DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2006 Páx. 3.608

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

ORDE do 2 de marzo de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas a traballadores ocupados cofinanciadas polo Fondo Social Europeo na Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio de 2006.

A formación profesional continua ten como finalidade proporcionarlles aos traballadores ocupados a formación que poidan necesitar ao longo da súa vida laboral, co fin de que obteñan os coñecementos e prácticas adecuados aos requirimentos que en cada momento precisen as empresas, e permita compatibilizar a súa maior concorrencia coa mellora da capacitación profesional e promoción individual do traballador.

Constitúen principios xerais da formación dirixida a ocupados: o protagonismo dos axentes sociais no seu desenvolvemento; a unidade de mercado de traballo e a liberdade de circulación dos traballadores no desenvolvemento das accións formativas, tanto dentro do territorio español como no ámbito da Unión Europea; a consideración desta formación como instrumento esencial para garantir a formación ao longo da vida.

No eixe 43, medida 2 do Programa Operativo para Galicia, o Fondo Social Europeo establece como obxectivos a mellora da cualificación profesional dos traballadores ocupados e a capacidade de adaptación dos traballadores e empresas aos cambios do sistema produtivo.

O Regulamento (CE) nº 1784/1999, do 12 de xullo, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo Social Europeo, polo que se aproban as disposicións de aplicación relativas ao Fondo Social Europeo, sinala que o Fondo apoiará e complementará as actividades dos estados membros destinadas ao desenvolvemento do mercado de traballo e dos recursos humanos, entre outras, nas políticas de fomento e mellora da formación profesional e da formación en xeral. Así mesmo, o Regulamento (CE) nº 68/2001, do 12 de xaneiro, da Comisión, regula a aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas á formación.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, establece que a aprendizaxe permanente é un elemento esencial na sociedade do coñecemento. Inclúe esta lei dentro do ámbito da formación profesional, entre outras ensinanzas, as orientadas á formación continua nas empresas, que permitan a adquisición e actualización permanente das competencias profesionais.

O Tribunal Constitucional, na Sentenza 190/2002, do 17 de outubro, establece que a materia de formación profesional ocupacional na súa modalidade de formación continua dos traballadores asalariados ou en activo non pertence ao ámbito da educación e que, polo tanto, existe unha incardinación entre as accións formativas dos traballadores ocupados e o financiamento correspondente na materia «lexislación laboral». En virtude desta sentenza, corresponderalle á Administración da Xunta de Galicia a xestión da formación profesional continua dentro do seu ámbito competencial.

O Plan Galego de Formación Profesional establece entre os seus obxectivos no ámbito da formación dirixida a traballadores ocupados a consecución da adecuada transparencia do mercado de traballo e o axuste entre a oferta e a demanda do factor traballo, mediante o efectivo acceso ás certificacións do sistemas de cualificacións; proporcionarlles ás persoas unha maior motivación para o progreso na súa cualificación profesional; recoñecer de forma fiable, con carácter oficial e alcance sectorial, a competencia adquirida durante a vida laboral; verificar que a preparación conseguida por calquera vía e, en particular, mediante os programas formativos, alcance o nivel de competencia establecido nas cualificacións profesionais, e, por último, sentar as bases para a implantación do sistema de recoñecemento e avaliación da competencia da poboación activa. Inclúe, así mesmo, un plan de incremento da cualificación da poboación ocupada e certificación da formación continua mediante o sistema de

cualificacións así como de fomento da formación continua.

O acordo galego de formación profesional continua asinado o 29 de marzo de 2004 entre a conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e os axentes sociais ten como un dos seus obxectivos principais a mellora da competencia profesional e a actualización dos coñecementos e capacidades dos traballadores e traballadoras, segundo as necesidades de evolución do seu emprego como consecuencia dos cambios tecnolóxicos e organizativos dos procesos de produción.

O Decreto 287/2000, do 21 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, establece

que a concesión de axudas e subvencións se axustará aos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade, en aplicación do disposto no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, aos que se axusta esta disposición.

A Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, regula os requisitos de concesión e xustificación das subvencións concedidas na Administración do Estado. Nesta lei recóllense artigos que teñen carácter básico, polo que son de aplicación á normativa desta comunidade autónoma, e, consecuentemente, a esta orde de convocatoria.

O Decreto 7/2005, do 13 de xaneiro, crea e regula o funcionamento da Comisión Galega de Formación Profesional Continua, co obxecto de poñer en funcionamento a formación profesional continua en Galicia dentro do novo ámbito competencial e de xestión.

O obxecto desta orde é a regulación das accións formativas dirixidas a traballadores ocupados referidas ás especialidades formativas incluídas no Catálogo Nacional de Especialidades Formativas de Formación Profesional Ocupacional, así como de accións formativas que poidan considerarse de carácter estratéxico e/ou de carácter experimental, subvencionadas todas elas pola Xunta de Galicia e cofinanciadas pola Unión Europea (Fondo Social Europeo).

