DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2006 Páx. 3.993

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 7 de marzo de 2006 pola que se desenvolve o Decreto 146/1997, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no seu artigo 20.1º que lle corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia exercer todas as facultades que a Lei orgánica do poder xudicial e a Lei orgánica do Consello Xeral do Poder Xudicial lle recoñezan ou atribúan ao Goberno do Estado.

Neste sentido, o Real decreto 2166/1994, do 4 de novembro, transferiulle á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e os servizos en materia de provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de xustiza.

No exercicio desas competencias, a Xunta de Galicia estableceu un marco normativo axeitado ás peculiaridades da nosa comunidade autónoma, a través do Decreto 146/1997, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia, que na súa disposición derradeira primeira autoriza o conselleiro competente en materia de xustiza para ditar as disposicións precisas para o seu desenvolvemento e aplicación. Por outra banda, no seu artigo 39 establécese o procedemento para a actualización das cantidades fixadas para compensar economicamente as actuacións dos avogados e procuradores en materia de asistencia xurídica gratuíta.

Os acordo asinados o 24 de setembro de 2003 co Consello da Avogacía Galega e o 19 de outubro de 2003 co Consello Galego de Procuradores, sobre a compensación económica pola asistencia xurídica galega, prevén a aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2006 da actualización de cantidades previstas nos baremos do anexo II do Regulamento de asistencia xurídica gratuíta co incremento do índice de prezos ao consumo dos anos 2004 e 2005. Segundo os datos publicados polo INE, a evolución do IPC no período indicado é do 7,8%.

Coa finalidade de proceder á actualización dos módulos e bases de compensación económica nos termos acordados, faise necesario adaptar o devandito anexo II do decreto.

Na súa virtude, e consultada a Consellería de Economía e Facenda,

DISPOÑO:

Artigo único.-Actualízanse os módulos e as bases de compensación pola prestación dos servizos de

asistencia letrada e de defensa e representación gratuítas aplicables durante o ano 2006 e que se determinan no anexo II do Decreto 146/1997, do 22 de maio, actualizado pola Orde do 1 de abril de 2005.

Disposición derradeira

Esta orde produce efectos desde o día 1 de xaneiro de 2006.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2006.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza

ANEXO II

Módulos e bases da compensación económica

Baremos para o ano 2006

Avogados/Tipoloxía

Módulo

-Asistencia ao detido ou preso

Asistencia individualizada 94,86 A

-Xurisdición penal

Procedemento ante o tribunal do xurado 431,20 A

Asistencia diaria á vista ante o tribunal do xurado a partir do segundo día107,80 A

Procedemento ordinario por delito420,42 A

Procedemento abreviado de especial complexidade (causa de máis de 1.000 folios)420,42 A

Procedemento por delito contra a seguridade do tráfico (alcoholemias)215,60 A

Procedemento penal abreviado312,62 A

Proc. axuizamento rápido de delitos sen conformidade323,40 A

Proc. axuizamento rápido de delitos con conformidade215,60 A

Xuízo de faltas140,14 A

Menores. Proceso terminado con sentenza215,60 A

Menores. Proceso con outras formas de terminación161,70 A

Recurso ante o xulgado de vixilancia penitenciaria con intervención preceptiva ou designación de avogado por requirimento xudicial, conforme o artigo 21 da Lei de asistencia xurídica gratuíta145,53 A

Saídas a centros de prisión (máximo dúas saídas por proceso) 18,33 A

Desprazamentos para a asistencia a xuízo oral (avogados con despacho oficial nun partido xudicial distinto do da sede do xulgado do penal ou da audiencia provincial) 37,73 A

Recursos de apelación. Proceso por delito145,53 A

Recursos de apelación. Xuízo de faltas118,58 A

Defensa xurídica inmediata da muller en dilixencias policiais, tramitación da orde de protección e procedementos administrativos que traian causa directa ou indirecta de violencia doméstica 94,86 A

-Xurisdición civil

Procedemento ordinario323,40 A

Xuízo verbal 215,60 A

Proceso matrimonial contencioso completo323,40 A

Proceso matrimonial de mutuo acordo161,70 A

Medidas provisionais previas á demanda 86,24 A

Modificación de medidas 301,84 A

Proceso sobre filiación, paternidade ou capacidade, agás expedientes do artigo 763 da LAC215,60 A

Monitorio 107,80 A

Actuación nun proceso como contador partidor 226,38 A

Proceso de división xudicial de patrimonios161,70 A

Execucións de títulos xudiciais con oposición e posteriores a dous anos161,70 A

Cambiario e execución de títulos non xudiciais161,70 A

Expedientes de xurisdición voluntaria e expedientes de internamento non voluntario por razón dun trastorno psíquico161,70 A

Recursos de apelación 145,53 A

-Xurisdición contencioso-administrativa

Recurso contencioso-administrativo312,62 A

Recurso contencioso-administrativo. Proc. abreviado215,60 A

Vía administrativa (estranxeiría e asilo)107,80 A

Recursos de apelación 145,53 A

-Xurisdición social

Procesos laborais (ordinario e especiais)215,60 A

Recursos de suplicación145,53 A

Módulo

-Xurisdición militar

Proceso íntegro204,82 A

-Recursos de casación e amparo

Recurso de casación323,40 A

Recurso de casación cando non se formaliza e hai só anuncio 45,35 A

Recurso de amparo323,40 A

-Actuacións extraprocesuais

Transaccións extraxudiciais(*) 75%

Informe motivado da insostibilidade da pretensión 70,70 A

Desistencia previa ao proceso por pasividade da persoa axuizable, estudo e preparación do asunto, previa á presentación da demanda(*) 30%

-Normas xerais

Sometemento(*) 30%

Execución da sentenza posterior aos dous anos de recaída a resolución xudicial, agás na xurisdición civil(*) 30%

(*) Sobre o módulo aplicable ao procedemento

Procuradores/Tipoloxía

Módulo

-Xurisdición penal

Procedemento ante o xulgado de instrución en sumarios ou causas perante o tribunal do xurado 23,72 A

Intervención ante o xulgado de instrución en procedementos abreviados de especial complexidade (actuacións de máis de 1.000 folios)23,72 A

Intervención ante o xulgado de instrución en procedementos abreviados12,94 A

Intervención ante o xulgado de instrución en xuízos rápidos23,72 A

Xuízo oral ante a audiencia provincial 19,40 A

Xuízo oral ante o xulgado do penal 19,40 A

Xuízo de faltas (*) 25,87 A

Recurso de apelación 29,11 A

Procedemento ante o xulgado de vixilancia penitenciaria (*)21,56 A

-Xurisdición civil

Procedemento ordinario40,96 A

Xuízo verbal e procesos especiais32,34 A

Proceso matrimonial contencioso (completo)48,51 A

Proceso matrimonial de mutuo acordo32,34 A

Medidas provisionais previas12,94 A

Modificación de medidas definitivas45,28 A

Recurso de apelación 29,11 A

-Xurisdición contencioso-administrativa

Recurso contencioso-administrativo (*)32,34 A

Recurso de apelación (*)29,11 A

-Xurisdición social

Proceso laboral (*)32,34 A

Recurso de suplicación (*)29,11 A

-Xurisdición militar

Proceso íntegro32,34 A

-Recursos de casación e amparo

Recurso de casación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia32,34 A

(*) Cando a intervención do procurador sexa requirida expresamente pola autoridade xudicial de conformidade co artigo 6.3º da Lei 1/1996, de asistencia xurídica gratuíta