DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2006 Páx. 3.355

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

ORDE do 24 de febreiro de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas experimentais e complementarias do Plan FIP dirixidas a desempregados cofinanciadas polo Fondo Social Europeo na Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio de 2006.

Polo Decreto 69/1993, do 10 de marzo, a Comunidade Autónoma de Galicia asume as funcións e servizos transferidos pola Administración do Estado en materia de formación profesional ocupacional.

O Decreto 536/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo atribúelle a esta, a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación, o exercicio das competencias e funcións, entre outras materias, relativas á formación profesional ocupacional; o Decreto 287/2000, do 21 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que a concesión de axudas e subvencións se axustará aos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade, en aplicación do disposto no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, aos que se axusta esta disposición.

A Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvecións, regula os requisitos de concesión e xustificación das subvencións concedidas na Administración do Estado. Nesta lei recóllense artigos que teñen carácter básico, polo que son de aplicación á normativa desta comunidade autónoma, e, consecuentemente a esta orde de convocatoria.

O Regulamento (CE) nº 1784/1999, do 12 de xullo, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo Social Europeo, polo que se aproban as disposicións de aplicación relativas ao Fondo Social Europeo, sinala que o Fondo apoiará e complementará as actividades dos estados membros destinadas ao desenvolvemento do mercado de traballo e dos recursos humanos, entre outras, nas políticas de fomento e mellora da formación profesional e da formación en xeral. Así mesmo, o Regulamento (CE) nº 68/2001, do 12 de xaneiro, da Comisión, regula a aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas á formación.

O obxecto desta orde é a regulación das accións formativas de carácter experimental e complementario respecto do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional (Plan FIP), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo. Neste sentido, a regulación do Plan FIP, que conta cun catálogo preestablecido de especialidades homologadas, pode deixar sen atender especialidades formativas de especial interese, tanto desde o punto de vista do colectivo que atenden como dos sectores produtivos aos que se dirixen.

O financiamento das axudas previstas nesta orde de convocatoria farase con cargo aos créditos dos programas 16.03.241B 440.0 (209.424 A), 16.03.241B 470.0 (342.424 A), 16.03.241B 460.0 (100.000 A) e 16.03.241B 480.0 (591.036 A) que figuran na Lei de orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2006, e que constitúe o importe global máximo que

se destina para estas subvencións. Destas cantidades, o 70% achégao o Fondo Social Europeo e o 30% a Administración autonómica.

Consecuentemente con todo o anterior, consultados o Consello Galego de Relacións Laborais e o Consello Galego de Formación Profesional, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

1. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto a convocatoria pública como a execución de accións formativas experimentais e complementarias do Plan FIP dirixidas a desempregados, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, correspondentes ao exercicio de 2006, xestionadas pola Consellería de Traballo, a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

2. A convocatoria das subvencións previstas nesta orde, agás as reguladas no artigo 2.I-a (compromisos de contratación), realizarase mediante réxime de concorrencia competitiva.

Artigo 2º.-Accións subvencionables.

As accións formativas reguladas nesta orde están incluídas no seguinte programa:

Accións formativas dirixidas a desempregados inscritos no Servizo Público de Emprego con data anterior á súa incorporación á acción formativa, que se agrupan en tres subprogramas:

I-a.-Proxectos formativos con compromiso de contratación dos alumnos que, polas súas especiais características, non se axusten aos requisitos exixidos no Plan FIP. As entidades incluídas neste punto deberán comprometerse a contratar polo menos o 60% do número de alumnos para os que se aprobou a acción formativa, por un período mínimo de seis meses a xornada completa, ou tempo equivalente se a contratación non é a xornada completa. No caso de que o proxecto formativo se dirixa exclusivamente a colectivos desfavorecidos: persoas con discapacidade, parados de longa duración, maiores de 40 anos que leven máis dun ano en paro, desempregados que accedan ao primeiro emprego, ou mulleres en sectores nas que estean subrepresentadas a exixencia de contratación poderá reducirse ao 40%. A contratación en calquera dos casos deberá producirse antes do 28 de febreiro de 2007, e o seu tempo mínimo computarase exclusivamente nos 12 meses seguintes á data do primeiro contrato.

I-b.-Cursos de posgrao e cursos organizados por escolas de especialización profesional das universidades galegas, así como daquelas entidades expresamente vinculadas á relación universidade/empresa, dirixidos á mellora da empregabilidade dos titulados universitarios, que teñan carácter ocupacional e sexan útiles para a mellora da inserción laboral dos posgraduados.

I-c.-Accións de carácter experimental que non teñan cabida no Plan FIP e que melloren a empregabilidade dos destinatarios, sempre que haxa expectativas razoables de inserción laboral dos alumnos participantes e as accións que se realicen sexan preferentemente as relativas aos novos filóns de emprego (calidade, ambiente e novas tecnoloxías da comunicación e da información).

Artigo 3º.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios das subvencións para o desenvolvemento do programa regulado no artigo 2 desta orde:

Subprograma I-a: empresas, agrupacións de empresas e entidades sen ánimo de lucro.

Subprograma I-b: as universidades galegas, así como entidades expresamente vinculadas á relación universidade/empresa.

Subprograma I-c: empresas, agrupacións de empresas, entidades sen ánimo de lucro, entidades locais e corporacións de dereito público.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarios ou entidades colaboradoras as persoas ou entidades nas que concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

Artigo 4º.-Axudas.

1. Todas as accións formativas incluídas nestes subprogramas serán obxecto de subvención para compensar os custos derivados da súa execución na proporción e contía que se determine nesta orde, sempre que se trate de gastos elixibles e que se xustifiquen de acordo co establecido nesta orde e no resto de normativa de aplicación.

2. Nas accións formativas dirixidas especificamente a alumnos discapacitados incrementarase o importe da subvención nun 35% co obxecto de financiar o persoal de apoio e a adaptación curricular ou do material didáctico que sexa necesario para garantir a adquisición de competencias por parte destes alumnos.

3. O cobramento destas subvencións será incompatible coa percepción de calquera outra axuda pública da mesma natureza e para a mesma acción.

Artigo 5º.-Custos subvencionables.

a) De acordo co que se establece no Regulamento (CE) nº 68/2001, do 12 de xaneiro, da Comisión das Comunidades Europeas, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (CE) ás axudas á formación, e sen prexuízo do establecido no Regulamento (CE) nº 1685/2000, do 28 de xullo, da Comisión, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1260/1999 do Consello no relativo ao financiamento de gastos de operacións cofinanciadas polos Fondos Estruturais, serán subvencionables os seguintes gastos:

-Custos dos docentes, así como os gastos de desprazamento deste persoal.

-Os gastos de desprazamento dos beneficiarios da formación. A entidade impartidora terá a obriga de compensar os gastos por este concepto a todos os alumnos que xustifiquen documentalmente que foron efectivamente realizados. Esta xustificación realizarase mediante os correspondentes billetes do medio de transporte utilizado ou, no caso de utilización de vehículo par

ticular, a través de nota de cargo. Ningún alumno poderá cobrar por este concepto máis de 130 A ao mes.

-Gastos de transporte necesarios para a realización de viaxes didácticas previstas no programa formativo ou as que sexan apreciadas como necesarias e autorizadas expresamente pola Dirección Xeral de Formación e Colocación.

-Outros gastos correntes tales como materiais e subministracións. Poderanse incluír neste punto o conxunto de gastos non directamente vinculados ao obxecto último da acción formativa pero indispensables para impartila, como gastos de limpeza, auga, electricidade, teléfono, combustibles... Poderán incluírse, así mesmo, os gastos de alugueres, tanto de instalacións como de maquinaria.

-A amortización dos instrumentos e equipos en proporción á súa utilización exclusiva para o proxecto de formación de que se trate.

-Os custos dos servizos de asesoría en relación coa acción de formación. Poden imputarse neste punto os gastos de asesoría legal como informes xurídicos ou consultas xurídicas; gastos de notaría e rexistros; gastos de asesoramento técnico tales como informes técnicos, peritaxes e taxacións; gastos de asesoramento financeiro como consultoría financeira, así como gastos de coordinación das accións formativas. As entidades impartidoras non poderán imputar por este concepto un importe superior ao 15 por cento do importe total do orzamento da acción formativa. Estes gastos soamente serán subvencionables se están directamente relacionados e son indispensables para a adecuada preparación e execución da actividade subvencionada.

b) Os custos subvencionables deberán ir acompañados de probas documentais, que deberán ser transparentes e detalladas.

Artigo 6º.-Módulos económicos.

1. Os módulos económicos aplicables para efectos de liquidación das subvencións concedidas para o financiamento das accións formativas incluídas nesta orde serán os que a continuación se establecen en función da modalidade de impartición e nivel da formación:

2. Excepcionalmente, e tendo en conta as especiais circunstancias de determinadas especialidades formativas, a Dirección Xeral de Formación e Colocación poderá autorizar, nas accións formativas de carácter presencial, a aprobación dun módulo superior que, en ningún caso, poderá superar os 16 A por alumno e hora de formación.

3. Na modalidade de impartición presencial, o módulo de nivel básico aplicarase cando se trate de impartir formación en materias transversais ou xené

ricas, que capacita para desenvolver competencias e cualificacións básicas.

4. O módulo de nivel medio-superior aplicarase cando a formación incorpore materias que impliquen especialización e/ou capacite para desenvolver competencias de programación e/ou dirección.

5. O importe das subvencións concretarase no produto das horas da acción formativa polo número de alumnos e polo importe do módulo que se aplique, en cada caso, en función dos criterios sinalados nos puntos anteriores.

6. Os beneficiarios de todos os programas regulados nesta orde poderán subcontratar, por unha soa vez, a realización das accións formativas financiadas con cargo a esta convocatoria, tendo en conta que a subcontratación non pode supoñer un aumento do custo de execución da acción formativa. Ademais, os subcontratistas deberán facilitar aos organismos de auditoría e control toda a información necesaria relativa ás accións subcontratadas. No caso de accións formativas subcontratadas, a solicitude de calquera modificación respecto da execución das accións concedidas deberá ser efectuada pola entidade adxudicataria. Esta subcontratación poderá chegar ata o 100% da acción formativa.

Artigo 7º.-Obrigas das entidades beneficiarias.

As entidades beneficiarias das axudas deberán:

1. Requirir de cada alumno, no momento da súa incorporación, a seguinte documentación, que deberá arquivarse separadamente por cada acción formativa:

-Copia simple do DNI.

-Ficha individual.

2. Remitirlle á Dirección Xeral de Formación e Colocación e á delegación provincial correspondente:

a) Como mínimo cinco días antes do inicio da acción formativa:

-As datas de inicio e remate e o horario de impartición.

-A planificación temporal dos módulos da acción formativa.

-O enderezo completo do lugar de impartición.

-A relación nominal dos docentes especificando os seus DNI.

b) O día de inicio de cada acción formativa:

-Certificación xustificativa do seu comezo e, de ser o caso, das modificacións producidas respecto dos datos sinalados no punto anterior.

3. Enviarlle á Dirección Xeral de Formación e Colocación:

a) Dentro dos 10 días seguintes ao inicio da acción formativa, a seguinte documentación:

Informaticamente.

-Ficha de inicio que se cubrirá na aplicación informática SIFO no punto de seguimento de cursos.

Documentalmente.

-Relación nominal dos alumnos, especificando número do DNI.

-Copia simple dos seus DNI.

-Copia da póliza de seguros contratado co xustificante do seu aboamento, de ser o caso.

A entidade impartidora arquivará unha copia desta documentación separadamente por cada acción formativa.

b) Mensualmente:

-Fotocopia do parte de asistencia, que poderá xerarse no SIFO unha vez cuberta a información necesaria.

4. Expoñer no taboleiro de anuncios do centro o programa completo da acción formativa temporizado por módulos, os dereitos e deberes dos alumnos e dos centros colaboradores, así como a relación dos docentes e o horario da acción formativa. No anuncio farase referencia expresa aos organismos cofinanciadores da acción formativa.

5. Aboar mensualmente aos alumnos as axudas ás que teñan dereito, así como aos profesores a súa remuneración. Non exime desta obriga o feito de que a entidade impartidora non percibise os anticipos previstos nesta orde.

6. Someterse ás actuacións de supervisión e control que, en calquera momento, poidan acordar os servizos competentes da Consellería de Traballo, tanto no relativo ao desenvolvemento das accións formativas como á súa xestión e tramitación administrativa.

7. Contratar un seguro de accidentes para os alumnos, que cubra tanto os riscos que poidan ter durante o desenvolvemento da acción formativa, coma os do traxecto ao lugar de impartición das clases e das prácticas. A súa duración abranguerá estritamente o período da acción formativa, incluíndo expresamente as prácticas en empresas cando estas se realicen, sen que poida admitirse restrición nin exclusión ningunha por razón do medio de transporte utilizado. Esta obriga rexerá exclusivamente para as accións formativas de carácter presencial, así como para a parte presencial das mixtas.

A cobertura mínima deste seguro será a seguinte:

-En caso de morte: 36.000 A.

-En caso de invalidez permanente: 42.000 A.

-Asistencia médico-farmacéutica: durante un ano a partir do sinistro.

8. Cando se realicen prácticas en empresas ou outras actividades relacionadas coa acción formativa, contratar unha póliza de responsabilidade civil para facer fronte aos riscos que poidan derivarse da súa realización para os bens e as persoas. A realización destas prácticas ou actividades deberán ser autorizada polo director xeral de Formación e Colocación cando non figuren no programa formativo presentado pola entidade.

9. Velar por que todos os alumnos dunha acción formativa reciban a mesma formación, así como o mesmo número de horas tanto teóricas como prácticas, independentemente de que a parte práctica teña lugar no propio centro ou en centros de traballo.

10. Comunicarlles ás delegacións provinciais da Consellería de Traballo calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente á

execución das accións formativas programadas, no prazo de cinco días desde que se produza.

11. Solicitar á Dirección Xeral de Formación e Colocación, con cinco días de antelación, autorización para realizar calquera modificación no desenvolvemento das accións formativas.

12. Aceptar as modificacións que, de ser o caso, introduza o órgano encargado da resolución dos expedientes en relación cos termos de impartición sinalados na solicitude.

13. Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas, polo Consello de Contas ou polo órgano competente da Unión Europea, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

14. Incluír en toda a documentación relativa á acción formativa o logotipo da Unión Europea (Fondo Social Europeo) e da Xunta de Galicia (Consellería de Traballo).

15. Informar os alumnos do cofinanciamento das accións formativas por parte da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo, así como dos obxectivos destes fondos.

Artigo 8º.-Incumprimento de obrigas e reintegro.

1. Cando se produza incumprimento de calquera das obrigas previstas nesta orde ou se dea calquera dos supostos previstos no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, procederá o reintegro total ou parcial da axuda concedida, nos termos e coas condicións sinalados na citada lei.

2. Nos proxectos formativos con compromiso de contratación regulados no artigo 2º desta orde (subprograma I-a), a Consellería de Traballo, transcorridos 12 meses desde a contratación dos alumnos, comprobará se o nivel de inserción laboral se corresponde co acreditado na liquidación da subvención, exixindo, en caso contrario, a devolución proporcional da subvención indebidamente percibida.

Artigo 9º.-Pagamento e liquidación das subvencións.