O financiamento das axudas previstas nesta orde de convocatoria farase con cargo aos créditos dos programas 16.03.241B 440.0 (114.035 A), 16.03.241B 470.2 (1.049.472 A), 16.03.241B.482.0 (923.600 A) e 16.03.241B.460.0 (40.000 A) que figuran na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, e que constitúe o importe global máximo que se destina para estas subvencións. Destas cantidades o 25% achégao a Xunta de Galicia e o 75% a Unión Europea (Fondo Social Europeo).

Consecuentemente con todo o anterior, consultados o Consello Galego de Relacións Laborais, o Consello Galego de Formación Profesional e a Comisión Galega de Formación Profesional Continua, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

1. Esta orde ten por obxecto regular as iniciativas de formación dirixidas a traballadores ocupados da Comunidade Autónoma de Galicia, o seu réxime de funcionamento e financiamento así como a estrutura organizativa e de participación desta formación, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, correspondentes ao exercicio de 2006, xestionadas pola Consellería de Traballo, a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

2. A convocatoria das subvencións previstas nesta orde realizarase mediante réxime de concorrencia competitiva.

Artigo 2º.-Accións subvencionables.

A tipoloxía das accións formativas reguladas nesta orde, que se incluirán nun programa denominado Programa-II (Ocupados), constituído pola súa vez por dous subprogramas, é a seguinte:

II-a.

1. Accións formativas referidas unicamente ás especialidades formativas incluídas no Catálogo Nacional de Especialidades Formativas de Formación Profesional Ocupacional.

2. As especialidades formativas poderán programarse completas, por unidades de competencia ou por módulos formativos no caso de especialidades incluídas polo Instituto de Emprego-Servizo Público de Emprego Estatal na programación modular.

II-b. Accións formativas que poidan considerarse de carácter estratéxico e/ou de carácter experimental que permitan aos seus beneficiarios:

-Adquirir coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios ante a incorporación de tecnoloxías avanzadas, especialmente as derivadas da sociedade da información nos seus postos de traballo.

-Afrontar con éxito, se é o caso, a reconversión do seu posto de traballo, aumentando deste xeito a súa estabilidade no emprego.

-Ampliar as súas posibilidades de promoción profesional.

Artigo 3º.-Entidades beneficiarias.

1. Poderán ser beneficiarios das subvencións para o desenvolvemento dos programas regulados no artigo 2 desta orde:

Subprograma II-a: os centros incluídos no censo de centros colaboradores de formación profesional ocupacional da Consellería de Traballo que teñan homologadas as especialidades solicitadas.

Subprograma II-b: empresas ou agrupacións de empresas, corporacións de dereito público e centros incluídos no subprograma II-a.

2. Non poderán obter a condición de beneficiario ou entidade colaboradora as persoas ou entidades nas que concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

Artigo 4º.-Axudas.

1. Todas as accións formativas incluídas nestes programas serán obxecto de subvención para compensar os custos derivados da súa execución na proporción e contía que se determine nesta orde, sempre que se trate de gastos elixibles e que se xustifiquen de acordo co establecido neste orde e no resto de normativa de aplicación. Exclusivamente nos casos de empresas que formen os seus propios traballadores, estas axudas terán límite de financimento, de acordo co establecido no artigo 7º.1 desta orde.

2. Nas accións formativas dirixidas especificamente a alumnos discapacitados incrementarase o importe total da acción formativa nun 35% co obxecto de financiar o persoal de apoio e a adaptación curricular ou do material didáctico que sexa necesario para garantir a adquisición de competencias por parte destes alumnos.

3. O cobramento destas subvencións será incompatible coa percepción de calquera outra axuda pública da mesma natureza e para a mesma acción.

Artigo 5º.- Destinatarios das accións formativas.

1. En todos os casos terán prioridade para participar nas accións formativas os traballadores ocupados nas pequenas e medianas empresas, os socios traballadores das entidades de economía social, así como os autónomos, residentes todos eles en Galicia.

2. De igual modo, terán prioridade para participar como alumnos:

a) Maiores de 45 anos en sectores nos que se introduzan novas tecnoloxías, empregados de sectores ou zonas en proceso de reconversión.

b) Traballadores con dificultades para o acceso á formación (propietarios e traballadores de microempresas, traballadores de zonas afastadas da oferta formativa).

c) Traballadores das Pemes.

d) Traballadores desfavorecidos:

-Mozos menos de 25 anos cun primeiro contrato de seis meses ou inferior.

-Discapacitados en grao superior ao 33%.

-Reingresados ao mercado de traballo, tras un período de interrupción da súa vida laboral superior a tres anos, durante os seis primeiros meses.

-Maiores de 45 anos con niveis de formación inferiores a bacharelato.

-Reingresados ao mercado laboral, tras un período ininterrompido de doce meses como desempregado, durante os seis primeiros meses.

-Mulleres con independencia do sector produtivo no que se atopen encadradas.

3. As entidades impartidoras deberán acreditar documentalmente que os alumnos están incluídos nalgún dos grupos dos puntos anteriores.

4. O persoal ao servizo das administracións públicas está excluído do ámbito de aplicación desta orde, xa que poderá participar a través dos plans específicos que se promovan de acordo co procedemento que establezan os acordos de formación continua das administracións.

Artigo 6º.-Custos subvencionables.

a) De acordo co que se establece no Regulamento (CE) nº 68/2001, do 12 de xaneiro, da Comisión das Comunidades Europeas, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (CE) ás axudas á formación, e sen prexuízo do establecido no Regulamento (CE) nº 1685/2000, do 28 de xullo, da Comisión, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1260/1999 do Consello no relativo ao financiamento de gastos de operacións cofinanciadas polos Fondos Estruturais, serán subvencionables os seguintes gastos:

-Custos do persoal docente, así como os gastos de desprazamento deste persoal fóra do centro de formación, cando teña lugar por motivos directamente relacionados coa acción formativa. O pagamento aos docentes deberá ser, en todo caso, proporcional ás horas impartidas, tendo en conta o módulo económico da acción formativa.

-Os gastos de transporte necesarios para a realización de viaxes didácticas previstas no programa formativo ou as que sexan apreciadas como necesarias e autorizadas expresamente pola Dirección Xeral de Formación e Colocación.

-Outros gastos correntes tales como materiais e subministracións. Poderanse incluír neste punto o conxunto de gastos non directamente vinculados ao obxecto último pero indispensables para impartir a acción formativa, como gastos de limpeza, auga, electricidade, teléfono, combustibles, seguros e pólizas de responsabilidade civil, publicidade... Poderán incluírse, así mesmo, os gastos de alugueres, tanto de instalacións como de maquinaria.

-A amortización dos instrumentos e equipamentos en proporción á súa utilización exclusiva para o proxecto de formación de que se trate.

-Os custos dos servizos de asesoría en relación coa acción de formación. Poden imputarse neste punto os gastos de asesoría legal como informes xurídicos ou consultas xurídicas; gastos de notaría e rexistros; gastos de asesoramento técnico tales como informes técnicos, peritaxes e taxacións; gastos de asesoramento financeiro como consultoría financeira, así como gastos de xestión e coordinación das accións formativas. As entidades impartidoras non poderán imputar por este concepto un importe superior ao 15 por cento do importe total do orzamento da acción formativa. Estes gastos soamente serán subvencionables se están directamente relacionados e son indispensables para a adecuada preparación e execución da actividade subvencionada.

b) Os custos subvencionables deberán ir acompañados de probas documentais, que deberán ser transparentes e detalladas.

Artigo 7º.-Contía das axudas e subvencións.

1. O importe das axudas recollidas nestes programas que vaian dirixidas ás empresas que formen os seus propios traballadores non poderá exceder dos límites establecidos no Regulamento (CE) número 68/2001, do 12 de xaneiro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas á formación. A intensidade da axudas establecerase de acordo cos seguintes criterios:

a) Formación específica: aquela que inclúe un ensino teórico e práctico aplicable directamente no posto de traballo actual ou futuro do traballador na empresa beneficiaria e que ofrece cualificacións que non son transferibles, ou só de forma moi restrinxida, a outras empresas ou a outros ámbitos laborais.

Non excederá do 25% para grandes empresas.

Non excederá do 35% para pequenas e medianas empresas.

Enténdese por pequenas e medianas empresas as que teñan as seguintes características:

-Menos de 250 traballadores.

-Volume de negocio anual: non exceda os 40 millóns de euros ou o seu balance xeral anual non exceda de 27 millóns de euros.

-Que cumpran criterio de independencia (nas que o 25% ou máis do seu capital ou dos seus dereitos de voto non pertenza a outra empresa, ou conxuntamente

a varias empresas que non respondan á definición de PEME ou de pequena empresa, segundo o caso).

Enténdense por pequenas empresas as que teñan as seguintes características:

-Que empreguen menos de 50 persoas.

-Volume de negocio que non exceda os 7 millóns de euros ou cun balance xeral que non exceda de 5 millóns de euros.

-Que cumpra o criterio de independencia.

Incremento da intensidade.

-10%: empresas situadas en Galicia por ser rexión obxectivo número 1 para a Unión Europea.

b) Formación xeral: aquela que inclúe un ensino que non é único ou principalmente aplicable no posto de traballo actual ou futuro do traballador na empresa beneficiaria, senón que proporciona cualificacións na súa maior parte transferibles a outras empresas ou a outros ámbitos laborais, co que mellora substancialmente a empregabilidade do traballador.

-Non excederá do 50% para grandes empresas (250 ou máis traballadores).

-Non excederá do 70% para pequenas e medianas empresas.

Incremento da intensidade.

-10%: empresas situadas en Galicia por ser rexión obxectivo número 1 para a Unión Europea.

Incrementos adicionais tanto para a formación xeral como específica.

