DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2006 Páx. 2.703

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 20 de febreiro de 2006 pola que se dispón o cesamento de vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón que a separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades ás que representen aqueles.

Polo exposto, e vistas as propostas do ente público Portos do Estado e da Confederación de Empresarios da Coruña, e en exercicio da facultade que me foi atribuída polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

O cesamento dos seguintes vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, agradecéndolles os servizos prestados:

En representación da Administración xeral do Estado:

-Julián Maganto López.

En representación da Confederación Provincial de Empresarios:

-Jesús Etchevers Durán.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2006.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial,

Obras Públicas e Transportes