A. Documentación para presentar.

As entidades impartidoras deberán enviar á Dirección Xeral de Formación e Colocación, dentro dos 15 días seguintes ao remate da acción formativa, a xustificación dos custos inherentes a el, a travÉs do SIFO e enviando posteriormente a seguinte documentación, que deberá presentarse por cada acción formativa selada e asinada:

-Solicitude de liquidación final.

-Relación de facturas.

-Orixinal ou fotocopia compulsada de todas as facturas, nóminas e xustificantes de pagamento de todos os gastos imputables á acción formativa.

-Certificación dos gastos.

-Declaración complementaria do conxunto de todas as axudas solicitadas (aprobadas, concedidas ou pen

dentes de resolución), para a mesma acción formativa, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

-Memoria final de actividades na que se faga constar, segundo os casos, unha descrición detallada da execución da acción formativa, dos colectivos atendidos, grao de inserción laboral, así como unha valoración do carácter experimental da acción formativa.

-Todas as entidades deberán acreditar, con independencia da súa contía e antes de proceder ao cobramento das subvencións, que están ao día nas súas obrigas tributarias e sociais e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Todo isto sen prexuízo das excepcións recollidas na lei anual de orzamentos.

-Os custos das accións formativas amparadas por esta orde só poderán imputarse a partir da data de concesión da subvención, agás os incluídos no subprograma I-a (compromisos de contratación) que poderán ter carácter retroactivo, sempre que se trate de gastos elixibles segundo a normativa do Fondo Social Europeo, que se produzan no ano 2006 e cando a entidade impartidora comunicase expresamente o inicio das accións ao órgano competente da Consellería de Traballo.

B. Sistemas de pagamento.

1. O aboamento da subvención farase efectivo da seguinte forma:

a) Ata o 50 por 100 do importe de cada acción formativa, en concepto de anticipo, no momento no que a Dirección Xeral de Formación e Colocación reciba comunicación da entidade impartidora na que se notifique o inicio de cada acción formativa, así como a documentación sinalada no artigo 9º desta orde, de ser o caso. Cando se trate de corporacións locais a porcentaxe máxima dos anticipos será do 35% da subvención concedida.

b) O importe restante, unha vez rematadas todas as accións formativas e xustificados os gastos realmente efectuados en cada unha.

c) Poderán acordarse pagamentos parciais á conta da liquidación definitiva a medida que o beneficiario xustifique os libramentos anteriores, que nunca serán superiores ao 80% da subvención concedida.

d) Poderanse aboar anticipos de ata o 50% da subvención concedida, unha vez que a entidade acredite o inicio da primeira das accións formativas, sempre que se constitúa garantía a favor da Consellería de Traballo (Xunta de Galicia), nos termos e condicións sinalados no artigo 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. Cando se trate de corporacións locais a porcentaxe máxima dos anticipos será do 35% da subvención concedida.

2. No caso de que non inicien a acción formativa o total dos alumnos para os que se aprobou, ratearase o importe que se vai aboar ata o número máis alto de alumnos acadado no seu primeiro cuarto.

3. Revisada a xustificación efectuada polas entidades beneficiarias e sempre que esta se axuste ao disposto nesta orde ou na súa normativa de desenvolvemento, o Servizo de Xestión Administrativa de Formación Ocupacional da Dirección Xeral de Formación e Colocación, emitirá certificación para poder facer efectiva a correspondente liquidación da axuda concedida.

No caso de que a xustificación fose incorrecta, requirirase a entidade para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días, advertíndolle de que, de non facelo, se procederá, se é o caso, a reclamar o reintegro, total ou parcial, da axuda concedida.

Artigo 10º.-Seguimento e control das accións formativas.

1. Para verificar o cumprimento do disposto nesta orde, a Dirección Xeral de Formación e Colocación e as delegacións provinciais aplicarán un sistema de seguimento e control, que consistirá na realización de visitas ás accións formativas aprobadas e enquisas a alumnos e docentes, e emitirase un informe respecto do progreso da acción e do seu grao de execución en cada momento.

2. Cando nunha acción formativa se detecte a existencia de irregularidades ou deficiencias que non puideran ser emendadas no prazo concedido para o efecto, e que incidan negativamente na súa calidade docente, procederase á súa cancelación por resolución motivada do órgano competente para a súa concesión.

Capítulo II

Das accións formativas

Artigo 11º.-Remate e xustificación das accións formativas.

A data límite para o remate e xustificación das accións formativas será, como norma xeral, o 30 de novembro de 2006. Excepcionalmente, por causas xustificadas, logo de solicitude do interesado, e sempre precedendo autorización do director xeral de Formación e Colocación, as accións formativas reguladas nesta orde poderán rematar con posterioridade a esa data, sempre dentro do ano 2006.

Artigo 12º.-Selección de alumnos.

1. A selección será realizada mediante sondaxe pola oficina de emprego correspondente entre os demandantes inscrito nela.

2. No caso de que por este sistema non se consigan os alumnos suficientes para a acción formativa, a entidade adxudicataria poderá realizar unha convocatoria pública, que deberá publicarse, como mínimo, nun dos xornais de maior tiraxe da comunidade autónoma. No anuncio en prensa os logotipos deberán figurar coa seguinte distribución: na parte superior esquerda o da Xunta de Galicia, na parte superior dereita da Unión Europea (Fondo Social Europeo), e na parte inferior dereita o do centro impartidor.

3. Excepcionalmente, por razón da peculiaridade do colectivo ao que se dirixe a acción formativa, a entidade poderá seleccionar directamente os alumnos, logo de autorización do director xeral de Formación e Colocación.

4. En calquera caso, do resultado da selección daráselle conta á oficina de emprego que corresponda.

5. Nas accións formativas en que, a pesar de que se intentase completar o número de alumnos, diminúa o número de participantes ata unha cantidade inferior ao 50 por 100 do número programado, agás que as baixas se produzan por colocación dos alumnos, poderán ser canceladas pola Consellería de Traballo. En caso de cancelación, a entidade terá dereito a unha indemnización, que será proposta pola comisión de valoración prevista no artigo 17º e aprobada polo conselleiro de Traballo, calculada de acordo co principio de proporcionalidade.

6. Os alumnos que resulten seleccionados para unha acción formativa non poderán asistir simultaneamente a outra incluída dentro da programación de formación ocupacional da Consellería de Traballo, e, salvo autorización expresa do director xeral de Formación e Colocación, por causas excepcionais debidamente xustificadas, non poderán causar baixa nunha para acceder a outra dentro desa programación.

7. No caso de que se produzan baixas durante o desenvolvemento da acción formativa, as entidades impartidoras poderán incorporar alumnos dentro do seu primeiro cuarto.

Artigo 13º.-Dereitos e deberes dos alumnos.

1. A formación será gratuíta para todos os alumnos das accións formativas derivadas desta orde, agás nos mestrados e cursos de posgrao, nos que as entidades impartidoras poderán recibir outras achegas.

2. Terán a obriga de asistir e seguir con aproveitamento as accións formativas, e de facilitar a documentación que lles sexa solicitada pola entidade impartidora. No caso de que as faltas de asistencia sen xustificar dalgún alumno superen o 25% das horas lectivas, deberá ser dado de baixa na acción formativa.

3. Os alumnos que rematen as accións formativas con aproveitamento, e asistisen como mínimo ao 75% das súas horas lectivas, recibirán un diploma acreditativo desta circunstancia, nun modelo que será xerado polo Sistema de Información de Formación Ocupacional (SIFO).

Así mesmo, terán dereito ao diploma os alumnos que causen baixa por colocación, cando o docente coide que teñen os coñecementos equivalentes ao nivel da acción formativa e asistisen, como mínimo, ao 75 por 100 das horas lectivas.

4. Os alumnos que non teñan dereito a diploma poderán recibir, se o solicitan, unha certificación polas horas e módulos aos que asistisen.

Artigo 14º.-Modalidades de impartición das accións formativas.

1. As accións formativas poderán desenvolverse nas modalidades presencial, a distancia, teleformación ou mixta. En todo caso, no anexo II da solicitude deberá especificarse expresamente a modalidade pola que optan, e, se é mixta, indicarán as horas de cada unha delas.

2. Na modalidade a distancia e na parte a distancia da modalidade mixta o sistema de impartición deberá

incluír evidencias necesarias para comprobar que os alumnos reciben a formación impartida.

Capítulo III

Da convocatoria pública

Artigo 15º.-Solicitudes.

1. As entidades que desexen colaborar na impartición das accións formativas previstas nesta orde deberán formalizar a correspondente solicitude no modelo normalizado que se publica como anexo I a esta orde, e que se subministrará nas delegacións provinciais da consellería, na Dirección Xeral de Formación e Colocación ou en calquera das oficinas administrativas de Información ao Cidadán, subscrita polo titular ou representante legal da entidade debidamente acreditado e deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da representatividade suficiente para asinar a solicitude.

b) Licenza municipal de apertura da actividade da que se trate do local ou locais onde se vaia desenvolver a acción solicitada. No seu defecto, este documento poderá ser substituído por algún dos seguintes:

-Centros de titularidade municipal: certificación do secretario municipal no que se acredite que os lugares de impartición dos cursos son aptos para esta finalidade.

-Entidades privadas: declaración responsable do seu representante legal en que se faga constar esta circunstancia (deberá axustarse ao anexo III desta orde).

-Entidades públicas (centros de formación, centros sanitarios, etc.): calquera outro documento que acredite a súa idoneidade para impartir formación.

c) Unha ficha por cada unha das accións formativas no modelo normalizado segundo o anexo II.

d) De ser o caso, compromiso de contratación asumido pola/s empresa/s que vaian contratatar os alumnos.

e) Unha memoria-proxecto, na que se fará referencia, polo menos, aos seguintes extremos:

-Descrición da acción formativa, na que se especificarán os obxectivos de inserción laboral e o programa formativo.

-Breve memoria na que xustifique a solicitude das especialidades nunha orde de accións formativas de carácter experimental.

f) Declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma acción formativa, das distintas administracións públicas completentes.

g) Declaración responsable de non estar incurso en supostos de prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións (anexo IV).

Acreditación documental de estar ao corrente nas obrigas tributarias e sociais e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Todo isto sen prexuízo das excepcións recollidas na lei anual de orzamentos.

2. As solicitudes dirixiranse ao conselleiro de Traballo e poderán presentarse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As entidades que soliciten accións formativas incluídas en subprogramas diferentes deberán formalizar unha solicitude independente para cada un deles.

3. A presentación da solicitude de concesión de axudas ou subvencións polo interesado comportará a autorización á Consellería de Traballo para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.

Artigo 16º.-Prazo.

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte á publicación desta orde, agás no subprograma I-a (proxectos formativos con compromiso de contratación) nos que o prazo rematará o 30 de setembro de 2006.

2. No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria ou de que a documentación achegada conteña erros ou sexa insuficiente requirirase ao solicitante para que, nun prazo de 10 días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fai así, se considerará desistido da súa solicitude, logo de resolución que así o declare.

Artigo 17º.-Instrución do procedemento.

1. O órgano instrutor do procedemento é a Dirección Xeral de Formación e Colocación.

2. O procedemento que se seguirá na tramitación e instrución dos expedientes será o establecido no Decreto 287/2000, do 21 de decembro, coas concrecións que se establecen nos seguintes puntos.

3. A comisión de valoración analizará toda a documentación achegada polas entidades solicitantes, informará os expedientes, elaborará o seu informe e elevará a proposta de resolución ao órgano competente para resolver.

