DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2006 Páx. 2.703

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 20 de febreiro de 2006 pola que se dispón o nomeamento de vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón que a designación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de

interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das administracións públicas, entidades e organismos aos que representen aqueles.

Polo exposto, e vistas as propostas do ente público Portos do Estado e da Confederación de Empresarios da Coruña, e en exercicio da facultade que me foi atribuída polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

O nomeamento dos seguintes vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña:

En representación da Administración xeral do Estado:

-Jesús Poncela Pardo.

En representación da Confederación Provincial de Empresarios:

-Pedro Corredoira Isasi.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2006.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial,

Obras Públicas e Transportes

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES