DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 2006 Páx. 3.088

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 9 de febreiro de 2006 pola que se declara a alienabilidade do inmoble, bloque 3 B-3, e do 16,3860% de participación no inmoble denominado T, que forman parte do polígono M-8, M-9, M-10, do plan parcial de Cordeda, 2ª fase na parroquia de Rutis, concello de Culleredo.

A Comunidade Autónoma de Galicia é propietaria da totalidade do inmoble denominado bloque 3 B-3 e do 16,3860% do inmoble denominado T, outorgados ambos os dous, consonte a incoporación á Xunta de Compensación do Polígono M-8, M-9, M-10 do Plan Parcial de Cordeda-2ª fase. Están situados en Rutis, concello de Culleredo e teñen natureza patrimonial.

Unha vez obtida a súa inscrición no correspondente rexistro da propiedade a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declarar a súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilitar o seu tráfico patrimonial.

En virtude do anteriormente exposto, por proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Artigo único.

Declárase a alienabilidade dos bens inmobles que se describen a continuación:

a) Urbana: parcela denominada bloque 3 B-3, pertencente ao polígono M-8, M-9 e M-10, do Plan Parcial de Cordeda, 2ª fase, na parroquia de Rutis, concello de Culleredo; cunha superficie de 672 m en parte aérea, conformada por un rectángulo de 14x48 metros e 1.188,70 m en subsolo, conformada esta superficie por: 672 m do subsolo do bloque 3; 115,40 m do subsolo da mesma superficie destinada en parte aérea a comercial-social -parcela CS-3-; e de 121,30 m do subsolo da mesma superficie destinada en parte aérea a espacio libre privado ELP-3.

A unidade rexistral así configurada linda, vista desde a vía A-3 da urbanización: en parte aérea: fronte, ca dita vía, para acceso rodado aos sotos do edificio/s a construír nesta parcela, e parcela para uso deportivo D-2; dereita, parcela para uso

deportivo D-2; esquerda parcela comercial-social CS-3, e espazo libre privado ELP-7; e costas, parcela comercial-social CS-3.

No subsolo: fronte, subsolo do vial A-3, e subsolo da parcela para uso deportivo D-2; dereita, subsolo da parcela para uso deportivo D-2; esquerda, subsolo da vía A-3, subsolo do espazo libre privado ELP-7 e nunha pequena parte subsolo da vía A-2; e costas, subsolo do espazo para xogo de nenos EJ-1.

Usos: garaxe e/ou trasteiros en sotos; residencial en plantas baixa a sexta; Edificabilidade residencial: 4.032 m en plantas baixa a sexta.

Número máximo de vivendas: 49.

Cota: para efectos do disposto no art. 19 do R.D. 1093/1997, do 4 de xullo, e artigo 69 do R.G.U.: trece enteiros e trinta e cinco centésimas por cento -13,35%-.

Inscrito no Rexistro da Propiedade número tres da Coruña no tomo 3080, do libro 421, folio 25, 26 e 27, predio nº 32.873.

Ten un valor de 1.658.885,76 A.

b) Urbana: cota do 16,3860% de participación na parcela T, de forma irregular, pertencente ao polígono M-8, M-9, M-10, do Plan Parcial de Cordeda, 2ª fase, na parroquia de Rutis, municipio de Culleredo; ocupa a superficie de 1.637,25 m.

Estrema: desde a rúa C-C da urbanización: fronte, coa dita rúa; dereita, rúa B-B da urbanización; esquerda, límite do polígono; e costas, rúa D-D da urbanización. Interiormente linda ademais, coa parcela de dotación social -de cesión ao concello-. É a parcela T do plano nº 3 do proxecto.

Usos: non residencial -terciario-.

Edificabilidade non residencial: 5.795,22 m en planta baixa e tres altas, dos cales 949,59 m son os que corresponden á Xunta de Galicia; admítese ademais semisoto e sotos.

Cota: para efectos do disposto no artigo 19 do R.D. 1093/1997, do 4 de xullo, e artigo 69 do R.G.U.: dez enteiros e vintedúas centésimas por cento -10.22%-.

Inscrito no Rexistro da Propiedade número tres da Coruña no tomo 3080, do libro 421, folio 34 e 35, predio nº 32.876.

Ten un valor de 529.054,57 A.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2006.

P.D. (Orde 18-8-2005)

Juan Hernández López

Secretario xeral e do Patrimonio

da Consellería de Economía e Facenda