DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2006 Páx. 3.777

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 7 de marzo de 2006 pola que se establecen axudas para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común.

O Regulamento nº 1257/1999 do Consello, do 17 de maio, sobre axudas ao desenvolvemento rural a cargo do Fondo Europeo de Orientación e Garantía (Feoga), recolle nos seus artigos as accións que se van subvencionar nesta orde e establece o marco das axudas comunitarias a favor dun desenvolvemento rural sustentable.

A Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, regula o réxime xurídico xeral das subvencións outorgadas polas administracións públicas.

A Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, modifica o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, adaptando este texto ao disposto na Lei estatal 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

O Decreto 287/2000, do 21 de novembro, desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma galega.

O Decreto 562/2005, do 1 de decembro, establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Fondo Galego de Garantía Agraria (DOG nº 237, do 13 de decembro) e co Decreto 215/2004, do 23 de setembro, polo que se modifica o Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, atendendo aos principios de eficacia, desconcentración e racionalización da organización administrativa.

A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega encargado de propor e executar as directrices xerais do goberno no ámbito rural que engloba as competencias en materia de agricultura, gandaría, montes e prevención e defensa dos incendios forestais, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais e industrias agroalimentarias, de acordo co establecido na Constitución española e no Estatuto de autonomía de Galicia.

A Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, establece no seu artigo 25 que a Consellería do Medio Rural daralle aos montes veciñais en man común carácter preferente nas súas actuacións de fomento e mellora da produción agraria e na concesión de axudas para esta finalidade.

O espazo forestal forma parte indisoluble do espazo rural, e polo tanto non se pode concibir ningunha política forestal á marxe da poboación rural e os seus intereses. A Consellería do Medio Rural, neste contexto, e co obxectivo primordial de contribuír á valorización do monte implementa esta orde de axudas coa finalidade de incrementar a vinculación das comunidades de montes veciñais co seu monte mediante incentivos económicos que aumenten a participación desta poboación rural na actividade económica do sector forestal.

Por outra banda, esta incentivación na colaboración dos titulares de montes veciñais en man común na realización de traballos de silvicultura preventiva contribuirá a minorar as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción destes montes, de grande importancia na nosa comunidade, e que supoñen aproximadamente un terzo da superficie forestal existente, e, en conxunto, sobre a fauna, a flora e a paisaxe de Galicia.

Por todo isto, e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 12/1989, do 4 de outubro,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto establecer las bases para a convocatoria de axudas en réxime de concorrencia competitiva que os titulares de montes veciñais en man común e as súas agrupacións poderán percibir para a prevención e defensa contra os incendios forestais. De acordo co devandito obxectivo establécense dúas liñas de axudas:

Liña I: subvención para o funcionamento de cuadrillas preventivas.

Liña II: subvención para a realización de traballos de silvicultura preventiva con tractores e os seus apeiros.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O disposto nesta orde será de aplicación aos montes veciñais en man común da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto aqueles que estean consorciados coa Administración, salvo que solicitasen a rescisión do dito consorcio ou o seu paso a convenio con anterioridade á publicación desta orde.

Artigo 3º.-Condicións xerais.

Os interesados solicitarán a concesión das axudas baixo as seguintes condicións:

1ª Deberán presentar a solicitude e o resto da documentación necesaria antes de comezar o servizo ou de mercar os equipamentos.

2ª No caso de se conceder a subvención, o pagamento será satisfeito unha vez realizado o servizo e/ou a compra de equipamentos, sen prexuízo dos anticipos que para a liña I se establezan nos artigos seguintes.

3ª Cando as axudas consistan nunha porcentaxe do orzamento do servizo ou subministración, o total da axuda calcularase segundo o orzamento apreciado e aprobado pola Consellería do Medio Rural, segundo o disposto para cada liña de axudas nos capítulos II e III desta orde. As cantidades xustificadas en concepto de IVE non serán subvencionables na medida en que sexan recuperables pola Facenda pública.

4ª O persoal e medios incluídos nas actividades que se van subvencionar deberán estar operativos na data que estableza a Consellería do Medio Rural no escrito de aprobación que se remita.

Artigo 4º.-Superficies forestais mínimas para solicitar axudas.

A superficie forestal mínima do monte ou montes veciñais para os que se soliciten estas axudas será de cincocentas hectáreas (500 ha). No caso de agrupación de montes, estes terán que ser estremeiros ou pertencer a un mesmo distrito forestal e sempre estar nunha mesma provincia.

Artigo 5º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os titulares de montes veciñais en man común así como as súas agrupacións e mancomunidades, sempre que non incorran en ningunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, xeral de subvencións.

No caso de agrupacións deberá facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación.

Artigo 6º.-Solicitudes e prazo de presentación.

1. As solicitudes presentaranse preferentemente nos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais das delegacións provinciais da Consellería do Medio Rural, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Á solicitude xuntaráselle a documentación requirida no capítulo IV, que está en función da liña de axuda solicitada.

2. O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

3. A presentación da solicitude de concesión de axuda ou subvención polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.

4. A Consellería do Medio Rural poderá solicitar dos peticionarios toda a información e xustificacións técnicas e económicas que considere necesarias, co obxecto de comprobar a realización das actuacións subvencionables e os custos derivados.