4. Para os efectos previstos neste artigo, a comisión de valoración estará composta pola subdirectora xeral de Formación Ocupacional e Continua, que a presidirá, e serán vogais os xefes dos servizos de Xestión Administrativa e de Planificación de Formación Ocupacional e Continua, actuando este último como secretario, e dous técnicos da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

5. A comisión de valoración, para avaliar as solicitudes, establecer a orde de prelación e formular a proposta de resolución, terá en conta os seguintes criterios:

a) O carácter experimental que teñan as accións formativas respecto do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional. Ata o 50%.

b) A viabilidade de inserción laboral que se deduza do proxecto. Ata o 40%.

c) Accións formativas relativas a novos filóns de emprego. Ata o 30%.

d) A experiencia da entidade solicitante no desenvolvemento de accións formativas de semellante natureza. Ata o 20%.

A puntuación máxima non superará o 100%.

Artigo 18º.-Resolución.

1. A resolución dos expedientes de axudas, unha vez informada pola comisión de valoración, e fiscalizada a proposta pola Intervención Delegada, corresponderalle ao conselleiro de Traballo, e deberá ser notificada aos interesados no prazo de 10 días desde que se diten. As entidades deberán acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión que están ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, de acordo co establecido no artigo 14.1º c) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, sen prexuízo das exencións establecidas na lei de orzamentos para o exercicio de 2006.

2. A resolución dos expedientes deberá producirse no prazo de tres meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde, agás no caso dos proxectos formativos con compromiso de contratación nos que a resolución deberá producirse no prazo de tres meses desde que a solicitude do interesado teña entrada no rexistro correspondente. En todos os casos, transcorrido o citado prazo sen que recaese resolución expresa, os interesados deberán entender desestimada a súa solicitude.

3. As axudas previstas nesta orde poderán materializarse a través de convenios de colaboración subscritos pola consellería con cada unha das entidades beneficiarias.

4. Contra as resolucións ditadas ao amparo desta orde, que esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora desta xurisdición.

Non obstante, poderase optar por interpor contra estas resolucións recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non caberá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposicións adicionais

Primeira.-A realización das accións de formación previstas nesta orde e a conseguinte concesión de

subvencións estará supeditada á existencia de crédito suficiente nos programas 16.03.241B 440.0, 16.03.241B 470.0, 16.03.241B 460.0 e 16.03.241B 480.0 dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2006. A forma de pagamento prevista no artigo 9º desta orde estará condicionada á autorización do Consello da Xunta.

Segunda.-Se, por calquera causa, cando a comisión de valoración teña que examinar as solicitudes, algún dos seus compoñentes non puidese asistir, será substituído pola persoa que para o efecto designe o director xeral de Formación e Colocación.

Terceira.-Poderán modificarse as resolucións nos termos e cos requisitos sinalados no artigo 12 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarta.-En todo o non previsto nesta orde será de aplicación o establecido na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións en canto lle sexa de aplicación, quedando os beneficiarios das axudas reguladas nesta orde suxeitos ao réxime disciplinario previsto nas citadas disposicións.

Quinta.-Poderán efectuarse resolucións complementarias cando existan fondos provenientes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas, de incrementos das cantidades asignadas á comunidade autónoma ou doutros remanentes dos módulos. Neste caso, agás que se acuda a unha convocatoria complementaria, non poderán terse en conta outras solicitudes distintas das tidas en conta para a resolución inicial.

Sexta.-Apróbase a delegación de atribucións do conselleiro de Traballo no director xeral de Formación e Colocación para a autorización, disposición, recoñecemento da obriga e proposta de pagamento das subvencións reguladas nesta orde, así como para ditar as correspondentes resolucións de concesión.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Formación e Colocación para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e execución desta disposición.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de febrero de 2006.

Ricardo Jacinto Varela Sánchez

Conselleiro de Traballo