-10% se a formación se dispensa a traballadores desfavorecidos.

c) Casos particulares:

Cando o proxecto de axuda consta de compoñentes de formación xeral e específica que non poidan deslindarse para os efectos do cálculo da intensidade da axuda, e cando non se poida determinar o carácter específico ou xeral do proxecto de axuda á formación serán de aplicación as intensidades aplicables á formación específica.

d) A valoración das solicitudes e a determinación da contía da subvención fixaraa a comisión de valoración, de acordo cos criterios establecidos polo FSE. No caso de existir límite de financiamento, na resolución de concesión especificarase a porcentaxe que se subvenciona, en función dos criterios citados anteriormente.

2. Valoración económica das accións formativas:

1. Os módulos económicos aplicables para efectos de liquidación das subvencións concedidas para o financiamento das accións formativas incluídas nesta orde serán os que a continuación se establecen en función da modalidade de impartición e nivel da formación:

Modalidade de imparticiónNivel de formación

BásicoMedio-superior

Presencial8 euros12 euros

A distancia5 euros

Teleformación6,75 euros

MixtaAplicaranse os módulos anteriores en función das horas de formación presencial e a distancia ou teleformación que teña a acción formativa.

2. Excepcionalmente, e tendo en conta as especiais circunstancias de determinadas especialidades formativas, a Dirección Xeral de Formación e Colocación poderá autorizar, nas accións formativas de carácter presencial, a aprobación dun módulo superior, que en ningún caso poderá superar os 16 A por alumno e hora de formación.

3. Na modalidade de impartición presencial, o módulo de nivel básico aplicarase cando se trate de impartir formación en materias transversais ou xenéricas, que capacita para desenvolver competencias e cualificacións básicas.

4. O módulo de nivel medio-superior aplicarase cando a formación incorpore materias que impliquen especialización e/ou capacite para desenvolver competencias de programación e/ou dirección.

5. O importe das subvencións concretarase no produto das horas da acción formativa polo número de alumnos e polo importe do módulo que se aplique en cada caso, en función dos criterios sinalados nos puntos anteriores.

6. Os beneficiarios de todos os programas regulados nesta orde poderán subcontratar, por unha soa vez, a realización das accións formativas financiadas con cargo a esta convocatoria, tendo en conta que a subcontratación non pode supoñer un aumento do custo de execución da acción formativa. Ademais, os subcontratistas deberán facilitarlles aos organismos de auditoría e control toda a información necesaria relativa ás accións subcontratadas. No caso de accións formativas subcontratadas, a solicitude de calquera modificación respecto da execución das accións concedidas deberá ser efectuada pola entidade adxudicataria. Esta subcontratación poderá chegar ata o 100% da acción formativa.

Artigo 8º.-Obrigas das entidades beneficiarias.

As entidades beneficiarias das axudas deberán:

1. Requirir de cada alumno, no momento da súa incorporación, a seguinte documentación, que deberá arquivarse separadamente por cada acción formativa:

-Copia simple do DNI.

-Ficha individual.

2. Remitir á Dirección Xeral de Formación e Colocación e á delegación provincial correspondente:

a) Como mínimo cinco días antes do inicio da acción formativa:

-As datas de inicio e remate e o horario de impartición.

-A planificación temporal dos módulos da acción formativa.

-O enderezo completo do lugar de impartición.

-A relación nominal dos docentes especificando os seus DNI.

b) O día de inicio de cada acción formativa:

-Certificación xustificativa do seu comezo e, de ser o caso, das modificacións producidas respecto dos datos sinalados no punto anterior.

3. Enviar á Dirección Xeral de Formación e Colocación:

a) Dentro dos 10 días seguintes ao inicio da acción formativa, a seguinte documentación:

Informaticamente.

-Ficha de inicio que se cubrirá na aplicación informática SIFO na epígrafe de seguimento de cursos.

Documentalmente.

-Relación nominal dos alumnos, especificando número do DNI.

-Copia simple dos seus DNI.

-Copia da póliza de seguros contratado co xustificante do seu aboamento, de ser o caso.

A entidade impartidora arquivará unha copia desta documentación separadamente por cada acción formativa.

b) Mensualmente:

-Fotocopia do parte de asistencia, que poderá xerarse no SIFO unha vez cuberta a información necesaria, agás nas accións formativas de teleformación e a distancia.

5. Expoñer no taboleiro de anuncios do centro o programa completo da acción formativa temporizado por módulos, os dereitos e deberes dos alumnos e da entidade impartidora, así como a relación dos docentes e o horario. No anuncio farase referencia expresa aos organismos cofinanciadores da acción formativa, así como á porcentaxe que cofinancia cada un deles. Nas accións formativas da modalidade teleformación e a distancia esta información tamén debe estar dispoñible na plataforma ou, no caso da modalidade a distancia, na guía didáctica enviada co material do curso.

6. Aboarlles mensualmente aos docentes a súa remuneración. Non exime desta obriga o feito de que a entidade impartidora non percibise os anticipos previstos nesta orde.

7. Someterse ás actuacións de supervisión e control que, en calquera momento, poidan acordar os servizos competentes da Consellería de Traballo, tanto no relativo ao desenvolvemento das accións formativas como á súa xestión e tramitación administrativa.

8. Contratar un seguro de accidentes para os alumnos, que cubra tanto os riscos que poidan ter durante o desenvolvemento da acción formativa, como os do traxecto ao lugar de impartición das clases e das prácticas. A súa duración abranguerá estritamente o período da acción formativa, incluíndo expresamente as prácticas en empresas cando estas se realicen, sen que poida admitirse restrición nin exclusión ningunha por razón do medio de transporte utilizado. Esta obriga rexerá exclusivamente na parte presencial cando a acción formativa se desenvolva fóra da propia empresa. Quedan excluídos desta obri

ga as accións formativas impartidas nas modalidades de teleformación e a distancia.

A cobertura mínima deste seguro será a seguinte:

-No caso de morte: 36.000 A.

-No caso de invalidez permanente: 42.000 A.

-Asistencia médico farmacéutica: durante un ano a partir do sinistro.

9. Cando se realicen prácticas en empresas ou outras actividades relacionadas coa acción formativa, que deberán ser autorizadas polo director xeral de Formación e Colocación cando non figuren no programa formativo, contratar unha póliza de responsabilidade civil para facer fronte aos riscos que poidan derivarse da súa realización para os bens e as persoas.

10. Velar por que todos os alumnos dunha acción formativa reciban a mesma formación, así como o mesmo número de horas tanto teóricas como prácticas, independentemente de que a parte práctica teña lugar no propio centro ou en centros de traballo.

11. Comunicarlle á Dirección Xeral de Formación e Colocación calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente a execución das accións formativas programadas, no prazo de cinco días desde que se produza.

12. Solicitar á Dirección Xeral de Formación e Colocación, con cinco días de antelación, autorización para realizar calquera modificación substancial no desenvolvemento das accións formativas.

13. Aceptarlle as modificacións que, de ser o caso, introduza o órgano encargado da resolución dos expedientes en relación cos termos de impartición sinalados na solicitude.

14. Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas, polo Consello de Contas ou polo órgano competente da Unión Europea, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

15. Incluír en toda a documentación relativa á acción formativa o logotipo da Unión Europea (Fondo Social Europeo) e da Xunta de Galicia (Consellería de Traballo).

16. Informar os alumnos do cofinanciamento das accións formativas por parte do Fondo Social Europeo, así como dos obxectivos destes fondos.

17. Financiar os gastos que excedan dos límites da intensidade permitida no Regulamento (CE) 68/2001, do 12 do xaneiro, da Comisión, cando sexan de aplicación.

Artigo 9º.-Incumprimento de obrigas e reintegro.

Cando se produza incumprimento de calquera das obrigas previstas nesta orde ou se dea calquera dos supostos previstos no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, procederá o reintegro total ou parcial da

axuda concedida, nos termos e coas condicións sinalados na citada lei.

Artigo 10º.-Pagamento e liquidación das subvencións.

A. Documentación que hai que presentar.

-As entidades beneficiarias deberán enviarlle á Dirección Xeral de Formación e Colocación, dentro dos 15 días seguintes ao remate da acción formativa, a xustificación dos custos inherentes a el, a través da seguinte documentación, que deberá presentarse por cada acción formativa selada e asinada:

-Cubrir a ficha SIFO de finalización.

-Solicitude de liquidación final.

-Relación de facturas.

-Orixinal ou fotocopia compulsada de todas as facturas, nóminas e xustificantes de pagamento de todos os gastos imputables á acción formativa.

-Certificación dos gastos.

-Declaración complementaria do conxunto de todas as axudas solicitadas (aprobadas, concedidas ou pendentes de resolución), para a mesma acción formativa, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

-Unha memoria final de actividades na que se faga constar, segundo os casos, unha descrición detallada da execución da acción formativa e dos colectivos atendidos.

-As entidades beneficiarias das axudas reguladas nesta orde deberán acreditar, con independencia da súa contía e antes de proceder ao cobramento das subvencións, que están ao día nas súas obrigas tributarias e sociais e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Todo isto sen prexuízo das excepcións recollidas na lei anual de orzamentos.

-Os custos das accións formativas amparadas por esta orde só poderán imputarse a partir da data de concesión da subvención.

B. Sistemas de pagamento.

1. O aboamento da subvención farase efectivo da seguinte forma:

a) Ata o 50 por 100 do total do orzamento de gastos de cada acción formativa, en concepto de anticipo, no momento en que a Dirección Xeral de Formación e Colocación reciba comunicación da entidade impartidora na que se notifique o inicio de cada acción formativa, así como a documentación sinalada neste artigo, de ser o caso. Cando se trate de corporacións locais a porcentaxe máxima dos anticipos será do 35% da subvención concedida.

b) O importe restante, unha vez rematadas todas as accións formativas e xustificados os gastos realmente efectuados en cada unha.

c) Poderán acordarse pagamentos parciais á conta da liquidación definitiva a medida que o beneficiario xustifique os libramentos anteriores, que nunca serán superiores ao 80% da subvención concedida.

d) Poderanse aboar anticipos de ata o 50% da subvención concedida, unha vez que a entidade acredite o inicio da primeira das accións formativas, sempre que se constitúa garantía a favor da Consellería de Traballo (Xunta de Galicia), nos termos e condicións sinalados no artigo 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. Cando se trate de corporacións locais a porcentaxe máxima dos anticipos será do 35% da subvención concedida.

2. No caso de que non inicien a acción formativa o total dos alumnos para os que se aprobou, ratearase o importe a aboar ata o número máis alto de alumnos acadado no seu primeiro cuarto.

3. Revisada a xustificación efectuada polas entidades beneficiarias e sempre que esta se axuste ao disposto nesta orde ou na súa normativa de desenvolvemento, o Servizo de Xestión Administrativa de Formación Ocupacional e Continua da Dirección Xeral de Formación e Colocación, emitirá certificación para poder facer efectiva a correspondente liquidación da axuda concedida.

Artigo 11º.-Seguimento e control das accións formativas.

1. Para verificar o cumprimento do disposto nesta orde, a Dirección Xeral de Formación e Colocación, as delegacións provinciais ou o persoal que se contrate para o efecto aplicarán un sistema de seguimento e control, que consistirá na realización de visitas ás accións formativas aprobadas e enquisas a alumnos e docentes, e emitirase un informe respecto do progreso da acción e do seu grao de execución en cada momento.

2. Cando nunha acción formativa se detecte a existencia de irregularidades ou deficiencias que non puidesen ser emendadas no prazo concedido para o efecto, e que incidan negativamente na súa calidade docente, procederase á súa cancelación por resolución motivada do órgano competente para a súa concesión.

Capítulo II

Das accións formativas

Artigo 12º.-Remate e xustificación das accións formativas.

A data límite para o remate e xustificación das accións formativas será, como norma xeral, o 30 de novembro de 2006. Excepcionalmente, por causas xustificadas, logo de solicitude do interesado, e sempre precedendo autorización do director xeral de Formación e Colocación, as accións formativas reguladas nesta orde poderán rematar con posterioridade a esa data, sempre dentro do ano 2006.

Artigo 13º.-Selección de alumnos.

1. Como norma xeral, a selección dos alumnos participantes nas accións formativas realizaraa a entidade adxudicataria a través de convocatoria pública, que deberá publicarse, como mínimo, nun dos xornais de maior tiraxe da provincia correspondente. No anuncio en prensa os logotipos deberán figurar coa seguinte distribución: na parte superior esquerda o da Xunta de Galicia, na parte superior dereita o da Unión Europea (Fondo Social Europeo), e na parte inferior dereita o do centro impartidor.

2. Excepcionalmente, por razón da peculiaridade do colectivo ao que se dirixe a acción formativa a entidade poderá seleccionar directamente os alumnos, logo de autorización do director xeral de Formación e Colocación.

3. Nas accións formativas nas que, a pesar de que se intentase completar o número de alumnos, diminúa o número de participantes ata unha cantidade inferior ao 50 por 100 do número programado, poderán ser canceladas pola Consellería de Traballo. En caso de cancelación, a entidade terá dereito a unha indemnización, que será proposta pola comisión de valoración prevista no artigo 17º e aprobada polo conselleiro de Traballo, calculada de acordo co principio de proporcionalidade.

4. Os alumnos que resulten seleccionados para unha acción formativa poderán asistir simultaneamente a outra incluída dentro da programación recollida nesta orde sempre que haxa total compatibilidade horaria entre elas. Salvo autorización expresa do director xeral de Formación e Colocación, por causas excepcionais debidamente xustificadas, os alumnos non poderán causar baixa nunha para acceder a outra dentro desa programación.

5. No caso de que se produzan baixas durante o desenvolvemento da acción formativa, as entidades impartidoras poderán incorporar alumnos dentro do seu primeiro cuarto.

Artigo 14º.-Dereitos e deberes dos alumnos.

1. A formación será gratuíta en todo caso para todos os alumnos das accións formativas incluídas nesta orde. As entidades impartidoras poderán recibir outras achegas que non poderán ter en ningún caso carácter público.

2. Terán a obriga de asistir e/ou seguir con aproveitamento as accións formativas, e de facilitar a documentación que lles sexa solicitada pola entidade impartidora. No caso de que as faltas de asistencia sen xustificar dalgún alumno superen o 25% das horas lectivas, poderá ser dado de baixa na acción formativa.

3. Os alumnos que rematen as accións formativas con aproveitamento, e asistisen ou realizasen como mínimo o 75% das súas horas lectivas, recibirán un diploma que será xerado na Dirección Xeral de Formación e Colocación.

4. Os alumnos que non teñan dereito a diploma poderán recibir, se o solicitan, unha certificación polas horas e módulos aos que asistisen.

Artigo 15º.-Modalidades de impartición das accións formativas.

1. As accións formativas poderán ser presenciais, a distancia convencional, teleformación ou mixtas. Cando as accións formativas inclúan, en todo ou en parte, formación a distancia, esta deberá realizarse con soportes didácticos que supoñan un proceso de aprendizaxe sistematizada para o participante, que necesariamente será complementado con asistencia titorial.

A modalidade de teleformación entenderase aplicada cando o proceso de aprendizaxe das accións formativas se desenvolva co apoio de tecnoloxías de información e comunicación en liña (teleformación).

2. As acciones formativas presenciais poderán organizarse en grupos cun máximo de 25 participantes. Nas acciones de formación a distancia (incluídas as desenvolvidas mediante teleformación) disporase, como mínimo, dun titor por cada 80 participantes. Nas accións mixtas respectaranse os citados límites, segundo a respectiva modalidade formativa.

3. As accións formativas non poderán ter en ningún caso unha duración inferior a 10 horas e a participación dun traballador en accións formativas non poderá superar unha duración de 8 horas diarias.

4. En todo caso, no anexo II da solicitude deberá especificarse expresamente a modalidade pola que optan, e, se é mixta, indicarán as horas de cada unha delas.

5. Nas modalidades a distancia convencional, en teleformación e na parte a distancia da modalidade mixta o sistema de impartición deberá incluír evidencias necesarias para comprobar que os alumnos reciben a formación impartida.

Capítulo III

Da convocatoria pública

Artigo 16º.-Solicitudes.

1. As entidades que desexen colaborar na impartición das accións formativas previstas nesta orde deberán formalizar a correspondente solicitude no modelo normalizado que se publica como anexo I a esta orde, e que se subministrará nas delegacións provinciais da consellería, na Dirección Xeral de Formación e Colocación ou en calquera das oficinas administrativas de Información ao Cidadán, subscrita polo titular ou representante legal da entidade debidamente acreditado e deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da representatividade suficiente para asinar a solicitude.

b) Subprograma II-b, licenza municipal de apertura dos locais onde se vai impartir a acción formativa. No seu defecto, este documento poderá ser substituído por algún dos seguintes:

-Centros de titularidade municipal: certificación do secretario municipal no que se acredite que os

lugares de impartición dos cursos son aptos para esta finalidade.

-Entidades privadas: declaración responsable do seu representante legal no que se faga constar esta circunstancia (deberá axustarse ao anexo III desta orde).

-Entidades públicas (centros de formación, centros sanitarios, etc.): calquera outro documento que acredite a súa idoneidade para impartir formación.

c) Unha ficha por cada unha das accións formativas no modelo normalizado segundo o anexo II.

d) Suprograma II-b: unha memoria-proxecto na que se fará referencia, polo menos, aos seguintes extremos:

-Descrición da acción formativa, na que se especificará o programa formativo curricular así como a xustificación do carácter experimental do programa.

-Xustificación documental da experiencia da entidade solicitante na impartición de accións formativas de semellante natureza, de ser o caso.

e) Declaración de conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma acción formativa, das distintas administracións públicas competentes.

f) Declaración responsable de non estar incurso en supostos de prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións (anexo IV).

g) Acreditación documental de estar ao día nas obrigas tributarias e sociais e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, agás as entidades eximidas deste requisito pola Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

2. As solicitudes dirixiranse ao conselleiro de Traballo e poderán presentarse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. A presentación da solicitude de concesión de axudas ou subvencións polo interesado comportará a autorización á Consellería de Traballo para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.

4. As entidades que soliciten accións formativas incluídas nos dous programas regulados nesta orde deberán formalizar unha solicitude independente para cada un deles.

Artigo 17º.-Prazo.

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o seguinte ao da publicación desta orde.

2. No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria ou de que a documentación achegada conteña erros ou sexa

insuficiente requirirase o solicitante para que, nun prazo de 10 días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fai así, se considerará desistido da súa solicitude, logo de resolución que así o declare.

Artigo 18º.-Instrución do procedemento.

1. O órgano instrutor do procedemento é a Dirección Xeral de Formación e Colocación.

2. O procedemento que se seguirá na tramitación e instrución dos expedientes será o establecido no Decreto 287/2000, do 21 de decembro, coas concrecións que se establecen nos seguintes puntos.

3. A comisión de valoración analizará toda a documentación achegada polas entidades solicitantes, emitirá informe sobre os expedientes aplicando a valoración establecida pola Administración e a Comisión Galega de Formación Profesional Continua, así como os criterios do Fondo Social Europeo; terá en conta, así mesmo, os límites establecidos no Regulamento (CE) nº 68/2001, do 12 de xaneiro, da Comisión, que regula a aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas á formación, cando sexa de aplicación.

4. Unha vez informados os expedientes pola comisión de valoración, serán analizados pola Comisión Galega de Formación Continua, que emitirá informe.

5. A comisión de valoración, tendo en conta os criterios recollidos neste artigo, elevará a proposta de resolución ao órgano competente para resolver.

6. Para os efectos previstos neste artigo, a comisión de valoración estará composta pola subdirectora xeral de Formación Ocupacional, que a presidirá, e serán vogais os xefes dos servizos de Xestión Administrativa e de Planificación de Formación Ocupacional e Continua, actuando este último como secretario, e dous técnicos da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

7. A comisión de valoración, para avaliar as solicitudes, establecerá a orde de prelación e formulará a proposta de resolución, terá en conta os seguintes criterios:

Subprograma II-a.

a) Pertenza a calquera dos colectivos preferentes recollidos no artigo 5º: 5 puntos.

b) Accións formativas avaladas por necesidades documentadas de sectores produtivos ou por estudos elaborados polo Observatorio Ocupacional da Dirección Xeral de Formación e Colocación e por outros observatorios do mercado de traballo: 5 puntos.

Subprograma II-b.

a) O carácter estratéxico do proxecto respecto do tecido produtivo de Galicia: 3 puntos.

b) O carácter xeral da formación, de xeito que inclúa un ensino que non sexa único ou principalmente aplicable no posto de traballo actual ou futuro do traballador na empresa beneficiaria, senón que proporcione cualificacións na súa maior parte transferibles a outras empresas ou a outros ámbitos labo

rais, mellorando substancialmente a empregabilidade do traballador: 3 puntos.

c) O carácter preventivo do proxecto na medida que atenda colectivos en reestruturación, é dicir, en risco de perda de emprego: 2 puntos.

d) A inclusión das accións formativas solicitadas no sistema de cualificacións, en concreto, a súa relación cos certificados de profesionalidade xa publicados: 1 punto.

e) A experiencia da entidade solicitante no desenvolvemento de accións formativas de semellante natureza: 1 punto.

Artigo 19º.-Resolución.

1. A resolución dos expedientes de axudas, unha vez emitido informe pola comisión de valoración, e fiscalizada a proposta pola Intervención Delegada, corresponderalle ao conselleiro de Traballo, e deberá ser notificada aos interesados no prazo de 10 días desde que se produzan. As entidades deberán acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, de acordo co establecido no artigo 14.1º c) da Lei 38/2003, do 17 de novembro. Todo isto sen prexuízo das excepcións que estableza a Lei de orzamentos para 2006.

2. As axudas previstas nesta orde poderán materializarse a través de convenios de colaboración subscritos pola consellería con cada unha das entidades beneficiarias.

3. A resolución dos expedientes deberá producirse no prazo de tres meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde. Transcorrido o citado prazo sen que recaese resolución expresa, os interesados entenderán desestimada a súa solicitude.

4. Contra as resolucións ditadas ao amparo desta orde, que esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora desta xurisdición.

5. Non obstante, poderase optar por interpor contra estas resolucións recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non caberá interpor o recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposicións adicionais

Primeira.-A realización das accións de formación previstas nesta orde e a conseguinte concesión de subvencións estará supeditada á existencia de crédito suficiente nos programas 16.03.241B 440.0,

16.03.241B 470.2, 16.03.241B 482.0 e 16.03.241B.460.0 que figuran nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

Segunda.-Se, por calquera causa, cando a comisión de valoración teña que examinar as solicitudes, algún dos seus compoñentes non puidese asistir, será substituído pola persoa que para o efecto designe o director xeral de Formación e Colocación.

Terceira.-Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das subvencións reguladas nesta orde, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación das resolucións de concesión.

Cuarta.-En todo o non previsto nesta orde, será de aplicación o establecido na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no que sexa de aplicación, quedando os beneficiarios das axudas reguladas nesta orde suxeitos ao réxime disciplinario previsto nas citadas disposicións.

Quinta.-As axudas recollidas nesta orde estarán suxeitas ao que dispón o Regulamento (CE) nº 68/2001, do 12 de xaneiro, da Comisión, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas á formación, publicado no Diario Oficial das Comunidades Europeas do 13 de xaneiro de 2001.

Sexta.-Poderán efectuarse resolucións complementarias cando existan fondos provenientes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas, de incrementos das cantidades asignadas á comunidade autónoma ou doutros remanentes dos módulos. Neste caso, agás que se acuda a unha convocatoria complementaria, non poderán terse en conta outras solicitudes nin outras homologacións distintas das tidas en conta para a resolución inicial.

Sétima.-Apróbase a delegación de atribucións do conselleiro de Traballo no director xeral de Formación e Colocación para a autorización, disposición, recoñecemento da obriga e proposta de pagamento das subvencións reguladas nesta orde, así como para ditar as correspondentes resolucións de concesión.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Formación e Colocación para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e execución desta disposición.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2006.

Ricardo Jacinto Varela Sánchez

Conselleiro de Traballo