Artigo 7º.-Instrución e resolución de expedientes. Recursos administrativos.

1. Unha vez presentada a solicitude e o resto de documentación requirida no capítulo IV, os servizos de prevención e defensa contra incendios forestais (en diante SPDCIF) revisarán a documentación e no caso de que conteña defectos ou omisións non esenciais, requirirán o solicitante para a emnendaren, outorgándolle un prazo de 10 días hábiles para facelo, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, con indicación de que de non se facer así, desestimarse a súa petición arquivarase o expediente sen máis trámite, para os efectos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992.

2. Nas delegacións provinciais da Consellería do Medio Rural valoraranse as peticións segundo os criterios de selección recollidos nos capítulos II e III, para cada unha das liñas de axuda e remitiranse as súas propostas a Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

3. De acordo co disposto no artigo 22 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a proposta de concesión será formulada por un órgano colexiado constituído para o efecto, formado nas dúas liñas de subvención por: presidente o subdirector xeral de Defensa contra Incendios Forestais; vogal, o xefe do Servizo de Organización e Control de Medios, e secretario, o xefe do Servizo de Programación; poderase prescindir do trámite de audiencia cando non figure no procedemento nin sexan tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados; neste caso a proposta de resolución formulada terá carácter definitivo.

4. O director xeral de Montes e Industrias Forestais elevará a proposta ao conselleiro do Medio Rural, que é o órgano ao que lle corresponde ditar a resolución de aprobación da subvención. A resolución efectuarase tendo en conta os criterios de selección desta orde e en réxime de concorrencia competitiva, axustándose aos principios de concorrencia, transparencia e igualdade.

5. O conselleiro do Medio Rural resolverá conceder ou denegar a axuda de xeito motivado, concretando, se é o caso, a contía, nun prazo máximo de 6 meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Esta reso

lución notificarase aos interesados no prazo dos 10 días seguintes á toma do acordo.

6. Excepcionalmente, o conselleiro do Medio Rural poderá acordar a ampliación do prazo máximo de resolución e notificación mediante motivación clara das circunstancias concorrentes, e só unha vez esgotados todos os medios á disposición posibles, de conformidade co disposto no artigo 42.6º, en relación co artigo 49, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC).

7. No caso de non recaer resolución expresa no dito prazo, o interesado poderá entender desestimada a solicitude, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC).

8. Contra a resolución aprobatoria ou denegatoria, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se entenda desestimada a solicitude por silencio administrativo; ou ben poderá ser impugnada directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, ou seis meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, consonte o disposto nos artigos 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC); e o artigo 46 da Lei 26/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativo.

Artigo 8º.-Actividades subvencionables, importes, contías e criterios de selección.

As accións subvencionables, así como os importes e as porcentaxes máximas que se van subvencionar recóllense nos capítulos II e III desta orde para cada liña de subvención.

Segundo o artigo 3.1º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, a concesión de axudas axustarase aos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade. Os criterios específicos de valoración para a adxudicación de axudas das solicitudes recóllense igualmente nos capítulos II e III para cada unha das liñas de subvención.

Artigo 9º.-Obrigas dos beneficiarios e coordinación co Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF).

1. O beneficiario comprométese a contratar o persoal necesario para ter en todo momento as cuadrillas integradas por un mínimo de cinco compoñentes.

2. En canto á contratación do persoal para a formación das cuadrillas de prevención de incendios forestais, todas as actuacións derivadas dela serán responsabilidade da entidade beneficiaria das axudas. O persoal contratado dependerá tanto xurídica como organicamente da entidade e en ningún caso terá vínculo laboral coa Xunta de Galicia.

Os medios humanos e materiais a que se refire esta orde colaborarán en labores de vixilancia e prevención no seu monte. Do mesmo xeito actuarán en labores de extinción de incendios forestais declarados no seu monte e nos da súa parroquia, no caso de seren requiridos polo SPDCIF.

3. As características dos vehículos, material e equipamento obxecto desta subvención supeditaranse á normativa comunitaria, nacional e autonómica, se a houbese, en particular no referente aos EPI, ás directivas comunitarias, de acordo co Real decreto 1407/1992, do 20 de novembro, polo que se regulan as condicións de comercialización e libre circulación intracomunitaria dos equipamentos de protección individual (BOE n º 311, do 28 de decembro). Os EPI defínense segundo o artigo 2 do Real decreto 773/1997, do 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización polos traballadores de EPI.

4. A actividade subvencionada comezará e rematará na data que determine a Consellería do Medio Rural ao aprobar a subvención. As comunidades de montes veciñais en man común beneficiarias desta subvención comunicaranlles os SPDCIF o seu réxime horario ao comezo do seu funcionamento.

O beneficiario poderá subcontratar total ou parcialmente a actividade subvencionada.

Calquera modificación na localización ou composición do persoal contratado, deberá serlles comunicada aos SPDCIF para o seu coñecemento.

Artigo 10º.-Anticipos.

O Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 16.2. dous.3 que, con carácter excepcional e por resolución motivada da consellería correspondente (neste caso da Consellería do Medio Rural), poderá autorizar un anticipo de ata o 50% do importe total da subvención aprobada, nos casos en que o investimento exixa pagamentos inmediatos, sen prexuízo das limitacións que poidan existir, se é o caso, na normativa básica da Unión Europea sobre fondos estruturais. Estes anticipos soamente se poderán conceder para a liña I desta subvención.

Para a aprobación deste anticipo, o beneficiario deberá remitir nun prazo máximo dun mes a partir da data de inicio de operatividade da cuadrilla de prevención, establecida na resolución de aprobación

da axuda, a solicitude deste anticipo acompañada unha declaración das axudas solicitadas, tanto as aprobadas como as pendentes de resolución para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou dependentes delas.

Este anticipo quedará supeditado en todo caso a que a inspección previa ao inicio do funcionamento da cuadrilla, realizada polo técnico competente da Consellería do Medio Rural, sexa favorable. Nesta inspección deberá verificarse que todos os conceptos subvencionados cumpren co estipulado nesta orde, verificándose entre outros os seguintes aspectos:

-Nome dos integrantes da cuadrilla, especificando o nome da persoa que actúa como coordinador e responsable dos integrantes desta, e un número de teléfono de contacto 24 horas.

-Vehículo todoterreo ou vehículo pick-up (alugado ou propio) para o funcionamento da cuadrilla: marca e matrícula, e constancia de que permanece en perfectas condicións mecánicas e de dotación e que está ao día en toda a documentación, cumprindo coas obrigas administrativas que leva aparelladas en materia de inspección técnica (ITV), pólizas de seguro, impostos, etc.

-Verificación de que os integrantes da cuadrilla estean equipados adecuadamente para o traballo que se vai realizar.

-En caso de que se subvencionen motorrozadoras, verificarase que son novas e que cumpren co estipulado na lexislación vixente e en particular, co disposto nesta orde.

-Ademais, no caso de que se reciba axuda para a operatividade dun tractor con cisterna, deberase comunicar a matrícula do tractor con rozadora, nome ou nomes das persoas que operan con el e un número de teléfono de contacto 24 horas e deixar constancia de que este vehículo permanece en perfectas condicións mecánicas e de dotación e está ao corrente en toda a documentación, cumprindo coas obrigas administrativas que leva aparelladas en materia de inspección técnica (ITV), pólizas de seguro, impostos, etc.

-No caso de que se reciba axuda para a adquisición de tramos de mangueira para tractores con cisterna: verificarase o disposto no anexo correspondente en canto a condicións técnicas.

Artigo 11º.-Execución da subvención.

A aprobación da subvención implicará o compromiso dos solicitantes de executar as accións indicadas nas condicións propostas. A execución das actividades obxecto de axuda deberá realizarse na extensión e co orzamento indicado no impreso de solicitude. Unha realización da acción subvencionada un 50% inferior á proposta, agás por causa de forza maior, suporá a revogación da subvención

concedida, logo da correspondente valoración polos técnicos dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais.

Serán realizadas inspeccións previas ao inicio da operatividade das cuadrillas de prevención (liña I) ou a iniciación dos traballos de silvicultura preventiva (liña II) polo técnico competente da Consellería do Medio Rural.

Na liña I verificaranse todos os aspectos xa mencionado no anterior artigo.

Na liña II verificaranse as superficies, e comprobarase os datos da solicitude e a viabilidade dos traballos.

No caso de renuncia, despois de recibida a aprobación da subvención, deberá comunicárselle por escrito á Consellería do Medio Rural.

Artigo 12º.-Responsabilidade.

A organización e materialización das actividades subvencionadas será responsabilidade exclusiva do beneficiario.

A actuación da Consellería do Medio Rural quedará limitada ao outorgamento da correspondente subvención e a garantir o cumprimento da normativa en materia de subvencións.

Artigo 13º.- Xustificacións.

O beneficiario deberalles comunicar aos SPDCIF da Consellería do Medio Rural a finalización da operatividade da cuadrilla na liña I e do remate dos traballos mecanizados de silvicultura preventiva na liña II.

Na liña I o beneficiario disporá de 10 días naturais desde a finalización da operatividade da cuadrilla para a presentación dos xustificantes das accións realizadas, obxecto da subvención, mentres que na liña II os traballos deberán estar rematados e xustificados como máis tarde o 15 de setembro do ano en curso.

As xustificacións para o pagamento presentaranse preferentemente nos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais das delegacións provinciais da Consellería do Medio Rural, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Os gastos de execución das accións subvencionadas serán debidamente xustificados polo beneficiario, mediante a presentación de facturas, nóminas, boletíns de cotización da Seguridade Social, contratos e demais documentos acreditativos de xustificación do investimento, tal e como establece o artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Así mesmo, deberase presentar unha declaración das axudas solicitadas, tanto as aprobadas como as pendentes de resolución para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou dependentes delas.

Pola súa banda, a Consellería do Medio Rural levará a cabo a súa función de comprobación do investimento a través das certificacións dos técnicos competentes, concretándose estas da seguinte maneira:

1. Liña I: operatividade das cuadrillas de prevención.

Certificado emitido polo técnico competente no que se indique que as cuadrillas estiveron operativas e colaboraron satisfactoriamente co SPDCIF, executando as obras programadas conforme o establecido no artigo 19º.

Con esta certificación poderá modificarse á baixa a cantidade aprobada inicialmente, no caso de que se realice un número menor de unidades de obra das aprobadas.

2. Liña II: traballos silvícolas con tractores:

Certificado emitido polo técnico competente no que se indique se as obras realizadas foron executadas conforme á solicitude e á memoria presentada polo beneficiario, especificando lugar e hectáreas desbrozadas.

Con esta certificación poderá modificarse á baixa a cantidade aprobada inicialmente, no caso de que se realice un número menor de unidades de obra das aprobadas.

Artigo 14º.-Comprobacións.

1. O beneficiario comprométese a someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar a entidade concedente ou, se é o caso, a colaboradora e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvencións e axudas concedidas e coas previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, consonte co disposto no Decreto lexislativo 1/1999, modificado pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, e o capítulo V do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A solicitude non implica ningún dereito para o peticionario, mentres non exista resolución favorable.

Artigo 15º.-Revogacións.

Consonte o disposto no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, modificado pola Lei 14/2004, e no artigo 19 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, será motivo de revogación (total ou par

cial) da axuda recibida, mediante resolución razoada do mesmo órgano que a concedeu, e procederá ao reintegro total ou parcial da axuda recibida, xunto cos xuros devengados desde o seu pagamento nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificar.

b) Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión.

c) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

d) Incumprimento das condicións impostas ás entidades colaboradoras e beneficiarios con motivo da concesión da axuda ou subvención pública.

e) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no punto 8º do artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

f) Resistencia, escusa, obstrucción ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando se derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o incumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade achegadas de calquera Administración ou ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

g) A adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do tratado da Unión Europea, dunha decisión da que se derive unha necesidade de reintegro.

h) Nos demais supostos establecidos na normativa reguladora da subvención.

Así mesmo, procederase ao reintegro do exceso percibido nos supostos no que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou outras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario ou, se é o caso, á porcentaxe máxima do investimento subvencionable que se estableza.

Artigo 16º.-Financiamento.

As axudas que se deriven da aplicación desta orde financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 11.06.422C.770.0, códigos de proxecto. 15.00.707 subvencións e investimentos en materia de prevención de incendios coa seguinte repartición orzamentaria por liñas de axuda:

Liña I: dotada cun total de novecentos mil euros (900.000 A).

Liña II: dotada cun total de trescentos mil euros (300.000 A).

A Consellería do Medio Rural, chegado o caso, poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento da presente orde, sempre e cando existan dispoñibilidades orzamentarias.

No caso de que quedasen remanentes de crédito destinados ao financiamento dunha liña de axudas, tales remanentes poderán ser destinados ao financiamento da outra liña de axudas.

Artigo 17º.-Modificación da resolución de concesión.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión, consonte o disposto no artigo 12.1º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, e no artigo 12.9º da Lei 14/2004, do 29 de decembro.

Artigo 18º.-Procedemento sancionador.

O artigo 79 do Decreto lexislativo 1/1999, modificado polo artigo 13 da Lei 14/2004, regula as infraccións e sancións administrativas en materia de axudas e subvencións públicas, así como o réxime de responsabilidade e os órganos competentes para o exercicio da potestade sancionadora.

A imposición de sancións realizarase unha vez instruído o oportuno expediente, segundo o disposto no Decreto 287/2000, no Decreto lexislativo 1/1999, na Lei 14/2004, na Lei 30/1992, e no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Capítulo II

Operatividade de cuadrillas de prevención

Artigo 19º.-Actividades subvencionables.

Subvencionase nesta liña o funcionamento de cuadrillas de prevención.

Estas cuadrillas de prevención realizarán labores de vixilancia e prevención nos seus montes. Os labores de prevención sobre o terreo consistirán en rozas manuais selectivas en faixas auxiliares de pista e áreas cortalumes, co fin de reducir a carga de combustible presente no monte e crear zonas de descontinuidade, contribuíndo así a diminuír o risco de propagación de incendios forestais e a minimizar os danos causados por estes sinistros, en caso de se produciren. Estes traballos realizaranse sempre dentro do ámbito territorial do monte ou montes para os que o beneficiario solicite a axuda.

A planificación destes labores corresponderá á entidade beneficiaria das axudas en coordinación co SPDCIF, axustándose en todo caso ás seguintes condicións:

-Rozarase un mínimo de 4 ha/mes por cuadrilla, durante o seu período de operatividade.

-Os restos procedentes destes traballos serán triturados mecanicamente. No caso de que a mecanización non fose tecnicamente posible poderán quedar acordoados ou ser eliminados mediante queima, para a que cómpre solicitar a correspondente autorización.

Estas cuadrillas poderán participar en labores de extinción de lumes cando se dean os condicionantes xa reflectidos no artigo 9º.2.

