O Decreto 555/2005, do 10 de novembro, polo que se adoptan medidas provisionais en relación coa utilización do dominio público hidráulico suspende, no artigo 3, a tramitación administrativa das solicitudes de concesións de aproveitamentos hidroe
léctricos de augas públicas ata a aprobación da revisión do Plan sectorial hidroeléctrico das bacías de Galicia-Costa. A disposición derradeira primeira deste decreto autoriza o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento e aplicación do decreto.
Na súa virtude, co obxecto de dar cumprimento ao principio de seguridade xurídica, e en uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988,
DISPOÑO:
Artigo único.-Publicar, en anexo á presente orde, a relación de expedientes de aproveitamentos
hidroeléctricos afectados pola suspensión da tramitación administrativa á que fai referencia o artigo 3 do Decreto 555/2005, do 10 de novembro, polo que se adoptan medidas provisionais en relación coa utilización do dominio público hidráulico.
Disposición derradeira
Única.-A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2006.
Manuel Vázquez Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente
e Desenvolvemento Sostible
ANEXO
Relación de expedientes afectados pola suspensión da tramitación administrativa (Decreto 555/2005, do 10 de novembro).
A) Expedientes de novas concesións.
Clave Río Concello/s Provincia
Agolada Pontevedra
(1ª) PO/1/151 Verdugo A Lama, Ponte Caldelas e Cotobade Pontevedra
(2ª) PO/9/98 Almofrei Pontevedra e Cotobade Pontevedra
(3ª) LU/5/167 Ulla Antas de Ulla e Monterroso Lugo
(4ª) 5/231/3 Barbanza Boiro e A Pobra do Caramiñal A Coruña
(5ª) PO/3/157 Lérez Cerdedo Pontevedra
(6ª) PO/4/147 Umia e Regueiro das Cerqueiras Forcarei Pontevedra
(7ª) 5/231/2 Pedras e Barbanza Boiro e A Pobra do Caramiñal A Coruña
(8ª) AC/81/98 Sar Ames e Santiago de Compostela A Coruña
(9ª) PO/5/161 Deza Silleda e Vila de Cruces Pontevedra
(10ª) PO/5/162 Deza Silleda e Vila de Cruces Pontevedra
(11ª) PO/5/163 Deza Silleda e Vila de Cruces Pontevedra
(12ª) PO/5/165 Arnego Agolada Pontevedra
(13ª) ACPO/5/169 Ulla Santiso
A Coruña
(14ª) 6/208/4 Vilacoba Lousame A Coruña
(15ª) 6/208/6 Vilacoba Lousame A Coruña
(16ª) AC/100/98 Carral Carballo A Coruña
(17ª) AC/41/98 Vexo Coirós A Coruña
(18ª) AC/42/98 Vexo Aranga e Coirós A Coruña
(19ª) 13/101/14 Rego Taboada Monfero A Coruña
(20ª) 13/101/5 Eume Capela e Monfero A Coruña
(21ª) LU/120/00 Eume Muras Lugo
(22ª) AC/40/98 Vilariño Vilarmaior e Monfero A Coruña
(23ª) AC/15/171 Das Mestas Cedeira A Coruña
(24ª) LU/17/148 Landro Ourol Lugo
B) Expedientes de modificación de características esenciais.
Clave Río Concello/s Provincia
A Bordeseca
(1ª) 3/273/7 Almofrei Cotobade Pontevedra
(2ª) 5/244/27 Toxa Silleda Pontevedra
(3ª) 5/244/28 Deza Silleda e Vila de Cruces Pontevedra
(4ª) PO/5/127 Torre Silleda Pontevedra
(5ª) 10/149/12 Calvar ou Rego
Coristanco A Coruña
(6ª) 12/111/18 Mendo Oza dos Ríos A Coruña
Clave Río Concello/s Provincia
(7ª) 14/088/1/1 Narahío San Sadurniño A Coruña
(8ª) LU/25/98 Figueiras Mondoñedo Lugo
(9ª) 15/055/1 Landoi Cariño A Coruña