DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 2006 Páx. 3.241

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2006, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se convocan exames ordinarios para a obtención de carnés profesionais no ano 2006.

A Orde do 27 de decembro de 2000, da Consellería de Industria e Comercio e as súas modificacións, pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e exixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial, establece no seu artigo 5 que a convocatoria de exames se publicará anualmente, mediante resolución da dirección xeral competente en materia de industria.

En virtude da citada competencia,

RESOLVO:

Convocar os exames ordinarios que se van celebrar no ano 2006 para a obtención de carnés profesionais, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

O obxecto da convocatoria é a obtención de carnés profesionais nas seguintes especialidades:

Instalador de fontanaría.

Operador industrial de caldeiras.

Instalador de calefacción e auga quente sanitaria.

Instalador de climatización.

Mantedor de calefacción e auga quente sanitaria.

Mantedor de climatización.

Certificado de cualificación individual en baixa tensión, categoría básica.

Certificado de cualificación individual en baixa tensión, categoría especialista.

Instalador de gas, categoría IG I.

Instalador de gas, categoría IG II.

Instalador de gas, categoría IG III.

Instalador de gas, categoría IG IV.

Instalador frigorista.

Conservador-reparador frigorista.

Instalador de aparellos para a preparación rápida de café.

Conservador-reparador de aparellos para a preparación rápida de café.

Instalador de produtos petrolíferos líquidos, categoría IP-I.

Instalador de produtos petrolíferos líquidos, categoría IP-II.

Segunda.-Datas e lugares de realización dos exames. Tribunais cualificadores.

2.1. Os exames realizaranse nas catro provincias. As probas comezarán ás nove horas nos locais que se indicarán nas listas definitivas de admitidos e excluídos.

2.2. Os membros dos tribunais cualificadores e as datas nas que se realizarán os exames serán os que se indican a continuación:

Instalador de fontanaría:

15 de maio.

20 de novembro.

Tribunal nº 1.

Presidenta: Eloisa Moreno Talaya.

Suplente: Antonio de la Hera Roldán.

Secretaria: Isabel Álvarez Janeiro.

Suplente: María del Carmen da Costa Picón.

Vogal A Coruña: Julián Lucas Ramírez.

Vogal suplente: Roberto Osé Otero.

Vogal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vogal suplente: Fernando López García.

Vogal Ourense: Juan Ramón Velasco González.

Vogal suplente: Alfonso Tomás Paz Doniz.

Vogal Pontevedra: Eugenio Fernández Piñeiro.

Vogal suplente: Francisco Sánchez-Ulloa Villar.

Operador industrial de caldeiras:

4 de maio.

8 de novembro.

Tribunal nº 2.

Presidente: César Concheiro Ceide.

Suplente: Juan Luis Ecenarro Tomé.

Secretaria: Ángeles Nogueira Cabo.

Suplente: Mª Victoria Rodríguez Arias.

Vogal A Coruña: José Jesús María Castro Gómez.

Vogal suplente: Alberto Palencia Marroquín.

Vogal Lugo: Fernando López García.

Vogal suplente: Alberto Mena Rodríguez.

Vogal Ourense: Alfonso Tomás Paz Doniz.

Vogal suplente: Juan Ramón Velasco González.

Vogal Pontevedra: Francisco Sánchez-Ulloa Villar.

Vogal suplente: Luis Alfaro Aguilar.

Instalador de calefacción e auga quente sanitaria:

10 de maio.

15 de novembro.

Tribunal nº 3.

Presidenta: Mª Carmen Brun Vázquez.

Suplente: Carmen Vázquez Domínguez.

Secretaria: Mª Carmen Miras Mosquera.

Suplente: José García Rodríguez.

Vogal A Coruña: Isidoro Martínez Arca.

Vogal suplente: Roberto Osé Otero.

Vogal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vogal suplente: Fernando López García.

Vogal Ourense: Luis Manuel Sánchez Labrador.

Vogal suplente: Juan Ramón Velasco González.

Vogal Pontevedra: Julio Muíños Mayoral.

Vogal suplente: Eugenio Fernández Piñeiro.

Mantedor de calefacción e auga quente sanitaria:

24 de maio.

28 de novembro.

O tribunal cualificador estará formado polos mesmos membros que o tribunal nº 3.

Instalador de climatización:

16 de maio.

21 de novembro.

Tribunal nº 4.

Presidenta: Susana Covelo López.

Suplente: Mª Carmen Brun Vázquez.

Secretaria: Mª Victoria Rodríguez Arias.

Suplente: Mª Carmen Miras Mosquera.

Vogal A Coruña: Roberto Osé Otero.

Vogal suplente: José Jesús María Castro Gómez.

Vogal Lugo: Fernando López García.

Vogal suplente: Alberto Mena Rodríguez.

Vogal Ourense: Luis Manuel Sánchez Labrador.

Vogal suplente: Juan Ramón Velasco González.

Vogal Pontevedra: Julio Muíños Mayoral.

Vogal suplente: Eugenio Fernández Piñeiro.

Mantedor de climatización:

22 de maio.