Dentro desta liña subvencionaranse as seguintes accións e subministración:

a) Xornada de traballo do persoal integrante das cuadrillas de prevención durante un mínimo de 3 meses e un máximo de 5. Subvencionarase a operatividade das cuadrillas entre 3 e 5 meses, sendo prioritarios por esta orde os meses de maio, xuño, xullo, agosto e setembro; poderá así mesmo quedar supeditada esta operatividade á finalización das cuadrillas antes do 15 de outubro. As cuadrillas estarán compostas, en todo momento, polo menos por cinco integrantes efectivos por xornada de traballo.

b) Adquisición de ferramentas de prevención: (motorrozadoras) coas características mínimas que se detallan no anexo VIII. Subvencionarase un máximo de dúas unidades por cuadrilla.

c) Compra de ferramentas de defensa contra incendios e material de equipamento.

d) Adquisición de batelumes.

e) Adquisición de vestiario ignífugo e equipamento de seguranza persoal.

f) Adquisición de caixa de primeiros auxilios.

g) Aluguer de vehículo todoterreo de transporte ou operatividade de vehículo todoterreo propio.

h) Aluguer de vehículo todoterreo equipado para a prevención e defensa de incendios forestais ou operatividade del, no caso de ser propio. Estes vehículos deberán de cumprir as condicións especificadas no anexo IX desta orde.

Soamente se poderá solicitar subvención para un tipo de vehículo g) ou h).

i) Operatividade de tractor con cisterna.

j) Adquisición de tramos de mangueira para tractores con cisterna. Serán tramos de mangueira con racores TB de 25 mm, en rolos de 20 m, que cumprirán as condicións técnicas mínimas que se detallan no anexo X desta orde. Poderanse subvencionar un máximo de 5 tramos.

A adquisición de mangueiras para tractores con cisterna estará supeditada á concesión de axuda para a operatividade destes medios.

Artigo 20º.-Importes e porcentaxes máximas das axudas.

1. A contía das axudas estará condicionada, en todo caso, á existencia de dispoñibilidades orzamentarias.

2. Os prezos que se reflicten na seguinte táboa son indicativos para o titular da solicitude e obrigatorios como tope máximo na aplicación polos SPDCIF para a aprobación dos orzamentos.

Unidade

Descrición

Prezo máximo

aplicable en euros

Porcentaxe máxima

que se vai

subvencionar

XornalXornada de 8 horas e con dedicación plena durante elas para cuadrillas de vixilancia e prevención compostas por cinco integrantes, incluíndo seguros: réxime xeral.24070%

DíaAluguer ou operatividade de vehículo todoterreo para cuadrillas de vixilancia e prevención, ao día.3070%

DíaAluguer ou operatividade de vehículo todoterreo equipado para a prevención e defensa contra incendios forestais, ao día.4070%

UnidadeBatelumes de caucho con mango.22100%

UnidadeFerramenta forestal.2550%

UnidadeEquipamento de protección individual completo (funda, botas, casco, cinto, máscara, lentes, luvas e lanterna).15070%

UnidadeRozadora manual.1.20050%

UnidadeCaixa de primeiros auxilios.3570%

DíaOperatividade de tractor con cisterna con capacidade mínima de 2.000 l e 100 m de mangueira.11100%

UnidadeTramo de mangueira con racores TB, de 25 mm en rolos de 20 m.90100%

Artigo 21º.-Criterios de selección.

Segundo o artigo 3.1º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, a concesión de axudas axustarase aos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

As cuadrillas subvencionadas complementarán os labores de vixilancia e prevención desenvolvidas polos medios propios dos SPDCIF, de xeito que se reforcen e se estendan as accións preventivas o máximo posible no territorio. Estes requisitos fan necesario establecer unha asignación territorial a nivel provincial destes medios de xeito que se consiga unha concentración de esforzos e unha acción de conxunto no territorio de toda a comunidade.

Polo tanto, consonte o anterior establécese a seguinte distribución territorial básica:

Intervalo de distribución territorial das cuadrillas de prevención:

MínimoMáximo

A Coruña710

Lugo610

Ourense610

Pontevedra813

Esta distribución territorial poderase modificar en caso de posteriores incrementos no orzamento destinado a esta orde.

Cando as solicitudes presentadas superen os mínimos provinciais anteriores e existan dispoñibilidades orzamentarias, atenderanse as solicitudes de maior a menor puntuación ata o máximo provincial, segundo o baremo seguinte:

1. Montes veciñais situados en concellos incluídos en espazos declarados zonas de especial protección dos valores naturais: 1 punto.

Véxase o Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais (DOG nº 69 do 12 de abril).

2. Período de operatividade solicitado pola mancomunidade, comunidade ou agrupación de montes veciñais que solicitasen axuda ao abeiro desta orde: 1 punto por mes de operatividade solicitado, da seguinte forma:

Tres meses de operatividade: 3 puntos.

Catro meses de operatividade: 4 puntos.

Cinco meses de operatividade: 5 puntos.

3. Existencia de instrumento de planificación forestal para o monte ou montes beneficiarios (proxecto de ordenación ou plan técnico) aprobado e rexistrado pola Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais: 1 punto.

4. Monte ou montes certificados conforme o Sistema de Xestión Forestal Sostible da Xunta de Galicia: 1 punto.

5. Valoración polos SPDCIF da operatividade da cuadrilla de prevención: ata 2 puntos.

No caso de que cada provincia cubra os mínimos establecidos no requisito básico de distribución territorial e existan dispoñibilidades orzamentarias, a concesión da axuda para o resto de solicitudes pendentes farase a nivel rexional, tendo como límite o máximo provincial, atendendo á maior puntuación obtida polos solicitantes, segundo os baremos anteriores.

No caso de que se cubran os máximos territoriais establecidos e existan dispoñibilidades orzamentarias, atenderanse as solicitudes de maior puntuación, segundo o referido baremo.

Para todos os casos, de existir empate, prevalecerá a maior puntuación obtida no punto 5. De continuar o mesmo, será preferente a maior puntuación obtida nos puntos 1, 2, 3 e 4 sucesivamente.

Capítulo III

Axudas para a realización de traballos mecanizados de silvicultura preventiva

Artigo 22º.-Actividades subvencionables.

Enmárcanse as actividades que se van subvencionar dentro do plan de control selectivo de combustible da Consellería do Medio Rural. Trátase de levar a cabo traballos para modificar a estrutura da vexetación rompendo a súa continuidade, tanto vertical como horizontal, de xeito que se dificulte a propagación dos incendios forestais, en caso de producirse. Do mesmo

xeito, e dada a gran dispersión de núcleos poboacionais existentes, co obxectivo de minorar as consecuencias que os lumes poidan ter neles, darase especial relevancia á realización de rozas que se leven a cabo nas zonas perimetrais dos montes estremeiros con zonas non forestais.

As obras poderán consistir tamén na realización de faixas auxiliares de pista ou áreas cortalumes.

Artigo 23º.-Importes e porcentaxes máximos das axudas.

1. A contía das axudas estará condicionada, en todo caso, á existencia de dispoñibilidades orzamentarias.

2. A subvención mínima será de tres mil euros (3.000 A) e a máxima de seis mil euros (6.000 A) por beneficiario.

3. Os prezos que se reflicten na seguinte táboa son indicativos para o titular da solicitude e obrigatorios como tope máximo na aplicación polos SPDCIF para a aprobación dos orzamentos.

Unidade

Descrición

Prezo máximo

aplicable en euros

Porcentaxe máxima

que se vai

subvencionar

HaRoza mecanizada con tractor e rozadora de brazo en faixas auxiliares de pistas e zonas perimetrais do monte estremeiros con zonas non forestais.45080%

HaRoza mecanizada con tractor e rozadora de cadeas en cortalumes e zonas perimetrais do monte estremeiros con zonas non forestais.37580%

Artigo 24º.-Criterios de selección.

Segundo o artigo 3.1º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, a concesión de axudas axustarase aos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

Os traballos de silvicultura preventiva que cómpre desenvolver cos tractores deberán complementar os labores desenvolvidos polos tractores propios dos SPDCIF, de xeito que se acade unha acción conxunta e integrada no territorio.

Coa finalidade de que os traballos preventivos se distribúan axeitadamente en todo o territorio da comunidade autónoma, segundo as necesidades, establécese a seguinte distribución territorial.

Polo tanto, consonte o anterior establécese a seguinte distribución territorial básica:

Intervalo de distribución territorial para a realización de traballos de silvicultura:

MínimoMáximo

A Coruña815

Lugo1225

Ourense1530

Pontevedra1530

Esta distribución territorial poderase modificar en caso de posteriores incrementos no orzamento destinado a esta orde.

Cando as solicitudes presentadas superen os mínimos provinciais anteriores e existan dispoñibilidades orzamentarias, atenderanse as solicitudes de maior a menor puntuación ata o máximo provincial, segundo o baremo seguinte:

1. Montes veciñais situados en concellos incluídos en espazos declarados zonas de especial protección dos valores naturais: 2 puntos.

Véxase o Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais (DOG nº 69, do 12 de abril).

2. Existencia de instrumento de planificación forestal para o monte ou montes beneficiarios (proxecto de ordenación ou plan técnico) aprobado e rexistrado pola Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais: 2 puntos.

3. Monte ou montes certificados conforme o Sistema de Xestión Forestal Sostible da Xunta de Galicia: 1 punto.

4. Comunidades de montes veciñais solicitantes da axuda regulada pola Orde do 16 de marzo de 2005 pola que se establecen axudas para a prevención e defensa contra incendios forestais en montes veciñais en man común, que cumprindo os requisitos mínimos exixidos nela, non obtivesen subvención por insuficiente dotación orzamentaria: 1.

5. Valoración dos traballos recollidos na memoria xustificativa polos SPDCIF: ata 2 puntos.

No caso de que cada provincia cubra os mínimos establecidos no requisito básico de distribución territorial e existan dispoñibilidades orzamentarias, a concesión da axuda para o resto de solicitudes pendentes farase a nivel rexional, tendo como límite o máximo provincial, atendendo á maior puntuación obtida polos solicitantes, segundo os baremos anteriores.

No caso de que se cubran os máximos territoriais establecidos e existan dispoñibilidades orzamentarias, atenderanse as solicitudes de maior puntuación, segundo o referido baremo.

Para todos os casos, de existir empate, prevalecerá a maior puntuación obtida no punto 5. De continuar este, será preferente a maior puntuación obtida nos puntos 1, 2, 3 e 4 sucesivamente.

Capítulo IV

Artigo 25º.-Documentación.

As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no rexistro provincial de montes veciñais en man común, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para poder acceder a estas axudas.

1. Operatividade de cuadrillas de prevención.

-Solicitude segundo o anexo I. O solicitante deberá ser a CMVMC, ben directamente ou ben a través do seu representante legal (presidente da CMVMC).

-Valoración económica das actuacións solicitadas segundo anexo II.

-Fotocopia do DNI, NIF ou CIF do titular dos terreos (ou titulares no caso de agrupación) e do solicitante.

-Certificación orixinal da entidade financeira sobre a titularidade da conta na que se solicita o ingreso do importe da axuda.

-Certificado tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o solicitante a pedir axudas á Consellería do Medio Rural, para a execución das accións obxecto da solicitude.

-Datos dos montes obxecto da subvención, segundo o anexo V.

-Para as agrupacións: acordo dos titulares dos terreos forestais para a designación dun solicitante-representante para efectos de tramitación da axuda, segundo o anexo VI.

-Declaración das axudas solicitadas, tanto as aprobadas como as pendentes de resolución para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou dependentes delas, ou anexo VII debidamente asinado.

2. Axudas para a realización de traballos mecanizados de silvicultura preventiva:

-Solicitude segundo o anexo III. O solicitante deberá ser a CMVMC, ben directamente ou ben a través do seu representante legal (presidente da CMVMC).

-Valoración económica das actuacións solicitadas segundo anexo IV.

-Fotocopia do DNI, NIF ou CIF do titular dos terreos (ou titulares no caso de agrupación) e do solicitante.

-Certificación orixinal da entidade financeira sobre a titularidade da conta na que se solicita o ingreso do importe da axuda.

-Certificado tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o solicitante a pedir axudas á Consellería do Medio Rural, para a execución das accións obxecto da solicitude.

-Datos dos montes obxecto da subvención, segundo o anexo V.

-Para as agrupacións: acordo dos titulares dos terreos forestais para a designación dun solicitante-representante para efectos de tramitación da axuda, segundo o anexo VI.

-Declaración das axudas solicitadas, tanto as aprobadas como as pendentes de resolución para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou dependentes delas, ou anexo VII debidamente asinado.

-Memoria técnica, acompañada do orzamento e planos sobre mapas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes con escala preferentemente 1:5.000 o no seu defecto 1:10.000, máis unha copia. Ademais, presentaranse os datos identificativos SIXPAC dos terreos para os que se solicita esta axuda. No caso de concellos que non teñan asignadas referencias SIXPAC, presentaranse as referencias catastrais.

Disposicións adicionais

Primeira.-As axudas contidas nesta orde son incompatibles con outras subvencións de calquera Administración pública e con calquera outro réxime de axudas comunitarias para a mesma finalidade.

Segunda.-Segundo o disposto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán manterse as condicións do investimento ou o emprego ligado a este durante un período mínimo de cinco anos.

Terceira.-A Consellería do Medio Rural poderá modificar a resolución de concesión por instancia do beneficiario, consonte os requisitos previstos no artigo 12.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Consonte o anterior, o acto polo que se acorde a modificación da resolución ou, se é o caso, se denegue será ditado polo órgano concedente, logo da instrución do correspondente expediente no que se dará audiencia aos interesados na forma prevista no artigo 9.4º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Cuarta.-Nos aspectos non previstos nesta orde seguirase o disposto nos artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galiza.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Montes e Industrias Forestais para ditar todas as disposicións complementarias, dentro do ámbito das súas competencias, co obxecto de desenvolver esta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2006.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural

ANEXO VIII

DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS MÍNIMAS QUE DEBERÁN CUMPRIR AS MOTORROZADORAS

1. Definición.

Ferramenta motorizada cortante, consistente nunha serra circular inserida no extremo dunha barra ou lanza conectada a un motor. A barra é dirixida por un guiador ergonómico que posibilita o traballo do corpo en posición vertical.

2. Bases técnicas.

As motorrozadoras que se desexen adquirir serán novas, de recente fabricación, de tipo moderno e de primeira calidade.

Dado que este material utilizarase en duras condicións de traballo, as súas características básicas serán tales que reúnan unhas condicións de robustez, lixeireza, facilidade de manexo, conservación e mantemento que aseguren a máxima efectividade e duración do equipamento.

2.1. Características técnicas do material.

Basicamente, o aparello estará constituido por un motor de dous ou de catro tempos, cun sistema antivibración que reduza a transmisión de vibracións orixinadas polo motor e pola ferramenta de corte en movemento e un sistema de acendido que garanta un arranque fiable e un funcionamento do motor sen avarías.

Datos técnicos:

-Cilindrada mínima de 56,50 cc.

-Potencia mínima de 3,60 CV.

2.2. Grupo motor.

Estarán dotados dun motor de explosión de 2 ou de 4 tempos, cun sistema de filtros de aire que alongue os intervalos de limpeza e ofreza unha protección fiable do motor.

Prestarase especial atención á relación peso/potencia.

2.3. Carburación.

Estará provisto dun carburador que sexa insensible a calquera posición de traballo con bomba de combustible incorporada.

2.4. Sistema eléctrico.

O sistema de acendido electrónico garantirá un arranque fiable e un funcionamento do motor sen avarías.

2.5. Silenciador.

Constarán dun silenciador adecuado para este tipo de motores de elevado número de rpm, e deberá especificarse na oferta o nivel de ruído que alcanza co motor a plena carga.

2.6. Refrixeración.

A refrixeración realizarase por circulación forzada de aire por medio de turbina, orientándose o fluxo sobre as aletas do cilindro e culata por medio de carenado; a toma de aire estará protexida por reixa.

2.7. Depósito de combustible.

Posuirá un depósito de combustible de fácil enchedura dotado de válvula de aireación e antiderrame, e será transparente para poder controlar o nivel de consumo. O filtro de toma será de feltro ou outro material que permita unha longa duración del e de fácil extracción e substitución.

No seu conxunto, estará debidamente aillado do calor irradiado polo motor. Preferiranse aqueles equipamentos que precisen gasolina sen chumbo para protexer o medio e ademais non necesiten ser alimentados con mesturas de gasolina de octanaxe alta.

2.8. Arranque.

O arranque será manual por cable ou electrónico.

2.9. Embrague.

O dispositivo de embrague será automático, de tipo centrífugo e de longa duración; estará debidamente protexido contra a entrada de graxas, aceites e mestura de combustible vertido.

2.10. Accesorios de corte.

A motorrozadora virá provista dunha caixa reductora na que se poderán inserir os distintos elementos de corte. Serán facilmente substituíbles e disporase de ferramentas necesarias para realizar este recambio.

2.11. Proteccións.

Valoraranse especialmente aqueles dispositivos dos que veñan dotadas, como protectores para accesorios de corte así como o número e tipo de repostos que se entreguen con cada unidade.

2.12. Material.

Cada unidade virá dotada como mínimo de:

1 libro de instrucións de uso, mantemento e pezas de reposto.

1 xogo de ferramentas básicas de mantemento.

2 accesorios de corte para matogueiras e un para cortar arbustos e árbores delgados.

1 arnés co seu cinto de porte.

ANEXO IX

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS MÍNIMAS QUE TEÑEN QUE CUMPRIR OS VEHÍCULOS TODO TERREO EQUIPADOS PARA A PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

Chasis.

Bastidor especialmente deseñado para a súa utilización en todoterreo, con todos os seus elementos distribuídos e/ou protexidos para que non se poidan danar nin extraídos accidentalmente por ramas ou outros elementos ao circular polo monte.

Cabina.

A cabina do vehículo todoterreo terá catro portas e cinco prazas homologadas.

Motor.

Potencia máxima non inferior de 100 CV nin o par máximo desenvolvido inferior a 24 m/kg.

Depósito de augua.

Depósito de augua de poliéster reforzado con fibra de vidro, con capacidade útil mínima de 400 l e dotado de tabiques dique para evitar voltas.

A lonxitude do depósito de augua non será superior ao 80% do longo da superficie carrozable.

Bomba.

Deberá permitir acadar cun caudal de 50 l/min unha presión de 40 atmosferas.

Comunicacións.

Levará instalado un equipamento de radiocomunicación móvil, extraíble, altofalante xunto ao cadro de mandos da bomba e antena, de acordo coas especificacións que determine a SXDCIF, así como un kit de mans libres para cumprir a normativa vixente ao respecto.

Documentación.

O vehículo deberá estar ao día en toda a documentación, cumprindo coas obrigas administrativas que leva aparelladas en materia de inspección técnica (ITV), pólizas de aseguramento, impostos, etc.

ANEXO X

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS MÍNIMAS QUE DEBERÁN CUMPRIR AS MANGUEIRAS

O material será novo, de recente fabricación, de tipo moderno e de primeira calidade.

Dado que este material se utilizará en operacións de extinción, en duras condicións de traballo, as súas características básicas serán tales que reúnan unhas condicións de robustez, lixeireza, facilidade de manexo, conservación e mantemento, que aseguren a máxima efectividade e duración del. Estas características son:

1. Constarán dun tubo flexible, exento de rixidez en todas as súas partes, formado por 4 capas, que ao entrar en carga adopte a sección circular. Os materiais nos que estea construído, así como o seu grosor, serán tales que este armazón teña a resistencia necesaria para soportar polo menos unha presión de servizo de 45 bares, no caso de mangueiras de 25 mm, e para tolerar unha presión de rotura de 90 bares, segundo o ensaio 4 da norma UNE 23091-2B. Ademais, estes materiais serán impermeables.

2. Os semiracores situados aos extremos de cada tramo serán simétricos, de tipo cola estriada, anticorrosivos e de alta resistencia, e capaces de soportar presións de traballo de 45 kg/cm.

3. O tecido do armazón será de fibra pouco combustible e o suficientemente resistente para soportar a presión interior e os desgastes que, por arrastre ou rozadura contra o chan ou outros corpos, poida experimentar. O grao de elasticidade e de dilatación en ningún caso deberá ser superior ao 6%.