nos tres primeiros trimestres.