O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón
que a designación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades que representen aqueles.
Polo exposto, vista a proposta do ente público Portos do Estado e en exercicio da facultade que me foi atribuída polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,
DISPOÑO:
O nomeamento de Javier Suárez García como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría, en representación da Administración xeral do Estado.
Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2006.
María José Caride Estévez
Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas
e Transportes