23 de novembro.

O tribunal cualificador estará formado polos mesmos membros que o tribunal nº 4.

Certificado de cualificación individual en baixa tensión, categoría básica:

30 de maio.

22 de novembro.

Tribunal nº 5.

Presidenta: Mª Raquel Carballido Reborido.

Suplente: César Concheiro Ceide.

Secretaria: Agustina de la Cruz da Rocha.

Suplente: Mª Victoria Rodríguez Arias.

Vogal A Coruña: Roberto Osé Otero.

Vogal suplente: Julián Lucas Ramírez.

Vogal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vogal suplente: Fernando López García.

Vogal Ourense: Juan Ramón Velasco González.

Vogal suplente: Alfonso Tomás Paz Doniz.

Vogal Pontevedra: José Antonio González Cerreda.

Vogal suplente: Eugenio Fernández Piñeiro.

Certificado de cualificación individual en baixa tensión, categoría especialista:

23 de maio.

27 de novembro.

O tribunal cualificador estará formado polos mesmos membros que o tribunal nº 5.

Instalador de gas, categorías IG I e IG III:

9 de maio.

14 de novembro.

Tribunal nº 6.

Presidenta: Carmen Vázquez Domínguez.

Suplente: Susana Covelo López.

Secretario: José García Rodríguez.

Suplente: Agustina de la Cruz da Rocha.

Vogal A Coruña: José Antonio Gómez González.

Vogal suplente: José Ramón Portilla Pardiñas.

Vogal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vogal suplente: Fernando López García.

Vogal Ourense: Luis Manuel Sánchez Labrador.

Vogal suplente: Juan Ramón Velasco González.

Vogal Pontevedra: Julio Muíños Mayoral.

Vogal suplente: Eugenio Fernández Piñeiro.

Instalador de gas, categorías IG II e IG IV:

11 de maio.

16 de novembro.

Tribunal nº 7.

Presidenta: Carmen Vázquez Domínguez.

Suplente: Mª Carmen Brun Vázquez.

Secretario: José García Rodríguez.

Suplente: Mª Carmen Miras Mosquera.

Vogal A Coruña: José Ramón Portilla Pardiñas.

Vogal suplente: José Antonio Gómez González.

Vogal Lugo: Fernando López García.

Vogal suplente: Alberto Mena Rodríguez.

Vogal Ourense: Luis Manuel Sánchez Labrador.

Vogal suplente: Juan Ramón Velasco González.

Vogal Pontevedra: Julio Muíños Mayoral.

Vogal suplente: Eugenio Fernández Piñeiro.

Instalador e conservador-reparador frigorista:

3 de maio.

7 de novembro.

Tribunal nº 8.

Presidente: Antonio de la Hera Roldán.

Suplente: Carmen Vázquez Domínguez.

Secretario: Albino Santamarina Alonso.

Suplente: Isabel Álvarez Janeiro.

Vogal A Coruña: Roberto Osé Otero.

Vogal suplente: Isidoro Martínez Arca.

Vogal Lugo: Fernando López García.

Vogal suplente: Alberto Mena Rodríguez.

Vogal Ourense: Alfonso Tomás Paz Doniz.

Vogal suplente: Juan Ramón Velasco González.

Vogal Pontevedra: Gaspar Castaño Díaz.

Vogal suplente: Francisco Sánchez-Ulloa Villar.

Instalador e conservador-reparador de aparellos para a preparación rápida de café:

2 de maio.

6 de novembro.

Tribunal nº 9.

Presidente: Antonio de la Hera Roldán.

Suplente: Carmen Vázquez Domínguez.

Secretario: Albino Santamarina Alonso.

Suplente: Ángeles Nogueira Cabo.

Vogal A Coruña: José Jesús María Castro Gómez.

Vogal suplente: Alberto Palencia Marroquín.

Vogal Lugo: Fernando López García.

Vogal suplente: Alberto Mena Rodríguez.

Vogal Ourense: Alfonso Tomás Paz Doniz.

Vogal suplente: Luis Manuel Sánchez Labrador.

Vogal Pontevedra: Jesús Gayoso Álvarez.

Vogal suplente: Luis Alfaro Aguilar.

Instalador de produtos petrolíferos líquidos, categoría IP I:

29 de maio.

29 de novembro.

Tribunal nº 10.

Presidente: Juan Llorente Carazo.

Suplente: Antonio de la Hera Roldán.

Secretario: Alberto Outeiriño Quintas.

Suplente: Ángeles Nogueira Cabo.

Vogal A Coruña: Alberto Palencia Marroquín.

Vogal suplente: Isidoro Martínez Arca.

Vogal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vogal suplente: Fernando López García.

Vogal Ourense: Juan Ramón Velasco González.

Vogal suplente: Alfonso Tomás Paz Doniz.

Vogal Pontevedra: Luis Alfaro Aguilar.

Vogal suplente: Francisco Sánchez-Ulloa Villar.

Instalador de produtos petrolíferos líquidos, categoría IP II:

8 de maio.

9 de novembro.

O tribunal cualificador estará formado polos mesmos membros que o tribunal nº 10.

2.3. O tribunal cualificador correspondente resolverá cantas incidencias se susciten no eido desta convocatoria. Para os efectos de comunicación e demais incidencias, os tribunais terán a súa sede na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.

2.4. Os membros dos tribunais percibirán as indemnizacións correspondentes segundo o establecido no artigo 26.2º do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceira.-Requisitos dos aspirantes.

Para seren admitidos á realización das probas, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

-Atoparse en idade legal laboral ou ter cumprida a idade mínima que, se é o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.

-Estar en posesión ou en condicións de obter o título ou certificado da especialidade solicitada, de conformidade co establecido no anexo da Orde do 27 de decembro de 2000. No caso de instalador de produtos petrolíferos líquidos, categorías IP I e IP II, na Orde do 21 de novembro de 2001, e, no caso do certificado de cualificación individual en baixa tensión, categorías básica e especialista, no Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

Estes requisitos deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Cuarta.-Solicitudes e documentación.

4.1. Os aspirantes deberán solicitar a súa admisión ás probas mediante instancia dirixida ao delegado provincial da Consellería de Innovación e Industria que corresponda, segundo o modelo que figura no anexo.

4.2. As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Innovación e Industria, nas súas delegacións provinciais ou nos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4.3. Xunto coa solicitude modelo será preciso presentar a seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Dúas fotografías tamaño carné.

c) Copia compulsada do certificado ou do título de estudos e/ou, de ser o caso, certificado de asistencia e superación do curso teórico-práctico impartido por unha entidade recoñecida pola Consellería de Innovación e Industria.

d) Acreditación da experiencia laboral para o caso recollido no número b.1) do punto 4.2 da ITC-BT-03 do Regulamento electrotécnico para baixa tensión. A acreditación da experiencia estará formada documentalmente por:

Vida laboral expedida polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

Certificación das empresas nas que se exerceu a actividade.

e) Xustificante para a Administración do impreso correspondente de autoliquidación de taxas en concepto de dereitos de exame (clave 32.07.01, importe 35,98 A) debidamente validado pola entidade bancaria onde se realice o ingreso.

Quinta.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes para a realización dos exames para a obtención do carné profesional nas especialidades que correspondan comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, e rematará o 3 de abril para a convocatoria de maio e o 2 de outubro para a convocatoria de novembro.

Sexta.-Admisión de solicitudes.

6.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes publicarase a lista provisional de admitidos e excluídos nos taboleiros de anuncios das delegacións provinciais. Esta lista tamén se poderá consultar no teléfono de información da Consellería de Innovación e Industria (981 54 43 41) e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

6.2. Os aspirantes excluídos, así como os que non figuren nas relacións de admitidos nin excluídos, disporán de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da devandita publicación no taboleiro de anuncios da correspondente delegación provincial da Consellería de Innovación e Industria para a emenda de defectos.

Sétima.-Desenvolvemento dos exames.

7.1. Os exames estarán constituídos por dúas partes que se desenvolverán no mesmo día nas datas que se recollen na base segunda desta resolución.

Primeira parte.-Estará constituída por un exercicio teórico escrito, consistente na resolución dun cuestionario proposto polo tribunal sobre as materias regulamentarias establecidas para cada especialidade.

Segunda parte.-Consistirá nun suposto práctico ou nunha proba práctica que versará sobre unha ou varias operacións propostas polo tribunal en relación cos requirimentos prácticos establecidos para cada especialidade. Neste exercicio os candidatos poderán utilizar o correspondente regulamento técnico.

7.2. Para a realización do exame os candidatos deberán ir provistos, para cada exercicio, do seu documento nacional de identidade, lapis, goma de borrar e bolígrafo negro.

Oitava.-Cualificación dos exames.

8.1. A puntuación mínima para superar cada parte corresponderá á metade do valor da puntuación máxima posible da dita parte. Na parte teórica a nota formarase de acordo coa expresión «nº de respostas correctas-(nº de respostas incorrectas/3)».

8.2. Os exames cualificaranse como aptos ou non aptos. Para ser considerado apto deberanse aprobar as dúas partes independentemente.

Novena.-Lista de aprobados.

O tribunal cualificador publicará a relación provisional de aprobados por provincias e dará traslado desta ás catro delegacións provinciais para a súa publicación nos respectivos taboleiros de anuncios. Esta relación tamén se poderá consultar no teléfono de información

da Consellería de Innovación e Industria (981 54 43 41) e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Os interesados disporán dun prazo de dez días naturais desde a publicación da relación provisional de aprobados para formular reclamacións ante o tribunal. Finalizado o prazo o tribunal enviará proposta das listas de aprobados ao director xeral de Industria, Enerxía e Minas, que as elevará a definitivas mediante resolución e dará traslado delas ás catro delegacións provinciais para a súa publicación nos respectivos taboleiros de

anuncios. Contra a dita resolución poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a partir da publicación nos taboleiros de anuncios.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes desde a súa publicación.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2006.

Anxo Ramón Calvo Silvosa

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas