DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2006 Páx. 4.379

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 14 de marzo de 2006 pola que se desenvolve o Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán.

O Decreto 164/2005, do 16 de xuño, crea o rexistro telemático da Xunta de Galicia, que permite a presentación por vía telemática de solicitudes, escritos e comunicacións. Esta orde inclúe no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, novos procedementos, co fin de continuar impulsando o emprego de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos no desenvolvemento da actividade da Xunta de Galicia e no exercicio das súas competencias.

De conformidade co disposto no artigo 2.2º e disposición adicional primeira b) e derradeira primeira do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, créase o rexistro telemático da Xunta de Galicia e regúlase a atención ao cidadán,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Inclúense no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño (procedementos para os que está habilitado o rexistro telemático da Xunta de Galicia), e quedan, pois, habilitados cos efectos previstos no seu artigo 5.1º, os seguintes procedementos:

* Declaracións de actividades e intereses e de bens patrimoniais dos altos cargos da Xunta de Galicia.

* Control dos traslados de residuos perigosos, dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, xerados polos produtores de residuos.

* Presentación da declaración ou memoria anual das actividades de produción ou xestión de residuos.

* Presentación dos estudos de minimización de residuos.

2. Os procedementos para a tramitación electrónica estarán dispoñibles no enderezo http://www.xunta.es/servicios/.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2006.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza