DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2006 Páx. 3.606

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 41/2006, do 16 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 204/2005, do 14 de xullo, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario para o curso 2005/2006.

A homologación e validación dos títulos estranxeiros de educación superior vén regulada polo Real decreto 285/2004, do 20 de febreiro, recentemente modificado polo Real decreto 309/2005, do 18 de marzo. A competencia para instruír e resolver os expedientes de homologación foi asignada ao Ministerio de Educación e Ciencia; non obstante, este último real decreto introduciu algunhas modificacións significativas, entre as que cabe destacar a atribución de competencia para homologar a títulos e graos académicos de posgrao aos reitores das universidades.

O Real decreto 56/2005, do 21 de xaneiro, polo que se regulan os estudos universitarios oficiais de posgrao, establece como tales, o máster e o doutoramento, polo que será competencia dos reitores das universidades do sistema universitario de Galicia ditar unha resolución expresa sobre os expedientes de homologación que se tramiten nas universidades galegas.

Como consecuencia, é necesario establecer un novo prezo público dedicado á solicitude de homologación ao título/grao español de doutor.

Por todo o que antecede, en virtude das atribucións que me confire a Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Universidades e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaseis de febreiro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modificación do Decreto 204/2005, do 14 de xullo, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario para o curso 2005/2006.

Engádese un novo prezo no anexo do Decreto 204/2005, na «Tarifa segunda. Avaliación e probas», coa seguinte redacción:

11. Homologación ao título/grao español de doutor: 99 A.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de febreiro de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria