DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2006 Páx. 2.918

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 20 de febreiro de 2006 pola que se prorroga o prazo de presentación das solicitudes de axudas para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias, establecido pola Orde do 27 de decembro de 2005.

A Orde do 27 de decembro de 2005, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 249, do 29 de decembro, establece as bases reguladoras das axudas para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias e convócaas para o ano 2006. No seu artigo 18.5º establécese que o prazo de presentación das solicitudes de axudas rematará o 3 de marzo de 2006.

Non obstante, o número de solicitudes presentadas non acada o volume de peticións realizadas en convocatorias anteriores, polo que, tendo en conta a contía da dotación orzamentaria prevista para esta orde, considérase necesario proceder á ampliación do prazo establecido inicialmente para a presentación de solicitudes.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e no Decreto 50/2002, do 14 de febreiro,

DISPOÑO:

Artigo único.

O prazo previsto no artigo 18.5º da Orde do 27 de setembro de 2005 (DOG nº 249, do 29 de decembro), para a presentación de solicitudes de axudas para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias prorrógase ata o 15 de marzo de 2006, inclusive.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2006.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural